Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2017 Páx. 13602

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 2 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental da liña eléctrica de evacuación do parque eólico Pena Forcada-Catasol II, nos concellos de Laxe, Cabana de Bergantiños e Zas (A Coruña), promovida por Gas Natural Fenosa Renovables, S.L.U. (clave 2016/0103).

De conformidade co artigo 47.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 28 de febreiro de 2017, da liña eléctrica de evacuación do parque eólico Pena Forcada-Catasol II, nos concellos de Laxe, Cabana de Bergantiños e Zas (A Coruña), promovida por Gas Natural Fenosa Renovables, S.L.U.

O dito informe pódese consultar na ligazón http://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n).

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático