Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2017 Páx. 295

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e harmonizado, tramitación ordinaria, anticipada de gasto e plurianual, para a contratación de servizos de limpeza en dez centros sociocomunitarios dependentes desta xefatura territorial.

Esta xefatura territorial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar a licitación do contrato que a seguir se relaciona:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica.

2º. Enderezo: rúa Concepción Arenal, nº 8, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Vigo, 36201.

4º. Teléfonos: 986 81 77 25/986 81 76 47. Fax: 986 81 76 83.

5º. Correo electrónico: xefaturapoliticasocial.vigo@xunta.es

6º. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal

7º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a finalización do prazo de presentación de propostas.

d) Número de expediente: 66/2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de limpeza de 10 centros sociocomunitarios na provincia de Pontevedra.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de execución: os sinalados no prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución: 2 anos (desde o 1 de abril de 2017 ata o 31 de marzo de 2019).

f) Admisión de prórroga: si, 2 anos.

g) CPV: 90911200-8.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto e harmonizado.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no punto A do cadro de características de adxudicación do prego de cláusulas administrativas.

4. Valor estimado do contrato: 1.152.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 576.000,00 euros. Importe total: 696.960,00 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación empresarial: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: son as establecidas nos puntos F.2 e F.3 respectivamente das follas de especificacións.

c) Outros requisitos específicos: non.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 30 de xaneiro de 2017.

b) Modalidade de presentación: 2 sobres pechados e selados debidamente identificados e documentación en papel.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, rúa Concepción Arenal, nº 8, 36201 Vigo (Pontevedra), en horario de atención ao público.

As propostas tamén poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión, xustificando a data e a hora da admisión do envío e anunciándoo á Xefatura Territorial de Vigo, mediante fax (986 81 76 83), telegrama ou correo electrónico (xefaturapoliticasocial.vigo@xunta.es), no mesmo día e nun só envío.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses desde a data de apertura das propostas.

9. Apertura de ofertas.

a) Terá lugar en acto público, nunha das salas de xuntas da Xefatura Territorial de Vigo.

b) Enderezo: rúa Concepción Arenal, nº 8, 2º andar, 36201 Vigo (Pontevedra).

c) Data e hora: 14 de febreiro de 2017.

10. Gastos de publicidade: serán por conta dos adxudicatarios (Diario Oficial de Galicia: aprox. 5,42 € por liña e Boletín Oficial del Estado: aprox. 12,93 € por liña).

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 20 de decembro de 2016.

Vigo, 20 de decembro de 2016

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo