Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2017 Páx. 733

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 16 de decembro de 2016, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-01662-O-2016 e dez máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación dos expedientes sancionadores número XC-01662-O-2016 e dez máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no enderezo que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmase que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outorgáselles un prazo quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 16 de decembro de 2016

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-01662-O-2016

3811-FPB

Francisco Javier Calleja Merrallo

10060765J

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

13.5.2016; 10.26; DP-7206; 0,0

Art. 141.25 en relación co Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

XC-02326-I-2016

C-2055-BW

Intex Coruña, S.L.

B15563455

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

21.9.2016; 9.37; AP9; F 25,100

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

XC-02327-I-2016

2385-GCP

Arias Logística y Transporte, S.L.

B27288521

Transporte de mercadorías perigosas sen as instrucións escritas para caso de accidente, de conformidade co ADR.

21.9.2016; 10.50; AP-9; F 25,200

Art. 141.5.1 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

XC-02328-I-2016

2385-GCP

Arias Logística y Transporte, S.L.

B27288521

Transporte de mercadorías perigosas utilizando cisternas portátiles, CGEM, cisternas fixas (vehículos cisterna), cisternas desmontables, colectores cisterna, caixas móbiles cisterna, vehículos batería, MEMU, vehículos, colectores ou colectores para granel que carezan de placas-etiquetas, etiquetas ou de calquera outra sinalización ou marca exixible, así como levalos ilexibles.

21.9.2016; 10.50; AP-9; F 25,200

Art. 140.15.5 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

XC-02502-I-2016

9287-BNZ

Francisco J. Carril Roca

46903112V

A negativa ou obstrución á actuación dos servizos de inspección que imposibiliten total ou parcialmente o exercicio das funcións que legal ou regulamentariamente teñan atribuídas.

3.11.2016; 12.35; AC-552; 2,0

Art. 140.12 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

XC-02606-O-2016

4680-FNN

José Teolindo López Rodríguez

34884943S

A realización de servizos de taxi ou de arrendamento de vehículos con condutor carecendo dos preceptivos títulos habilitantes ou con estes suspendidos, anulados, caducados, revogados, sen ter realizado o visado obrigatorio ou por calquera outra causa ou circunstancia pola que as referidas habilitacións expedidas para exercer a actividade xa non sexan válidas.

2.9.2016; 17.58; AC862; 50,5

Art. 60 a) Lei 4/2013

Art. 63 Ley 4/2013

2.001 euros

XC-02650-O-2016

9473-CBT

Transcoruña, S.L.

B15743560

Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

14.7.2016; 12.40; N550; 33,9

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

XC-02660-O-2016

1864-HMH

Ttes. J. L. Quesada, S.L.

B20078911

A falta de consignación do lugar de comezo ou do final de utilización nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso.

3.7.2016; 20.52; N634; 700,5

Art. 142.4 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

XC-02661-O-2016

1864-HMH

Ttes. J. L. Quesada, S.L.

B20078911

Diminución do descanso diario normal (sobre 11 horas). Igual ou superior a 10 horas e inferior a 11 horas.

3.7.2016; 20.48; N634; 700,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-02697-O-2016

4779-FNN

Canosa Buján, José Ramón

46919626V

A realización de transportes públicos de mercadorías así como a contratación como carrexador ou a facturación en nome propio de servizos de transporte, carecendo da autorización, sempre que se acredite que no momento de realizalos ou contratalos, cumpríanse todos os requisitos exixidos para a súa obtención e que esta se solicitou dentro dos 15 días seguintes á notificación do inicio do expediente.

19.9.2016; 9.39; N634; 709,4

Art. 142.1 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

XC-02812-O-2016

PO-4690-AX

Veiga Sertal, Jaime Andrés

35250754B

O exceso igual ou superior ao 15 por cento e inferior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 15 %.

27.9.2016; 3.04; SC20; 2,1

Art. 141.2 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros