Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2017 Páx. 17966

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1185/2016 IP).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 1185/2016 IP

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 806/2013 Xulgado do Social número 5 de Vigo

Recorrente: Alejandro Costas Boullosa

Avogada: Rosa María Tarrago Nesta

Recorridos: Reale Seguros Generales, S.A., Seguros Catalana Occidente, S.A. de Seguros y Reaseguros, Graniblok, S.A., Basilio Vives, S.A., Granirrosa, S.L., Generali España, S.A. de Seguros y Reaseguros

Avogados: María Isabel García de Dios García, María José Lago Lago, Beatriz Lago Gómez, Manuel Ángel García Álvarez, (…), Carlos Domingo Fontan Domínguez, Fidel Diez Udias

Procuradores: María Tamara Ucha Groba, Joaquín Gabriel Santos Conde, María Dolores Luisa Villar Pispieiro, (…), (…), José Antonio Castro Bugallo

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de Xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1185/2016 desta sección, seguido por instancia de Alejandro Costas Boullosa contra Reale Seguros Generales, S.A., Seguros Catalana Occidente, S.A. de Seguros y Reaseguros, Graniblok, S.A., Basilio Vives, S.A., Granirrosa, S.L., Generali España, S.A. de Seguros e Reaseguros, sobre outros dereitos de Seguridade Social, se ditou auto que resolve o recurso de reposición cuxa parte dispositiva di:

«Parte dispositiva.

A sala acorda desestimar o recurso de reposición interposto por Aseguradores Agrupados, S.A. contra o auto de data 13 de febreiro de 2017, observando o acordado nel.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución, contra a cal cabe recurso de queixa ante a Sala Cuarta do Tribunal Supremo no prazo de dez días contados desde a notificación deste, ao cal se xuntará copia, coa advertencia de que de non ter a condición de traballador ou beneficiario da Seguridade Social deberá acreditar, ao tempo de interpor o ingreso, o depósito de 30 € na conta de depósitos e consignacións desta sala aberta no Banesto co número 1552 0000 31 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Así, por este noso auto, pronúnciano e mándano e asínano co secretario da sala».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Granirrosa, S.L. e Jocacoba, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza