Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2017 Páx. 4498

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 27 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2016389AL-PO, incoado por infraccións en materia de seguridade alimentaria.

O 22 de novembro de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra ditou o acordo de inicio do expediente sancionador número 2016389AL-PO, incoado a Hermanos Valverde Rodríguez, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, notifícaselle a Hermanos Valverde Rodríguez, S.L. o contido do referido acordo que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, avenida Fernández Ladreda, núm. 43, 1º e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 27 de decembro de 2016

A xefa territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 33/2014, do 6 de marzo; DOG núm. 53)
Rosa Agrasar Muíños
Xefa do Servizo de Xestión de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2016389AL-PO.

Denunciada: Hermanos Valverde Rodríguez, S.L., con CIF B36913077.

Último enderezo coñecido: lugar de Carballal, Camos, 36350 Nigrán.

Feito imputado: supostas infraccións en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos infrinxidos: capítulo IV do anexo II do Regulamento 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

Tipificación: impútanselle unha infracción leve, segundo o artigo 41.g), da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Sanción proposta: trescentos euros (300,00 €).