Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2017 Páx. 17845

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 7 de abril de 2017 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de música e artes escénicas, e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

A disposición adicional décimo segunda, punto 1, da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e o Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación e se regula o réxime transitorio de ingreso a que se refire a disposición transitoria décimo sétima da citada lei, establecen que o sistema de ingreso na función pública docente será o de concurso-oposición convocado polas respectivas administracións educativas.

O título III do citado Real decreto 276/2007 regula o sistema de ingreso; o título IV, os accesos entre os corpos de funcionarios docentes, e o título V, o procedemento de adquisición de novas especialidades.

Aprobada polo Decreto 36/2017, do 6 de abril (DOG do 7 de abril), a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, esta Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acorda anunciar as seguintes convocatorias e correspondentes bases:

– Convocatoria do procedemento selectivo para ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario.

– Convocatoria de procedemento de acceso ao corpo de profesores de música e artes escénicas.

– Convocatoria do procedemento selectivo de ingreso aos corpos de mestres e de profesores técnicos de formación profesional.

– Convocatoria do procedemento para a adquisición de novas especialidades no corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres.

TÍTULO I
Procedementos de ingreso e acceso

Base primeira. Normas xerais

1.1. Prazas convocadas.

Convócanse procedementos selectivos, mediante o sistema de concurso-oposición, para cubrir 540 prazas no corpo de profesores de ensino secundario, 23 prazas no corpo de profesores de música e artes escénicas, 80 prazas no corpo de profesores técnicos de formación profesional e 400 prazas no corpo de mestres, situadas no ámbito de xestión da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, coa desagregación por especialidades e quendas que a continuación se indican:

Ingreso
Corpo de profesores de ensino secundario

Código/especialidade

Reserva persoas con discapacidade

Libre

Total

004

Lingua Castelá e Literatura

4

46

50

005

Xeografía e Historia

4

46

50

006

Matemáticas

6

74

80

007

Física e Química

4

46

50

008

Bioloxía e Xeoloxía

2

28

30

011

Inglés

3

47

50

017

Educación Física

1

19

20

053

Lingua Galega e Literatura

3

47

50

102

Análise e Química Industrial

1

14

15

103

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal

1

11

12

106

Hostalaría e Turismo

1

14

15

112

Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica

1

9

10

Total

31

401

432

Corpo de profesores técnicos de formación profesional

Código/especialidade

Reserva persoas con discapacidade

Libre

Total

201

Cociña e Pastelaría

1

9

10

202

Equipos Electrónicos

1

17

18

208

Laboratorio

1

13

14

209

Mantemento de Vehículos

1

17

18

227

Sistemas e Aplicacións Informáticas

2

18

20

Total

6

74

80

Corpo de mestres

Código/especialidade

Reserva persoas con discapacidade

Libre

Total

031

Educación Infantil

4

46

50

032

Lingua Estranxeira: Inglés

3

42

45

033

Lingua Estranxeira: Francés

1

19

20

034

Educación Física

2

33

35

035

Música

2

33

35

036

Pedagoxía Terapéutica

6

74

80

037

Audición e Linguaxe

5

65

70

038

Educación Primaria

5

60

65

Total

28

372

400

Acceso do subgrupo A2 ao subgrupo A1
Corpo de profesores de ensino secundario

Código/especialidade

A2-A1

Reserva persoas con discapacidade A2-A1

Total

004

Lingua Castelá e Literatura

11

1

12

005

Xeografía e Historia

12

1

13

006

Matemáticas

19

1

20

007

Física e Química

12

1

13

008

Bioloxía e Xeoloxía

8

1

9

011

Inglés

11

1

12

017

Educación Física

4

1

5

053

Lingua Galega e Literatura

11

1

12

102

Análise e Química Industrial

3

3

103

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal

3

3

106

Hostalaría e Turismo

3

3

112

Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica

3

3

Total

100

8

108

Acceso desde o subgrupo A1 ao subgrupo A1
Corpo de profesores de música e artes escénicas

Código/especialidade

A1-A1

Reserva persoas con discapacidade A1-A1

Total

401

Acordeón

2

2

404

Clarinete

2

2

414

Guitarra

2

2

410

Frauta Travesa

1

1

419

Óboe

1

1

423

Piano

4

1

5

431

Viola

1

1

433

Violín

2

2

434

Violoncello

1

1

460

Linguaxe Musical

5

1

6

Total

21

2

23

Os códigos dos corpos son os seguintes:

Mestres: 0597.

Profesores de ensino secundario: 0590.

Profesores técnicos de formación profesional: 0591.

Profesores de música e artes escénicas: 0594.

1.2. Normativa aplicable.

A estes procedementos selectivos seranlles de aplicación: a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación; a Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa; o Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público; a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; a Lei 17/1993, do 23 de decembro, sobre o acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais Estados membros da Unión Europea; o Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición doutras especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e se regula o réxime transitorio a que se refire a disposición transitoria décimo sétima da citada lei; o Decreto 36/2017, do 6 de abril, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017; a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; o Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social; a Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia, e demais disposicións de aplicación xeral, así como o disposto nesta convocatoria.

1.3. Lugares de realización das probas para os corpos de profesores de ensino secundario, profesores de música e artes escénicas e profesores técnicos de formación profesional.

As probas selectivas que se convocan para os corpos de profesores de ensino secundario, profesores de música e artes escénicas e profesores técnicos de formación profesional terán lugar nas localidades que fixe a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

1.4. Lugares de realización das probas para o corpo de mestres.

As probas selectivas que se convocan para o corpo de mestres terán lugar na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, sen prexuízo de que non se realicen probas dalgunha especialidade nalgunha das localidades citadas, en función do número de solicitantes. Na resolución pola cal se nomeen os tribunais sinalarase a localidade ou localidades en que se deberán realizar as probas.

O feito de matricularse nunha provincia determinada e superar o proceso selectivo non lle atribúe ao persoal aspirante un dereito a ser destinado nela senón que, unha vez ingresado e chamado a exercer, a Administración educativa poderao destinar, dentro da comunidade autónoma, a calquera provincia, de acordo co procedemento de adxudicación de destinos de carácter provisional e as normas que regulan o concurso de traslados.

1.5. Criterios de distribución do persoal aspirante aos tribunais.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos realizará a distribución do persoal aspirante de cada especialidade, cando sexa o caso, en proporción ao número de tribunais, respectando, no caso de mestres e sempre que sexa posible, a localidade que o citado persoal consignase na súa solicitude de participación. A asignación de aspirantes por tribunal iniciarase por aqueles aspirantes cuxo primeiro apelido se inicie pola letra K e, de ser necesario, polas letras inmediatamente seguintes.

Cando non sexa posible a localidade solicitada, serán asignados a outra localidade os aspirantes cuxo primeiro apelido se inicie pola letra K e, de ser necesario, polas letras inmediatamente seguintes.

Sen prexuízo do establecido na base 7.2, o persoal aspirante pola quenda de acceso do subgrupo A2 ao subgrupo A1 e de ingreso pola reserva de discapacidade poderá ser asignado a un tribunal específico ou ao tribunal número 1 da especialidade correspondente.

O persoal aspirante polo procedemento de adquisición doutra especialidade poderá ser distribuído entre todos os tribunais dunha mesma especialidade.

1.6. Asignación de prazas aos tribunais.

Nas especialidades en que se nomee máis dun tribunal as prazas da quenda libre e, se é o caso, as que queden vacantes da reserva de persoas con discapacidade do sistema de ingreso serán atribuídas a cada tribunal por resolución do director xeral de Centros e Recursos Humanos en proporción ao número de aspirantes das quendas libres que acudiron ao acto de presentación establecido na base 10.7 da presente orde e, se é o caso, aspirantes da quenda da reserva de persoas con discapacidade que superaron a fase de oposición e non entraron na lista de aprobados do concurso-oposición por esta quenda. De existir empate nos restos dos cocientes, a adxudicación das prazas iniciarase polo tribunal que resulte do sorteo que realizará a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e, se for necesario, os seguintes.

As prazas que, se é o caso, queden vacantes da reserva de persoas con discapacidade da quenda A2-A1 acumularanse ás prazas xerais da quenda A2-A1.

As prazas que, se é o caso, queden vacantes da quenda A2-A1 non se acumularán á quenda libre.

As prazas que, se é o caso, queden vacantes da reserva de persoas con discapacidade da quenda A1-A1 acumularanse ás prazas xerais da quenda A1-A1.

Base segunda. Requisitos que debe reunir o persoal aspirante

Para ser admitido aos procesos selectivos convocados nesta orde, o persoal aspirante deberá reunir os seguintes requisitos:

2.1. Requisitos xerais.

a) Ter nacionalidade española ou ter a nacionalidade doutro Estado membro da Unión Europea ou de calquera outro dos Estados aos cales, en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores e traballadoras.

Tamén poderán participar as persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, descendentes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que sexan menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade dependentes.

Tamén poderán participar as persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, que sexan cónxuxes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separadas de dereito.

Así mesmo, poderán participar as persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, descendentes do cónxuxe non separado de dereito de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que sexan menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade dependentes.

b) Ter feitos os dezaseis anos e non ter alcanzado a idade establecida, con carácter xeral, para a xubilación forzosa.

c) Estar en posesión das titulacións que, para cada corpo, se especifican nesta base. No caso de que as ditas titulacións se obtivesen no estranxeiro, deberá terse concedida a correspondente credencial de homologación, segundo o Real decreto 967/2014, do 21 de novembro (BOE do 22 de novembro), e o Real decreto 1837/2008, do 8 de novembro, polo que se incorporan ao ordenamento xurídico español a Directiva 2005/36/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de setembro, e a Directiva 2006/100/CE do Consello, do 20 de novembro, relativa ao recoñecemento de cualificacións profesionais, así como a determinados aspectos da profesión de avogado (BOE do 20 de novembro).

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das funcións correspondentes ao corpo e especialidade a que se opta.

e) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.

No caso de nacionais doutros estados, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.

f) Non ter antecedentes no Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.

g) Non ser persoal funcionario de carreira, en prácticas ou estar pendente do correspondente nomeamento do mesmo corpo a que se aspira ingresar, agás que se concorra ao procedemento para a adquisición de nova especialidade, á cal se refire o título II desta orde, no que o persoal funcionario de carreira poderá participar.

h) Acreditar o coñecemento do galego.

i) Acreditar, se é o caso, o coñecemento do castelán.

2.2. Requisitos específicos para participar no procedemento de acceso.

2.2.1. Ao corpo de profesores de ensino secundario, ás prazas reservadas para o persoal funcionario de carreira dos corpos e escalas docentes clasificadas no subgrupo A2.

a) Estar en posesión da titulación que para o ingreso no corpo se exixe no punto 2.3.1.a) desta convocatoria.

b) Ter prestado, no momento do prazo de presentación de solicitudes, servizos no seu corpo de orixe durante un mínimo de seis anos como funcionario.

2.2.2. Ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ás prazas reservadas para o persoal funcionario de carreira dos corpos e escalas docentes clasificadas no subgrupo A1.

a) Estar en posesión do título de doutor, licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou título de grao correspondente, ou outros títulos equivales para os efectos de docencia.

b) Ser funcionario de carreira dun dos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, clasificado no subgrupo A1.

2.3. Requisitos específicos para participar polo procedemento de ingreso libre, que inclúe a quenda para persoas con recoñecemento legal de discapacidade.

2.3.1. Para o corpo de profesores de ensino secundario.

Para participar polo procedemento de ingreso libre, o persoal aspirante deberá:

a) Estar en posesión do título de doutor, licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou título de grao correspondente ou outros títulos equivalentes para os efectos de docencia ou ter superado todos os estudos conducentes para a súa obtención e ter satisfeitos os dereitos de expedición del. De conformidade co establecido na disposición adicional única do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, para ingreso no corpo de profesores de ensino secundario, nas especialidades de Análise e Química Industrial, de Hostalaría e Turismo e de Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica, serán admitidos os que, aínda carecendo da titulación exixida con carácter xeral, estean en posesión dunha das titulacións que se relacionan no anexo VII da presente orde.

b) Estar en posesión da formación pedagóxica e didáctica a que se refire o artigo 100.2º da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Con carácter xeral, reunirán este requisito os que estean en posesión do título oficial de máster universitario que habilite para o exercicio das profesións de profesor de ensinanza secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional ou escolas oficiais de idiomas. A especialidade que conste no citado título facultará para a presentación do persoal aspirante en calquera especialidade.

Estará dispensado da posesión do citado título o persoal aspirante que acredite ter, con anterioridade ao 1 de outubro de 2009, algún dos seguintes requisitos:

– Estar en posesión do título profesional de especialización didáctica, do certificado de aptitude pedagóxica ou do certificado de cualificación pedagóxica.

– Estar en posesión do título de mestre, diplomado en profesorado de educación xeral básica, mestre de ensino primario, licenciado en Pedagoxía ou en Psicopedagoxía. Así mesmo, tamén estarán exentos os que estivesen cursando algunha das tres anteriores titulacións e tivesen cursado 180 créditos destas na citada data do 1 de outubro de 2009.

– Ter impartido docencia durante dous cursos académicos completos ou, na súa falta, durante 12 meses exercidos en períodos continuos ou descontinuos, en centros públicos ou privados debidamente autorizados, nas ensinanzas de educación secundaria obrigatoria, ou de bacharelato, ou de formación profesional, conforme o previsto na disposición transitoria cuarta do Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro.

2.3.2. Para o corpo de profesores técnicos de formación profesional.

a) Estar en posesión do título de doutor, licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou título de grao correspondente, ou título de diplomado universitario, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico ou título de grao correspondente, ou outros títulos equivalentes para os efectos de docencia, ou ter superado todos os estudos conducentes para a súa obtención e ter satisfeitos os dereitos de expedición del. De conformidade co establecido na disposición adicional única do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, para ingreso no corpo de profesores técnicos de formación profesional, nas especialidades de Cociña e Pastelaría e de Mantemento de Vehículos serán admitidos os que, aínda carecendo da titulación exixida con carácter xeral, estean en posesión dunha das titulacións declaradas equivalentes para os efectos de docencia que se relacionan no anexo VIII da presente orde.

Así mesmo, o título de técnico superior ou de técnico especialista declárase equivalente aos exixidos para o ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, cando o titulado exercera como profesor interino en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia na especialidade docente a que pretenda acceder e durante un período mínimo de dous anos antes do 31 de agosto de 2007.

b) Estar en posesión da formación pedagóxica e didáctica a que se refire o artigo 100.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Con carácter xeral, reunirán este requisito os que estean en posesión do título oficial de máster universitario que habilite para o exercicio das profesións de profesor de ensinanza secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional ou escolas oficiais de idiomas. A especialidade que conste no citado título, facultará para a presentación do persoal aspirante en calquera especialidade.

Nas especialidades de Cociña e Pastelaría e de Mantemento de Vehículos, aquelas persoas que por razóns da súa titulación non poidan acceder aos estudos de máster a que se refire o Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro, deberán acreditar a formación equivalente á formación pedagóxica e didáctica regulada pola Orde EDU/2645/2011, do 23 de setembro, modificada pola Orde ECD/1058/2013, do 7 de xuño.

Estará dispensado da posesión do citado título ou, cando sexa o caso, da formación equivalente ao máster de Formación Pedagóxica e Didáctica, o persoal aspirante que acredite ter, con anterioridade ao 1 de outubro de 2009, algún dos seguintes requisitos:

– Estar en posesión do título profesional de especialización didáctica, do certificado de aptitude pedagóxica ou do certificado de cualificación pedagóxica.

– Estar en posesión do título de mestre, diplomado en profesorado de educación xeral básica, mestre de ensino primario, licenciado en Pedagoxía ou en Psicopedagoxía. Así mesmo, tamén estarán exentos os que estivesen cursando algunha das tres anteriores titulacións e tivesen cursado 180 créditos destas na citada data do 1 de outubro de 2009.

– Ter impartido docencia durante dous cursos académicos completos ou, na súa falta, durante 12 meses exercidos en períodos continuos ou descontinuos, en centros públicos ou privados debidamente autorizados, nas ensinanzas de educación secundaria obrigatoria, ou de bacharelato, ou de formación profesional, conforme o previsto na disposición transitoria cuarta do Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro.

Ademais, nas especialidades de Cociña e Pastelaría e de Mantemento de Vehículos estarán dispensados da posesión do citado título aquelas persoas que, con anterioridade ao 1 de setembro de 2014, teñan impartido docencia durante dous cursos académicos completos ou, na súa falta, durante 12 meses exercidos en períodos continuos ou descontinuos, en centros públicos ou privados debidamente autorizados, nas ensinanzas de formación profesional.

2.3.3. Para o corpo de mestres.

Estar en posesión ou ter superado todos os estudos conducentes para a súa obtención e ter satisfeitos os dereitos de expedición dalgún dos seguintes títulos:

– Título de mestre ou o título de grao correspondente.

– Título de profesor de educación xeral básica.

– Título de mestre de ensino primario.

2.4. Requisitos específicos para participar pola quenda para persoas con recoñecemento legal de discapacidade en todos os corpos.

2.4.1. De conformidade co establecido no artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 36/2017, do 6 de abril, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes, resérvase o 7 % das prazas ás cales poderán concorrer as persoas que teñan a condición legal de discapacidade, sempre que reúnan as condicións xerais establecidas nesta convocatoria e, no seu momento, acrediten un grao de discapacidade de, polo menos, o 33 % e a compatibilidade entre a discapacidade e o desenvolvemento das tarefas e funcións docentes propias do corpo a que accedan, na correspondente especialidade, mediante certificación dos órganos competentes da Comunidade Autónoma de Galicia, doutras comunidades autónomas ou, se é o caso, da Administración central do Estado.

2.4.2. Os procedementos selectivos realizaranse en condicións de igualdade cos aspirantes de ingreso, ou da quenda A2-A1, ou da quenda A1-A1, sen prexuízo das adaptacións previstas na base 7.11 desta convocatoria.

2.4.3. Se na realización das probas se lle presentan dúbidas ao tribunal respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polo persoal funcionario do corpo ou escala a que se opta, poderá pedir o correspondente ditame do órgano competente conforme o previsto no punto 2.4.1 desta base.

2.5. Prazo en que se deben reunir os requisitos.

Todas as condicións e requisitos relacionados nesta base deberán posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse ata o momento da toma de posesión como persoal funcionario de carreira.

2.6. Incompatibilidades.

2.6.1. O persoal aspirante que concorra pola reserva de persoas con discapacidade non poderá presentarse á mesma especialidade pola quenda libre. Así mesmo, só poderá participar pola reserva de persoas con discapacidade nunha única especialidade.

2.6.2. O persoal aspirante que opte polo procedemento de acceso do subgrupo A2 ao subgrupo A1 non poderá concorrer á mesma especialidade polo ingreso libre.

2.6.3. Ningún aspirante poderá presentarse, dentro desta convocatoria, a prazas dun mesmo corpo e especialidade correspondentes a distintas quendas de ingreso ou accesos entre corpos de funcionarios docentes.

Base terceira. Solicitudes e pagamento dos dereitos

3.1. Solicitudes.

As solicitudes deberán cubrirse pola internet a través da páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, http://www.edu.xunta.es/oposicions, e elixirase o xeito de presentación: electrónica ou presencial.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia. Para a presentación por vía electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365
(https://sede.xunta.gal/chave365).

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Non poderá presentarse máis dunha solicitude de participación para un mesmo corpo, salvo que se opte por máis dunha especialidade. Non obstante, a presentación de máis dunha solicitude non garante que o persoal aspirante poida asistir ao acto de presentación e/ou á realización das probas de máis dunha especialidade.

3.2. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

3.2.1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) No caso de non dispor do título, certificación académica que acredite que realizaron todos os estudos para a obtención deste xunto coa copia compulsada do recibo acreditativo conforme se efectuou o pagamento correspondente dos dereitos de expedición. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá presentarse a credencial da súa homologación ou ben a credencial de recoñecemento da titulación para exercer a profesión de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas, mestre en educación primaria ou en educación infantil.

b) Documentación acreditativa de estar en posesión da formación pedagóxica e didáctica a que se refire o artigo 100.2 da Lei 2/2006, do 3 de maio, de educación, ou, cando sexa o caso, da formación equivalente.

Cando, en substitución do máster universitario que habilita para o exercicio das profesións de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanzas de idiomas ou, cando sexa o caso, da formación equivalente, se alegue docencia efectiva, con anterioridade ao 1 de outubro de 2009, ou cando sexa o caso, con anterioridade ao 1 de setembro de 2014, durante dous cursos completos ou doce meses continuos ou descontinuos, en ensinanzas regradas dos niveis e ensinanzas cuxas especialidades se regulan no Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro, non será necesario presentar ningunha documentación se a docencia se impartiu en centros públicos dependentes desta Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e os servizos prestados constan na aplicación informática de persoal. Nestes supostos a certificación será expedida e incorporada de oficio ao expediente correspondente polo subdirector xeral de Recursos Humanos.

Noutro caso, xustificarase do seguinte xeito:

– Se se trata dun centro público, mediante certificación, na cal conste a data de inicio e fin, nivel do ensino impartido e a especialidade, expedida polo secretario do centro, co visto e prace da dirección e o contrato ou nomeamento expedido polo organismo correspondente.

– Se se trata dun centro privado debidamente autorizado, mediante certificación, en que conste a data de inicio e fin, nivel do ensino impartido e a materia, expedida pola dirección do centro, co visto e prace dos servizos de inspección educativa correspondente.

c) Validación do certificado de coñecemento de lingua galega (Celga 4), validación do curso de perfeccionamento en lingua galega feita polo órgano competente, título de licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, certificado do nivel avanzado da escola oficial de idiomas ou certificado de ter o curso de especialización en lingua galega.

d) As persoas que non posúan a nacionalidade española e non teñan como idioma oficial o español: diploma superior de español como lingua estranxeira, certificado de aptitude ou nivel avanzado de español expedido polas escolas oficiais de idiomas, título de licenciatura en Filoloxía Hispánica ou Románica ou certificación académica en que conste que se realizaron no Estado español estudos conducentes á titulación alegada para o ingreso no corpo

e) Persoal aspirante que solicite exención ou bonificación das taxas:

– Xustificación de ser membro de familia numerosa de categoría xeral ou especial, só no caso de non estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

– Xustificación de ter un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, só no caso de non estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Persoal aspirante que non teña a nacionalidade española:

– O persoal aspirante que non teña a nacionalidade española, incluído no primeiro parágrafo do punto 2.1.a), que resida en España, deberá presentar unha copia do documento de identidade ou pasaporte e da tarxeta de residente comunitario ou de familiar de residente comunitario ou, se é o caso, de tarxeta temporal de residente comunitario ou de persoal traballador comunitario fronteirizo, en vigor.

– O persoal aspirante incluído no segundo parágrafo do punto 2.1.a) deberá presentar unha copia do pasaporte ou do visado e, se é o caso, do xustificante de ter solicitado a tarxeta ou a exención do visado e da dita tarxeta. No caso contrario, deberán presentar os documentos expedidos polas autoridades competentes que acrediten o vínculo de parentesco e unha declaración responsable ou promesa da persoa con que existe este vínculo de que non está separada de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, de que o persoal aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

Non terán que presentar nin a titulación alegada nin estar en posesión da formación pedagóxica e didáctica nin o documento xustificativo do coñecemento do galego ou, se é o caso, do castelán, aquelas persoas que xa o fixeron nos procedementos selectivos convocados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, polas ordes do 17 de marzo de 2014, do 11 de marzo de 2015 ou do 4 de abril de 2016.

3.2.2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3.2.3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

3.3. Comprobación de datos.

3.3.1 Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) Documento nacional de identidade.

b) Títulos oficiais universitarios que dean acceso á función docente e que consten no Rexistro Central do Ministerio de Educación.

c) Títulos oficiais non universitarios que dean acceso á función docente e que consten no Rexistro Central do Ministerio de Educación.

d) Consulta da inexistencia de antecedentes penais por delitos sexuais.

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Acreditación da condición de familia numerosa, só no caso de estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Acreditación da condición de discapacidade, só no caso de estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Estar inscrito/a como demandante de emprego desde, polo menos, seis meses antes da data da convocatoria das probas selectivas nas cales solicite a súa participación e non estar percibindo prestación ou subsidio por desemprego.

3.3.2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3.3.3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

3.4. Obriga de participación.

De conformidade co previsto no punto décimo segundo da Resolución do 31 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade ao texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto, o persoal interino ou substituto que presta servizos en calquera especialidade na Comunidade Autónoma de Galicia estará obrigado a participar no procedemento selectivo para o ingreso nalgún corpo da función pública docente que se convoque neste ano por calquera das especialidades ofertadas, agás que non se convoquen prazas de ningunha da ou das súas especialidades nesta convocatoria. No suposto de que o dito persoal se presente a procedementos selectivos convocados por outras administracións educativas, deberá achegar á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos certificación de ter realizado a proba, con anterioridade ao 20 de xullo de 2017.

De non participar no procedemento selectivo ou de retirarse deste decaerá dos seus dereitos unicamente nas listas das especialidades convocadas e, se é o caso, da lista de orientación do corpo de mestres.

3.5. Solicitudes cursadas no estranxeiro.

As solicitudes efectuadas polas persoas que residan no estranxeiro deberán cursarse no prazo sinalado no punto seguinte a través das representacións diplomáticas ou oficinas consulares españolas, que as remitirán seguidamente á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. O pagamento dos dereitos de exame realizarase de acordo co establecido no punto 3.8 desta convocatoria.

3.6. Requirimento para emendas.

O requirimento establecido para emendar defectos, conforme o previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, efectuarase mediante a resolución provisional pola que se publica a relación de persoal aspirante admitido e excluído para participar no procedemento selectivo.

3.7. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día 18 de abril e rematará o 9 de maio de 2017. Este prazo xa inclúe os dous días de traballos de mellora no sistema informático desta consellería, que se anunciarán coa debida antelación a través dos seguintes enderezos electrónicos: http://www.edu.xunta.es/portal e http://www.edu.xunta.es/oposicions

3.8. Importe e pagamento dos dereitos de exame.

O pagamento do importe dos dereitos de exame realizarase preferiblemente de forma electrónica accedendo á Oficina Virtual Tributaria premendo no botón Entrar na Oficina Virtual na seguinte ligazón: http://www.atriga.gal/a-axencia-tributaria-de-galicia/servizos/oficina-virtual-tributaria/servizos-sen-certificado

Tamén poderá efectuarse o pagamento e, se é o caso, os gastos de transferencia correspondentes en calquera das entidades financeiras colaboradoras na recadación das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia utilizando o impreso de autoliquidación que se poderá descargar premendo na ligazón Taxas e prezos en: http://www.atriga.gal/a-axencia-tributaria-de-galicia/servizos/programas-de-axuda-e-confeccion-online-de-formularios

Os códigos que se deben empregar para cubrir os impresos de autoliquidación de taxas son os seguintes:

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: código 07.

Delegación de servizos centrais: código 13.

Servizo de Secretaría Xeral: código 01.

Taxa denominación: inscrición oposicións corpo de ............ código 300302.

Os dereitos de exame serán os seguintes:

– Corpo:

Profesores de ensino secundario: 41,15 euros.

Profesores de música e artes escénicas: 41,15 euros.

Profesores técnicos de formación profesional: 35,43 euros.

Mestres: 35,43 euros.

Estarán exentos do pagamento dos dereitos de exame, logo de xustificación documental:

a) Persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

b) Persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Aplicaráselle unha bonificación do 50 % á inscrición solicitada por:

a) Persoas que sexan membros de familias numerosas de categoría xeral.

b) Persoas que figurasen como demandantes de emprego desde, polo menos, seis meses antes da data da convocatoria das probas selectivas nas cales soliciten a súa participación e que non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

Non será obrigatorio presentar o xustificante de pagamento das taxas, que será verificado pola propia Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Base cuarta. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalas presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Base quinta. Notificacións

5.1. As notificacións daquelas resolucións e actos administrativos que non sexan obxecto de publicación de acordo co establecido nesta orde practicaranse preferentemente por medios electrónicos. As persoas interesadas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

5.2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o sistema de notificación electrónica de Galicia - Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

5.3. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel).

5.4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos fose expresamente elixida polo interesado, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se aceda ao seu contido.

5.5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico practicarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Base sexta. Admisión de aspirantes

6.1. Lista provisoria de persoal admitido e excluído.

Transcorrido o prazo de presentación de instancias, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos fará pública na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no enderezo electrónico www.edu.xunta.es, mediante resolución asinada electronicamente, a lista provisoria de admitidos e excluídos, por corpos, reservas e, se é o caso, especialidades. Nesta lista aparecerán, cando menos, apelidos, nome e número de documento nacional de identidade dos aspirantes, e se están exentos ou non da realización da proba de coñecementos de lingua galega e de lingua castelá. Así mesmo, na quenda de promoción interna, nas especialidades específicas de formación profesional expresarase a exención ou non do exercicio práctico. No caso dos aspirantes excluídos, especificarase a causa de exclusión.

6.2. Reclamación contra a lista provisoria.

Contra a lista provisoria, o persoal interesado poderá interpoñer perante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, as reclamacións que coide oportunas, no prazo máximo de 5 días naturais, contados a partir do seguinte ao da súa publicación na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no enderezo electrónico www.edu.xunta.es

6.3. Lista definitiva do persoal admitido e excluído.

As reclamacións presentadas serán aceptadas ou rexeitadas na resolución asinada electronicamente pola que se aprobe a lista definitiva de admitidos e excluídos. Esta resolución publicarase na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no enderezo electrónico www.edu.xunta.es

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lle recoñeza ao persoal interesado a posesión dos requisitos exixidos nos procedementos que se convocan mediante esta orde. Cando, da documentación que debe presentarse no caso de ser aprobado, se desprenda que non posúe algún dos requisitos, o persoal interesado decaerá de todos os dereitos que puidesen derivar da súa participación nestes procedementos.

6.4. Recurso contra a lista definitiva.

Contra a resolución que aprobe a lista definitiva de admitidos e excluídos, o persoal interesado poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no enderezo electrónico www.edu.xunta.es, segundo o disposto no artigo 122 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

6.5. Reintegro dos dereitos de exame.

Os dereitos de exame seranlle reintegrados, por petición do persoal interesado, ao persoal aspirante que fose excluído definitivamente da realización dos procedementos selectivos, por falta dalgún dos requisitos para tomar parte nas devanditas probas.

Base sétima. Órganos de selección

7.1. Tribunais.

A selección do persoal aspirante será realizada polos tribunais nomeados para o efecto, sen prexuízo do previsto nos puntos 8.3 e 9.2 desta orde respecto aos tribunais de valoración das probas previas de coñecemento do castelán e da lingua galega.

7.2. Nomeamento.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria procederá ao nomeamento dos tribunais que xulgarán o proceso selectivo e fará pública a súa composición no Diario Oficial de Galicia.

Poderanse nomear todos os tribunais que se xulguen necesarios.

Naquelas especialidades en que o número de aspirantes o aconselle, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos poderá nomear tribunais específicos que valorarán o proceso selectivo das prazas reservadas para as persoas con discapacidade, acceso e procedemento de adquisición doutras especialidades previsto no título II desta orde.

7.3. Composición dos tribunais.

Os tribunais estarán constituídos, de acordo co disposto no artigo 7 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, por funcionarios de carreira en activo dos corpos docentes correspondentes ou do corpo de inspectores.

Na súa designación velarase polo cumprimento do principio de especialidade, polo que, cando sexa posible, a maioría dos seus membros deberán ser titulares da especialidade obxecto do proceso selectivo e tenderase á paridade entre profesoras e profesores. Non obstante, cando a porcentaxe de mulleres sexa superior ao de homes manterase esa porcentaxe na composición dos tribunais.

En todo caso, os membros dos tribunais pertencerán a corpos de igual ou superior grupo ao do corpo ao cal optan os aspirantes.

Con carácter xeral, os tribunais estarán compostos por:

Prazas do corpo de profesores de ensino secundario:

– Unha presidencia designada directamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

– Catro vogais designados por sorteo público mediante aplicación informática entre os funcionarios e funcionarias de carreira do corpo de catedráticos de ensino secundario ou de profesores de ensino secundario, da especialidade correspondente, e que teñan o seu actual destino nesta.

Prazas do corpo de profesores de música e artes escénicas:

– Unha presidencia designada directamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

– Catro vogais designados por sorteo público mediante aplicación informática entre os funcionarios de carreira do corpo de profesores de música e artes escénicas, das especialidades correspondentes. De non existiren funcionarios de carreira, poderanse completar os tribunais con funcionarios de carreira doutras especialidades.

Prazas do corpo de profesores técnicos de formación profesional:

– Unha presidencia designada directamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

– Catro vogais designados por sorteo público mediante aplicación informática entre os funcionarios e funcionarias de carreira do corpo de profesores técnicos de formación profesional, da especialidade correspondente, e que teñan o seu actual destino nesta.

Prazas do corpo de mestres:

– Unha presidencia designada directamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

– Catro vogais designados por sorteo público mediante aplicación informática entre os funcionarios e funcionarias de carreira do corpo de mestres, da especialidade correspondente, e que teñan o seu actual destino nesta.

Se con posterioridade tivese que substituírse algunha persoa titular ou suplente do tribunal, o titular será substituído polo correspondente suplente ou, na súa falta, polas que o sigan segundo a orde en que figuren na disposición que os nomeou. Se non pode actuar o suplente número catro pasaríase ao suplente número un.

De non poder actuar tampouco os suplentes, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos designará a seguinte persoa segundo a relación alfabética da especialidade, empezando pola letra K a que se fai mención no numero 2.c) da base décima da presente convocatoria.

Quedarán exentos da participación no sorteo aqueles profesores que presten servizos na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou nas súas xefaturas territoriais.

7.4. Tribunais suplentes.

Para cada tribunal designarase polo mesmo procedemento un tribunal suplente.

7.5. Sorteo público.

O sorteo público terá lugar o día 29 de maio de 2017, ás nove horas, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sita en Santiago de Compostela, San Caetano, s/n.

7.6. Constitución dos tribunais.

7.6.1. Logo da convocatoria do presidente ou presidenta constituiranse os tribunais no prazo máximo de cinco días desde a súa publicación no DOG, sendo precisa a asistencia do presidente ou presidenta titular ou, se é o caso, do ou da suplente, e de, polo menos, tres vogais, titulares ou suplentes.

Na citada sesión acordarán todas as decisións que lles correspondan para o correcto desenvolvemento dos procedementos selectivos.

Actuará como secretario ou secretaria o ou a vogal con menor antigüidade no corpo, agás que o tribunal acorde determinalo doutra maneira.

7.6.2. Salvo que concorran circunstancias excepcionais, que serán apreciadas pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, unha vez constituídos os tribunais só poderán actuar os membros presentes no acto de constitución e abondará coa asistencia de tres deles para a validez das sesións. Non obstante, se chegado o momento da actuación dos tribunais, estes non puidesen actuar polo menos con tres membros, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará as medidas oportunas necesarias co fin de garantir o dereito dos aspirantes á participación no proceso selectivo.

7.6.3. A suplencia do presidente ou presidenta será autorizada pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, segundo corresponda; a dos vogais, polo presidente ou presidenta que vaia actuar, tendo en conta que deberá recaer no vogal suplente respectivo ou, na súa falta, nos que o sigan, segundo a orde en que figuren na disposición que os nomeou.

7.6.4. A participación nos órganos de selección ten carácter obrigatorio, de conformidade co disposto no artigo 8.3 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro. Sen prexuízo do anterior, as presidencias dos tribunais concederán a suplencia, ademais de nos supostos previstos na Lei 40/2015, do 1 de outubro, a aquelas persoas que a soliciten e actuasen como membros dun tribunal de oposicións durante o ano 2013 ou seguintes, as que sexan directores ou directoras dun centro ou as que teñan permiso sindical a tempo total.

7.7. Abstención e recusación dos tribunais.

Os membros dos tribunais absteranse de intervir se se dan as circunstancias sinaladas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. Do mesmo xeito, de acordo co artigo 8.4 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, e co artigo 59.2 da Lei 2/2015, de emprego público de Galicia, deberán absterse de actuar aqueles membros que realizasen tarefas de preparación de aspirantes aos procedementos selectivos para calquera corpo e especialidade, nos cinco anos anteriores a esta publicación.

Así mesmo, o persoal aspirante poderá recusar os membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas no parágrafo anterior, de acordo co artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro.

7.8. Categoría dos tribunais e comisións de avaliación da fase de prácticas.

Para os efectos previstos no artigo 26.2 do Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño), estes tribunais considéranse incluídos na categoría primeira.

7.9. Indemnizacións por razón do servizo.

Os tribunais terán dereito ás indemnizacións por razón do servizo previstas na normativa vixente.

7.10. Funcións dos tribunais.

Os tribunais con plena autonomía funcional serán responsables da obxectividade do procedemento e garantirán o cumprimento das bases da convocatoria.

Correspóndelles aos tribunais:

a) A elaboración dos exercicios a que se refiren as bases décimo segunda e décimo terceira.

b) A determinación dos criterios de actuación.

c) A determinación e publicidade dos criterios de avaliación, antes do inicio da primeira parte da proba ou da primeira parte da primeira proba.

d) A valoración dos méritos da fase de concurso.

e) A cualificación das distintas probas da fase de oposición.

f) A agregación das puntuacións da fase de concurso ás adxudicadas na fase de oposición, a ordenación dos aspirantes e a elaboración das listas dos aspirantes que superasen ambas as fases.

g) A declaración dos aspirantes que superaron as fases de concurso e oposición e resulten seleccionados, a publicación das listas correspondentes a eles, así como a súa elevación á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

h) A conformación do expediente administrativo cubrindo os modelos que lles sexan facilitados pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. Deberán facer uso das aplicacións informáticas que se poñan á súa disposición e manter actualizados os datos para aseguraren o desenvolvemento do procedemento.

A actuación dos tribunais axustarase en todo o proceso ao disposto na Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e na Lei 40/2015, de réxime xurídico do sector público.

7.11. Adaptación de tempo e medios.

As persoas con discapacidade que desexen solicitar adaptación de tempo e medios para realizar os exercicios deberán achegar un escrito coa solicitude, manifestando a discapacidade que padecen e a petición concreta que realizan.

Os tribunais cualificadores adoptarán as medidas necesarias para que os aspirantes con discapacidade gocen de similares oportunidades para a realización das probas que o resto dos participantes. Neste sentido estableceranse, para as persoas con discapacidade que o soliciten, as adaptacións posibles de tempo e medios para a súa realización, conforme as instrucións dadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria comunicará a cada persoa interesada a adaptación ou adaptacións autorizadas.

Base oitava. Proba de acreditación de coñecemento do castelán para persoas que non posúan a nacionalidade española

8.1. As persoas que non poidan acreditar o coñecemento do castelán de acordo co establecido na base 3.2.1.d) deberán realizar unha proba, na cal se comprobará que posúen un nivel adecuado de comprensión escrita desta lingua. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria establecerá a data en que se realizará a dita proba.

8.2. O contido da proba de acreditación do coñecemento do castelán axustarase ao disposto no Real decreto 1137/2002, do 31 de outubro, polo que se regulan os diplomas de español como lingua estranxeira (DELE) (BOE do 8 de novembro), modificado polo Real decreto 264/2008, do 22 de febreiro.

8.3. Tribunal de valoración.

A valoración da proba realizaraa un tribunal designado por resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos composto por:

– Unha presidencia designada directamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

– Catro vogais designados por sorteo público mediante aplicación informática entre os funcionarios e funcionarias de carreira do corpo de catedráticos de ensino secundario ou de profesores de ensino secundario, da especialidade de Lingua Castelá e Literatura, e que teñan o seu actual destino nesta.

Da mesma maneira designarase un tribunal suplente.

8.4. Valoración da proba.

O tribunal valorará esta proba como «apto» ou «non apto». Quedarán excluídas do procedemento selectivo as persoas «non aptas».

Rematada a realización da proba, o tribunal fará pública a valoración do persoal aspirante no taboleiro de anuncios do centro en que actuase e elevaraa á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, para a súa incorporación ao expediente.

Base novena. Acreditación do coñecemento do galego

9.1. As persoas que non poidan acreditar o coñecemento do galego de acordo co establecido na base 3.2.1.c) deberán realizar unha proba.

Esta proba, que se levará a cabo de forma escrita, na data que fixe a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, consistirá na resposta a varias cuestións sobre o temario de lingua galega que figura como anexo III e nunha tradución do castelán para o galego.

9.2. Tribunais de valoración.

A valoración da proba realizaraa o tribunal designado por resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, composto por:

– Unha presidencia designada directamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

– Catro vogais designados por sorteo público mediante aplicación informática entre os funcionarios e funcionarias de carreira do corpo de catedráticos de ensino secundario ou de profesores de ensino secundario, da especialidade de Lingua e Literatura Galegas, e que estean destinados nesta.

Da mesma maneira designarase un tribunal suplente.

9.3. Valoración da proba.

O tribunal valorará esta proba como «apto» e «non apto». Quedarán excluídas do procedemento selectivo as persoas cualificadas «non aptas».

Rematada a realización da proba, o tribunal fará pública a valoración do persoal aspirante no taboleiro de anuncios do centro en que actuase e elevaraa á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, para a súa incorporación ao expediente.

Base décima. Comezo e desenvolvemento do procedemento selectivo

10.1. Comezo.

O procedemento selectivo dará comezo a partir do 22 de xuño de 2017.

10.2. Orde de actuación.

En primeiro lugar, será realizada a primeira proba polo persoal aspirante polo sistema de ingreso libre.

A continuación, a actuación dos aspirantes, cando non sexa simultánea, será realizada pola seguinte orde:

a) Se é o caso, aspirantes que concorran polo procedemento de adquisición doutra especialidade, pola orde que se establece na letra c).

b) Persoal aspirante que concorra pola quenda de prazas reservadas a funcionarios e funcionarias dos corpos e escalas docentes clasificadas no subgrupo A2, por orde alfabética, de acordo coas normas do parágrafo seguinte, sen prexuízo do establecido para a parte práctica na base décimo quinta da presente convocatoria.

c) A orde de actuación dos restantes aspirantes iniciarase alfabeticamente por aqueles que teñan como inicial do primeiro apelido a letra K conforme o sorteo feito pola Consellería de Facenda no ano 2017, e publicado no Diario Oficial de Galicia do 30 de xaneiro de 2017. Os tribunais que non conten con aspirantes cuxo apelido empece pola letra indicada iniciarán a orde de actuación coa letra ou letras seguintes.

10.3. Citación dos aspirantes.

10.3.1. O persoal aspirante será convocado, a través da páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no enderezo electrónico www.edu.xunta.es/oposicions, para a realización da proba, de ser o caso, da acreditación do coñecemento do castelán, da proba de coñecementos da lingua galega, do acto de presentación e a primeira parte da proba prevista na base décimo segunda e seguintes desta convocatoria, con cinco días naturais de antelación, como mínimo, indicando a data, a hora e o lugar en que se realizarán estes actos.

10.3.2. O persoal aspirante será convocado para cada parte de cada proba en único chamamento e serán excluídos do proceso selectivo os que non comparezan, agás nos casos de forza maior debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal.

10.3.3. Unha vez comezado o procedemento selectivo, non será obrigatoria a publicación dos sucesivos chamamentos aos aspirantes no Diario Oficial de Galicia. Estes anuncios deberán facelos públicos os tribunais nos locais en que se realice as probas e na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no enderezo http://www.edu.xunta.es/oposicions, con 24 horas, como mínimo, de antelación.

10.4. Identificación dos aspirantes.

O tribunal poderá requirir en calquera momento os aspirantes para que acrediten a súa identidade.

10.5. Exclusión dos aspirantes.

Se en calquera momento do proceso selectivo os tribunais teñen coñecemento de que algún dos aspirantes non posúe algún dos requisitos exixidos por esta convocatoria, despois de audiencia á persoa interesada, deberán propoñer a súa exclusión ao director xeral de Centros e Recursos Humanos, comunicándolle, así mesmo, as inexactitudes ou falsidades formuladas pola persoa aspirante na solicitude de admisión ás probas selectivas, para os efectos que procedan.

Así mesmo, os tribunais teñen a facultade de poder excluír do procedemento selectivo aquela persoa aspirante que leve a cabo calquera actuación de tipo fraudulento durante a realización dos exercicios.

Contra a exclusión, a persoa aspirante poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

10.6. Idiomas modernos.

Todas as probas correspondentes ás especialidades de idiomas modernos se desenvolverán no idioma correspondente.

10.7. Acto de presentación.

Na data, hora e lugar que se estableza, conforme o previsto na base 10.3.1, celebrarase o acto de presentación, de asistencia obrigatoria para todas as persoas aspirantes dos procedementos selectivos. Este acto de presentación, que terá lugar con posterioridade á realización das probas de coñecemento do castelán e da lingua galega, ten carácter persoalísimo e, en consecuencia, non se admitirán acreditacións nin poderes de representación.

As persoas aspirantes que non asistan ao dito acto decaerán nos seus dereitos e serán excluídas do procedemento, agás nos casos de forza maior debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal; igualmente, será motivo de exclusión o feito de presentarse nun tribunal ao cal non se estea adscrito.

Se este acto de presentación ou a realización dalgunha das partes da proba coincide co ingreso hospitalario dalgunha das aspirantes, ou do informe facultativo se deduce a imposibilidade de asistir ao acto de presentación ou á realización da proba por causas derivadas do embarazo, o tribunal adoptará as medidas oportunas para impedir a discriminación por razón de sexo.

Neste acto de presentación os tribunais identificarán as persoas aspirantes, que deberán ir provistas do documento nacional de identidade ou documento similar que acredite a identidade. Darán as instrucións que consideren convenientes e aclararán as dúbidas suscitadas para o mellor desenvolvemento do procedemento selectivo.

Base décimo primeira. Sistema de selección

11.1. Sistema selectivo.

O sistema de ingreso e acceso na función pública docente será o de concurso-oposición. No sistema de ingreso existirá, ademais, unha fase de prácticas que formará parte do proceso selectivo.

11.2. Temarios.

– Corpo de profesores de ensino secundario:

Nas especialidades de Lingua Castelá e Literatura, Xeografía e Historia, Matemáticas, Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía, Inglés e Educación Física: anexo III da Orde do 9 de setembro de 1993, do Ministerio de Educación (BOE do 21 de setembro).

Na especialidade de Análise e Química Industrial, Asesoría e Imaxe Persoal, Hostalaría e Turismo e Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica: anexo I da Orde do 1 de febreiro de 1996 (BOE do 13 de febreiro).

Na especialidade de Lingua Galega e Literatura: Orde do 1 de marzo de 1995 (DOG do 21 de marzo).

– Corpo de profesores técnicos de formación profesional: anexo II da Orde do 1 de febreiro de 1996 (BOE núm. 38, do 13 de febreiro).

– Corpo de mestres:

Anexo I da Orde do 9 de setembro de 1993, do Ministerio de Educación (BOE do 21 de setembro).

Para a especialidade de Educación Primaria: Orde ECI/592/2007, do 12 de marzo (BOE do 15 de marzo).

– Corpo de profesores de música e artes escénicas:

Anexo da Orde ECD/1753/2015, do 25 de agosto (BOE do 28 de agosto).

11.3. Fase de concurso.

11.3.1. Presentación de méritos ante o tribunal do persoal aspirante.

Nesta fase, que en ningún caso terá carácter eliminatorio, valoraranse os méritos que concorran no persoal aspirante ata finalizar o prazo de presentación de solicitudes sinalado no punto 7 da base terceira, conforme o baremo que se inclúe como anexos I e II desta convocatoria, segundo se trate de persoal aspirante ao ingreso aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres ou acceso ao corpo de profesores de ensino secundario e ao corpo de profesores de música e artes escénicas.

A alegación dos méritos deberase efectuar pola internet a través da páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no seguinte enderezo http://www.edu.xunta.es/oposicions e deberase imprimir o documento que relaciona os méritos.

A documentación acreditativa dos méritos alegados, na forma que se establece nos anexos I e II desta orde, xunto co documento que os relaciona, só deberá presentala ante o propio tribunal o persoal aspirante a ingresar nos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres que supere a primeira proba, o persoal aspirante a acceder ao corpo de profesores de ensino secundario ou ao corpo de profesores de música e artes escénicas que supere a proba, no prazo que estableza o propio tribunal ao publicar, no taboleiro de anuncios da sede de actuación, a resolución que faga pública a relación do persoal aspirante que superou a primeira proba.

No caso do persoal aspirante a acceder ao corpo de profesores de ensino secundario pola quenda de promoción do subgrupo A2 ao subgrupo A1, relacionará todos os méritos que alegue e deberá acreditar documentalmente unicamente aqueles méritos que non consten na base de datos de profesorado.

Así mesmo, o persoal aspirante a acceder ao corpo de profesores de música e artes escénicas pola quenda de promoción do subgrupo A1 a outro corpo do mesmo subgrupo, relacionará todos os méritos que alegue e deberá acreditar documentalmente unicamente aqueles méritos que non consten na base de datos do profesorado.

Independentemente da data de presentación ante o tribunal da citada documentación, todos os méritos alegados deben posuírse con anterioridade a data de final do prazo de presentación de solicitudes.

A documentación acreditativa dos méritos de cada aspirante quedará baixo a custodia da presidencia do tribunal, que a entregará á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, unha vez finalizado o procedemento selectivo, xunto co expediente administrativo.

11.3.2. Puntuación provisional da fase de concurso e prazo de reclamacións.

A valoración dos méritos realizaraa o tribunal tendo en conta o disposto no anexos I e II segundo se trate de aspirantes da quenda libre dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres, ou da quenda de acceso para persoal docente do subgrupo A2 ao A1, ou para o acceso aos corpos do subgrupo A1 desde corpos do subgrupo A1.

A puntuación provisional da fase de concurso, por epígrafes, publicarase no taboleiro de anuncios da sede de actuación do tribunal e, para os efectos informativos, na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no enderezo da internet http://www.edu.xunta.es/oposicions. Contra ela poderá presentarse reclamación perante o propio tribunal, mediante escrito dirixido a el, no prazo de tres días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

11.3.3. Puntuación definitiva.

Resoltas as reclamacións contra a resolución provisional, o tribunal fará pública a puntuación definitiva da fase de concurso no taboleiro de anuncios da sede de actuación e no enderezo da internet http://www.edu.xunta.es/oposicions. Soamente é preceptivo publicar a puntuación definitiva da fase de concurso do persoal aspirante que supere a fase de oposición.

11.3.4. Recurso de alzada.

Contra a resolución que fará públicas as puntuacións definitivas da fase de concurso poderase interpoñer recurso de alzada, no prazo dun mes, ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Base décimo segunda. Desenvolvemento da fase de oposición de ingreso no corpo de profesores de ensino secundario e no corpo de profesores técnicos de formación profesional, tanto pola quenda libre como pola reserva de persoas con discapacidade

Nesta fase valorarase a posesión dos coñecementos específicos, científicos e técnicos da especialidade docente a que opta o persoal aspirante, así como a aptitude pedagóxica e o dominio das técnicas necesarias para o exercicio docente.

12.1. De conformidade co establecido no artigo 20.2 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, o persoal aspirante á especialidade de Inglés deberá desenvolver as probas neste idioma.

12.2. As dúas partes que integran a primeira proba poderán realizarse no mesmo día. As dúas partes que integran a segunda proba realizaranse nunha mesma sesión.

12.3. Primeira proba. Esta proba terá por obxecto a demostración dos coñecementos específicos da especialidade docente a que se opta, e constará de dúas partes que serán valoradas conxuntamente:

12.3.1. Parte A. Incluirá unha proba práctica consistente na realización dunha serie de exercicios por escrito que se axustará, para cada especialidade, ao disposto no anexo IV desta orde e que permitirá comprobar que o persoal aspirante posúe a formación científica e o dominio das habilidades técnicas correspondentes a especialidade a que se opte. O tempo asignado para a realización desta proba será establecido polos tribunais.

12.3.2. Parte B. Consistirá no desenvolvemento por escrito dun tema elixido polo aspirante de entre catro temas dos temarios que compoñen o temario oficial de cada especialidade, extraídos ao chou polo tribunal.

Os aspirantes disporán de dúas horas para a realización desta parte da primeira proba.

Ao efectuarse a primeira e segunda parte da proba por escrito, procederase á súa lectura conxunta e a cualificación de cada parte realizarase por separado.

12.3.3. Cualificación da primeira proba.

A primeira parte e a segunda parte da proba cualificaranse de 0 a 10 puntos e ponderaranse do seguinte xeito:

– Parte A. A cualificación ponderada desta parte calcularase multiplicando por 0,6 a cualificación obtida.

– Parte B. A cualificación ponderada desta parte calcularase multiplicando por 0,4 a cualificación obtida.

Para superar esta proba o persoal aspirante deberá obter unha puntuación de, polo menos, o 25 % do valor de cada unha das partes da proba e unha puntuación total, resultado de sumar as puntuacións ponderadas correspondentes ás dúas partes, igual ou superior a 5 puntos. Finalizada esta proba, os tribunais exporán no taboleiro de anuncios do local onde se realizou e no enderezo da internet http://www.edu.xunta.es/oposicions as puntuacións obtidas polos aspirantes que a superaron.

12.4. Segunda proba.

O persoal aspirante que superou a primeira proba realizará esta segunda proba, que terá por obxecto a comprobación da aptitude pedagóxica do persoal aspirante e do seu dominio das técnicas necesarias para o exercicio docente. A proba componse de dúas partes:

Parte A. Presentación e defensa dunha programación didáctica.

A programación didáctica fará referencia ao currículo dunha materia ou módulo relacionado coa especialidade por que se participa, na cal deberán especificarse os obxectivos, as competencias, os contidos, a metodoloxía didáctica, os estándares e resultados de aprendizaxe avaliables, os criterios de avaliación, así como a atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Esta programación corresponderase cun curso escolar dun dos niveis ou etapas educativas en que o profesorado da especialidade teña atribuída competencia docente para impartilo, elixido pola persoa candidata, e deberá organizarse en unidades didácticas de tal maneira que cada unha delas se poida desenvolver completamente no tempo asignado para a súa exposición; en calquera caso, unha programación para un curso escolar deberá conter, como mínimo, 15 unidades didácticas que deberán estar enumeradas, e terá, sen incluír anexos, unha extensión máxima de 60 folios, formato DIN-A4, escritos a unha soa cara e dobre espazo interlineal, con letra tipo arial, sen comprimir, tamaño de 12 puntos. No caso das especialidades propias da formación profesional, a programación axustarase ao modelo establecido no anexo XIII da Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial, e deberá conter un mínimo de 4 unidades didácticas.

Na extensión máxima de 60 folios non se computará a portada nin a contraportada. Si se computará o índice.

Resultarán excluídos do procedemento selectivo aqueles aspirantes cuxa programación non se axuste ao establecido nos parágrafos anteriores. En ningún caso poderán excluírse as persoas aspirantes por deficiencias no contido da programación.

As programacións versarán sobre os seguintes currículos:

No caso das especialidades con competencia docente na educación secundaria obrigatoria e no bacharelato: Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso das especialidades específicas de formación profesional, os publicados no Diario Oficial de Galicia no momento da publicación desta orde ou, de ser o caso, os aplicables na Comunidade Autónoma.

A programación deberá entregala ao tribunal o persoal aspirante que supere a primeira proba no centro en que está actuando, no prazo que estableza o tribunal ao publicar as cualificacións da primeira proba.

Parte B. Preparación e exposición oral dunha unidade didáctica ante o tribunal.

A parte B da proba consistirá na preparación e exposición oral dunha unidade didáctica. A preparación e exposición oral, ante o tribunal, dunha unidade didáctica poderá estar relacionada coa programación presentada polo aspirante ou elaborada a partir do temario oficial da especialidade. No primeiro caso, o aspirante elixirá o contido da unidade didáctica de entre tres extraídas ao chou, por el mesmo, da súa programación. No segundo caso, o aspirante elixirá o contido dunha unidade didáctica dun tema de entre tres extraídos ao chou, por el mesmo, do temario oficial da especialidade. Na elaboración da citade unidade didáctica deberán concretarse os obxectivos de aprendizaxe que perseguen con ela, os seus contidos, as actividades de ensino e aprendizaxe que se van formular na aula e os seus procedementos de avaliación.

O persoal aspirante disporá dunha hora para a preparación da unidade didáctica e poderá utilizar o material que considere oportuno sen posibilidade de conexión co exterior, polo que o material que vaia utilizar non poderá ser susceptible da dita conexión (ordenadores portátiles, teléfonos móbiles, etc.).

Para a exposición, o persoal aspirante poderá utilizar o material auxiliar que considere oportuno e que deberá achegar el mesmo, sempre que sexa aprobado polo tribunal, así como un guión que non excederá dun folio e que se entregará ao tribunal ao final dela.

O persoal aspirante disporá dun tempo máximo dunha hora para a defensa oral da programación, a exposición da unidade didáctica e posterior debate ante o tribunal. O persoal aspirante iniciará a súa exposición coa defensa da programación didáctica presentada, que non poderá exceder os vinte minutos, e a continuación realizará a exposición da unidade didáctica, que non excederá os trinta minutos. A duración do debate, se é o caso, non poderá exceder os dez minutos.

12.5. Cualificación da segunda proba.

Esta segunda proba valorarase globalmente de cero a dez puntos, e o persoal aspirante deberá alcanzar, para a súa superación, unha puntuación igual ou superior a cinco puntos.

12.6. Cualificación da fase de oposición.

A cualificación correspondente a esta fase de oposición será a media aritmética das puntuacións obtidas nas dúas probas que a integran cando ambas sexan superadas.

12.7. Cualificación do tribunal.

A cualificación de cada parte da proba correspondente á fase de oposición será a media aritmética das puntuacións de todos os membros presentes no tribunal, que se deben calcular con aproximación de ata dez milésimas para evitar no posible que se produzan empates. Cando entre as puntuacións outorgadas polos membros do tribunal exista unha diferenza de tres ou máis enteiros, serán automaticamente excluídas as cualificacións máxima e mínima e a puntuación media calcularase entre as cualificacións restantes. No caso de empate entre cualificacións máximas ou mínimas, unicamente será excluída unha delas.

Estas cualificacións individuais de cada membro do tribunal faranse constar no expediente administrativo.

Base décimo terceira. Desenvolvemento da fase de oposición de ingreso no corpo de mestres tanto pola quenda libre como pola reserva de persoas con discapacidade

13.1. De conformidade co establecido no artigo 20.2 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, o persoal aspirante á especialidade de Lingua Estranxeira: Inglés ou Francés deberá desenvolver as probas neste idioma.

13.2. As dúas partes que integran a primeira proba deberán realizarse no mesmo día. As dúas partes que integran a segunda proba realizaranse nunha mesma sesión.

13.3. Primeira proba. Esta proba terá por obxecto a demostración dos coñecementos específicos da especialidade docente a que se opta, e constará de dúas partes que serán valoradas conxuntamente:

13.3.1. Parte A. Incluirá unha proba práctica consistente na realización dunha serie de exercicios por escrito que se axustará, para cada especialidade, ao disposto no anexo IV desta orde e que permitirá comprobar que o persoal aspirante posúe a formación científica e o dominio das habilidades técnicas correspondentes á especialidade a que se opta. O tempo asignado para a realización desta proba será establecido polos tribunais.

13.3.2. Parte B. Consistirá no desenvolvemento por escrito dun tema elixido polo aspirante de entre dous temas dos temarios que compoñen o temario oficial de cada especialidade, extraídos ao chou polo tribunal.

Os aspirantes disporán de dúas horas para a realización desta parte da primeira proba.

No suposto de que a primeira parte da proba se realice por escrito, procederase a súa lectura conxunta coa segunda e a cualificación de cada parte realizarase por separado.

13.3.3. Cualificación da primeira proba.

A primeira parte e a segunda parte da proba cualificaranse de 0 a 10 puntos e ponderaranse do seguinte xeito:

– Parte A. A cualificación ponderada desta parte calcularase multiplicando por 0,6 a cualificación obtida.

– Parte B. A cualificación ponderada desta parte calcularase multiplicando por 0,4 a cualificación obtida.

Para superar esta proba o persoal aspirante deberá obter unha puntuación de, polo menos, o 25 % do valor de cada unha das partes da proba e unha puntuación total, resultado de sumar as puntuacións ponderadas correspondentes ás dúas partes, igual ou superior a 5 puntos. Finalizada esta proba, os tribunais exporán no taboleiro de anuncios do local onde se realizou e no enderezo da internet http://www.edu.xunta.es/oposicions as puntuacións obtidas polos aspirantes que a superaron.

13.4. Segunda proba nas especialidades de Educación Infantil, Lingua Estranxeira: Francés, Lingua Estranxeira: Inglés, Música, Educación Física e Educación Primaria. Proba de aptitude pedagóxica.

O persoal aspirante que superou a primeira proba realizará esta segunda proba, que terá por obxecto a comprobación da aptitude pedagóxica do persoal aspirante e do seu dominio das técnicas necesarias para o exercicio docente. A proba componse de dúas partes:

Parte A. Presentación e defensa dunha programación didáctica.

A programación didáctica fará referencia ao currículo dunha área relacionada coa especialidade por que se participa, na cal deberán especificarse, no caso de educación infantil, os obxectivos, contidos, criterios de avaliación e metodoloxía, así como a atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, e nas restantes especialidades, os obxectivos, as competencias, os contidos, a metodoloxía didáctica, os estándares e resultados de aprendizaxe avaliables, os criterios de avaliación, así como a atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Esta programación corresponderase cun curso escolar da etapa educativa en que o profesorado da especialidade teña atribuída competencia docente para impartilo, elixido pola persoa candidata, e deberá organizarse en unidades didácticas de tal maneira que cada unha delas se poida desenvolver completamente no tempo asignado para a súa exposición; en calquera caso, unha programación para un curso escolar deberá conter, como mínimo, 15 unidades didácticas que deberán estar enumeradas, e terá, sen incluír anexos, unha extensión máxima de 60 folios, formato DIN-A4, escritos a unha soa cara e dobre espazo interlineal, con letra tipo arial, sen comprimir, tamaño de 12 puntos.

Na extensión máxima de 60 folios non se computará a portada nin a contraportada. Si se computará o índice.

Resultarán excluídos do procedemento selectivo aqueles aspirantes cuxa programación non se axuste ao establecido nos parágrafos anteriores. En ningún caso poderán excluírse as persoas aspirantes por deficiencias no contido da programación.

As programacións versarán sobre os currículos aprobados polo Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, e para a especialidade de Educación Infantil, o Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia, e para a especialidade de idioma estranxeiro: Francés, o Real decreto 126/2014, do 28 de febreiro (BOE do 1 de marzo).

A programación deberá entregala ao tribunal o persoal aspirante que supere a primeira proba no centro en que están actuando, no prazo que estableza o tribunal ao publicar as cualificacións da primeira proba.

Parte B. Preparación e exposición oral dunha unidade didáctica ante o tribunal.

A parte B da proba consistirá na preparación e exposición oral dunha unidade didáctica. A preparación e exposición oral, ante o tribunal, dunha unidade didáctica poderá estar relacionada coa programación presentada polo aspirante ou elaborada a partir do temario oficial da especialidade. No primeiro caso, o aspirante elixirá o contido da unidade didáctica de entre tres extraídas ao chou, por el mesmo, da súa programación. No segundo caso, o aspirante elixirá o contido dunha unidade didáctica dun tema de entre tres extraídos ao chou, por el mesmo, do temario oficial da especialidade. Na elaboración da citada unidade didáctica deberán concretarse os obxectivos de aprendizaxe que perseguen con ela, as competencias, os seus contidos, os estándares e resultados de aprendizaxe avaliables e as actividades de ensino e aprendizaxe que se van formular na aula.

O persoal aspirante disporá dunha hora para a preparación da unidade didáctica e poderá utilizar o material que considere oportuno sen posibilidade de conexión co exterior, polo que o material que vaia utilizar non poderá ser susceptible da dita conexión (ordenadores portátiles, teléfonos móbiles, etc.).

Para a exposición, o persoal aspirante poderá utilizar o material auxiliar que considere oportuno e que deberá achegar el mesmo, sempre que sexa aprobado polo tribunal, así como un guión que non excederá dun folio e que se entregará ao tribunal ao final dela.

O persoal aspirante disporá dun tempo máximo dunha hora para a defensa oral da programación, a exposición da unidade didáctica e posterior debate ante o tribunal. O persoal aspirante iniciará a súa exposición coa defensa da programación didáctica presentada, que non poderá exceder os vinte minutos, e a continuación realizará a exposición da unidade didáctica, que non excederá os trinta minutos. A duración do debate, se é o caso, non poderá exceder os dez minutos.

13.5. Segunda proba nas especialidades de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe. Proba de aptitude pedagóxica.

No caso de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe, esta segunda proba terá por obxecto a comprobación da aptitude pedagóxica do persoal aspirante e o seu dominio das técnicas necesarias para o exercicio da súa función de asesoramento e orientación educativa. Consistirá na presentación dun plan de apoio para o alumnado con necesidades educativas específicas e na elaboración e exposición oral dun programa de intervención.

Parte A. O plan de apoio para o alumnado con necesidades educativas específicas de apoio educativo deberá conter, como mínimo, seis programas de intervención e basearse na normativa vixente e nas necesidades do alumnado, do centro e do contexto, e recollerá obxectivos, contidos, actividades, estratexias metodolóxicas, recursos materiais, humanos e organizativos, temporalización das accións, avaliación e propostas. Neste plan deberá prestarse especial relevancia á actuación do persoal aspirante como profesor de apoio.

O plan de apoio para o alumnado con necesidades educativas específicas de apoio educativo, que terá as mesmas características establecidas para a programación didáctica, deberán entregarllo ao tribunal aqueles que superen a primeira proba, no centro en que están actuando e no prazo que estableza o tribunal ao publicar as cualificacións daqueles que superaron a citada proba.

Parte B. Elaboración diante do tribunal e exposición oral dun programa de intervención relacionado co plan de apoio para o alumnado con necesidades educativas específicas de apoio educativo presentado polo persoal aspirante, ou elaborado a partir do temario oficial da especialidade. No primeiro caso, o persoal aspirante elixirá ao chou un programa de intervención con alumnado con necesidades educativas específicas (alumnado estranxeiro, con sobredotación intelectual ou con necesidades educativas especiais). No segundo caso, o aspirante elixirá o contido do programa de intervención dun tema de entre tres elixidos ao chou, por el mesmo, do temario oficial da especialidade.

O persoal aspirante disporá dunha hora para a preparación do programa de intervención e poderá utilizar o material que considere oportuno.

Para a exposición, o persoal aspirante poderá utilizar un guión que non excederá dun folio e que entregará ao tribunal unha vez rematada a súa exposición.

O persoal aspirante disporá dun período máximo dunha hora para a defensa do plan de apoio para o alumnado con necesidades educativas específicas de apoio educativo, a exposición do programa de intervención e posterior debate ante o tribunal. O persoal aspirante iniciará a súa exposición coa defensa do plan de apoio para o alumnado con necesidades educativas específicas, que non poderá exceder os vinte minutos, e a continuación realizará a exposición do programa de intervención, que non excederá os trinta minutos. A duración do debate, se é o caso, non poderá exceder os dez minutos.

13.6. Cualificación da segunda proba.

Esta segunda proba valorarase globalmente de cero a dez puntos, e o persoal aspirante deberá alcanzar, para a súa superación, unha puntuación igual ou superior a cinco puntos.

13.7. Cualificación da fase de oposición.

A cualificación correspondente a esta fase de oposición será a media aritmética das puntuacións obtidas nas dúas probas que integran esta cando ambas fosen superadas.

13.8. Cualificación do tribunal.

A cualificación de cada parte da proba correspondente á fase de oposición será a media aritmética das puntuacións de todos os membros presentes no tribunal, que se deberán calcular con aproximación de ata dez milésimas para evitar no posible que se produzan empates. Cando entre as puntuacións outorgadas polos membros do tribunal exista unha diferenza de tres ou máis enteiros, serán automaticamente excluídas as cualificacións máxima e mínima, e a puntuación media calcularase entre as cualificacións restantes. No caso de empate entre cualificacións máximas ou mínimas, unicamente será excluída unha delas.

Estas cualificacións individuais de cada membro do tribunal faranse constar no expediente administrativo.

Base décimo cuarta. Acceso á fase de concurso

A cualificación final da fase de oposición expresarase en números de cero a dez e será necesario obter, polo menos, cinco puntos para poder acceder á fase de concurso.

O número de aspirantes que acceda á fase de concurso poderá ser superior ao número de prazas convocadas.

Base décimo quinta. Fase de oposición no procedemento selectivo de acceso a corpo de grupo superior

A proba consistirá na exposición ante o tribunal dun tema da especialidade a que se opte, elixido polo aspirante entre oito, extraídos ao chou polo tribunal, dos correspondentes ao temario do corpo e especialidade a que se presentan.

No caso de que haxa concordancia entre a titulación académica con que se opta e a especialidade a que aspira, o tema será elixido de entre nove extraídos ao chou polo tribunal. Enténdese que hai concordancia para cada especialidade cando se posúa unha das titulacións que se relacionan no anexo VI.

O persoal aspirante disporá de dúas horas e trinta minutos para a súa preparación, e poderá utilizar o material que considere oportuno. A exposición terá unha duración máxima dunha hora e nesta atenderase tanto aos coñecementos sobre a materia como aos recursos didácticos e pedagóxicos que se vaian empregar. Nesta exposición, o persoal aspirante poderá utilizar un guión dunha extensión máxima dunha páxina que deberá ser entregado ao tribunal cando remate esta.

Para as especialidades de Hostalaría e Turismo, Informática e Intervención Sociocomunitaria, a proba estará dividida en dúas partes, unha de contido práctico e outra consistente na exposición oral dun tema coas mesmas características especificadas no parágrafo anterior. As características da parte práctica da proba serán as establecidas no anexo IV da presente convocatoria e levarase a cabo o mesmo día e a mesma hora que os aspirantes que se presenten polo sistema de ingreso. A valoración da parte práctica da proba será conxunta coa outra parte da proba, a exposición oral.

Quedarán exentos de realizar esta parte práctica da proba os aspirantes que pertenzan ao corpo de profesores técnicos de formación profesional dunha especialidade da mesma familia profesional para a cal principalmente teñan atribuída a competencia docente os especialistas de Análise e Química Industrial, Asesoría e Imaxe Persoal, Hostalaría e Turismo e Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica, segundo proceda.

A proba valorarase de cero a dez puntos e o persoal aspirante deberá obter, polo menos, cinco puntos para superala. Para a súa superación atenderase tanto aos coñecementos sobre a materia como aos recursos didácticos e pedagóxicos do persoal aspirante.

Base décimo sexta. Fase de oposición no procedemento selectivo de acceso ao corpo do mesmo subgrupo e nivel del complemento de destino

A proba estará dividida en dúas partes, unha de contido práctico e outra consistente na exposición oral dun tema da especialidade a que se opte, elixido polo aspirante entre nove, extraídos ao chou polo tribunal.

O persoal aspirante disporá de dúas horas e trinta minutos para a súa preparación e poderá utilizar o material que considere oportuno. A exposición terá unha duración máxima dunha hora e nesta atenderase tanto aos coñecementos sobre a materia como aos recursos didácticos e pedagóxicos que se vaian empregar. Nesta exposición, o persoal aspirante poderá utilizar un guión dunha extensión máxima dunha páxina que deberá ser entregado ao tribunal cando remate esta.

As características da parte práctica da proba serán as establecidas no anexo IV da presente convocatoria. A valoración da parte práctica da proba será conxunta coa outra parte da proba, a exposición oral.

A proba valorarase de cero a dez puntos y os aspirantes deberán obter, polo menos, cinco puntos para superala.

Base décimo sétima. Forma de cubrir as prazas de reserva

Os tribunais, para os efectos de cubrir as prazas obxecto desta convocatoria pola reserva de persoas con discapacidade, axustaranse ás seguintes normas:

a) Se houber un número suficiente de persoal aspirante que cumpra os requisitos mínimos para aprobar, entre o persoal aspirante que concorra ás prazas reservadas para persoas con discapacidade, a totalidade destas prazas adxudicaráselles a estes opositores, calquera que sexa a súa puntuación.

b) Aqueles opositores que concorran ás prazas reservadas para persoas con discapacidade e que, reunindo os requisitos mínimos para aprobar, excedan o número de prazas asignadas ao tribunal para esta reserva, concorrerán á formación da lista de aprobados do tribunal en igualdade de condicións que os das prazas libres ou de promoción interna, segundo corresponda, coa súa puntuación e tal e como se determina na base décimo oitava.

c) No caso de que existan prazas da reserva de persoas con discapacidade que non poidan ser cubertas por non existir un número suficiente de aspirantes con puntuación mínima requirida, estas acumularanse ás libres ou de acceso, segundo corresponda, e serán distribuídas pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos de acordo co procedemento establecido na base primeira, epígrafe 6.

d) No caso de que existan prazas da quenda de promoción do subgrupo A2 ao subgrupo A1 que non poidan ser cubertas por non existir un número suficiente de aspirantes con puntuación mínima requirida, estas non se acumularán as prazas da quenda libre.

Base décimo oitava. Superación do procedemento selectivo

18.1. Seleccionados polo procedemento de acceso ao subgrupo A1 desde corpos docentes do mesmo subgrupo e nivel de complemento de destino e de acceso ao subgrupo A1 desde corpos docentes do subgrupo A2 e pola quenda de reserva deste procedemento.

a) Resultarán seleccionados aqueles candidatos e candidatas que, obtendo un mínimo de cinco puntos na proba e ao seren ordenados segundo a suma das puntuacións alcanzadas no concurso e na proba, obteñan un número igual ou inferior ao número de prazas asignadas ao procedemento polo cal participan.

Para a obtención da puntuación global, o tribunal ponderará un 55 % a puntuación obtida na fase de oposición e un 45 % a puntuación obtida na fase de concurso; resultará a puntuación global da suma de ambas as dúas fases unha vez realizadas as ponderacións mencionadas.

b) Os posibles empates resolveranse atendendo sucesivamente aos seguintes criterios:

1. Maior puntuación na proba.

2. Maior puntuación en cada unha das epígrafes do baremo de méritos, pola orde en que aparecen nesta convocatoria.

3. Maior puntuación en cada unha das subepígrafes do baremo, pola orde en que aparecen nesta convocatoria.

4. No caso de que persista o empate, o desempate dirimirase a través da realización dunha proba por escrito sobre cuestións breves referentes ao temario da especialidade. De ser o caso, o persoal aspirante será convocado para esta proba polo tribunal cunha antelación mínima de 48 horas.

18.2. Seleccionados para os corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres pola quenda libre e quenda de reserva de persoas con discapacidade.

Obtida a cualificación da fase de oposición, os tribunais avaliarán definitivamente a fase de concurso do persoal aspirante que superou a fase de oposición e resultarán seleccionados para pasaren á fase de prácticas aqueles aspirantes que, unha vez ordenados segundo a puntuación global da fase de oposición e concurso, teñan un número de orde igual ou menor que o número total de prazas asignadas ao tribunal.

De conformidade co establecido nos artigos 25 e 47 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, a ponderación das puntuacións das fases de oposición e concurso para formar a puntuación global será de dous terzos da fase de oposición e un terzo da fase de concurso.

As prazas que poidan quedar vacantes nalgún tribunal serán asignadas pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos á persoa que superou a fase de oposición e que teña maior puntuación na fase de concurso-oposición, unha vez efectuadas as ponderacións pertinentes, do tribunal da mesma especialidade que proceda segundo o sistema de distribución de prazas establecido na base 1.6 desta convocatoria.

18.3. Criterios de desempate.

No caso de que se produzan empates, estes resolveranse atendendo sucesivamente aos seguintes criterios:

a) Maior puntuación na fase de oposición.

b) Maior puntuación en cada un dos exercicios da oposición, pola orde en que estes aparecen nesta convocatoria.

c) Maior puntuación nas epígrafes do baremo de méritos, pola orde en que estas aparecen nesta convocatoria.

d) Maior puntuación nas subepígrafes do baremo de méritos, pola orde en que estas aparecen nesta convocatoria.

e) En caso de persistir o empate, este dirimirase a través da realización dunha proba que se realizará por escrito sobre cuestións breves referidas ao temario da especialidade. Esta proba será elaborada, organizada e avaliada polo tribunal correspondente. As persoas aspirantes serán convocadas para esta proba polo propio tribunal cunha antelación mínima de 48 horas.

18.4. Orde de relación.

Os tribunais confeccionarán a correspondente relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición ata o número máximo de prazas que lle foron asignadas a cada un deles, ordenados de acordo co establecido nas bases anteriores.

Esta relación farase pública no taboleiro de anuncios do local ou locais en que se celebraron as probas, así como no enderezo da internet http://www.edu.xunta.es/oposicions e outorgarase un prazo de dous días hábiles para reclamar contra posibles erros.

Contra as listas definitivas poderán os interesados interpoñer, de conformidade co disposto nos artigos 112 e 121 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos.

18.5. En ningún caso os tribunais poderán aprobar nin declarar que superou o proceso selectivo un número superior de aspirantes ao de prazas asignadas a cada un deles. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido neste punto será nula de pleno dereito.

18.6. O persoal aspirante que supere no mesmo corpo os procedementos selectivos convocados por esta consellería e polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ou noutra comunidade autónoma con competencias en materia educativa, se opta polo posto de traballo correspondente ao ámbito da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, deberá presentar instancia neste sentido dirixida á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, xunto coa copia de renuncia ao outro posto de traballo, no prazo de dez días, contados a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia da lista de aspirantes seleccionados. De non realizar esta opción, a aceptación do primeiro nomeamento como funcionario en prácticas entenderase como renuncia tácita aos restantes.

18.7. Publicación da lista de aprobados.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicará no Diario Oficial de Galicia, así como no enderezo da internet http://www.edu.xunta.es/oposicions, as listas únicas de aprobados por especialidade, segundo se detalla nos puntos anteriores e tendo en conta que figurarán en primeiro lugar os aprobados pola quenda do subgrupo A2 ao subgrupo A1, e que os aprobados pola reserva de persoas con discapacidade se incluirán, de acordo coa súa puntuación, entre os aprobados polo sistema de acceso ou de ingreso, segundo corresponda.

A renuncia aos dereitos derivados do procedemento selectivo con anterioridade ao nomeamento como persoal funcionario en prácticas dará lugar a que se declare aprobada a persoa que, se é o caso, corresponda conforme os criterios establecidos nesta base décimo oitava.

18.8. Publicación das cualificacións dos restantes aspirantes.

Ao rematar o procedemento selectivo, os tribunais publicarán no enderezo da internet http://www.edu.xunta.es/oposicions as puntuacións obtidas polo persoal aspirante que non está incluído na relación de aprobados.

Base décimo novena. Presentación de documentos

19.1. No prazo de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte a aquel en que se fagan públicas as listas de aprobados no Diario Oficial de Galicia, os aspirantes aprobados deberán presentar, perante a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, os seguintes documentos, agás os xa achegados coa solicitude de participación no procedemento selectivo:

a) Certificado médico acreditativo de non padecer ningunha enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co exercicio da docencia.

A persoa aspirante que fixese valer a súa condición de persoa con discapacidade deberá, se non o fixo anteriormente, presentar certificación dos órganos competentes da Consellería de Traballo e Benestar Social que acredite tal condición, e tamén terá que presentar certificado dos citados órganos ou da Administración sanitaria, acreditativo da compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes.

b) Declaración responsable de que non foron separados, mediante expediente disciplinario, do servizo do corpo a que se pretende ingresar en ningunha Administración pública e de non estar inhabilitados para o exercicio de funcións públicas, conforme o modelo que figura como anexo V a esta convocatoria, que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Igualmente, o persoal aspirante que non posúa a nacionalidade española deberá presentar declaración responsable de non estar sometido a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública, segundo o mesmo modelo do anexo V, que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

c) Certificado de non ter antecedentes por delitos sexuais, só no caso de denegar expresamente a consulta de datos do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.

19.2. Excepcións.

Os que teñan a condición de funcionarios públicos de carreira e estean en situación de servizo activo estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e os requisitos xa demostrados para obteren o seu anterior nomeamento, e deberán presentar, en tal caso, unha certificación ou folla de servizos do organismo de que dependan, na cal se consignen de forma expresa os seguintes datos: corpo a que pertencen, número de rexistro persoal e se están en servizo activo.

Cando as certificacións ou follas de servizos se refiran a funcionarios que superaron o proceso selectivo polos procedementos de acceso a corpos docentes clasificados no mesmo grupo e nivel de complemento de destino ou a outro corpo docente de grupo superior, serán expedidas polo subdirector xeral de Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e incorporadas de oficio ao correspondente expediente.

19.3. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presentar os documentos expresados nas bases anteriores, poderá acreditarse que se reúnen as condicións exixidas na convocatoria mediante calquera medio de proba admisible en dereito.

19.4. Os que, dentro do prazo fixado e salvo os casos de forza maior, non presenten a documentación ou se do seu exame se deduce que carecen dalgún dos requisitos xerais establecidos na base segunda, non poderán ser nomeados funcionarios de carreira e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

Base vixésima. Nomeamento de funcionarios ou funcionarias en prácticas

20.1. Destino provisional e nomeamento de funcionarios ou funcionarias en prácticas.

As persoas aspirantes que superen o procedemento selectivo pola quenda libre ou reserva de persoas con discapacidade quedan obrigadas a incorporarse aos destinos que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos lles adxudique para a realización da fase de prácticas. No caso de non se incorporaren aos citados destinos no prazo que se estableza, entenderase que renuncian ao proceso selectivo.

Se se incorporan e reúnen as condicións requiridas para o ingreso no corpo respectivo, serán nomeados funcionarios en prácticas.

A toma de posesión como persoal funcionario en prácticas será con efectividade da data que se determine na resolución pola cal se publique a adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2017/18.

Coa finalidade da adxudicación de destino de carácter provisorio para a realización do período de prácticas, o persoal aspirante que supere o procedemento selectivo deberá efectuar a solicitude, conforme o sistema previamente publicado no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no prazo de tres días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da lista de aprobados polos tribunais cualificadores no centro onde se realizaron as probas e na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

20.2. Destino definitivo.

O persoal aspirante que supere o procedemento selectivo polo sistema de ingreso deberá obter o seu primeiro destino definitivo nun dos centros directamente xestionado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e está obrigado, para estes efectos, a participar nos sucesivos concursos ordinarios de traslados que se convoquen, na forma que determinen as correspondentes convocatorias.

20.3. O persoal aspirante que supere o procedemento selectivo de acceso aos corpos do subgrupo A1 ao A1 e A1 desde corpos do subgrupo A2 regulados na presente orde estará exento da realización da fase de prácticas e, nos supostos en que a adxudicación de destinos se realice atendendo á puntuación obtida nos procedementos selectivos, terá prioridade, na obtención destes, sobre os aspirantes que ingresen pola quenda libre da convocatoria do mesmo ano.

Non obstante o disposto no parágrafo anterior, o persoal aspirante seleccionado no procedemento selectivo de acceso aos corpos do subgrupo A1 desde corpos do subgrupo A1 ou A2 que estea ocupando con carácter definitivo, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, prazas do corpo e especialidade ás cales accede, poderá optar por permanecer nestas.

O persoal aspirante que, mesmo estando exento da realización da fase de prácticas, opte por incorporarse como funcionario ou funcionaria en prácticas ao destino asignado, quedará exento da avaliación, e permanecerá nesta situación ata a aprobación dos expedientes dos procedementos selectivos e o seu posterior nomeamento como funcionario ou funcionaria de carreira.

20.4. Réxime xurídico-administrativo do persoal aspirante nomeado funcionario ou funcionaria en prácticas.

Desde o nomeamento de funcionarios ou funcionarias en prácticas ata o nomeamento como persoal funcionario de carreira, o réxime xurídico-administrativo das persoas opositoras será o de persoal funcionario en prácticas sempre que estea desempeñando un posto docente ou un posto da Inspección educativa. En todo caso, a súa incorporación á realización das prácticas producirase con ocasión de vacante.

20.5. Aprazamento da fase de prácticas.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos poderá, por causa xustificada e por petición da persoa interesada, conceder o aprazamento da fase de prácticas.

20.6. Exencións á realización da fase de prácticas.

Estarán exentos da avaliación da fase de prácticas aqueles aspirantes que acrediten unha experiencia dun ano como persoal funcionario de carreira dun corpo docente.

20.7. Opción da remuneración dos funcionarios en prácticas.

O persoal aspirante que superou a fase de oposición do proceso selectivo e que xa estea prestando servizos remunerados na Administración como funcionario de carreira, interino, contratado administrativo ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que, de acordo coa normativa vixente, lle corresponda, poderá formular opción pola percepción das remuneracións durante a súa condición de persoal funcionario en prácticas, de conformidade co previsto no artigo 141 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Na falta de opción expresa, enténdese que se opta pola retribución de persoal funcionario en prácticas.

Base vixésimo primeira. Fase de prácticas dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres

21.1. Obxecto e duración da fase de prácticas.

A fase de prácticas forma parte do procedemento selectivo e ten por obxecto a comprobación de que o aspirante posúe as capacidades didácticas necesarias para o exercicio da docencia. Realizarase nos destinos provisionais que lle correspondan, conforme o procedemento que estableza a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, ben en postos vacantes ben en substitucións, con desempeño de función docente con plena validez académica.

A duración da fase de prácticas será de catro meses. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos poderá flexibilizar este período por causas xustificadas.

21.2. Constitución das comisións cualificadoras.

En cada departamento territorial constituirase unha comisión cualificadora integrada pola xefatura da Inspección provincial, que actuará como presidente; dous inspectores de Educación e dous directores de centros designados pola xefa ou xefe territorial.

21.3. Profesor ou profesora titora da fase de prácticas.

O exercicio da docencia durante a fase de prácticas desenvolverase baixo a titoría dun profesor ou profesora experimentada do mesmo corpo, preferentemente da especialidade correspondente, designada pola comisión cualificadora da provincia.

21.4. Funcións do titor ou titora.

As funcións do profesor titor consistirán en asesorar, informar e avaliar o funcionario en prácticas sobre a organización e o funcionamento do centro e dos seus órganos de goberno, de participación e de coordinación didáctica, sobre a programación didáctica da materia ou dos módulos profesionais, a programación de aula e a avaliación dos alumnos. Ao final do período de prácticas, o profesor titor emitirá un informe sobre todos os datos que considere de interese e remitirao á comisión cualificadora.

O profesorado que tutele as prácticas dos aspirantes seleccionados nos concursos-oposición de ingreso aos corpos docentes terá un recoñecemento de 50 horas de formación pola función desenvolvida.

21.5. Actividades de formación.

Formando parte da fase de prácticas, os aspirantes seleccionados pola quenda de ingreso libre e reserva de persoas con discapacidade deberán realizar un curso de formación de lingua galega de 20 horas de duración. Este curso, que será programado polo Servizo de Formación do Profesorado, consistirá nunha formación específica sobre a terminoloxía, os estilos, os aspectos sociolingüísticos e a linguaxe propia da especialidade que lles permita aos funcionarios en prácticas desenvolver correctamente en galego as súas funcións e tarefas.

21.6. Avaliación do profesorado en prácticas.

As persoas aspirantes elaborarán un informe-memoria final no cal farán unha valoración global da súa actividade, así como das dificultades encontradas e dos apoios recibidos. Este informe seralle entregado ao remate da fase de prácticas á comisión cualificadora.

A avaliación do persoal aspirante será efectuada pola comisión cualificadora a partir dos informes emitidos polo profesor-titor, a dirección do centro, o persoal responsable das actividades de formación e, se é o caso, o inspector ou inspectora responsable do centro, e do informe presentado polo propio aspirante.

A presidencia da comisión cualificadora, en caso de informes desfavorables, disporá que o inspector ou inspectora de Educación do centro en que presta servizos o funcionario ou funcionaria que está realizando as prácticas, visite o dito centro e avalíe na aula as súas aptitudes didácticas como docente. O informe da Inspección engadirase aos do director e profesor-titor para que, xunto co informe-memoria final realizado polo funcionario en prácticas, sirvan para a avaliación que debe facer a comisión cualificadora.

21.7. A comisión cualificadora trasladaralle ao director xeral de Centros e Recursos Humanos a relación de funcionarios e funcionarias en prácticas coa cualificación obtida.

21.8. Cualificación da fase de prácticas.

As prácticas cualificaranse como apto ou non apto.

21.9. Persoas aspirantes non aptas na fase de prácticas.

As persoas aspirantes cualificadas non aptas na fase de prácticas poderán repetila e incorporaranse no curso seguinte co persoal seleccionado da seguinte promoción, ocupando, nesta promoción, o número de orde seguinte ao do último seleccionado na súa especialidade. No caso de que non haxa convocatoria do seu corpo e especialidade, efectuarán igualmente as prácticas no curso seguinte. As persoas que non se incorporen ou sexan declaradas non aptas por segunda vez, perderán todos os dereitos ao seu nomeamento como funcionarios ou funcionarias de carreira.

Base vixésimo segunda. Nomeamento de funcionarias e funcionarios de carreira

22.1. Proposta de nomeamento como funcionarias e funcionarios de carreira.

Rematada a fase de prácticas e verificado que os que a superaron reúnen os requisitos xerais e específicos de participación establecidos nesta convocatoria, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria aprobará o expediente do proceso selectivo e remitirá as listas do persoal ingresado no correspondente corpo ao Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, para o nomeamento e expedición dos títulos de funcionarias e funcionarios de carreira, con efectividade do 1 de setembro de 2018.

22.2. Destino definitivo en Galicia.

De acordo co previsto no artigo 10.d) do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, o persoal que ingrese en virtude desta convocatoria deberá obter o seu primeiro destino definitivo en centros xestionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da súa participación forzosa nos procedementos de provisión que se convoquen.

TÍTULO II
Procedemento de adquisición doutras especialidades

Base vixésimo terceira

Convócase procedemento para que o persoal funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres poidan adquirir unha nova especialidade, de conformidade co establecido nas seguintes bases:

23.1. Normas xerais.

As especialidades que poderán adquirirse nos corpos citados anteriormente mediante o procedemento regulado neste título serán as mesmas que as convocadas para o procedemento de ingreso libre.

A estes procedementos seranlles de aplicación as disposicións establecidas no punto 1.2. desta orde, así como as restantes bases do título I que non se opoñan ao disposto neste título.

23.2. Requisitos das persoas candidatas.

Para poderen participar neste procedemento, as persoas candidatas deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ser persoal funcionario de carreira do corpo correspondente, con destino no ámbito de xestión da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Reunir os requisitos que se exixen para o ingreso libre na especialidade que se pretenda adquirir.

23.3. Solicitudes e pagamento dos dereitos.

As solicitudes e pagamento dos dereitos formularanse conforme o establecido na base terceira desta convocatoria.

23.4. Órganos de selección.

Os órganos de selección para este procedemento serán aqueles a que se refire a base sétima desta convocatoria e exercerán, respecto deste procedemento, as mesmas funcións que se enumeran na mencionada base.

23.5. Comezo e desenvolvemento das probas.

O comezo e desenvolvemento das probas realizarase de conformidade co disposto na base décima desta convocatoria.

23.6. Sistema de selección.

– Para todas as especialidades.

A proba consistirá na exposición oral dun tema da especialidade a que se opta, elixido polo aspirante de entre cinco extraídos ao chou polo tribunal nas especialidades dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional, e de entre tres extraídos ao chou polo tribunal nas especialidades do corpo de mestres.

O candidato disporá de dúas horas para a súa preparación e poderá utilizar o material que considere oportuno. A exposición terá unha duración máxima dunha hora.

Nas especialidades de idiomas modernos, a exposición realizarase nesta lingua.

Nas especialidades específicas de formación profesional, agás Formación e Orientación Laboral, a proba constará, ademais, dunha parte práctica. As características da parte práctica serán as establecidas no anexo IV da presente convocatoria e levarase a cabo o mesmo día e á mesma hora que a dos aspirantes que se presenten polo sistema de ingreso. A valoración da parte práctica da proba será conxunta coa outra parte da proba, a exposición oral.

23.7. Cualificación da proba.

Os tribunais cualificarán a proba a que se refire o punto anterior como apto ou non apto e obterán a nova especialidade unicamente os cualificados aptos.

23.8. Publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez verificado polo órgano convocante que a persoa aspirante que obtivo a cualificación de apto reúne os requisitos exixidos nesta convocatoria, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicará, no Diario Oficial de Galicia, a orde pola que se declara apto o persoal aspirante, coa indicación da nova especialidade adquirida.

23.9. Exención da fase de prácticas.

O persoal que adquira unha nova especialidade por este procedemento estará exento da fase de prácticas.

23.10. Dereito preferente.

A adquisición dunha nova especialidade non supón a perda da anterior ou anteriores que se puideren posuír. Os que teñan adquirida máis dunha especialidade poderán acceder a prazas correspondentes a calquera delas a través dos mecanismos establecidos para a provisión de postos de traballo dos funcionarios docentes.

Os que adquiran unha nova especialidade por este procedemento terán preferencia, por unha soa vez, con ocasión de vacante, para seren adscritos a prazas da nova especialidade adquirida no centro en que teñan destino definitivo, de conformidade co establecido no artigo 16.1.d) do Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro, polo que se regula o concurso de traslados de ámbito estatal.

Base vixésimo cuarta. Inclusión nas listas de interinos

Accederán ás listas de interinos ou substitutos da especialidade a que se presenten, ademais daqueles que superen a primeira proba, aqueles aspirantes que para cada especialidade posúan unha das titulacións que a continuación se relacionan.

No caso de non superar a primeira proba ou non posuír o requisito de titulación de acordo co establecido no parágrafo anterior, tamén poderán acceder ás listas de interinos e substitutos das especialidades de Lingua Castelá e Literatura, Xeografía e Historia, Matemáticas, Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía, Inglés, Educación Física e Lingua Galega e Literatura do corpo de profesores de ensino secundario aquelas persoas que estean habilitadas para impartir docencia no ensino privado en Galicia nas materias correspondentes.

Corpo de profesores de ensino secundario

Especialidades

Titulación

Lingua Castelá e Literatura

Licenciado en:

– Filoloxía Románica.

– Filoloxía Hispánica.

– Lingüística e ter cursado Lingua Española e Literatura Española.

– Teoría da Literatura e Literatura Comparada e ter cursado Lingua Española e Literatura
   Española.

– Filosofía e Letras, sección Filoloxía Hispánica.

– Filosofía e Letras, sección Filoloxía Románica.

Títulos de grao correpondentes.

Estar habilitado para impartir docencia no ensino privado en Galicia na materia de Lingua castelá e literatura

Xeografía e Historia

Licenciado en:

– Xeografía.

– Historia.

– Historia da Arte.

– Humanidades.

– Antropoloxía Social e Cultural.

– Filosofía e Letras, sección Xeografía e Historia.

– Historia e Ciencias da Música.

Títulos de grao correspondentes.

Estar habilitado para impartir docencia no ensino privado en Galicia na materia de Xeografía e Historia.

Matemáticas

Licenciado en:

– Matemáticas.

– Informática.

– Física.

– Ciencias e Técnicas Estatísticas.

– Enxeñeiro superior.

– Arquitecto.

Títulos de grao correspondentes.

Estar habilitado para impartir docencia no ensino privado en Galicia na materia de Matemáticas.

Física e Química

Licenciado en:

– Física.

– Química.

– Bioquímica.

– Biotecnoloxía.

Enxeñeiro:

– Químico.

– Aeronáutico.

– Industrial.

– De Telecomunicación.

– De Camiños, Canais e Portos.

– Naval.

– Oceánico.

Títulos de grao correspondentes.

Estar habilitado para impartir docencia no ensino privado en Galicia na materia de Física e Química.

Bioloxía e Xeoloxía

Licenciado en:

– Ciencias Biolóxicas.

– Ciencias Xeolóxicas.

– Bioloxía

– Xeoloxía.

– Ciencias Ambientais.

– Ciencias do Mar.

– Bioquímica.

– Biotecnoloxía.

– Farmacia.

– Veterinaria.

Enxeñaría superior:

– Agrónoma.

– De Minas.

– De Montes.

Títulos de grao correspondentes.

Estar habilitado para impartir docencia no ensino privado en Galicia na materia de Bioloxía e Xeoloxía.

Inglés

Licenciado en:

– Filoloxía Inglesa.

– Tradución e Interpretación Lingüística (primeiro idioma: inglés).

– Lingüística, sempre que se cursase inglés como primeira lingua estranxeira.

Títulos de grao correspondentes.

Estar habilitado para impartir docencia no ensino privado en Galicia na materia de Inglés.

Educación Física

Licenciado en ciencias da Actividade Física e do Deporte.

Títulos de grao correspondentes.

Estar habilitado para impartir docencia no ensino privado en Galicia na materia de Educación física.

Lingua Galega e Literatura

Licenciado en Filoloxía galega.

Licenciado en Filoloxía hispánica, subsección de galego-portugués.

Títulos de grao correspondentes.

Estar habilitado para impartir docencia no ensino privado en Galicia na materia de Lingua Galega e Literatura.

Análise e Química Industrial

Enxeñeiro químico.

Licenciado en:

– Bioquímica.

– Ciencia e tecnoloxía dos alimentos.

– Ciencias ambientais.

– Farmacia.

– Química.

Enxeñeiro técnico forestal, especialidade en industrias forestais.

Enxeñeiro técnico industrial, especialidade en química industrial.

Grao en:

– Enxeñaría Química.

– Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais.

– Enxeñaría en Química Industrial.

– Bioquímica.

– Química.

– Ciencias Ambientais.

– Ciencias e Tecnoloxía dos Alimentos.

– Farmacia.

Asesoría e Imaxe Persoal

Licenciado en:

– Química.

– Bioquímica.

– Farmacia.

– Bioloxía.

– Medicina.

Enxeñaría Química.

Grao en:

– Enxeñaría Química.

– Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais.

– Bioloxía.

– Bioquímica.

– Enfermaría.

– Podoloxía.

– Fisioterapia.

– Farmacia.

– Medicina.

– Odontoloxía.

– Química.

Hostalaría e Turismo

Licenciado en Ciencias e Tecnoloxía dos Alimentos.

Diplomado en:

– Turismo.

– Empresas e Actividades Turística.

Grao en:

– Administración e Dirección de Empresas.

– Economía.

– Ciencias Empresariais.

– Ciencias e Tecnoloxía dos Alimentos.

– Comercio.

– Nutrición Humana e Dietética.

– Turismo.

– Xestión en Pequenas e Medias Empresas.

Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica

Enxeñeiro:

– Aeronáutico.

– Automática e Electrónica Industrial.

– Industrial.

– Minas.

– Organización Industrial.

– Materiais.

– Naval e Oceánico.

Licenciado en:

Maquinas Navais.

Enxeñeiro técnico:

– Aeronáutico, especialidade en Aeoronas ou en Equipos e Materiais Aeroespaciais.

– Agrícola, especialidade en Explotacións Agropecuarias.

– Agrícola, especialidade en Industrias Agrarias e Alimentarias.

– Agrícolas, especialidade Mecanización e Construcións Rurais.

– Deseño Industrial.

– Industrial, en todas as súas especialidades.

– Minas, en todas as súas especialidades.

– Naval, especialidade en Estruturas Mariñas.

– Obras Públicas, especialidade en Construcións Civís.

Diplomado en:

– Máquinas Navais.

Grao en:

– Tecnoloxías Mariñas.

– Enxeñaría en Aeroespacial.

– Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática.

– Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais.

– Enxeñaría Mecánica.

– Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos.

– Enxeñaría de Enerxía.

– Enxeñaría en Organización Industrial.

– Enxeñaría Naval e Oceánica.

– Arquitectura Naval.

– Enxeñaría en Propulsión e Servizos do Buque.

– Enxeñaría Mariña.

– Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria.

– Enxeñaría Agraria.

– Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural.

– Enxeñaría das Industrias Agroalimentarias.

– Enxeñaria en Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto.

– Enxeñaría Eléctrica.

– Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais.

– Enxeñaría en Química Industrial.

– Enxeñaría de Obras Públicas.

NOTA. As titulacións indicadas corresponden ao Catálogo de títulos universitarios oficiais e ás sucesivas incorporacións a este. Tamén son equivalentes para os efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas, segundo o Real decreto 1954/1994, do 30 de setembro (BOE do 17 de novembro).

No caso de non posuír a habilitación para impartir docencia no ensino privado en Galicia e sempre e cando se reúnan os requisitos exixidos para obtela no prazo de remate de presentación de solicitudes (base 3.7), poderá solicitala durante o mes de xuño no enderezo electrónico: http://www.edu.xunta.es/habilitacions

Corpo de profesores técnicos de formación profesional

Especialidades

Titulacións

Cociña e Pastelaría

Técnico superior en Restauración.

Técnico superior en Dirección de Servizos en Restauración.

Técnico superior en Dirección de Cociña.

Técnico especialista en Hostalaría.

Equipos Electrónicos

Licenciado en:

– Física.

– Radioelectrónica Naval.

Enxeñeiro:

– Aeronáutico.

– En Automática e Electrónica Industrial.

– Electrónica.

– Industrial.

– Minas.

– Naval e Oceánico.

– Telecomunicación.

Diplomado en Radioelectrónica Naval.

Enxeñeiro técnico:

– Aeronáutico, especialidade en Aeronavegación.

– En Informática de sistemas.

– Naval.

– Industrial, especialidade en Electricidade.

– Industrial, especialidade en Electrónica Industrial.

– De Telecomunicación, en todas as súas especialidades

Grao en:

– Náutica e Transporte Marítimo.

– Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais.

– Arquitectura Naval.

– Enxeñaría Mariña.

– Enxeñaría Mecánica.

– Enxeñaría Naútica e Transporte Marítimo.

– Enxeñaría Eléctrica.

– Enxeñaría Electrónica.

– Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática.

– Enxeñaría en Organización Industrial.

– Enxeñaría en Propulsión e Servizos do Buque.

– Enxeñaría Informática.

– Enxeñaría de Enerxía.

– Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación.

– Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos.

– Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática.

– Física.

– Tecnoloxías mariñas.

Laboratorio

Enxeñeiro químico.

Licenciado en:

– Bioquímica.

– Ciencia e Tecnoloxía dos alimentos.

– Ciencias Ambientais.

– Farmacia.

– Química.

– Enxeñeiro técnico industrial, especialidade en Química Industrial.

Grao en:

– Enxeñaría Química.

– Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais.

– Enxeñaría en Química Industrial.

– Enxeñaría Forestal.

– Bioquímica.

– Química.

– Ciencias Ambientais.

– Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos.

– Farmacia.

Mantemento de Vehículos

Enxeñeiro:

– Aeronáutico.

– Industrial.

– Naval e Oceánico.

– Minas

– En Materiais

– En Electrónica.

– Automática e Electricidade.

Licenciado en:

– Máquinas Navais.

– Náutica e Transporte Marítimo.

– Radioelectrónica Naval.

Diplomado en:

– Máquinas Navais.

– Navegación Marítima.

– Radioelectrónica Naval.

Enxeñeiro técnico:

– Aeronáutico.

– Agrícola.

– Forestal.

– De Minas.

– Naval.

– De Obras Públicas.

– Industrial.

Grao en:

– Tecnoloxías Mariñas.

– Enxeñaría Aeroespacial.

– Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria.

– Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural.

– Enxeñaría das Industrias Agroalimentarias.

– Tecnoloxía da enxeñaría Civil.

– Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais.

– Enxeñaría Mecánica.

– Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos.

– Enxeñaría Forestal e do Medio Natural.

– Enxeñaría Naval e Oceánica.

– Arquitectura Naval.

– Enxeñaría en Propulsión e Servizo do Buque.

– Enxeñaría Mariña.

– Enxeñaría Civil.

Técnico superior en Automoción.

Técnico especialista en:

– Mecánica e electricidade do coche.

– Automoción.

Mantemento de Máquinas e Equipos de Construción e Obras.

Sistemas e Aplicacións Informáticas

Licenciado en:

– Informática.

Enxeñeiro:

– En informática.

– De Telecomunicación.

Diplomado en Informática.

Enxeñeiro técnico:

– En informática de Xestión.

– En informática de Sistemas.

– De Telecomunicación, especialidade en Telemática.

Grao en:

– Enxeñaría Informática.

– Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática.

– Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación.

– Física.

– Matemáticas.

– Estatística.

NOTA. As titulacións indicadas corresponden ao Catálogo de títulos universitarios oficiais e ás sucesivas incorporacións a este. Tamén son equivalentes para os efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas, segundo o Real decreto 1954/1994, do 30 de setembro (BOE do 17 de novembro).

Corpo de mestres

Especialidades

Titulación

Educación Infantil

Título de graduado ou graduada que habilite para o exercicio da profesión regulada de mestre en Educación Infantil.

Mestra/mestre, especialidade de Educación Infantil (Real decreto 1440/1991).

Diplomado/a en profesorado de educación xeral básica, especialidade Preescolar.

Especialidade en Educación Preescolar ou en Pedagoxía Preescolar das licenciaturas de Filosofía e Letras (sección Ciencias da Educación) ou de Filosofía e Ciencias da Educación (sección Ciencias da Educación).

Educación Primaria

Título de graduado ou graduada que habilite para o exercicio da profesión regulada de mestre en Educación Primaria.

Mestre/a especialidade de Educación Primaria (Real decreto 1440/1991).

Mestre/a (Real decreto 1440/1991) en calquera das súas especialidades.

Diplomado/a en profesorado de educación xeral básica en calquera das súas especialidades.

Mestre/a de primeira ensinanza (plan de estudos de 1967).

Mestre/a de ensinanza primaria (plan de estudos de 1950).

Música

Título de graduado ou graduada que habilite para o exercicio da profesión regulada de mestre en educación primaria, que inclúa unha mención en Música.

Mestre/a especialidade de Educación Musical (Real decreto 1440/1991).

Título superior de música da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, ou da Lei 1/1990, do 3 de outubro, ou titulacións declaradas equivalentes para os efectos de docencia.

Licenciado/a en Musicoloxía ou en Historia e Ciencia da Música.

Título profesional de música da Lei orgánica 1/1990 ou da Lei orgánica 2/2006.

Educación Física

Título de graduado ou graduada que habilite para o exercicio da profesión regulada de mestre en educación primaria, que inclúa unha mención en Educación Física.

Título de graduado ou graduada no ámbito da Actividade Física e do Deporte.

Mestre/a especialista de Educación Física (Real decreto1440/1991).

Licenciado/a en Educación Física.

Diplomado/a en Educación Física.

Lingua Estranxeira: Inglés

Título de graduado ou graduada que habilite para o exercicio da profesión regulada de mestre en educación primaria, que inclúa a mención en Lingua Estranxeira: Inglés.

Títulos de graduado ou graduada no ámbito da lingua estranxeira no idioma inglés.

Mestre/a especialidade de Lingua Estranxeira Inglés (Real decreto 1440/1991).

Diplomado/a en profesorado de educación xeral básica especialidade de Filoloxía Inglesa.

Certificado de nivel avanzado ou certificado de aptitude da Escola Oficial de Idiomas, no idioma inglés.

Licenciado/a en Filoloxía inglesa.

Licenciado/a ou diplomado/a polas facultades ou escolas universitarias de idiomas (tradución e interpretación) no idioma inglés.

Lingua Estranxeira: Francés

Título de graduado ou graduada que habilite para o exercicio da profesión regulada de mestre en Educación Primaria, que inclúa a mención en Lingua Estranxeira: Francés.

Títulos de graduado ou graduada no ámbito da lingua estranxeira no idioma francés.

Mestre/a especialidade de lingua estranxeira francés (Real decreto 1440/1991).

Diplomado/a en profesorado de educación xeral básica especialidade de Filoloxía Francesa.

Certificado de nivel avanzado ou certificado de aptitude da Escola Oficial de Idiomas, no idioma francés.

Licenciado/a en Filoloxía Francesa.

Licenciado/a ou diplomado/a polas facultades ou escolas universitarias de idiomas (tradución e interpretación) no idioma francés.

Pedagoxía Terapéutica

Título de graduado ou graduada que habilite para o exercicio da profesión de mestre en educación primaria, que inclúa unha mención en Pedagoxía Terapéutica, en educación especial ou en atención á diversidade.

Mestre/a, especialidade de Educación Especial (Real decreto 1440/1991).

Diplomado/a en profesorado de educación xeral básica, especialidade de Educación Especial.

Licenciado/a en Psicopedagoxía.

Licenciado/a en Filosofía e Letras, sección de Pedagoxía, subsección de Educación Especial ou equiparación correspondente, de acordo co disposto na Orde do 7 de novembro de 1983 (BOE do 11 de novembro).

Audición e Linguaxe

Título de graduado ou graduada que habilite para o exercicio da profesión regulada de mestre en educación primaria, que inclúa unha mención en Audición e Linguaxe.

Mestre/a, especialidade en Audición e Linguaxe (Real decreto 1440/1991).

Diplomado/a en Logopedia.

Título de graduado ou graduada que habilite para o exercicio da profesión regulada de Logopedia.

Disposición adicional única. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación deste procedemento, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado Profesorado, co obxecto de xestionar o presente procedemento, así como informar as persoas interesadas sobre a súa tramitación. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaria Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela ou a través dun correo electrónico a sxp@edu.xunta.es

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Baremo para a valoración de méritos: sistema xeral de ingreso

I. Experiencia docente previa: máximo 5 puntos.

1.1. Por cada ano de experiencia docente en especialidades do corpo a que opta o aspirante, en centros públicos dependentes das administracións educativas.

1,000 punto

Folla de servizos certificada pola Subdirección Xeral de Recursos Humanos, ou no seu defecto certificación do secretario ou secretaria do centro co visto e prace da Dirección, na que debe constar a data de toma de posesión e cesamento na especialidade, así como os documentos xustificativos do nomeamento ou copia compulsada deles en que conste a data de toma de posesión e do cesamento e a especialidade.

1.2. Por cada ano de experiencia docente en especialidades de distintos corpos a que opta o aspirante, en centros públicos dependentes de administracións educativas.

0,500 puntos

Folla de servizos certificada pola Subdirección Xeral de Recursos Humanos, ou na súa falta certificación do secretario ou secretaria do centro co visto e prace da Dirección, no que debe constar a data de toma de posesión e cesamento e a especialidade así como os documentos xustificativos do nomeamento ou copia compulsada deles, en que conste a data de toma de posesión e do cesamento e a especialidade.

1.3. Por cada ano de experiencia docente en especialidades do mesmo nivel ou etapa educativa que o impartido no corpo a que opta o aspirantes noutros centros.

0,500 puntos

Certificación da Dirección do centro co visto e prace do Servizo de Inspección Técnica, en que conste a data de toma de posesión e cesamento, área ou materia impartida e nivel educativo ou etapa educativa ou copia dos contratos de traballo xunto coa certificación da vida laboral.

1.4. Por cada ano de experiencia docente en especialidades de distinto nivel ou etapa educativa que o impartido no corpo a que opta o aspirante noutros centros.

0,250 puntos

Certificación da Dirección do centro co visto e prace do Servizo de Inspección Técnica, en que conste data de toma de posesión e cesamento, área ou materia impartida e nivel ou etapa educativa ou copia dos contratos de traballo xunto coa certificación da vida laboral.

Enténdese por centros públicos os centros a que se refire o capítulo II do título IV da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, integrados na rede pública de centros creados e sostidos polas administracións educativas.

Para os efectos desta epígrafe terase en conta un máximo de cinco anos, cada un dos cales deberá ser avaliado nunha soa das subepígrafes anteriores.

Non será necesario xustificar os méritos das subepígrafes 1.1 e 1.2 cando os servizos fosen prestados en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

II. Formación académica: máximo 5 puntos.

2.1. Expediente académico no título alegado, sempre que o título alegado se corresponda co nivel de titulación exixido con carácter xeral para ingreso no corpo (doutor, licenciado, enxeñeiro ou arquitecto, para corpos docentes do subgrupo A1, ou diplomado universitario, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico para corpos docentes do subgrupo A2); valorarase exclusivamente a nota media do expediente académico, do modo que a continuación se indica:

Escala de 0 a 10 puntos:

Desde 6,00 ata 7,50

Desde 7,51 ata 10

1,000 punto

1,500 puntos

Certificación académica persoal orixinal ou copia cotexada, en que consten as puntuacións obtidas en todas as disciplinas e cursos exixidos para a obtención do título alegado, con indicación expresa da nota media.

Escala en créditos, de 1 a 4:

Desde 1,50 a 2,25

Desde 2,26 a 4

1,000 punto

1,500 puntos

2.2. Posgraos, doutoramento e premios extraordinarios:

2.2.1. Polo certificado-diploma acreditativo de estudos avanzados ou título oficial de máster (Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, BOE do 30 de outubro), suficiencia investigadora ou calquera outro título equivalente sempre que non sexan requisito para o ingreso na función pública docente:

1,000 punto

Certificación académica ou copia cotexada do título ou, se é o caso, do aboamento dos dereitos de expedición, conforme o Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto (BOE do 6 de agosto).

2.2.2. Por posuír o título de doutor:

1,000 punto

Certificación académica ou copia cotexada do título de doutor ou, se é o caso, do aboamento dos dereitos de expedición, conforme o Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto (BOE do 6 de agosto).

2.2.3. Por obter premio extraordinario no doutoramento:

0,500 puntos

Documento xustificativo.

2.3. Outras titulacións universitarias:

As titulacións universitarias de carácter oficial, no caso de que non fosen as alegadas como requisito para o ingreso na función pública docente, valoraranse da forma seguinte:

2.3.1. Titulacións de primeiro ciclo:

Por cada diplomatura, enxeñaría técnica, arquitectura técnica ou títulos declarados legalmente equivalentes e polos estudos correspondentes ao primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñaría:

1,000 punto

Certificación académica ou copia cotexada do título alegado para o ingreso no corpo, así como de cantos presente como mérito ou, se é o caso, certificación do aboamento dos dereitos de expedición conforme o Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto (BOE do 6 de agosto). No caso de estudos correspondentes ao primeiro ciclo, certificación académica en que se acredite a súa superación.

No caso de aspirantes a corpos de funcionarios docentes grupo A2, non se valorarán por esta epígrafe, en ningún caso, o primeiro título ou estudos desta natureza que presente o aspirante.

No caso de aspirantes a corpos de funcionarios docentes grupo A1, non se valorarán por esta epígrafe, en ningún caso, o título ou estudos desta natureza que fora necesario superar para a obtención do primeiro título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto que presente o aspirante.

2.3.2. Titulacións de segundo ciclo:

Polos estudos correspondentes ao segundo ciclo de licenciaturas, enxeñarías, arquitecturas ou títulos declarados legalmente equivalentes:

1,000 punto

Certificación académica ou copia cotexada do título alegado para o ingreso no corpo, así como de cantos presente como mérito ou, se é o caso, certificación do aboamento dos dereitos de expedición conforme o Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto (BOE do 6 de agosto). No caso de estudos correspondentes ao segundo ciclo, certificación académica en que se acredite a súa superación.

No caso de aspirantes a corpos de funcionarios docentes do grupo A1, non se valorarán por esta epígrafe, en ningún caso, os estudos que fora necesario superar (primeiro ciclo, segundo ciclo ou, se é o caso, ensinanzas complementarias), para a obtención do primeiro título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto que presente o aspirante.

Valorarase nesta epígrafe o estar en posesión do título de grao.

2.4. Titulacións de ensinanzas de réxime especial e da formación profesional específica:

a) Por cada título profesional de Música ou Danza:

0,500 puntos

Certificación académica ou copia cotexada do título alegado para o ingreso no corpo, así como de cantos presente como mérito ou, se é o caso, certificación do aboamento dos dereitos de expedición conforme o Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto (BOE do 6 de agosto).

b) Por cada certificado de nivel avanzado ou equivalente de escolas oficiais de idiomas:

0,500 puntos

c) Por cada título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño:

0,200 puntos

d) Por cada título de técnico superior de Formación Profesional

0,200 puntos

e) Por cada título de técnico deportivo superior:

0,200 puntos

III. Outros méritos: máximo 2 puntos.

3.1. Dominio de linguas estranxeiras:

3.1.1. Nivel C1 ou superior.

Por cada certificado oficial de recoñecemento dunha lingua estranxeira, que acredite un nivel de coñecemento de idiomas, expedidos por centros oficiais, segundo a clasificación do Marco común europeo de referencia para as linguas (MCER)

1 punto

Copia compulsada do título correspondente co certificado de acreditación dunha lingua estranxeira clasificado polo Marco común europeo de referencia para as linguas (MCER).

3.1.2. Por cada título estranxeiro do nivel equivalente ao nivel B2 (nivel avanzado), sempre que non se acreditase o título equivalente da escola oficial de idiomas do punto 2.4.b) no mesmo idioma.

0,50 puntos por cada título

3.2. Por actividades superadas que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre aspectos científicos e didácticos das especialidades do corpo polo que se presente, ou coas tecnoloxías aplicadas á educación, organizadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou os órganos correspondentes doutras comunidades autónomas ou o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, por institución sen ánimo de lucro sempre que as devanditas actividades fosen homologadas ou recoñecidas polas administracións educativas, así como as organizadas polas universidades.

Puntuaranse con 0,1 puntos por cada 10 horas de actividades de formación acreditadas. Para estes efectos sumaranse as horas de todas as actividades e non se puntuará o resto do número de horas inferiores a 10. Cando as actividades estean expresadas en créditos entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.

Copia compulsada do certificado destas expedido pola entidade organizadora en que conste de modo expreso o número de horas de duración da actividade. No caso das organizadas polas institucións sen ánimo de lucro, deberá ademais acreditar fidedignamente o recoñecemento ou homologación das devanditas actividades a Administración educativa correspondente ou certificado de inscrición no rexistro de formación da Administración educativa.

3.3. Pola impartición das actividades de formación e perfeccionamento indicadas na subepígrafe 3.2.

Puntuarase con 0,1 puntos por cada 5 horas. Con esta finalidade sumaranse as horas de todas as actividades e non se puntuará o resto de horas inferiores a 5. Cando as actividades veñan expresadas en créditos entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.

Copia compulsada do certificado destas expedido pola entidade organizadora en que conste de modo expreso o número de horas de duración da actividade. No caso das organizadas polas institucións sen ánimo de lucro, deberá ademais acreditar fidedignamente o recoñecemento ou homologación das devanditas actividades a Administración educativa correspondente ou certificado de inscrición no rexistro de formación da Administración educativa.

Disposicións complementarias.

Primeira. Unicamente serán baremados aqueles méritos perfeccionados e xustificados ata a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Segunda. Para os efectos do punto 1 non se poderán acumular as puntuacións cando os servizos fosen prestados simultaneamente en máis dun centro docente.

Os servizos prestados no estranxeiro acreditaranse mediante certificados expedidos polos ministerios de Educación dos respectivos países ou autoridades públicas competentes, no cal deberán constar o tempo de prestación de servizos e o carácter de centro público ou privado, o nivel educativo e a materia impartida. Cando non se acredite o nivel educativo ou este non coincida co da convocatoria, entenderanse como servizos prestados en diferente nivel educativo. Os ditos certificados deberán presentarse traducidos ao castelán ou galego.

Terceira. Nas seguintes epígrafes, por cada mes súmanse as seguintes puntuacións: na epígrafe 1.1, 0,084 puntos; na epígrafe 1.2, 0,042 puntos; na epígrafe 1.3, 0,042 puntos; na epígrafe 1.4, 0,021 puntos.

Cuarta. A experiencia docente na universidade baremarase polo punto 1.4.

Quinta. A nota media da certificación académica persoal deberá estar calculada conforme o disposto no Real decreto 1125/2003, do 5 de setembro (BOE do 18 de setembro). No caso de que non se remita a certificación académica persoal e, na súa falta, se presente copia compulsada do título ou da certificación do aboamento dos dereitos de expedición, conforme o Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto (BOE do 6 de agosto), considerarase que o aspirante obtivo a nota media de aprobado.

Para os efectos de valoración do expediente académico do título alegado, os aspirantes que obteñan o título no estranxeiro presentarán certificación expedida pola Administración educativa do país en que obtivo o título que indique a nota media deducida das cualificacións obtidas en toda a carreira e exprese, ademais, a cualificación máxima e mínima que se poden obter, de acordo co sistema académico correspondente, para os efectos de determinar a súa equivalencia coas cualificacións españolas.

Non se valorará a nota media do expediente académico das titulacións declaradas equivalentes para os efectos de docencia.

Sexta. En ningún caso serán valorados aqueles cursos que teñan como finalidade a obtención dun título académico.

Sétima. Non se valorará o curso de aptitude pedagóxica ou o máster que habilita para o exercicio das profesións de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanza de idiomas.

Oitava. De conformidade co artigo 6 da Orde do 11 de novembro de 1998, as equivalencias entre distintos cursos e probas de lingua galega terán a mesma consideración legal que os cursos presenciais de iniciación e perfeccionamento.

Novena. Nas certificacións dos cursos organizados polas universidades deberán figurar a sinatura do seu reitor ou vicerreitor competente. Non son válidas as certificacións asinadas polos departamentos ou polos seus relatores.

Décima. Os aspirantes non poderán ter máis de 10 puntos pola valoración dos seus méritos.

ANEXO II
Baremo para a valoración de méritos para o acceso aos corpos do subgrupo A1 desde corpos do subgrupo A1 e do subgrupo A2

Méritos

Puntos

Documentos xustificativos

I. Traballo desenvolvido: máximo 5.5 puntos.

1.1. Por cada ano como funcionario do corpo desde o que se aspira ao acceso que exceda os seis exixidos como requisito.

0,500

Folla de servizos certificada pola xefatura provincial.

* Por esta subepígrafe (1.1) non poderán obter máis de 4,000 puntos.

1.2. Desenvolvemento de funcións específicas:

a) Por cada ano de exercicio na función inspectora

0,300

Copia compulsada do nomeamento, con expresión da duración real do cargo.

b) Por cada ano de exercicio como director dun centro público.

0,300

Copia compulsada do nomeamento, con expresión da duración real do cargo.

c) Por cada ano de exercicio como vicedirector, xefe de estudos, secretario, administrador ou profesor delegado nas seccións de formación profesional e outros cargos directivos.

0,200

Copia compulsada do nomeamento, con expresión da duración real do cargo.

d) Por cada ano de servizos como cargo directivo na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Ministerio de Educación ou departamentos de Educación das restantes comunidades autónomas, con competencias en materia educativa, con categoría de xefe de servizo ou nivel equivalente ou superior.

0,300

Copia compulsada do nomeamento, con expresión da duración real do cargo.

e) Por cada ano de titor.

0,200

Certificación do director do centro.

f) Por cada ano como coordinador pedagóxico, coordinador de ciclo/departamento, xefe de departamento, xefe de división, xefe de departamento de normalización.

0,200

Certificación do director do centro co visto e prace da Inspección educativa.

* Por esta subepígrafe (1.2) non se poderán obter máis de 2,500 puntos.

II. Cursos de formación e perfeccionamento superados: máximo 3 puntos.

2.1. Por cada curso de formación e perfeccionamento cunha duración non inferior a 30 horas, recibido ou impartido, convocado por administracións públicas con plenas competencias educativas ou por universidades, ou actividades incluídas no plan de formación permanente organizados por entidades colaboradoras coas administracións educativas ou actividades recoñecidas pola Administración educativa correspondente.

0,300 ata 1,500 puntos

Copia compulsada do certificado de asistencia. De non figurar o número de horas, deberá xuntarse certificado da autoridade convocante en que se faga constar a duración en horas.

2.2. Por cada curso de formación e perfeccionamento cunha duración non inferior a 100 horas, recibidos ou impartidos, convocados por administracións públicas con plenas competencias educativas ou por universidades, ou actividades incluídas no plan de formación permanente organizados por entidades colaboradoras coas administracións educativas ou actividades recoñecidas pola Administración educativa correspondente.

0,600 ata 1,500 puntos

Copia compulsada do certificado de asistencia. De non figurar o número de horas, deberá xuntarse certificado da autoridade convocante en que se faga constar a duración en horas.

III. Outros méritos: 3 puntos.

3.1. Méritos académicos:

Ata 1,500

a) Polo grao de doutor na titulación requirida para o ingreso no corpo.

0,750

Certificación académica ou copia compulsada do título de doutor.

b) Por premio extraordinario ou de honra na titulación alegada para o ingreso no corpo.

0,500

Certificación académica ou copia compulsada do título alegado en que conste tal cualificación.

c) Por premio extraordinario de doutoramento.

0,500

Certificación académica ou copia compulsada do título alegado en que conste tal cualificación.

d) Por título de licenciado ou de grao distinto do alegado para o ingreso no corpo, así como polo certificado-diploma de estudos avanzados (Real decreto 778/1998, do 30 de abril), o título oficial de máster (Real decreto 56/2005, do 21 de xaneiro, suficiencia investigadora e calquera outro título equivalente, e lectura da tese de licenciatura.

0,500

Certificación académica ou copia compulsada do título correspondente.

e) Por outro título de grao medio.

0,300

Certificación académica ou copia compulsada do título correspondente.

f) Titulacións de ensinanzas de réxime especial e da formación profesional específica:

Certificación académica ou copia cotexada do título alegado para o ingreso no corpo, así como de cantos presente como mérito ou, se é o caso, certificación do aboamento dos dereitos de expedición conforme o Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto (BOE do 6 de agosto).

f.1) Por cada título profesional de Música ou Danza:

0,500

f.2) Por cada certificado de nivel avanzado ou equivalente de escolas oficiais de idiomas:

0,500

f.3) Por cada título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño.

0,200

f.4) Por cada título de técnico superior de Formación Profesional.

0,200

f.5) Por cada título de técnico deportivo superior:

0,200

Non se valorarán as da formación profesional específica, no caso de ser as alegadas como requisito para o ingreso na función pública docente ou, se é o caso, se fosen necesarias para a obtención do título alegado.

3.2. Publicacións e méritos artísticos:

Ata 1,500

a) Por publicacións de carácter didáctico sobre a disciplina obxecto do concurso ou directamente relacionadas coa organización escolar:

Ata 0,500

No referente a materiais publicados en soportes especiais, como vídeos, CD-Rom, etc. Será necesario presentar a documentación impresa que poidan xuntar estas publicacións (portadas, folletos explicativos dos obxectivos e contidos, impresións, etc.). No caso das publicacións que só se dan en formato electrónico, presentarase un informe oficial no cal o organismo emisor certificará que a publicación aparece na base de datos bibliográfica. Neste documento indicarase a base de datos, o título da publicación, os autores, a revista, o volume, o ano e a páxina inicial e final.

Os exemplares correspondentes.

– Por autor.

0,150

– Por coautor ou grupo de autores.

0,050

– Por artigo ou revista.

0,020

b) Por publicacións de carácter científico sobre a disciplina obxecto do concurso

Ata 0,500

No referente a materiais publicados en soportes especiais como vídeos, CD-Rom, etc. Será necesario presentar a documentación impresa que poidan xuntar a estas publicacións (portadas, folletos explicativos dos obxectivos e contidos, impresións, etc.).

No caso das publicacións que só se dan en formato electrónico, presentarase un informe oficial no cal o organismo emisor certificará que a publicación aparece na base de datos bibliográfica. Neste documento indicarase a base de datos, o título da publicación, os autores, a revista, o volume, o ano e a páxina inicial e final. Os exemplares correspondentes.

– Por autor.

0,150

– Por coautor ou grupo de autores.

0,050

Documentos xustificativos destes.

– Por artigo ou revista.

0, 020

Disposicións complementarias.

Primeira. Unicamente serán baremados aqueles méritos perfeccionados ata a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Segunda. Para os efectos do punto 1.2 non se poderán acumular as puntuacións cando os servizos fosen prestados simultaneamente en máis dun centro docente.

Os servizos prestados no estranxeiro acreditaranse mediante certificados expedidos polos ministerios de Educación dos respectivos países ou autoridades públicas competentes, no cal deberán constar o tempo de prestación de servizos e o carácter de centro público ou privado, o nivel educativo e a materia impartida. Cando non se acredite o nivel educativo ou este non coincida co da convocatoria, entenderanse como servizos prestados en diferente nivel educativo. Os ditos certificados deberán presentarse traducidos ao castelán ou galego.

Terceira. Nas seguintes epígrafes, por cada mes súmanse as seguintes puntuacións: na epígrafe 1.1, 0,0417 puntos; na epígrafe 1.2, alíneas a), b) e d), 0,025 puntos; na epígrafe 1.2, alíneas c), e) e f), 00167 puntos.

Cuarta. En ningún caso serán valorados aqueles cursos que teñan como finalidade a obtención dun título académico.

Quinta. Non se valorará o curso de aptitude pedagóxica ou o máster universitario que habilita para o exercicio das profesións de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanzas de idiomas.

Sexta. De conformidade co artigo 6 da Orde do 11 de novembro de 1998, as equivalencias entre distintos cursos e probas de lingua galega terán a mesma consideración legal que os cursos presenciais de iniciación e perfeccionamento.

Sétima. Os aspirantes non poderán ter máis de 10 puntos pola valoración dos seus méritos.

ANEXO III

Lingua galega.

Tema 1. Formación da lingua galega. Niveis de lingua e tratamento escolar.

Tema 2. A realidade actual da lingua: estatus legal e escolar. A normalización lingüística no ensino.

Tema 3. Particularidades fonéticas, morfosintácticas e léxicas do galego en relación coas linguas limítrofes. Tratamento escolar das interferencias.

Tema 4. Vocalismo e consonantismo.

Tema 5. O texto. Temas e subtemas. Esquema oracional. Oración simple e composta. Coordinación e subordinación.

Tema 6. O substantivo e o adxectivo. Oracións subordinadas substantivas. Oracións subordinadas adxectivas.

Tema 7. Pronomes persoais. Formas, funcións e colocación con respecto ao verbo.

Tema 8. Artigos, posesivos, demostrativos, numerais, indefinidos e interrogativos.

Tema 9. O verbo. Verbos irregulares. A perífrase.

Tema 10. Adverbios, preposicións, conxuncións e interxeccións. As oracións subordinadas adverbiais.

ANEXO IV

O exercicio práctico a que fai referencia a base 12.3.1 da presente orde de convocatoria versará sobre un ou varios dos aspectos seguintes:

• Lingua Castelá e Literatura.

Consistirá na realización de todos ou dalgún dos seguintes exercicios:

1. Un comentario filolóxico dun texto anterior ao século XVIII.

2. Un comentario literario dun texto dun autor do Século de Ouro.

3. Un comentario lingüístico dun texto dun autor dos séculos XIX ou XX.

O tempo para a realización do exercicio será o que estableza o tribunal, sen que poida exceder tres horas.

• Xeografía e Historia.

Consistirá na realización de todos ou dalgún dos seguintes exercicios:

1. Confección e interpretación de mapas históricos e xeográficos.

2. Comentario de textos históricos.

3. Elaboración e comentario de gráficos e diagramas.

4. Comentario de obras de arte.

O tempo para a realización do exercicio será o que estableza o tribunal, sen que poida exceder tres horas.

• Matemáticas.

Consistirá na resolución de:

– Cuestións e/ou problemas propostos polo tribunal relacionados co temario ou currículo que se vai impartir nas etapas de ensino secundario obrigatorio e bacharelato.

O tempo para a realización do exercicio será o que estableza o tribunal, sen que poida exceder tres horas.

• Física e Química.

Consistirá na resolución de:

– Cuestións e/ou problemas propostos polo tribunal relacionados co temario ou currículo que se vai impartir nas etapas de ensino secundario obrigatorio e bacharelato.

O tempo para a realización do exercicio será o que estableza o tribunal, sen que poida exceder tres horas.

• Bioloxía e Xeoloxía.

Consistirá na realización de todos ou dalgún dos seguintes exercicios:

1. Identificación (macroscópica ou microscópica), interpretación e análise de representacións de individuos ou procesos naturais, biolóxicos ou xeolóxicos.

2. Resolución de problemas ou cuestións de xenética, bioquímica e ecoloxía.

3. Interpretación de mapas e cortes xeolóxicos.

4. Exposición de elementos (aspectos materiais, temporais, desenvolvemento, seguridade) que configuran a realización dunha práctica de laboratorio.

• Inglés.

Consistirá na realización de:

1. Exercicio consistente en respostas a preguntas formuladas sobre o uso funcional da lingua e a cuestións acordes cos procedementos da área sobre aspectos lingüísticos, literarios ou socioculturais, a partir dun texto en prosa en lingua inglesa (novela, ensaio ou artigo periodístico).

2. Exercicio de redacción sobre un tema de actualidade.

O tempo para a realización do exercicio será o que estableza o tribunal, sen que poida exceder tres horas.

• Educación Física.

Consistirá na resolución por escrito dun ou varios supostos prácticos elaborados polo tribunal, que versarán sobre os temas do temario e/ou dos bloques de contidos da educación física na educación secundaria obrigatoria e no bacharelato.

O tempo para a realización do exercicio será o que estableza o tribunal, sen que poida exceder tres horas.

• Lingua Galega e Literatura.

Consistirá na realización de:

1. Comentario filolóxico dun texto da Idade Media.

2. Comentario lingüístico dun texto dos séculos XIX, XX e XXI.

3. Comentario literario dun texto dos séculos XIX, XX e XXI.

• Análise e Química Industrial.

O tribunal elixirá dúas probas prácticas de entre as seguintes:

1. Representación esquemática e análise dun proceso de fabricación.

2. Actividades de organización e xestión da calidade nas industrias da familia química e no laboratorio de análise e control.

3. Procesos de fabricación dos produtos farmacéuticos, biotecnolóxicos e de plásticos e cauchos.

4. Actividades de control de emisións á atmosfera e o tratamento de augas residuais.

5. Organización/realización de análises por métodos químicos e instrumentais.

6. Organización/realización de ensaios e determinacións microbiolóxicas e biotecnolóxicas.

7. Determinación e realización de análises e ensaios de control de calidade de diferentes produtos e materiais.

8. Elaboración dun preparado ou forma farmacéutica.

• Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

O tribunal propón dúas opcións de proba práctica das cales o aspirante elixe unha:

Cada unha das opcións da proba consiste na formulación e/ou análises de actividades de ensinanza-aprendizaxe, e na realización de probas prácticas ou simulacións e/ou resolución de exercicios e supostos, en calquera caso relacionados cun dos ámbitos seguintes:

1. Identificación e descrición: dos compoñentes dun cosmético e a súa función, a forma cosmética esperada segundo a formulación dada, o tipo de cosmético e/ou a función pola cal foi deseñado.

2. Resolución dun ou máis supostos prácticos, onde ante unha serie de manifestacións ou características dadas hai que determinar: o diagnóstico, a etioloxía, os protocolos de aplicación (incluíndo cosmetoloxía e aparellos que se van utilizar), a determinación de parámetros de calidade, a previsión ante determinadas desviacións e a duración prevista.

3. Identificación e interpretación de imaxes onde se mostran ítems relacionados co temario da especialidade.

4. Resolución de exercicios relacionados cos aparellos utilizados na especialidade, incluíndo a identificación do principio de funcionamento, utilización, contraindicacións, mantemento e control de calidade.

5. Descrición de técnicas e procesos relacionados coa especialidade.

6. Resolución de cuestións referentes á organización e ao desenvolvemento de acontecementos e/ou espectáculos, así como dos soportes audiovisuais necesarios para facer unha gravación gráfica.

7. Elaboración de estratexias e recursos relacionados coa atención ao cliente, promoción e venda aplicables a unha empresa da familia de imaxe persoal.

8. Elaboración dun protocolo de asesoramento de imaxe global dun cliente, persoal ou corporativa, a partir da análise inicial das súas características.

• Hostalaría e Turismo.

Realización de dous exercicios, de entre cinco propostos, sobre algunhas das seguintes cuestións:

1. Determinar os custos de produción dun produto ou servizo de hostalaría e turismo.

2. Trazar o plan de márketing dun produto ou servizo de hostalaría e turismo.

3. Realizar orzamentos e analizar as desviacións producidas.

4. Definir e organizar os recursos humanos necesarios para un departamento de calquera empresa e/ou servizo do sector de hostalaría e turismo.

5. Confeccionar dietas nutricionais para as diferentes etapas da vida.

6. Determinar o resultado de explotación dunha empresa, indicando consumos e custos de vendas.

7. A partir dunha realidade definida, organizar un congreso, feira, exposición ou evento.

8. Realizar un suposto práctico sobre a creación dun paquete turístico.

9. Realizar análise financeira e da rendibilidade do patrimonio empresarial.

10. A partir dunha oferta gastronómica dada, realizar unha análise desta aplicando prezo de custo e venda, con base nos resultados que deben obterse.

11. Levar a cabo a administración e xestión dunha empresa de aloxamento, restauración, intermediación turística e animación turística nun suposto dado.

12. Determinar os resultados da explotación das diferentes empresas do sector da hostalaría e turismo.

13. Propoñer un plan de sinalización para unha cidade, museo, ruta temática, espazo natural protexido, etc.

14. Realizar un inventario de recursos turísticos dunha zona preestablecida utilizando unha clasificación predeterminada.

15. Crear ou redefinir un produto turístico a partir dun suposto práctico.

• Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica.

Realización dun exercicio, para elixir entre dous propostos, que conterá simulacións e/ou resolución de exercicios e supostos relacionados con algúns dos ámbitos seguintes:

1. Procesos de fabricación, montaxe e reparación de elementos de fabricación mecánica.

2. Procesos de mantemento de primeiro nivel de maquinaria e equipamentos.

3. Procesos de xestión e control de calidade do proceso de fabricación e do produto acabado.

4. Procesos de tratamentos térmicos e superficiais en produtos de fabricación mecánica.

5. Elaboración da documentación técnica e parámetros de fabricación dun produto de fabricación mecánica.

6. Desenvolver o proxecto dun produto de fabricación mecánica.

7. Programación de máquinas de CNC, automatismos eléctricos, pneumáticos e hidráulicos, e de procesos de produción de elementos de fabricación mecánica.

8. Seguridade nas industrias de fabricación mecánica.

• Cociña e Pastelaría.

A proba práctica consistirá na realización de elaboracións culinarias e/ou de pastelaría-panadaría, en que estean implicadas diversas técnicas relacionadas cos procedementos indicados nos currículos dos ciclos formativos de técnico en cociña e técnico en pastelaría e panadaría. Poderá consistir tamén na realización de elaboracións e procedementos que se desprendan do temario de oposición e/ou currículo que pode impartir o profesorado desta especialidade.

• Equipos Electrónicos.

O exercicio práctico proporase sobre algún dos seguintes puntos:

1. Cálculo e deseño de instalacións de infraestruturas comúns de telecomunicacións, segundo a normativa e regulamentación vixente, a partir de propostas de datos dun proxecto.

2. Configuración de sistemas de produción e emisión de sinais de televisión e de radio, recepción de sinais de televisión e de radio, telefonía e datos, así como diagnóstico e localización de avarías nos ditos sistemas.

3. Configuración de sistemas de produción e emisión de sinais de televisión e de radio, recepción de sinais de televisión e de radio, telefonía e datos, así como diagnóstico e localización de avarías nos ditos sistemas.

4. Configuración e mantemento de sistemas de redes sen fíos locais e de área extensa.

5. Deseño, configuración e mantemento de infraestruturas de telefonía integral, datos e servizos de comunicacións en instalacións do sector secundario e terciario.

• Laboratorio.

O tribunal elixirá a realización dunha ou máis probas entre as seguintes:

1. Resolución de problemas, exercicios ou supostos prácticos en relación coa parte A do temario.

2. Preparación, análise e avaliación do resultado dunha mostra concreta.

3. Identificación e manexo do material, equipamentos e aparellos do laboratorio.

4. Aplicación práctica da informática ao almacenamento e procesamento de datos no laboratorio.

5. Aplicación práctica de técnicas microbiolóxicas.

• Mantemento de Vehículos.

O tribunal elixirá a realización de dúas prácticas entre as seguintes:

1. Selección e interpretación de documentación técnica relacionada coa constitución e funcionamento dos produtos, elementos, conxuntos ou sistemas implicados.

2. Medida e comprobación de parámetros e o seu contraste cos valores determinados polo fabricante, seleccionando os equipamentos e instrumentos máis adecuados.

3. Realización de operacións de desmontaxe e/ou montaxe e mantemento de elementos, sistemas ou conxuntos pertencentes ao vehículo.

4. Posta a punto e axuste de sistemas do vehículo.

5. Interpretación de anomalías de funcionamento e a desviación de parámetros formulada no funcionamento dos sistemas.

6. Detección e reparación de avarías ou desperfectos provocados no vehículo.

7. Realización de taxacións e elaboracións de orzamentos.

• Sistemas e Aplicacións Informáticas.

O tribunal elixirá dúas prácticas entre as seguintes:

1. Interpretación de información contida en documentación técnica relativa a equipamentos e as súas características. Configuración de compoñentes de hardware. Elección de compoñentes pola súa compatibilidade.

2. Manexo e interpretación de información contida na documentación de aplicacións e contornos de desenvolvemento.

3. Instalación, configuración, manexo de funcións e xestión de recursos nun sistema operativo monousuario.

4. Instalación, configuración, administración e explotación dun sistema operativo multiusuario.

5. Instalación, configuración, administración e explotación dun sistema de rede de área local.

6. Desenvolvemento, mantemento e verificación de programas de linguaxe con programación estruturada. Xestión de estruturas de datos internas. Ficheiros. Bases de datos relacionadas.

7. Deseño e realización de interfaces gráficas de usuario. Ferramentas multimedia. Desenvolvemento, mantemento e verificación de programas nunha linguaxe de programación orientada a contornos gráficos. Ficheiros. Bases de datos relacionadas.

O tribunal dará a coñecer oportunamente aos opositores os medios técnicos e a documentación necesarios para o desenvolvemento das prácticas que compoñen a proba.

• Nas especialidades do corpo de mestres:

O exercicio práctico a que fai referencia a base 13.3.1 da presente orde de convocatoria versará, nas especialidades do corpo de mestres, sobre un ou varios dos aspectos seguintes:

• Educación Infantil.

1. Etapas máis significativas no desenvolvemento do neno de 0 a 6 anos.

2. Correntes pedagóxicas e psicolóxicas e influencia na educación infantil.

3. Conceptos básicos que debe dominar o neno, previos á lecto-escritura.

4. Metodoloxía sobre a prelectura e a preescritura.

5. Resolución ou fundamentación teórica dun caso práctico proposto polo tribunal.

• Lingua Estranxeira: Inglés.

Versará sobre a lectura comprensiva dun texto neste idioma con preguntas e respostas por escrito referidas ao texto.

• Lingua Estranxeira: Francés.

Versará sobre a lectura comprensiva dun texto neste idioma con preguntas e respostas por escrito referidas ao texto.

• Educación Física.

Resolución dun ou varios supostos prácticos elaborados polo tribunal. Estes supostos versarán sobre o temario e/ou sobre os bloques dos contidos de educación física na educación primaria.

• Música.

Constará de dúas partes:

a) Escrita, que deberá incluír:

1. Composición dunha peza vocal e instrumental para utilizar na aula, sobre un texto dado polo tribunal.

2. Composición libre dunha peza musical, xustificando a súa adaptación ao estado madurativo dos alumnos.

3. Análise dun fragmento musical de tipo folclórico.

b) De interpretación:

4. Lectura dun fragmento musical seleccionado polo tribunal.

5. Interpretación, coa voz ou cun instrumento achegado polo opositor, dun fragmento musical sobre unha partitura seleccionada polo tribunal.

• Pedagoxía Terapéutica.

1. Organización da atención á diversidade nun centro ordinario que escolariza alumnado con necesidades educativas especiais.

2. Características fundamentais do proxecto educativo dun centro específico de educación especial.

3. Criterios básicos para a elaboración de adaptacións curriculares significativas e ampliación e desenvolvemento destas.

4. Criterios básicos para a elaboración de adaptacións curriculares significativas e ampliación e desenvolvemento destas.

5. Resolución ou fundamentación teórica dun caso práctico proposto polo tribunal.

• Audición e Linguaxe.

1. Organización da atención á diversidade nun centro ordinario que escolariza alumnado con necesidades educativas especiais.

2. Características fundamentais do proxecto educativo dun centro específico de educación especial.

3. Criterios básicos para a elaboración de adaptacións curriculares significativas e ampliación e desenvolvemento destas.

4. Competencias do profesorado de apoio (alumnado NEAE, aula, centro e familias).

5. Bases anatómicas, fisiolóxicas e neurolóxicas da linguaxe.

6. A estimulación precoz na adquisición e no desenvolvemento da linguaxe.

7. Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación.

8. Resolución ou fundamentación teórica dun caso práctico proposto polo tribunal.

• Educación Primaria.

1. Diferentes aspectos das programacións didácticas de educación primaria e a súa aplicación na aula.

2. Titoría, orientación e medidas de atención á diversidade.

3. Incorporación das TIC na programación didáctica da aula para fomentar o desenvolvemento da competencia dixital.

4. Proxecto lector do centro: actuacións para a biblioteca de centro, biblioteca de aula, propostas de animación á lectura, fomento da escritura.

• Nas especialidades do corpo de profesores de Música e Artes Escénicas.

O exercicio práctico a que fai referencia a base 16 da presente orde de convocatoria versará sobre un ou varios dos aspectos seguintes:

• Linguaxe Musical.

a) Composición dunha lección de linguaxe musical con acompañamento de piano, a partir dun tema proposto polo tribunal, que establecerá o curso para o cal debe ser escrita. Así mesmo, o aspirante deberá indicar os obxectivos, contidos, criterios de avaliación e propostas metodolóxicas do currículo a que estea referida a lección que compoña. Para a preparación do exercicio, o aspirante disporá dun máximo de cinco horas cun piano dispoñible, e un máximo de vinte minutos para a interpretación da lección; debe contestar a cantas preguntas formule o tribunal.

b) Realización de dous ditados musicais: un a unha voz e outro a dúas voces, de carácter contrapuntístico.

• Acordeón, clarinete, guitarra, frauta travesa, óboe, piano, viola e violín.

a) Interpretación, para un máximo de vinte minutos, dun programa de concerto libremente elixido polo aspirante, que inclúa, cando menos, tres obras representantes dos principais estilos de literatura do instrumento. Para estes efectos, aceptaranse movementos independentes das obras. Todas as obras deberán ser publicadas. É responsabilidade do aspirante achegar o acompañamento que precisa e presentará dúas copias das partituras correspondentes ao programa presentado. O tribunal valorará a dificultade técnica e a correcta interpretación do programa presentado.

b) Análise formal e didáctica dunha obra ou fragmento, referida á especialidade a que se opte e adecuada ao nivel das ensinanzas profesionais de música profesional, elixida polo tribunal. O aspirante deberá indicar todos os elementos que considere necesarios para traballar a dita obra co alumnado (dixitación, fraseo, dinámica, tipos de ataque, etc). Así mesmo, deberá indicar o curso en que podería incluírse a obra, explicitando os obxectivos, contidos, criterios de avaliación e propostas metodolóxicas do currículo en relación coa obra proposta. Para a preparación deste exercicio, o aspirante disporá dun máximo dunha hora, e para a exposición contará con quince minutos; debe contestar a cantas preguntas formule o tribunal.

• Historia da Música.

a) A partir dunha audición, dunha duración de dez minutos, proposta polo tribunal, elaboración por escrito dunha análise formal e contextual, indicando, cando menos, a época, o xénero e o estilo. O aspirante deberá indicar os obxectivos e contidos do currículo cos que ten relación, unha proposta metodolóxica para a súa presentación en clase e todos aqueles elementos que considere necesario ter en conta para traballar a dita audición. Para a realización deste exercicio, o aspirante disporá de dúas horas.

b) Comentario e análise dun texto, escollido polo aspirante, de entre tres propostos polo tribunal, sobre a estética musical dunha época, un compositor ou unha obra determinada. Para a realización deste exercicio, o aspirante disporá de dúas horas.

ANEXO V

Don/dona..., con enderezo en..., e con DNI..., declaro responsablemente, para os efectos de ser nomeado/a funcionario/a do corpo de ..., que non foi separado/a do servizo do corpo a que pretende ingresar en ningunha das administracións públicas e que non está inhabilitado/a para o exercicio de funcións públicas.

..., ... de... de 2017

Asdo.:

ANEXO VI

Código especialidade

Especialidade

Titulación concordante

004

Lingua Castelá e Literatura

Licenciatura en Filoloxía Románica.

Licenciatura en Filoloxía Hispánica.

Licenciatura en Filosofía e Letras, sección Filoloxía Hispánica ou Románica.

Títulos de grao correspondentes.

005

Xeografía e Historia

Licenciatura en Xeografía.

Licenciatura en Historia.

Licenciatura en Historia da Arte.

Licenciatura en Humanidades.

Licenciatura en Antropoloxía Social e Cultural.

Licenciatura en Filosofía e Letras, sección Xeografía e Historia.

Licenciatura en Historia e Ciencias da Música.

Títulos de grao correspondentes.

006

Matemáticas

Licenciatura en Matemáticas.

Licenciatura en Informática.

Licenciatura en Física.

Licenciatura en Ciencias e Técnicas Estatísticas.

Enxeñería superior.

Arquitectura superior.

Títulos de grao correspondentes.

007

Física e Química

Licenciatura en Física.

Licenciatura en Química.

Licenciatura en Bioquímica.

Licenciatura en Biotecnoloxía.

Enxeñeiro químico.

Enxeñeiro aeronáutico.

Enxeñeiro industrial.

Enxeñeiro de telecomunicación.

Enxeñeiro de camiños, canais e portos.

Enxeñeiro naval e oceánico.

Ou títulos de grao correspondentes.

008

Bioloxía e Xeoloxía

Licenciatura en Ciencias Biolóxicas.

Licenciatura en Ciencias Xeolóxicas.

Licenciatura en Bioloxía.

Licenciatura en Xeoloxía.

Licenciatura en Ciencias do Mar.

Licenciatura en Bioquímica.

Licenciatura en Biotecnoloxía.

Licenciatura de Ciencias Ambientais.

Licenciatura en Farmacia.

Enxeñería agrónoma.

Enxeñería de minas.

Enxeñería de montes.

Ou títulos de grao correspondentes.

011

Inglés

Licenciatura en Filoloxía Inglesa.

Licenciatura en Tradución e Interpretación, sempre que se cursase inglés como primeira lingua estranxeira.

Licenciatura en Lingüística, sempre que se cursase inglés como primeira lingua estranxeira.

Ou títulos de grao correspondentes.

017

Educación Física

Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.

Ou títulos de grao correspondentes.

018

Lingua Galega e Literatura

102

Análise e Química Industrial

103

Asesoría e Imaxe Persoal

106

Hostalaría e Turismo

Licenciatura en Ciencias e Tecnoloxía dos Alimentos.

Diplomatura en Turismo.

Diplomatura en Empresas e Actividades Turísticas.

Ou títulos de grao correspondentes.

112

Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica

ANEXO VII
Corpo de profesores de ensino secundario

Especialidades

Titulacións

Análise e Química Industrial

Enxeñeiro técnico industrial, especialidade en Química Industrial.

Enxeñeiro técnico forestal, especialidade en Industrias Forestais.

Hostalaría e Turismo

Diplomado en Turismo.

Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica

Enxeñeiro técnico industrial, en todas as súas especialidades.

Enxeñeiro técnico de Minas, en todas as súas especialidades.

Enxeñeiro técnico en Deseño Industrial.

Enxeñeiro técnico aeronáutico, especialidade en Aeronaves, especialidade en Equipos e Materiais Aeroespaciais.

Enxeñeiro técnico naval, en todas as súas especialidades.

Enxeñeiro técnico agrícola, especialidade en Explotacións Agropecuarias, especialidade en Industrias Agrarias e Alimentarias e especialidade en Mecanización e Construcións Rurais.

Enxeñeiro técnico de Obras Públicas, especialidade en Construcións Civís.

Diplomado en Máquinas Navais.

NOTA. As titulacións indicadas corresponden ao Catálogo de títulos universitarios oficiais e ás sucesivas incorporacións a este. Tamén son equivalentes para os efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas, segundo o Real decreto 1954/1994, do 30 de setembro (BOE do 17 de novembro).

ANEXO VIII

Especialidades

Titulacións

Cociña e Pastelaría

Técnico superior en Restauración.

Técnico superior en Dirección de Cociña.

Técnico superior en Dirección de Servizos en Restauración.

Técnico especialista en Hostalaría.

Mantemento de Vehículos

Técnico superior en Automoción.

Técnico especialista en Mecánica e Electricidade do Automóbil.

Técnico especialista en Automoción.

Técnico especialista en Mantemento de Máquinas e Equipos de Construción e Obras.