Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2017 Páx. 3006

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tui

ANUNCIO de información pública da aprobación inicial en relación coa modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal no ámbito dos sectores SU2A e SU2B, con ordenanzas detalladas.

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria-urxente que tivo lugar o día 7 de decembro de 2016, e no punto da orde do día nº 2 relativo á proposta da alcaldía en relación coa modificación puntual do PXOM no ámbito dos sectores SU2A e SU2B do PXOM, con ordenanzas detalladas, aproba por unanimidade dos corporativos presentes (15 votos a favor), o acordo que, na súa parte dispositiva, se transcribe literalmente:

«1º. Aprobación inicial do proxecto de modificación puntual do PXOM, no ámbito dos sectores urbanizable SU2A e SU2B, coas ordenacións detalladas que se formulan nos ámbitos de referencia. Para tales efectos sinalar que os documentos sometidos a aprobación inicial resultan:

Doc. nº 32. (R.E. nº 9393 con data do 24.10.2016). Escrito subscrito por Ángel Santorio Cuarteiro; acompañando:

– Tomo I: modificación puntual-proxecto: «modificación puntual do PXOM no ámbito dos sectores de solo urbanizable SU2A e SU2B, con ordenacións detalladas»; redactado polos arquitectos Ángel Santorio Cuartero e Alejandro Arias Novas.

– Tomo II: ordenación detallada do sector SU2A-Proxecto: «modificación puntual do PXOM no ámbito dos sectores de solo urbanizable SU2A e SU2B, con ordenacións detalladas».

Doc. nº 33. (R.E. nº 9468 con data do 25.10.2016). Oficio de achega de documentación complementaria suscrito por Leandro Nogueira Pérez; actuando en representación de Propietarios Maioritarios Sector SU2B, no que achega en soporte papel ordenación detallada do sector SU2B, complementario a modificación puntual dos sectores SU2A e SU2B.

Doc. nº 34. (R.E. nº 9988 con data do 9.11.2016). Escrito subscrito por Antonio Rigueira López; en representación de Eurobandas, S.A., achegando a seguinte documentación:

– Anexo á memoria xustificativa da MP.

– Plano de clasificación do solo da MP (M02).

– Planos de clasificación do solo da OD (002), e clasificación do solo e usos detallados (003).

Doc. nº 39. (R.E. nº 10742 con data do 28.11.2016). Escrito de achega de documentación complementaria, presentada por Nam Arquitectos, S.L.P., actuando en representación dos propietarios maioritarios SU2B de Ribadelouro.

2º. Someter os ditos documentos a información pública por período de 2 meses, con publicación de acordo no DOG, e nun xornal de maior difusión da provincia.

A documentación sometida a información pública abranguerá todos os documentos integrantes do expediente en tramitación, incluíndo un resumo executivo, estudo integral executivo e un resumo non técnico do estudo ambiental estatal.

3º. Suspender o outorgamento de licenzas de obras e actividade e de parcelación nos ámbitos de solo SU2A e SU2B do PXOM-2011, durante o prazo de 2 anos, desde a adopción do acordo de aprobación inicial (para o suposto de que as novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente); en todo caso, esta suspensión extinguirase coa aprobación definitiva da modificación puntual en proxecto.

4º. Elevar esta documentación ao órgano competente en materia de urbanismo co fin de realizar as consultas previstas no documento de alcance do estudo ambiental estratéxico, dará audiencia os municipios limítrofes e solicitará os informes sectoriais autonómicos preceptivos que deberá de ser emitidos no prazo de 3 meses transcorridos os cales se entenderán emitidos en sentido favorable».

O dito expediente poderá ser examinado no departamento de Urbanismo do Concello de Tui, en horario de oficina, para os efectos de presentar as alegacións procedentes.

Tui, 22 de decembro de 2016

Enrique Cabaleiro González
Alcalde presidente