Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2017 Páx. 739

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 16 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente IN407A 2016/2983-1).

Expediente: IN407A 2016/2983-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: alimentación LMTS na rúa Vilar Ponte, nº 320 (Mercartabria, S.L.U.).

Concello: As Pontes de García Rodríguez

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 474 m, con orixe nos empalmes que se van realizar no punto de acceso á rede proxectado na beirarrúa na LMTS MOL-817, entre o CT avenida de Galicia 15CS77 e o CT rúa Fenosa 15CS75 (expediente 232/12), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final no centro de seccionamento Mercartabria, S.L.U. (logo de facer entrada e saída no centro de seccionamento).

Proxéctase grupo de 3 celas compactas de liña no centro de seccionamento que instalará o cliente, de tipo illamento SF6.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 16 de decembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña