Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2017 Páx. 727

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 12 de decembro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Vedra, no referente á modificación de aliñacións e espazos públicos asociados a dotacións e equipamentos nos núcleos de San Fins de Sales, Santa Cruz de Ribadulla, Tomonde, O Coto e San Pedro de Sarandón (expediente 2016AAE1931; código 1856/2016).

De acordo co artigo 31 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público o informe ambiental estratéxico do 9 de decembro de 2016, sobre a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Vedra: modificación de aliñacións e espazos públicos asociados a dotacións e equipamentos nos núcleos de San Fins de Sales, Santa Cruz de Ribadulla, Tomonde, O Coto e San Pedro de Sarandón.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2016

María Cruz Ferreira Costa
Secretaria xeral de Calidade e Avaliación Ambiental