Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2016 Páx. 55824

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

ORDE do 21 de decembro de 2016 pola que se fai público o incremento do importe das axudas previstas na Orde do 31 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2016.

A Orde do 31 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2016 establece no seu artigo 2 que o financiamento destas axudas se efectuará con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, a través dos créditos consignados na aplicación 11.05.312B.480.0, polo importe global de 3.000.000 euros, que poderá ser obxecto de ampliación.

Tendo en conta o volume de solicitudes recibidas e tratando de dar resposta á ampla demanda da axuda, deben artellarse as medidas necesarias para garantir o dereito das persoas solicitantes e que cumpren os requisitos determinados na Orde do 31 de decembro a poder recibir as axudas que lles corresponden, polo que parece oportuno incrementar o importe destinado á dotación orzamentaria consignada na respectiva orde para a concesión das ditas prestacións económicas.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

RESOLVO:

Artigo único. Incremento dos créditos

Increméntase o importe total dos créditos, para o financiamento das axudas previstas na Orde do 31 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2016, en 200.000 euros, na aplicación orzamentaria 11.05.312B.480.0.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2016

José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social