Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2017 Páx. 14015

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 14 de marzo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de enerxías renovables, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco PDR de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2017.

BDNS (Identif.): 338244.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Entidades beneficiarias

Grupo I. Xeotermia.

Entidades beneficiarias

Administración local

Pequenas e medianas empresas, as súas agrupacións e asociacións

Axudas a persoas físicas e entidades sen ánimo de lucro

Grupo II. Aerotermia.

Entidades beneficiarias

Pequenas e medianas empresas, as súas agrupacións e asociacións

Persoas físicas e entidades sen ánimo de lucro

Grupo III. Solar térmica.

Entidades beneficiarias

Pequenas e medianas empresas, as súas agrupacións e asociacións

Persoas físicas e entidades sen ánimo de lucro

Grupo IV. Aerotermia e solar térmica (Administración).

Entidades beneficiarias

Administración pública autonómica e local

Segundo. Obxecto

1. Aprobar as bases reguladoras das subvencións destinadas ás zonas rurais, para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de enerxías renovables, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, para o exercicio 2017, que se xuntan a esta resolución como anexo I.

2. Aprobar os formularios para a xestión da convocatoria do ano 2017 que se xuntan a esta resolución como anexos II a VI.

3. Convocar para o ano 2017, en réxime de concorrencia competitiva, segundo o disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as subvencións dirixidas á mellora dos servizos básicos e renovación da poboación nas zonas rurais para proxectos de enerxías renovables.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Resolución do 14 de marzo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de enerxías renovables, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco PDR de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2017.

Cuarto. Contía

1. A dotación máxima para financiar esta convocatoria é de 1.380.000 €, que se distribuirá do seguinte xeito:

MEDIDA 7.2 Creación, mellora e expansión de infraestruturas a pequena escala, incluíndo enerxía renovable e aforro enerxético

Anualidade 2017

Aplicación orzamentaria

Xeotermia:

780.000 €

 

Axudas a concellos

100.000

09.A2.733A.760.2

Axudas a empresas

280.000

09.A2.733A.770.2

Axudas a persoas físicas e institucións sen ánimo de lucro

400.000

09.A2.733A.782.0

Aerotermia e solar térmica:

600.000 €

 

Axudas á Administración xeral da Comunidade Autónoma

50.000

09.A2.733A.714.1

Axudas a concellos

100.000

09.A2.733A.760.3

Axudas a empresas

250.000

09.A2.733A.770.3

Axudas a persoas físicas e institucións sen ánimo de lucro

200.000

09.A2.733A.782.1

Total

1.380.000 €

2. Este crédito está financiado con fondos do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, que ascende a 1.380.000 €, dos cales o 75 % procede do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco da medida 7, Actuacións dirixidas á mellora dos servizos básicos e renovación de poboación nas zonas rurais, e da submedida 2, Creación, mellora e expansión de infraestruturas a pequena escala, incluíndo enerxía renovable e aforro enerxético, o 7,50 % procede dos orzamentos xerais do Estado e o 17,50 %, dos orzamentos da Comunidade Autónoma.

4. O crédito máximo, segundo o tipo de beneficiario e tecnoloxía, será o seguinte:

Grupo I: Xeotermia.

Entidades beneficiarias

Orzamento

Administración local

100.000 €

Pequenas e medianas empresas, as súas agrupacións e asociacións

280.000 €

Axudas a persoas físicas e entidades sen ánimo de lucro

400.000 €

Total

780.000 €

Grupo II. Aerotermia.

Entidades beneficiarias

Orzamento

Pequenas e medianas empresas, as súas agrupacións e asociacións

175.000 €

Persoas físicas e entidades sen ánimo de lucro

150.000 €

Total

325.000 €

Grupo III. Solar térmica.

Entidades beneficiarias

Orzamento

Pequenas e medianas empresas, as súas agrupacións e asociacións

75.000 €

Persoas físicas e entidades sen ánimo de lucro

50.000 €

Total

125.000 €

Grupo IV. Aerotermia e solar térmica (Administración).

Entidades beneficiarias

Orzamento

Administración pública autonómica e local

150.000 €

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse segundo o modelo do anexo II desta resolución, xunto coa documentación que se indica nas bases reguladoras. O prazo para presentar as solicitudes será dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación das presentes bases no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia