De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, punto 3, faise público o informe de impacto ambiental do 21 de febreiro de 2017, do cambio de uso forestal a agrícola de varias parcelas na parroquia de Penamaior no concello de Becerreá, promovido por José Luis Morán Fernández.
Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2017
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático