Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2017 Páx. 12353

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECIÓN DE ERROS. Orde do 26 de xaneiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social), cofinanciadas parcialmente con cargo ao programa operativo do Fondo Social Europeo, e se convocan para o ano 2017.

Advertido un erro na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 33, do 16 de febreiro de 2017, cómpre efectuar a oportuna corrección:

Na páxina 7.693, na alínea m) do artigo 5, onde di:

«Concello rural: concello que non conta con ningunha zona densamente poboada (ZDP). Son consideradas como zonas densamente poboadas, en función do seu grao de urbanización, os conxuntos limítrofes de áreas locais, definidas no nivel de parroquia, cunha densidade de poboación igual ou superior a 500 habitantes por km² e unha poboación mínima de 50.000 habitantes, segundo a clasificación publicada polo Instituto Galego de Estatística. Para estes efectos, considéranse concellos rurais todos os concellos galegos agás os seguintes: Cambre, A Coruña, Culleredo, Ferrol, Narón, Oleiros, Santiago de Compostela, Lugo, Barbadás, Ourense, Poio, Pontevedra e Vigo».

Debe dicir:

«Concello rural: aquel que non conta con ningunha zona densamente poboada a nivel de parroquia (ZDP), segundo a clasificación publicada polo Instituto Galego de Estatística (https://www.ige.eu/web/mostrar_paxina.jsp?paxina=003003001&idioma=gl). Para estes efectos consideraranse concellos rurais todos os concellos galegos agás os seguintes: Cambre, A Coruña, Culleredo, Ferrol, Narón, Oleiros, Santiago de Compostela, Lugo, Barbadás, Ourense, Poio, Pontevedra e Vigo».