Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2017 Páx. 293

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 15 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2016075TA-LU, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 18 de novembro de 2016, o director xeral de Saúde Pública ditou resolución do expediente sancionador 2016075TA-LU incoado na Xefatura Territorial de Lugo a Yamid Sebastián Henao Ortiz, como titular do establecemento Pub Mango.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto nese artigo, notifícaselle a Yamid Sebastián Henao Ortiz, como titular do establecemento Pub Mango, o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

De acordo co establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, o prazo de ingreso en período voluntario realizarase: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato hábil seguinte e, 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte; todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca, do BBVA transacción 1316, NIF S1511001H, Santander ou http://www.cixtec.es/conselleria, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta dirección xeral. O pagamento voluntario porá fin ao expediente.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2016

Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº expediente: 2016075TA-LU.

Denunciado: Yamid Sebastián Henao Ortiz.

Documento de identificación: X4341883N.

Última dirección coñecida: rúa Ramón Cabanillas, 11, 27004 Lugo.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Normativa infrinxida: Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 1.200 €.