Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2017 Páx. 9343

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2017 pola que se convoca un curso de habilitación en realización de informes criminolóxicos en delincuencia e seguridade viaria.

A Academia Galega de Seguridade Pública anuncia a convocatoria dun curso de habilitación en realización de informes criminológicos en delincuencia e seguridade viaria, aprobado dentro do plan de formación continua polo seu Consello Reitor na súa reunión ordinaria celebrada o 15 de febreiro de 2017:

1. Datos da actividade.

Denominación: habilitación en realización de informes criminológicos en delincuencia e seguridade viaria.

Edicións: 1.

Horas lectivas: 16.

Modalidade: presencial.

Obxectivos:

Expoñer as tipoloxías en delincuencia viaria, factores de risco e protección da problemática viaria e as principais explicacións criminológicas dispoñibles.

Deseñar un protocolo de actuación para a elaboración de informes criminológicos en materia de delincuencia e seguridade viaria.

Capacitar os profesionais policiais e xudiciais na elaboración de informes criminológicos.

Contido:

1. Introdución á delincuencia viaria (10.00 a 11.45 horas).

1.1. Introdución ao obxecto de estudo da criminología.

1.2. Tipoloxías delituosas viarias.

1.3. Especial referencia á condución baixo os efectos do alcol e drogas.

2. Factores de risco e protección (12.15 a 14.00 horas).

2.1. Factores de risco xerais da delincuencia.

2.2. Factores de risco específicos en delincuencia viaria.

2.3. Factores de protección.

2.4. Interacción inter e intra-riscos.

3. Teorías criminológicas (16.00 a 17.45 horas).

3.1. A teoría criminológica actual. Teorías integradoras.

3.2. Modelo TRD aplicado á delincuencia viaria.

3.3. Outras teorías de aplicación á delincuencia e seguridade viaria.

4. Fundamentos da criminología forense (18.15 a 20.00 horas).

4.1. A pericia no procedemento penal.

4.2. A pericia criminológica.

4.3. Aplicación da peritaxe en función da fase procesual.

5. Elaboración de informes criminológicos (10.00 a 11.00 horas).

5.1. Instrumentos de recollida de datos.

5.2. Avaliación do risco de delincuencia.

6. Caso práctico 1 (11.00 a 11.45 e de 12.15 a 14.00 horas).

6.1. Traballo en equipo e posta en marcha dun informe sobre un caso real con resultado de homicidio.

6.2. Posta en común e axuste de criterios.

7. Caso práctico 2 (16.00 a 17.45 horas).

7.1. Traballo en equipo e posta en marcha dun informe sobre un caso real cun individuo multirreincidente.

7.2. Posta en común e axuste de criterios.

8. Elaboración final dun protocolo de actuación.

8.1. Recapitulación final e deseño en equipo do protocolo de actuación de aplicación no futuro.

8.2. Proposta de protocolo de actuación e elaboración de informes criminológicos viarios.

2. Desenvolvemento da convocatoria.

Destinatario/as:

Persoal da policía local, Garda Civil de Tráfico e Fiscalía con titulación en Criminología.

Prazas ofertadas:

40 prazas.

3. Solicitudes de participación.

a) O persoal que desexe participar no curso convocado nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.es. A non presentación da solicitude motivada implicará a exclusión do proceso.

Non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

b) A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.

c) É conveniente consignar no formulario de solicitude un número de teléfono móbil co fin de poder realizar as notificacións necesarias.

d) Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente os datos necesarios para realizar o proceso selectivo do alumnado, que non se axusten ao formulario de solicitude ou que sexan presentadas fóra de prazo.

e) Prazo para a presentación de solicitudes: o prazo de inscrición e presentación de solicitudes de participación terminará o día 28 de febreiro de 2016.

4. Formulario normalizado de solicitude.

a) Os formularios de solicitude a que se refire a base anterior serán obtidos e cubertos pola persoa solicitante necesariamente a través da páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública, que poden atopar no enderezo da internet http://agasp.xunta.es.

b) Para cubrir correctamente os formularios de solicitude, no citado enderezo da internet dispoñerase de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes.

c) Os formularios poderán ser obtidos e cubertos ata as 14.00 horas da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

d) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información poderán dirixirse á Agasp a través do número de teléfono 886 20 61 10, do fax: 886 20 61 22 ou enderezo de correo electrónico formacion.Agasp@xunta.es, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.

Criterios de selección:

Serán admitidos/as aqueles alumnos/as en posesión da titulación de Criminología.

No suposto de superar o número de solicitudes ao número de prazas con titulación suficiente para acceder a este, terán preferencia o alumnado co número menor de cursos realizados neste organismo nos últimos dous anos.

Listaxe de solicitudes seleccionadas:

O día 2 de marzo de 2017 a Academia Galega de Seguridade Pública publicará no sitio web http://agasp.xunta.es, as solicitudes de participación que resultasen seleccionadas segundo os criterios de selección mencionados anteriormente.

Obrigacións das persoas seleccionadas:

De acordo co establecido no artigo 21 do Regulamento de réxime interior da Agasp: as persoas que resulten seleccionadas teñen a obrigación de participar no desenvolvemento da actividade, agás que comunicasen a súa imposibilidade de asistencia con polo menos 48 horas de antelación ao comezo desta. A dita renuncia deberá comunicarse por escrito a la Agasp, por correo electrónico no enderezo formación.agasp@xunta.es ou por fax ao número 886 20 61 22. Noutro caso, serán excluídas automaticamente da selección para as dez seguintes actividades que se convoquen, para as as cales reúnan os requisitos esixidos de participación (artigos 18 e 21 do Regulamento de réxime interior da Agasp).

Comezado o curso, ao alumnado só se lle permitirá a falta de asistencia a un 10 % como máximo das horas totais, e sempre justificadamente. De exceder esta porcentaxe, non terá dereito ao diploma ou certificado.

5. Desenvolvemento da actividade.

Lugar: Agasp.

Datas: 6,7 de marzo de 2017.

Horario: das 10.00 ás 14.00 e das 16.00 ás 20.00 horas.

Vestiario: o alumnado pertencente ás forzas e corpos de seguridade vestirán o uniforme regulamentario.

Certificado de aproveitamento:

Ao finalizar a actividade, entregarase un certificado de aproveitamento a todas aquelas persoas que acrediten a súa asistencia continuada a esta e superen as correspondentes probas de coñecementos.

6. Dereitos e deberes do alumnado participante.

Durante o desenvolvemento da actividade ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp, aprobado por Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 4 de febreiro de 2009 (DOG núm. 30, do 12 de febreiro).

7. Modificacións e incidencias.

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Agasp tamén poderá suprimir o curso, ampliar novas edicións deste ou suspendelo temporalmente, cando así veña exixidos por circunstancias que afecten a súa organización, realización ou docencia.

A Estrada, 15 de febreiro de 2017

Luís Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública