Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2017 Páx. 3375

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 9 de xaneiro de 2017 polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no acordo de inicio de procedemento de reintegro (expediente 52/27/2014/300004).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE, sendo a súa data de publicación a que determina a eficacia do acto notificado, logo de ser intentada sen éxito a notificación a María Genma Díaz García (NIF *****165R), nos intentos practicados no seu enderezo, comunicámoslle que o 12 de decembro de 2016 se acordou iniciar o procedemento de reintegro da axuda indebidamente percibida no expediente 52/27/2014/300004 pola cantidade de 344,03 €.

A persoa interesada dispón dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo de inicio, para formular as alegacións e presentar a documentación que considere conveniente ao seu dereito ante a Secretaría deste organismo.

De encontrar conforme a liquidación que se lle formula, pode vostede efectuar o pagamento da débeda mediante transferencia á conta corrente da entidade financeira Abanca número ES 72 2080 5355 6531 1004 2831, dentro dos seguintes prazos (artigo 62 da Lei xeral tributaria):

a) Se esta publicación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a dita data ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

b) Se esta publicación se realiza entre os días 16 e último de cada mes, desde a dita data ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

O expediente atópase, en todo caso, á disposición da interesada no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada, en aplicación do artigo 44 da Lei 39/2015, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2017

Belén María do Campo Piñeiro
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Expediente: 52/27/2014/300004.

Interesada: María Genma Díaz García.

Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento de reintegro.

Último enderezo coñecido: rúa Concepción, nº 17, 3º, 27740 Mondoñedo (Lugo).