Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2017 Páx. 3373

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 4 de xaneiro de 2017, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se lles dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle e outórgaselle audiencia á titular do establecemento que no anexo se menciona no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante a visita da Inspección comprobouse que no establecemento que se relaciona no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística.

Considerando que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta área provincial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 46 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia, iniciar o expediente de baixa de oficio do establecemento relacionado no anexo.

O que se lle notifica á titular do establecemento referido no dito anexo, para que no prazo de 15 días poida efectuar as alegacións que considere pertinentes e poida examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel, na Área Provincial de Turismo de Pontevedra.

Pontevedra, 4 de xaneiro de 2017

María Ángeles Herrero Pérez
Xefa da Área Provincial de Turismo de Pontevedra

ANEXO

Establecemento: + O Menos.

Sinatura: V-PO-001690.

Razón social: Samantha Filgueiras de la Fuente.

Enderezo: Palamios, 11, 1º esq.

Concello: 36001 Pontevedra.