Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2017 Páx. 4496

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 21 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2016385AL-PO, incoado por infraccións en materia de seguridade alimentaria.

O 21 de novembro de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra ditou o acordo de inicio do expediente sancionador número 2016385AL-PO, incoado a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula notifícaselle á Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. o contido do referido acordo que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, avenida Fernández Ladreda, núm. 43, 1º e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 21 de decembro de 2016

A xefa territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 33/2014, do 6 de marzo; DOG núm. 53)
Rosa Agrasar Muíños
Xefa do Servizo de Xestión de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2016385AL-PO.

Denunciada: Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A, con CIF A15922198.

Último enderezo coñecido: rúa Teófilo Llorente, nº 63, Vigo.

Feito imputado: supostas infraccións en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos infrinxidos:

– Artigo 26 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade.

– Artigo 4 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

– Artigo 56 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Artigos 9 e 10 do Real decreto 1801/2003, do 26 de decembro, sobre seguridade xeral dos produtos.

– Artigo 14 e 17 do Regulamento (CE) 178/2002, polo que se establecen os principios e os requirimentos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria.

– Artigos 4 e 6.1, do Decreto 204/2012, polo que se crea o Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios.

– Artigo 51 punto 2 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

– Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios: artigos 3 e 4 e o capítulo I puntos 1, 2, 4, 5, e 9; capítulo II punto 1 a), b), c), e) e f), e 3; capítulo V punto 1; capítulo VI puntos 1 e 2 e capítulo IX puntos 2, 3, e 5 do anexo II.

– Artigos 4.2 e 6.5 do Real decreto 126/2015, do 27 de febreiro, polo que se aproba a norma xeral relativa á información alimentaria dos alimentos que se presenten sen envasar para a venda ao consumidor final e as colectividades, dos envasados nos lugares de venda a petición do comprador, e dos envasados polos titulares do comercio polo miúdo.

Tipificación: impútanselle catro infraccións graves, segundo o artigo 51 punto 2, parágrafos 2, 12 e 18 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción proposta: vinte mil catro euros (20.004,00 €).

Tamén se confirman a medida cautelar acordada o 9.11.2016, de suspensión temporal da actividade que se realiza no establecemento La Barraca situado na rúa Teófilo Llorente, nº 63 de Vigo (SC 41/16).