1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio.
2º. Enderezo: San Lázaro, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
4º. Teléfono: 881 99 53 85.
5º. Telefax: 881 99 93 26.
6º. Correo electrónico: tramitacion-contractual.cmot@xunta.es
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 97668
8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do derradeiro día de presentación de ofertas.
d) Número de expediente: 77/2016 CA.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: subministración.
b) Descrición do obxecto: subministración de equipamento para as estacións oceanográficas.
c) División por lotes e número: si.
– Lote 1: un (1) equipamento CT-ODO para monitorización de condutividade, temperatura e oxíxeno disolto, con caixa de plástico, capacidade de 250 m, sistema para xestión e transmisión de datos e cos accesorios necesarios para o seu correcto funcionamento.
– Lote 2: un (1) equipamento para a monitorización de correntes mariñas en tempo real (ACDP), con sistema para xestión e transmisión de datos.
d) Lugar de execución/entrega: cláusula 11.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.
e) Prazo de entrega: cláusula 11.1 do prego de cláusulas administrativas particulares e número 8 do seu cadro de características.
f) Admisión de prórroga: non.
g) CPV (referencia de nomenclatura): 38344000-8.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 6.5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Valor estimado do contrato: 36.774,00 €.
5. Orzamento base de licitación.
a) Importe neto: 36.774,00 €; importe total: 44.496,54 €.
Lote 1: importe neto: 12.956,00 €; importe total: 15.676,76 €.
Lote 2: importe neto: 23.818,00 €; importe total: 28.819,78 €.
Esta contratación é financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixo prioritario 5 Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos, prioridade de investimento 05.01 Apoio ao investimento destinado a adaptación ao cambio climático, incluídos planeamentos nos ecosistemas, obxectivo específico 05.01.01 Desenvolvemento de coñecementos e elaboración de plans en relación coa adaptación ao cambio climático e a prevención de riscos, incluíndo os sistemas de alerta temperá, de seguimento e avaliación.
6. Garantías exixidas.
Definitiva (5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE):
Lote 1: 647,80 €.
Lote 2: 1.190,90 €.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada na cláusula 6.5.5 do prego de cláusulas administrativas particulares e no número 5 do seu cadro de características.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincidir en sábado ou día inhábil, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.
b) Modalidade de presentación: a sinalada na cláusula 6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
2º. Domicilio: San Lázaro, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Admisión de variantes: non.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O dito prazo ampliarase en quince (15) días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
9. Apertura de ofertas.
a) Descrición: apertura pública.
b) Enderezo: San Lázaro, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e hora da apertura dos sobres B.
10. Subcontratación: de acordo co establecido na cláusula 18 do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2016
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio