Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2017 Páx. 728

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 13 de decembro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a declaración ambiental estratéxica correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria do proxecto sectorial da ampliación das instalacións de Jealsa-Rianxeira en Bodión, concello de Boiro, promovido por Jealsa Rianxeira, S.A. (expediente 2015AAE1822; código 1729/2015).

Faise pública a Resolución do 12 de decembro de 2016 pola que se formula a declaración ambiental estratéxica correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria do proxecto sectorial da ampliación das instalacións de Jealsa-Rianxeira en Bodión, concello de Boiro, promovido por Jealsa Rianxeira, S.A., en cumprimento do disposto na devandita resolución.

A integración do proceso de avaliación ambiental estratéxica ordinaria no procedemento de elaboración e aprobación dos plans e programas está previsto na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

A declaración ambiental estratéxica pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2016

María Cruz Ferreira Costa
Secretaria xeral de Calidade e Avaliación Ambiental