Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2017 Páx. 17689

I. Disposicións xerais

Consellería de Política Social

ORDE do 3 de abril de 2017 pola que se modifica a Orde do 25 de novembro de 2015 pola que se regula o procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade, e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27.23, asígnalle á Comunidade Autónoma a competencia exclusiva en materia de asistencia social. Así mesmo, no artigo 33.2 establécese que lle corresponde o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación básica do Estado en materia de seguridade social.

Mediante o Real decreto 258/1985, do 23 de xaneiro, sobre traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia de funcións e servizos do Instituto Nacional de Servizos Sociais (Inserso) da Seguridade Social, traspásanse á Comunidade Autónoma de Galicia as citadas funcións e servizos.

O Real decreto 1971/1999, do 23 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade, establece a competencia das comunidades autónomas con funcións transferidas na materia para o recoñecemento do grao de discapacidade, así como para a determinación da necesidade de axuda de terceira persoa e da dificultade para utilizar transportes públicos colectivos, para os efectos das prestacións, servizos ou beneficios públicos establecidos, e publicouse no ámbito autonómico o 23 de xaneiro de 2001 a Orde do 29 de decembro de 2000 pola que se regula o procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade.

O 11 de decembro de 2015 publícase a Orde do 25 de novembro de 2015 pola que se regula o procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade, e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes. Esta norma ten por obxecto adaptarse aos últimos cambios normativos, garantir a máxima axilidade e eficacia nos procedementos de recoñecemento do grao de discapacidade, a coordinación efectiva das unidades dependentes da Xunta de Galicia, especialmente no referente á coordinación necesaria co procedemento para o recoñecemento do grao de dependencia, así como a implementación dos medios técnicos actuais de cara á implantación de escenarios de tramitación electrónica, co obxectivo de consolidar os dereitos das persoas con discapacidade.

Na data do 2 de agosto de 2016 publícase a Resolución do 22 de xullo pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 21 de xullo de 2016 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Política Social. Nesta prevense, entre outros, postos de reforzo nas seccións de cualificación e valoración da discapacidade de Ferrol e Santiago de Compostela, pertencentes á Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Coruña, co obxectivo de seguir avanzando en garantir a máxima axilidade e eficacia nos procedementos de recoñecemento do grao de discapacidade, así como posibilitar a maior proximidade das unidades administrativas á cidadanía. Neste sentido, cómpre modificar as áreas xeográficas de atención das seccións da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Coruña, que se prevén no segundo punto do anexo V da Orde do 25 de novembro de 2015, redistribuíndo os concellos de cada área na provincia da Coruña co obxectivo de referencialos á sección de cualificación e valoración da discapacidade máis próxima en atención á súa capacidade de xestión coa nova relación de postos de traballo.

En consecuencia, en uso das facultades que teño atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia; polo Real decreto 1971/1999, do 23 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade, e polo Decreto 176/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social,

RESOLVO:

Artigo único. Modificación da Orde do 25 de novembro de 2015 pola que se regula o procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade, e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes

No anexo V da Orde do 25 de novembro de 2015, a epígrafe das áreas xeográficas de atención das seccións de cualificación e valoración de discapacidade da provincia da Coruña queda redactada como segue:

«Unidades adminitrativas competentes para a tramitación das solicitudes segundo as áreas de influencia:

Áreas xeográficas de atención das seccións de cualificación e valoración de discapacidades.

Provincia da Coruña

Sección de cualificación e valoración de discapacidades: A Coruña.

Enderezo: Edificio Administrativo, ala sur de Monelos, praza Luís Seoane, s/n, 15008 A Coruña.

Área xeográfica de atención:

Concellos:

Abegondo

Cerceda

Laracha (A)

Pino (O)

Aranga

Cesuras

Malpica de Bergantiños

Ponteceso

Arteixo

Coirós

Mazaricos

Sada

Arzúa

Corcubión

Melide

Santa Comba

Bergondo

Coristanco

Mesía

Santiso

Boimorto

Coruña (A)

Muros

Sobrado

Cabana de Bergantiños

Culleredo

Muxía

Toques

Camariñas

Curtis

Negreira

Tordoia

Cambre

Dumbría

Oleiros

Touro

Carballo

Fisterra

Ordes

Trazo

Carnota

Frades

Oroso

Val do Dubra

Carral

Irixoa

Outes

Vilasantar

Cee

Laxe

Oza dos Ríos

Vimianzo

 

 

 

Zas

Oficina Integrada de Dependencia e Discapacidade: Ferrol.

Enderezo: Edificio Administrativo, praza Camilo José Cela, s/n, 3º andar, 15403 Ferrol.

Área xeográfica de atención:

Concellos:

Ares

Ferrol

Ortigueira

Betanzos

Mañón

Paderne

Cabanas

Miño

Pontedeume

Capela (A)

Moeche

Pontes de García Rodríguez (As)

Cariño

Monfero

San Sadurniño

Cedeira

Mugardos

Somozas (As)

Cerdido

Narón

Valdoviño

Fene

Neda

Vilarmaior

Oficina Integrada de Dependencia e Discapacidade: Santiago de Compostela.

Enderezo: praza de Europa, 10 A, 2º andar, Área Central, 15707 Santiago de Compostela.

Área xeográfica de atención:

Concellos:

Ames

Lousame

Ribeira

Baña (A)

Noia

Rois

Boiro

Padrón

Santiago de Compostela

Boqueixón

Pobra do Caramiñal (A)

Teo

Brión

Porto do Son

Vedra

Dodro

Rianxo

».

Disposición transitoria única. Procedementos iniciados

Os procedementos para o recoñecemento do grao de discapacidade iniciados con anterioridade á entrada en vigor desta orde, mantendo a súa validez os trámites xa realizados conforme a normativa anterior, terán como referencia a área xeográfica asignada inicialmente. Unha vez finalizado o procedemento, a través da oportuna resolución administrativa, serán asignados á nova área xeográfica que lles corresponda segundo o disposto nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Habilitación competencial

Autorízase a persoa titular da dirección xeral con competencias en materia de discapacidade da Consellería de Política Social para ditar as disposicións que sexan necesarias para o desenvolvemento e aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2017

José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social