Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2017 Páx. 14025

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2017, do tribunal nomeado para a selección de dúas prazas de titulado/a superior para a Unidade de Desenvolvemento e Innovación Sanitaria, convocadas mediante a Resolución do 27 de decembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 5, do 9 de xaneiro de 2017), pola que se aproba a relación definitiva de admitidos e excluídos coas puntuacións provisionais de méritos de aspirantes admitidos.

En sesión que tivo lugar o día 14 de marzo de 2017, o tribunal nomeado mediante a Resolución do 13 de febreiro de 2017 (DOG núm. 36, do 21 de febreiro), pola que se nomea o tribunal de selección de dúas prazas de titulado/a superior para a Unidade de Desenvolvemento e Innovación Sanitaria, á vista das alegacións presentadas ás listas provisionais de admitidos e excluídos publicadas na páxina web da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (www.acis.sergas.es) e no seu taboleiro de anuncios con data do 2 de marzo de 2017,

ACORDOU:

Aprobar e facer públicas as listas definitivas de aspirantes admitidos/as e excluídos/as coas puntuacións provisionais de méritos dos aspirantes admitidos. Estas listas publicaranse na páxina web da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (www.acis.sergas.es) e no seu taboleiro de anuncios.

De acordo co disposto na base 6.2. da convocatoria, os/as aspirantes admitidos/as disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para faceren as alegacións que xulguen oportunas con respecto á valoración provisional de méritos.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2017

Luis Ángel León Mateos
Presidente do tribunal