A Autoridade Portuaria de Vigo, ao abeiro do establecido no Real decreto 196/2015, do 22 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2015, convoca probas selectivas para cubrir unha (1) praza de persoal laboral fixo polo procedemento de concurso-oposición:
– 1 Responsable de operacións e servizos portuarios.
As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web www.apvigo.es e no taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vigo; Praza da Estrela, nº 1.
As solicitudes deberán presentarse no prazo de 10 (dez) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, no Rexistro das oficinas centrais da Autoridade Portuaria de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas. Se o último día do prazo coincide en sábado, domingo ou festivo, este finalizará o seguinte día hábil.
Vigo, 28 de decembro de 2016
Beatriz Colunga Fidalgo
Directora da Autoridade Portuaria de Vigo