Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2017 Páx. 750

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 14 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2016085AL-LU, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 15 de novembro de 2016, a instrutora do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador 2016085AL-LU, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo a Etelvino Cordido Pérez, como titular do establecemento Telvi’s Place.

Intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Etelvino Cordido Pérez o contido da citada proposta de resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que lle asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, e lembráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 14 de decembro de 2016

Patricia Daporta Padín
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2016085AL-LU.

Interesado: Etelvino Cordido Pérez, titular do establecemento Telvi’s Place.

NIF: 77593949E.

Último enderezo coñecido: rúa do Torno, 7, 27890 San Cibrao (Cervo).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigo 3 e punto 4 do capítulo I do anexo II do Regulamento (CE) nº 852/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DOUE núm. 139, do 30 de abril).

Tipificación: unha infracción leve, prevista no artigo 51.1 parágrafo 10º da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE núm. 160, do 6 de xullo).

Sanción proposta: douscentos euros (200,00 €).