Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2017 Páx. 6368

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.

A Orde do 10 de febreiro de 2012, modificada pola Orde do 22 de decembro de 2016, pola que se regula a proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos, establece os obxectivos e características desa proba e prevé no seu artigo 4 que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa realizará a convocatoria ou as convocatorias anuais dela, sinalando os centros onde terán lugar e as súas datas de inscrición e de realización.

En consecuencia, e ao abeiro da autorización que figura na disposición derradeira primeira da mencionada orde,

RESOLVO:

Convocar a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos no ano 2017, na modalidade de Ciencias e nos dous itinerarios da modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, conforme se dispón nas epígrafes seguintes:

1. Condicións das persoas aspirantes.

1.1. Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2017.

b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.

c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2016/17.

O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.

1.2. As persoas aspirantes poderán matricularse dos dous exercicios que integran a proba ou dun deles.

Poderanse matricular tamén na proba, para realizar o exercicio correspondente ás materias de Lingua Galega e Literatura I e II e ás materias xerais do bloque de materias troncais , as persoas aspirantes que teñan superadas as materias xerais e as materias troncais de opción propias da modalidade de Artes.

2. Forma, lugar e prazo de presentación das solicitudes.

2.1. O prazo de presentación das solicitudes será entre o 24 de febreiro e o 10 de marzo de 2017.

2.2. As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel, nos centros educativos sinalados no apartado 3 desta epígrafe ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado (código do procedemento ED534A) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

2.3. Os centros onde se pode presentar a solicitude son os seguintes:

a) Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3-2º andar, 15003 A Coruña.

b) IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.

c) Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.

d) Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.

e) Centro EPA Río Lérez, avenida de Bos Aires, 26, 36002 Pontevedra.

f) Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º, 36202 Vigo.

3. Documentación complementaria para a tramitación das solicitudes.

3.1. As persoas aspirantes deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento de necesidades especiais, cando esta fose recoñecida por outra administración distinta da Xunta de Galicia.

b) Certificado de residencia, se a persoa solicitante procede doutra comunidade autónoma, no caso de solicitar a exención das materias de Lingua Galega e Literatura I e II.

c) Se procede, certificacións académicas ou copia compulsada do libro de escolaridade e/ou historial académico, onde se acredite ter superado materias para validar algún exercicio.

Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3.2. A documentación complementaria presentarase presencialmente nos centros educativos sinalados no apartado 3 da epígrafe 2 desta resolución ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3.3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. Comprobación de datos.

4.1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos do DNI ou NIE da persoa aspirante, así como a certificación do grao de discapacidade, recoñecida pola Xunta de Galicia, só no caso de que a persoa aspirante solicite a adaptación da proba.

4.2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes.

4.3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

5. Datos de carácter persoal.

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado alumnado cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como informar ás persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela ou a través dun correo electrónico a sxeefp@edu.xunta.gal.

6. Listas de admitidos e reclamacións.

6.1. Concluído o prazo de presentación de solicitudes, o tribunal celebrará unha sesión para determinar as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas, con expresión neste último caso das causas que motivaron a exclusión.

6.2. No prazo de quince días posteriores á conclusión do prazo de presentación de solicitudes, o tribunal publicará esas listas (anexo II).

Xunto coa relación de persoas admitidas indicaranse os exercicios validados coa nota correspondente e as exencións da materia de Lingua Galega e Literatura I e II, de conformidade coa documentación presentada. A equivalencia entre as materias superadas no bacharelato e os exercicios da proba aparece no anexo III desta resolución.

6.3. O tribunal resolverá as reclamacións que se presenten, concedendo un prazo de emenda e mellora das solicitudes de tres días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da relación.

6.4. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten a disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa (https://sede.xunta.es/modelos-normalizados), que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

6.5. Unha vez resoltas as reclamacións, o tribunal publicará no centro correspondente a lista definitiva das persoas aspirantes inscritas e remitirá o anexo IV desta resolución á xefatura territorial correspondente e ao correo electrónico educadultos@edu.xunta.es do Servizo de Xestión Económica e Educación de Persoas Adultas da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

6.6. Xunto coas listas de admitidos, informarase ás persoas aspirantes do material que se pode utilizar na realización da proba, como se especifica na epígrafe 11.4 desta resolución.

7. Notificacións.

As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificacións electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións ao dispositivo electrónico e/ou ao enderezo de correo electrónico que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel). No casos de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos deberán optar en todo caso pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida, nin produza efectos no procedemento, unha opción diferente.

As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico practicarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

8. Tribunais.

8.1. A xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na Coruña nomeará o tribunal encargado de avaliar a proba, con sede no instituto San Clemente, de Santiago de Compostela.

8.2. Á vista das especialidades dos vogais do tribunal, a presidencia deste proporá á xefatura territorial, para o seu nomeamento, os asesores especialistas das distintas materias necesarios para colaborar na corrección dos exercicios.

8.3. Os membros do tribunal e os asesores especialistas poderán percibir axudas de custo por asistencia e axudas para gastos de locomoción por concorreren ás sesións de avaliación, consonte o Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia, e o Decreto 96/2011, do 5 de maio, polo que se modifica o Decreto 144/2001, do 7 de xuño.

8.4. A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, á vista das persoas aspirantes inscritas, poderá establecer outros tribunais cando sexan necesarios para a realización da proba.

9. Realización da proba.

A proba realizarase o día 21 de abril de 2017 en sesións de mañá e tarde no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

10. Características da proba.

10.1. A proba organizarase de xeito diferenciado segundo as modalidades de Ciencias e Humanidades e Ciencias Sociais.

10.2. A proba constará de dous exercicios: o primeiro deles terá unha duración de cinco horas e o segundo, de tres horas e trinta minutos. Entre os dous exercicios haberá un descanso de dúas horas.

10.3. Os contidos dos exercicios terán como referente os aspectos básicos do currículo recollido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

10.4. Primeiro exercicio, correspondente ás materias de Lingua Galega e Literatura I e II e ás materias xerais do bloque de materias troncais.

a) Primeira parte: Lingua Galega e Literatura I e II. Incluirá cuestións que medirán as habilidades e destrezas de expresión e comprensión e as capacidades de reflexión sobre aspectos lingüísticos, de interpretación crítica de textos e de análise e recoñecemento das características textuais. Tamén conterá preguntas sobre movementos literarios, obras e autores relevantes da literatura galega, nas que se valorarán as capacidades de comparación, interpretación e valoración crítica da persoa aspirante.

b) Segunda parte: Lingua Castelá e Literatura I e II. Incluirá cuestións que medirán as habilidades e destrezas de expresión e comprensión e as capacidades de reflexión sobre aspectos lingüísticos, de interpretación crítica de textos e de análise e recoñecemento das características textuais. Tamén conterá preguntas sobre movementos literarios, obras e autores relevantes da literatura en lingua castelá, nas que se valorarán as capacidades de comparación, interpretación e valoración crítica da persoa aspirante.

c) Terceira parte: Primeira Lingua Estranxeira I e II. A partir dun texto ou textos propostos, a persoa aspirante deberá demostrar as súas capacidades de comprensión e expresión escritas na lingua obxecto de exame, que poderá ser inglés ou francés.

d) Cuarta parte. Resposta por escrito a unha serie de cuestións relativas aos contidos das materias de Filosofía e Historia de España.

10.5. O segundo exercicio, diferente para cada modalidade, versará sobre as materias troncais xerais propias e as materias troncais de opción correspondentes a cada modalidade e itinerario. Avaliará o logro dos obxectivos propios do bacharelato e a adquisición das destrezas básicas das materias de modalidade, como a comprensión de conceptos, o manexo da linguaxe científica, a resolución de problemas e as capacidades de analizar, relacionar e sintetizar.

A persoa aspirante realizará os exercicios correspondentes ás materias troncais xerais propias da modalidade e itinerario que seleccione e doutras catro elixidas de acordo coas especificacións do anexo V.

Para cada unha das partes do segundo exercicio integraranse nun mesmo exame cuestións das materias incluídas nelas.

11. Normas de realización da proba.

11.1. Entre as 8.30 e as 9.00 horas realizarase o chamamento para o acceso aos espazos de realización da proba. As persoas aspirantes identificaranse debidamente con DNI ou pasaporte antes de entrar neles.

11.2. A sesión da mañá durará das 9.00 ás 14.30 horas e dedicarase á realización do exercicio correspondente ás materias de Lingua Galega e Literatura I e II e ás materias xerais do bloque de materias troncais. Organizarase en dous períodos:

Primeiro, das 9.00 ás 12.00 horas: realizaranse os exames correspondentes ás materias Lingua Galega e Literatura I e II e Lingua Castelá e Literatura I e II. Ao comezo deste período, o tribunal repartirá entre as persoas aspirantes os exames correspondentes a ambas as dúas linguas, para que estas dosifiquen o tempo dispoñible de acordo coas súas preferencias.

Segundo período, das 12.30 ás 14.30 horas: realizaranse os exames correspondentes a Primeira Lingua Estranxeira I e II e cuestións de Filosofía e Historia de España. Igualmente, ao comezo deste período, o tribunal repartirá entre as persoas aspirantes os dous exames para que estas dosifiquen o tempo dispoñible de acordo coas súas preferencias.

11.3. A sesión da tarde dedicarase á realización do exercicio das materias propias de cada modalidade, de acordo coas especificacións do anexo V, e durará de 16.30 a 20.30 horas. Organizarase en tres períodos:

Primeiro, das 16.30 ás 18.00 horas: realizarase a parte ou exame correspondente ás materias troncais xerais propias da modalidade e itinerario seleccionados.

Segundo, das 18.00 ás 19.00 horas: realizarase a parte segunda das probas de modalidade, correspondente ás materias troncais de opción. As persoas aspirantes escollerán unha entre as dúas opcións sinaladas para esa segunda parte na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais ou unha entre as tres opcións da modalidade de Ciencias.

Terceiro, das 19.30 ás 20.30 horas: realizarase a parte terceira do exercicio correspondente ás materias troncais de opción de modalidade. As persoas aspirantes escollerán unha entre as tres opcións sinaladas para a terceira parte na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais ou unha entre as dúas opcións sinaladas para a modalidade de Ciencias.

11.4. As persoas aspirantes poderán utilizar os seguintes materiais na realización da proba:

a) Nas materias que implican operacións numéricas (exames con contidos de matemáticas, matemáticas aplicadas ás ciencias sociais, física e química, física, química e economía) poderán utilizar unha calculadora científica, agás as que sexan programables, gráficas ou con capacidade para almacenar e transmitir datos.

b) Nas materias de latín e grego, dicionario desas linguas.

c) Na materia de debuxo técnico, portaminas ou lapis, goma, regra milimetrada, escuadro, cartabón e compás.

As persoas aspirantes non poderán utilizar durante a realización da proba teléfono móbil nin calquera outro dispositivo de almacenamento ou transmisión de datos.

12. Certificación e expedición do título.

12.1. A acta de avaliación recollerá os resultados de cada un dos exercicios e, de ser o caso, a validación dos mesmos (anexo VI).

12.2. O tribunal deixará tamén constancia das cualificacións obtidas polas persoas aspirantes nas diferentes partes do exercicio segundo, correspondente ás materias propias de cada modalidade (anexo VII), para os efectos da certificación mencionada no apartado 4 deste punto.

12.3. O tribunal utilizará os modelos que figuran nos anexos VIII e IX para expedir ás persoas aspirantes as certificacións de ter superado algún dos exercicios ou de ser propostos para a expedición do título de bacharel.

12.4. As persoas que superen os dous exercicios ou as que tivesen validado o primeiro exercicio e superen o segundo poderán solicitar unha certificación das cualificacións obtidas en cada unha das partes do segundo exercicio, de materias de modalidade, para que poidan xuntala á documentación de solicitude de prazas en ensinanzas de ciclos de formación profesional de grao superior. O tribunal estenderá esa certificación segundo o modelo do anexo X.

12.5. Concluído o proceso de avaliación, a presidencia do tribunal remitirá a ficha estatística do anexo XI ao correo electrónico educadultos@edu.xunta.es do Servizo de Xestión Económica e Educación de Persoas Adultas da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

12.6. Concluído ese proceso de avaliación por parte do tribunal, as certificacións posteriores solicitadas polas persoas aspirantes serán asinadas polo director ou directora e polo secretario ou secretaria do centro onde se custodia a documentación das probas.

Disposición derradeira única.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2017

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

missing image file
missing image file

ANEXO II
Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos
Convocatoria de abril de 2017
Lista de persoas aspirantes admitidas

Inscrito/a para realizar

o exercicio

Validación do exercicio I coa cualificación seguinte

(2)

Validación do exercicio II coa cualificación seguinte na modalidade de

Exención de lingua galega

(3)

Apelidos e nome

I

(1)

II

(1)

Humanidades e Ciencias Sociais (2)

Ciencias

(2)

Artes

(2)

(1) Indicar cunha cruz [X] a proba ou probas nas que a persoa aspirante está inscrita.

(2) CUALIFICACIÓNS: nota numérica entre 5 e 10.

(3) Indicar SI, no caso de que se concedese unha exención solicitada e NON, no caso contrario.

ANEXO II

(segunda parte)

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos
Convocatoria de abril de 2017
Lista de persoas aspirantes excluídas

Apelidos e nome

Razón da exclusión

ANEXO III
Validación de exercicios da proba por grupos de materias superadas no bacharelato

Primeiro exercicio: Lingua Galega e Literatura I e II e materias troncais xerais

Materias xerais superadas no bacharelato

Validación na proba

Lingua Galega e Literatura I e II,

Lingua Castelá e Literatura I e II,

Primeira Lingua Estranxeira I e II,

Filosofía, Historia de España.

Primeiro exercicio: Lingua Galega e Literatura I e II e materias troncais xerais.

Segundo exercicio: materias xerais propias e materias troncais de opción de cada modalidade.

(As persoas aspirantes que teñan superada unha materia doutra modalidade diferente á elixida deberán ter superadas dúas materias de 2º curso da modalidade elixida).

Humanidades e Ciencias Sociais

Ciencias

Materias superadas

Validación na proba

Materias superadas

Validación na proba

As materias xerais propias da modalidade e itinerario elixidos:

Segundo exercicio

As materias xerais propias da modalidade

Segundo

exercicio

HUMANIDADES

CIENCIAS SOCIAIS

- Matemáticas I.

- Matemáticas II.

- Latín I e II.

- Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I e II.

E catro destas materias (dúas de primeiro curso e dúas de segundo curso):

- Economía.

- Grego I.

- Historia do Mundo Contemporáneo.

- Literatura Universal.

- Economía da Empresa.

- Grego II.

- Xeografía.

- Historia da Arte.

- Historia da Filosofía.

E catro destas materias (dúas de primeiro curso e dúas de segundo curso):

- Bioloxía e Xeoloxía.

- Debuxo Técnico I.

- Física e Química.

- Bioloxía.

- Debuxo Técnico II.

- Química.

- Física.

- Xeoloxía.

ANEXO III

(segunda parte)

ARTES

Materias superadas

Validación na proba

As materias troncais xerais propias da modalidade:

- Fundamentos da Arte I.

- Fundamentos da Arte II.

Segundo exercicio.

E catro destas materias (dúas do primeiro curso e dúas do segundo curso):

- Cultura Audiovisual I.

- Historia do Mundo Contemporáneo.

- Literatura Universal.

- Artes Escénicas.

- Cultura Audiovisual II.

- Deseño.

ANEXO III

(terceira parte)

Validación do bloque de materias comúns e de modalidade da proba libre de bacharelato para persoas maiores de 20 anos ata o ano 2016 por bloques de materias xerais e de modalidade superadas a partir do ano 2017

Materias superadas

Validación na proba

Bloque de materias comúns superadas na proba libre de bacharelato ata 2016

Primeiro exercicio

Bloque de materias de modalidade superadas na proba libre de bacharelato ata 2016

Segundo exercicio

ANEXO IV
Número de persoas aspirantes inscritas para realizar a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos (convocatoria de abril de 2017)

Centro _____________________________________________ Provincia ____________

1º EXERCICIO

Número de aspirantes

1º EXERCICIO

Número de aspirantes

Inglés

Francés

2º EXERCICIO

Número de aspirantes

2º EXERCICIO

HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

Número de aspirantes

CIENCIAS

Número de aspirantes

Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais (I e II).

Matemáticas (I e II)

Física e Química e Física.

Latín (I e II).

Física e Química e Química.

Economía e Economía da Empresa.

Debuxo Técnico (I e II).

Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía.

Grego (I e II).

Literatura Universal e Historia da Arte.

Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía.

Literatura Universal e Historia da Filosofía.

Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía.

ANEXO V
Materias troncais xerais propias da modalidade e itinerario elixidos e materias troncais de opción

CIENCIAS

Parte 1

Matemáticas (I e II)

Parte 2: escoller unha destas tres opcións

Física e Química e Física

Física e Química e Química

Debuxo Técnico (I e II)

Parte 3: escoller unha destas dúas opcións

Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía

Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía

HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

Parte 1: escoller unha destas opcións

Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais (I e II)

Latín (I e II)

Parte 2: escoller unha destas dúas opcións

Economía e Economía da Empresa

Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía

Parte 3: escoller unha destas tres opcións

Grego (I e II)

Literatura Universal e Historia da Arte

Literatura Universal e Historia da Filosofía

ANEXO VI
Modelo de acta de avaliación
Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

Convocatoria: abril 2017 Folla número_____

Centro onde se realizaron as probas:

Localidade:

Datos estatísticos

1. Número de persoas aspirantes

2. Número de persoas aspirantes propostas para título

Número de

orde

Apelidos e nome

Modalidade

[1]

Idioma

[2]

Cualificación

1º exercicio (Lingua Galega e Literatura I e II e materias troncais xerais [3]

Validación 1º exercicio (materias comúns)[3]

Cualificación 2º exercicio (materias xerais propias de cada modalidade e materias troncais de opción)

[3]

Validación 2º exercicio (materias de modalidade)

[3]

Nota final [4]

Titula [5]

(1) Escribir: HCS (Humanidades e Ciencias Sociais); CT (Ciencias); ART (Artes)

(2) Escribir: I (Inglés); F (Francés).

(3) CUALIFICACIÓNS: nota numérica entre 0 e 10, Non presentado (NP).

(4) NOTA FINAL: media aritmética dos exercicios, expresada con dous decimais.

(5) TITULA: escribir SI ou NON.

A presente acta comprende................... persoas aspirantes e acaba con...................................................................................

............................................................, .......... de ............................................................... de 2017

Visto e prace O/a presidente/a, Vogais O/a secretario/a do tribunal

ANEXO VII
Modelo de lista de cualificacións de materias troncais xerais propias da modalidade e itinerario
elixidos e materias troncais de opción
Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

Convocatoria: abril 2017 Folla___ Número_____

Centro onde se realizaron as probas:

Localidade:

Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais

Modalidade de Ciencias

Número de

orde

Apelidos e nome

Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais (I e II)

Latín (I e II)

Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía

Economía e Economía da Empresa

Grego I e II

Literatura Universal e Historia da Arte

Literatura Universal e Historia da Filosofía

Matemáticas I e II

Física e Química e Física

Física e Química e Química

Debuxo Técnico I e II

Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía

Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía

(*) CUALIFICACIÓNS: nota numérica entre 0 e 10, sen decimais; Non presentado (NP).

............................................................, .......... de ............................................................... de 2017

Visto e prace O/a presidente/a Vogais O/a secretario/a do tribunal

ANEXO VIII

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA.

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

- Orde do 10 de febreiro de 2012 modificada pola Orde do 22 de decembro de 2016.

- Resolución do 31 de xaneiro de 2017.

CERTIFICADO

Don/dona ______________________________________________________________,

secretario/a do tribunal da proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos na convocatoria de abril de 2017, celebrada no centro

_____________________________________________ (consígnese centro e localidade)

CERTIFICA: que don/dona

______________________________________________________________________,

con DNI ___________________, ten superado (1)____________________

da proba coa cualificación que se expresa (2)__________.

(1) Indíquese «o primeiro exercicio: Lingua Galega e Literatura I e II e materias troncais xerais» ou «o segundo exercicio: materias xerais propias de cada modalidade e itinerario e materias troncais de opción» (2) Indíquese a cualificación correspondente.

______________________, a ____ de _______________ de 2017

Visto e prace O presidente/A presidenta O secretario/A secretaria

ANEXO IX

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA.

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

- Orde do 10 de febreiro de 2012 modificada pola Orde do 22 de decembro de 2016.

- Resolución do 31 de xaneiro de 2017.

CERTIFICADO

Don/dona ______________________________________________________________,

secretario/a do tribunal da proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos na convocatoria de abril de 2017, celebrada no centro

_____________________________________________ (consígnese centro e localidade)

CERTIFICA: que don/dona

__________________________________________, con DNI ___________, ten superado os dous exercicios que integran a proba na modalidade de (1) _______________________ coa cualificación que se expresa_____________ e que, unha vez abonadas as taxas correspondentes, será proposto/a para a expedición do título de bacharel.

(1) Indíquese a modalidade e itinerario.

______________________, a ____ de _______________ de 2017

Visto e prace O presidente/A presidenta O secretario/A secretaria

ANEXO X

Don/dona_____________________________________________________________,

Secretario/a do tribunal da proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos na convocatoria de abril de 2017, celebrada no centro _______________________________

(consígnese centro e localidade)

CERTIFICA: que don/dona __________________________________________, con DNI ___________________, obtivo as seguintes cualificacións no segundo exercicio, das materias troncais xerais propias da modalidade e itinerario e materias troncais de opción:

MODALIDADE DE HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

CUALIFICACIÓN*

MODALIDADE DE CIENCIAS

CUALIFICACIÓN*

Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais (I e II)

Matemáticas (I e II)

Latín (I e II)

Economía e Economía da Empresa

Física e Química e Física

Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía

Física e Química e Química

Grego (I e II)

Debuxo Técnico (I e II)

Literatura Universal e Historia da Arte

Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía

Literatura Universal e Historia da Filosofía

Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía

(*) CUALIFICACIÓNS: nota numérica entre 4 e 10, sen decimais.

______________________, a ____ de _______________ de 2017

Visto e prace O presidente/A presidenta O secretario/A secretaria

ANEXO XI
Estatística xeral
Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

Centro: Localidade: Provincia:

Data de realización da proba: 21 de abril de 2017.

Número total de aspirantes inscritos/as ........

Número total de aspirantes presentados/as ...........

Número total de aspirantes cun exercicio superado ..................

Número total de aspirantes propostos/as para título......................

1. NÚMERO TOTAL DE ASPIRANTES PRESENTADOS/AS, SEGUNDO IDADE E SEXO.

Ata 25

26-35

36-45

46-55

56-65

Máis de 65

Homes

Mulleres

Total

2. PERSOAS CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS, SEGUNDO IDADE E SEXO.

Ata 25

26-35

36-45

46-55

56-65

Máis de 65

Homes

Mulleres

Total

3. NÚMERO TOTAL DE ASPIRANTES PRESENTADOS/AS QUE SE PROPOÑEN PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL.

Ata 25

26-35

36-45

46-55

56-65

Máis de 65

Homes

Mulleres

Total

(Selo do centro)