Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2017 Páx. 14026

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3424/2016).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3424/2016 PM

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 1044/2012. Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Recorrente: Ilunión Seguridad, S.A.

Avogada: María Asunción Martínez Calderón de la Barca

Recorridos: Fogasa, Esabe Vigilancia, S.A., Bubos Securitas, S.A., Juan José Coto Varela

Avogado: Xavier Castro Martínez

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3424/2016 desta sección, seguido por instancia de Ilunión Seguridad, S.A. contra o Fogasa, Esabe Vigilancia, S.A., Bubos Securitas, S.A. e Juan José Coto Varela, sobre reclamación de cantidade, ditouse resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola empresa codemandada Ilunión Seguridad, S.A. (antes Vigilancia Integrada, S.A.), contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, nos presentes autos tramitados por instancia do demandante Juan José Coto Varela, fronte á recorrente e as empresas tamén demandadas Esabe Vigilancia, S.A. e Vigilancia Integrada, S.A., debemos confirmar e confirmamos a devandita sentenza.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal, e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A. e Bubos Securitas, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza