Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2017 Páx. 75

III. Outras disposicións

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2016 pola que se anuncia a convocatoria para a concesión de diversas bolsas para formación práctica.

A Mesa do Parlamento de Galicia, na sesión do 26 de decembro de 2016, acordou aprobar as bases das convocatorias para a concesión das seguintes bolsas relacionadas coa actividade da institución:

a) 3 bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.

b) 1 bolsa de formación en comunicación institucional.

c) 2 bolsas de formación en publicacións.

d) 1 bolsa de formación en informática.

e) 1 bolsa de formación en xestión parlamentaria.

As bases estarán dispoñibles no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web do Parlamento de Galicia (www.parlamentodegalicia.gal).

As solicitudes poderán presentarse no prazo de quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2016

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia