Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2017 Páx. 76

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2016, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, nomeado pola Orde do 13 de abril de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 74, do 19 de abril), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 15 de decembro de 2016, o tribunal nomeado pola Orde do 13 de abril de 2016 (DOG núm. 74, do 19 de abril), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Que, de conformidade co disposto na base II.1.1.4 da convocatoria, o cuarto exercicio do proceso selectivo terá lugar o día 24 de xaneiro de 2017, na sala D do Edificio Administrativo Pirámide, núm. 8, San Caetano, Santiago de Compostela, a partir das 9.30 horas. O acceso realizarase pola porta posterior do edificio fronte á estación de autobuses.

Segundo. Consonte o disposto na dita base, convócase para o cuarto exercicio a todo os aspirantes no lugar e hora establecidos.

Terceiro. Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. O chamamento dos aspirantes realizarase de acordo co disposto na base II.2.1 da convocatoria.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2016

José Miguel Rey Lama
Presidente do tribunal