Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2017 Páx. 729

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 13 de decembro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no límite co termo municipal de Salceda de Caselas, concello do Porriño (expediente 2016AAE1954; código 1863/2016).

De acordo co artigo 31 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público o informe ambiental estratéxico do 12 de decembro de 2016, sobre a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no límite co termo municipal de Salceda de Caselas, concello do Porriño.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2016

María Cruz Ferreira Costa
Secretaria xeral de Calidade e Avaliación Ambiental