Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2017 Páx. 3393

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia

ANUNCIO de exposición do censo electoral.

Aprobado provisionalmente, en sesión celebrada o 26 de decembro de 2016 polo Pleno da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia, o censo electoral, correspondente á elección de cargos do 25 de marzo de 2017 comprensivo dos colexiados que cumpren os requisitos do artigo 43 dos estatutos, en cumprimento do establecido no artigo 47, exponse ao público, no taboleiro de anuncios do colexio, durante un prazo de 3 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do último insertado no DOG e nas páxinas autonómicas dun dos xornais de maior difusión de Galicia, para que os interesados presenten as reclamacións que xulguen oportunas a través do Rexistro Xeral da sede colexial.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2016

Avelino José Sanmartín Caamaño
Presidente do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia