Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2016 Páx. 55825

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 30 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria.

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 17 de xuño, de subvencións de Galicia, e tendo en conta o disposto no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas coa expresión da convocatoria, o programa, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.

Así, de conformidade coa normativa indicada, procedese a seguinte publicación:

Convocatoria: Orde do 30 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria.

Programa/s: Iniciativa Xove para a posta en marcha de iniciativas xuvenís de ámbito provincial ou inferior, correspondendo a súa resolución á xefa territorial da Consellería de Traballo e Benestar na Coruña (actualmente Política Social).

Crédito orzamentario: cincocentos cincuenta mil euros (550.000,00 €), dos que cincuenta e sete mil oitocentos vinte e cinco euros con cincuenta e seis céntimos (57.825,56 €) corresponden á provincia da Coruña.

Aplicación orzamentaria: 11 06 313A 481.0.

Código de proxecto: 2015 00528.

Finalidade: fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.

Entidades beneficiarias e contía: as entidades beneficiaras, de ámbito provincial ou inferior, e o importe concedido relaciónanse no anexo á resolución.

A Coruña, 13 de decembro de 2016

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Número
de proxecto

Proxecto

CIF

Entidade beneficiaria

Importe subvención concedida

2015/001-1

Actividades ambientais para a xuventude na reserva da biosfera Mariñas Coruñesas

G70180807

Asociación desenvolvemento rural Mariñas-Betanzos

4.000,00 €

2015/002-1

Programa lecer e tempo libre accesible

G15161573

Asociación sociocultural ASCM

4.000,00 €

Revogada parcialmente

2015/003-1

Viminoites-Obradoiros lúdicos

G15589773

Asociación cultural O Castelo de Vimianzo

3.000,00 €

2015/004-1

O foro das ideas 2015

G15254279

Asociación xuvenil Rey Gerión

3.710,00 €

2015/005-1

Movéndose no medio

G15409063

Asociación Escola de Tempo Libre Néboa

3.750,00 €

2015/007-1

Ocio creativo e dinámico: xóvenes discapacitados en inclusión

G15051741

Asociación APADER (pais e amigos de deficientes mentais da escola de Régoa)

3.200,00 €

2015/008-1

Xóvenes xordos/as polo respecto á diversidade

G15041551

Asociación persoas xordas de Santiago de Compostela

1.810,00 €

2015/009-1

Interactívate

G15458060

Asociación Síndrome de Down Teima de Ferrol

3.405,56 €

2015/010-1

XEMA (xuventude emprendedora apicultura)

G15059876

Asociación EFA Fonteboa

4.000, 00 €

2015/011-1

Axóuxere de lecer alternativo

G15456700

Asociación xuvenil Abeiro

3.800,00 €

2015/012-1

Terra, interculturalidade e mocidade

G15071566

Centro xuvenil Don Bosco

3.900,00 €

2015/013-1

Colabora comercio-xuventude con actitude participativa e de colaboración

G15058977

Asociación EFA Piñeiral

3.750,00 €

2015/015-1

Xuventude do presente: o noso futuro

G70283353

Asociación Grupo Scout Semente

4.000,00 €

2015/016-1

Coeducación e igualdade na xuventude

G15404403

Asociación xuvenil Brigantium

4.000,00 €

2015/017-1

Ocio inclusivo

G15173263

Asociación Integro

4.000,00 €

2015/014-1

Cantando enténdese a xente

G15068992

Asociación Rueiro

3.500,00 €

Revogada na súa totalidade