Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2017 Páx. 741

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública o proxecto de ampliación e o plan de restauración do aproveitamento de recursos da sección A) nomeado Furco número 167, no concello de Becerreá (Lugo), promovido por Grupo Bascuas, S.L.

Para os efectos previstos no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG núm. 109, do 6 de xuño) e, así mesmo no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, esta xefatura territorial

RESOLVE:

Someter a información pública, durante un prazo de 30 días hábiles, o proxecto de ampliación e o plan de restauración do aproveitamento de recursos da sección A que a continuación se describe:

Solicitante: Grupo Bascuas 2008, S.L.

Domicilio social: rolda Mercedes, 37, entresollado, 27002 Lugo.

Nome: Furco.

Número: 167.

Situación: Becerreá.

Superficie autorizada: 12,14 hectáreas.

Superficie da ampliación: 2,18 hectáreas.

Recurso: caliza-áridos.

A designación do terreo é a seguinte:

Coordenadas UTM ETRS89 Huso 29:

Coordenada X

Coordenada Y

648.638

4.749.037

Durante o prazo indicado aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto poderán consultalo nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas desta xefatura territorial, no Concello de Becerreá e no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://economiaeindustria.xunta.es/expediente-explotacions-mineiras) e formular as súas alegacións perante este órgano administrativo, con enderezo na rolda da Muralla, nº 70, 2º baixo, 27071 Lugo, presentándoas en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 8 de novembro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo