Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2017 Páx. 9339

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2017 pola que se publica o plan de formación para o primeiro semestre do ano 2017 para o persoal da Unidade da Policía Nacional adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

Aprobado o programa anual de actividades para o ano 2017 da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) polo Consello Reitor na súa xuntanza con data do 15 de febreiro de 2017, de acordo co establecido no artigo 9.2.b) da Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Agasp, publicase o plan de formación da UPA para o primeiro semestre do ano en curso.

A Agasp desenvolverá en colaboración co servizo de Seguridade da Subdirección xeral de Seguridade e Coordinación da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, competente en materia de coordinación da formación da Unidade, os seguintes cursos dirixidos ao persoal da UPA, cuxas bases se especifican no anexo I desta resolución.

Denominación

Tipo

Horas lectivas

Prazas

Intervención en auxilio e rescate en situacións metereolóxicas adversas

Curso

8

12

Primeira Denuncia e elaboración de atestados

Curso

8

25

Violencia de xénero

Curso

25

25

Control de transportes en redes viarias

Curso

20

25

Datos básicos necesarios confección de documentos propios UPA

Xornada

8

25

Caza e pesca

Xornada

8

25

Intervencións policiais

Curso

20

20

Patrimonio: Camiño de Santiago

Xornada

8

25

Condución de seguridade e evasiva

Curso

8

25

Vixilancias e seguimento a persoas e domicilios

Curso

12

25

Intelixencia emocional: control emocións situacións límite

Curso

16

20

Básico de Access

Curso

16

20

Reformas lexislativa procedemento administrativo

Curso

12

25

DRUPAL

Curso

8

20

Aplicacións informáticas de software libre

Curso

20

20

Desaloxos e resistencias pasivas

Curso

20

20

Seminario técnico en materia de inspección ambiental

Seminario

8

40

A Estrada, 15 de febreiro de 2017

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO I
Bases

Primeira. Destinatarios

Persoal da UPA en servizo activo.

A baixa laboral por incapacidade temporal impide a participación nas accións formativas.

Será revisable a admisión de persoas en baixa laboral por incapacidade temporal, cando esta veña producida por accidente de traballo recoñecido como tal e a asistencia ao curso non interfira na recuperación.

No caso de estimarse oportuno, poderán acceder aos cursos, persoal das forzas e corpos de seguridade pública que traballen en Galicia con competencias directas na materia a desenvolver, reservándose expresamente prazas para eles.

Se as solicitudes para participar nun curso non superan as 10 persoas, a Agasp reservase a facultade de anular a actividade formativa.

Segunda. Lugar e datas

Os cursos desenvolveranse nas instalacións da Agasp.

As datas de cada curso, estableceranse cunha antelación de 10 días naturais antes da súa realización, comunicándose dende a zona a todas as unidades para o coñecemento de todos/as os/as interesados/as.

Terceira. Solicitudes e criterios xerais de selección

As solicitudes faranse directamente á Xefatura da Unidade, órgano encargado tamén da selección do alumnado.

Os criterios de selección para cada acción formativa, serán os indicados pola Xefatura da Unidade, en caso de non haber especificidade algunha, atenderanse a criterios de orde de inscrición e numero de cursos realizados con anterioridade.

A Xefatura da Unidade remitirá ao Servizo de formación en Seguridade Pública da Agasp a listaxe do alumnado participante en cada acción formativa con alomenos 5 días hábiles do comezo de cada actividade, con todos os datos precisos para realizar a inscrición de xeito correcto.

Quinta. Asistencia aos cursos

1. É obrigatoria a asistencia con puntualidade a todas as sesións dos cursos.

Durante a realización dos cursos levarase un control permanente da asistencia a través dos sistemas que se establezan para o efecto, podendo realizarse controis de asistencia extraordinarios.

Unicamente se autorizará a ausencia por causas xustificadas e debidamente acreditadas e, en ningún caso, poderá superar o 10 % das horas lectivas.

A ausencia xustificada superior ao 10 % do total das horas lectivas suporá a perda do dereito a expedición do diploma, no caso de haber unha segunda edición do curso en cuestión, o servizo de formación en Seguridade Pública, poderá valorar a posibilidade de que o/a alumno/a poida recuperar as horas non realizadas na edición anterior, en todo caso para poder valorar esta posibilidade non pode transcorrer mais de seis meses entre unha edición e a seguinte.

A falta de asistencia dun número superior ao 10 % das horas lectivas sen xustificación ou falta de acreditación documental da causa alegada no só dará lugar a perda do dereito ao diploma do curso, senón tamén a penalización coa non participación en cursos da Agasp durante un ano, contado desde o día seguinte ao da finalización do curso.

2. O alumnado asistirá aos cursos co uniforme regulamentario. No caso de non facelo, e non existir causa suficientemente xustificada, a Agasp poderá impedir a asistencia ao curso e non emitira diploma nin certificado acreditativo algún.

Sexta. Certificación

Para poder superar os cursos o alumnado debera superar unha proba de avaliación que se levará a cabo ao remate dos mesmos no caso de que ditos cursos figuren con aproveitamento.

Sétima. Desenvolvemento dos cursos

1. A Agasp poderá suspender a realización de actividades formativas convocadas cando sexa necesario por motivos técnicos ou insuficiencia de solicitudes de participación.

2. A Agasp poderá modificar as datas, horarios, contidos e desenvolvemento dos cursos, así como resolver todas as continxencias e incidencias que poidan xurdir.

3. A Agasp poderá programar cursos diferentes cando así veña exixido por circunstancias que afecten a organización, xestión e docencia.