Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2017 Páx. 6769

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 30 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan rehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015–2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017, con financiamento plurianual.

Advertidos erros na referida orde publicada no DOG núm. 12, do 18 de xaneiro de 2017, procede facer as seguintes correccións:

Na páxina 2538, no artigo 6.2, onde di: «2. Estas contías poderán ser incrementadas ata un 20 % no caso de que as persoas arrendatarias sexan integrantes dunha unidade de convivencia que necesiten unha vivenda adaptada para algún dos seus membros»; debe dicir: «2. Estas contías poderán ser incrementadas ata un 20 % no caso de que as persoas arrendatarias sexan integrantes dunha familia numerosa ou dunha unidade de convivencia que necesiten unha vivenda adaptada para algún dos seus membros».

Na páxina 2558, substitúese o anexo III polo que se publica con esta corrección de erros.

Esta corrección non modifica o prazo de presentación de solicitudes.

missing image file