Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2017 Páx. 3392

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia

ANUNCIO de convocatoria de eleccións.

En cumprimento do disposto no artigo 45.2. dos estatutos faise público que o Pleno da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia, en sesión que tivo lugar o 16 de decembro de 2016, acordou convocar eleccións a cargos dos órganos de goberno e fixar a xornada electoral o 25 de marzo de 2017, na Sede Social de Compostela entre as 10.00 e as 18.00 horas, e queda aberto o prazo para a presentación de candidaturas.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2016

Avelino José Sanmartín Caamaño
Presidente do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia