Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2017 Páx. 9867

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2228/2016).

M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección nº 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 2228/2016 desta sección, seguido por instancia de José Manuel Gómez Barreiro contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesourería Xeral da Seguridade Social, Unión Fenosa Distribución, S.A., Electricidad Carlos, S.L., sobre recarga de accidente, ditouse resolución cuxa parte dispositiva é do tenor literal que segue:

«Fallamos:

Que con desestimación do recurso interposto por José Manuel Gómez Barreiro, confirmamos a sentenza que con data 21.1.16 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 5 da Coruña, e pola que se rexeitou a demanda formulada e se absolveu ás empresas «Electricidad Carlos, S.L.» e «Unión Fenosa Distribución, S.A.», o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a entidade Electricidad Carlos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza