Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2017 Páx. 17693

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral de Igualdade, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 2 de xaneiro de 2017 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (Diario Oficial de Galicia número 9, do 13 de xaneiro).

En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 2 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG núm. 9, do 13 de xaneiro), que se indican no anexo, cun importe total de 407.735,05 euros, con cargo á aplicación 05.11.313D.481.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2017.

Esta convocatoria está financiada ao 80 % con fondos FSE do programa operativo de Galicia 2014-2020, obxectivo temático 9 «Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación», prioridade de investimento 9.3 «Loita contra toda forma de discriminación e fomento da igualdade de oportunidades», obxectivo específico 9.3.1 «Aumentar a integración sociolaboral das persoas pertencentes a colectivos máis vulnerables, a través de actuacións que fomenten a igualdade de xénero e a conciliación da vida persoal e laboral, evitando pola súa vez a discriminación múltiple».

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2017

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Expediente

NIF

Solicitante

Importe concedido

SI431A 2017/1

R1500053B

Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela

70.000,00 €

SI431A 2017/2

G79408852

Médicos do Mundo

69.860,00 €

SI431A 2017/3

R3200098F

Cáritas Diocesana de Ourense

15.792,49 €

SI431A 2017/4

G27021120

Aliad-Ultreia

35.000,84 €

SI431A 2017/5

G27728658

Asociación Faraxa pola Abolición da Prostitución

70.000,00 €

SI431A 2017/6

G14354483

ONG Ecos do Sur

43.783,00 €

SI431A 2017/7

G84913946

Fundación de Solidaridad Amaranta

45.457,68 €

SI431A 2017/8

Q2866001G

Cruz Vermella Española

18.540,90 €

SI431A 2017/10

R1500092J

Hermanas Oblatas del Santísimo Redentor de Ferrol

39.300,14 €

Total

407.735,05 €