Ao estaren vacantes diversos postos de traballo desta universidade, esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e da delegación de competencias operada pola Resolución reitoral do 12 de xaneiro de 2016, en relación co artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, de acordo co que dispón o artigo 79 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, os artigos 90 e seguintes da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, o Decreto 93/1991, da Xunta de Galicia, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo), modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro (DOG do 18 de novembro), o Real decreto 364/1995, do 10 de marzo (BOE do 10 de abril), que aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, a Resolución do 8 de xaneiro de 2016, da Universidade da Coruña, pola que se fai pública a relación de postos de traballo do persoal funcionario de administración e servizos (DOG do 18 de xaneiro), e logo de consultar a Xunta de Persoal Funcionario de Administración e Servizos,
RESOLVE:
Publicar a convocatoria do concurso para cubrir os postos que se relacionan no anexo I desta resolución, así como os que resultaren vacantes no seu proceso de cobertura, conforme as seguintes bases:
Primeira. Requisitos e condicións de participación
Poderán participar neste concurso todos/as os/as funcionarios/as de carreira das escalas de administración e servizos da Universidade da Coruña, calquera que for a súa situación administrativa, agás os suspensos en firme, así como os que pertenzan aos distintos corpos ou escalas de calquera das administracións públicas que se acharen na data desta convocatoria prestando os seus servizos nesta universidade como funcionario/a de carreira, sempre que reuniren, na data en que remate o prazo de presentación das solicitudes de participación, as condicións e requisitos exixidos nesta convocatoria, así como o establecido no artigo 9.2 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo: «os funcionarios deberán permanecer en cada posto de traballo de destino definitivo un mínimo de dous anos para poder participar nos concursos de provisión, a non ser por supresión do posto».
Despois de transcorrer o período de presentación de instancias, as solicitudes formuladas serán vinculantes para a persoa peticionaria e os destinos adxudicados serán irrenunciables, agás que se obteña outro destino por medio de convocatoria pública antes de finalizar o prazo de toma de posesión.
Segunda. Postos de traballo
Os postos de traballo son os que se detallan no anexo I, e será necesario para poder optar a calquera deles pertencer ao grupo e ao corpo ou escala-subescala que se sinalan nese anexo, así como reunir os requisitos específicos que se sinalan nel e na vixente relación de postos de traballo de persoal funcionario de administración e servizos da Universidade da Coruña, coas excepcións feitas na base primeira.
Así mesmo, os funcionarios que o desexaren poderán solicitar os postos que, en resultas, poidan quedar vacantes durante o proceso de cobertura.
Terceira. Valoración de méritos
A valoración dos méritos das persoas aspirantes para a adxudicación dos postos de traballo que se solicitaren será como a seguir se indica.
1. Méritos xerais.
1.1. Grao persoal consolidado.
A valoración do grao persoal consolidado efectuarase segundo os seguintes criterios:
Grao consolidado |
Máximo: 15 |
30 |
15 |
29 |
14,5 |
28 |
14 |
27 |
13,5 |
26 |
13 |
25 |
12,5 |
24 |
12 |
23 |
11,5 |
22 |
11 |
21 |
10,5 |
20 |
10 |
19 |
9,5 |
18 |
9 |
17 |
8,5 |
16 |
8 |
15 |
7,5 |
14 |
7 |
13 |
6,5 |
12 |
6 |
1.2. Valoración do traballo desenvolvido.
A valoración do traballo desenvolvido na UDC efectuarase segundo os seguintes criterios:
Valorarase o traballo desenvolvido en postos actualmente catalogados como de funcionario que se ocupen con carácter definitivo ou en adscrición provisional, e pertencentes á mesma escala-subescala (administración xeral, bibliotecas, escala técnica).
No caso de ocupar unha praza en comisión de servizos este tempo valorarase como prestado no último posto que se ocupou con carácter definitivo ou con adscrición provisional.
Para a valoración do traballo desenvolvido na UDC, tomarase a puntuación fixada por ano para cada posto na táboa que a seguir se relaciona. Os períodos inferiores ao ano ratearanse por meses.
Escala de Administración xeral |
|
Letrado/a asesor/a |
2,45 |
Vicexerente |
2,375 |
Xefa/e de servizo |
2,3 |
Xefa/e de sección |
1,85 |
Administrador/a |
1,775 |
Secretaria/o do reitor, Consello Social |
1,325 |
Xefa/e de negociado |
1,175 |
Secretaria/o do secretario xeral, vicerreitor, xerente |
|
Secretaria/o de decanato/dirección |
0,875 |
Secretaria/o de instituto universitario |
0,8 |
Secretaria/o administrativa/o |
0,725 |
Posto base ORI |
0,650 |
Posto base |
0,5 |
Xefe de grupo |
0,5 |
Escala de bibliotecas |
|
Xefe/a de servizo |
2,3 |
Xefe/a de sección |
1,85 |
Director/a de biblioteca |
1,775 |
Bibliotecario/a técnico/a de arquivo |
1,175 |
Auxiliar técnico/a de biblioteca |
0,8 |
Escala técnica |
|
Técnico/a superior/medio-Xefe de servizo |
1,850 |
Técnico/a superior-Coordinador da Área de Informática |
|
Técnico/a superior-Coordinador da Área de Deportes |
|
Secretario técnico |
1,775 |
Técnico/a superior en asesoramento científico |
|
Técnico/a en fomento da innovación |
|
Técnico/a en relacións internacionais |
|
Técnico/a superior |
1,700 |
Técnico/a de grao medio informático |
1,325 |
Técnico/a de grao medio |
1,175 |
Técnico/a especialista en distribución de correos |
|
Técnico/a especialista |
0,875 |
Conserxe |
0,500 |
Especialista de laboratorio |
0,350 |
Condutor/a |
|
Mariñeiro/a especialista |
|
Especialista de correos |
|
Socorrista |
|
Especialista de oficios |
|
Telefonista |
0,275 |
Vixilante |
0,200 |
Auxiliar de servizos |
Neste punto consideraranse servizos prestados na UDC o traballo desenvolvido na Universidade de Santiago de Compostela con anterioridade á entrada en vigor do Decreto 3/1990, do 11 de xaneiro, de segregación de centros e servizos da Universidade de Santiago de Compostela con todos os seus medios materiais e humanos e da súa integración nas novas universidades da Coruña e Vigo (DOG do 24 de xaneiro).
O traballo desenvolvido noutras administracións valorarase segundo a puntuación que se corresponda cos postos que figuran na táboa, segundo o seu nivel de complemento de destino e específico, de acordo cos niveis de complemento de destino e específico acreditados na certificación de servizos prestados, ou a proporción que corresponda. A diferenza por cada nivel será de 0,075, tanto de complemento de destino como de específico. En caso de que non se poida certificar o nivel de complemento específico, asimilarase ao complemento de destino.
Asegurarase como mínimo que a puntuación será a que corresponda ao posto de nivel inferior en que se pode prestar servizos nesta universidade dentro de cada grupo funcionarial da RPT vixente.
Puntuación máxima desta epígrafe: 25 puntos.
1.3. Antigüidade.
Os servizos prestados na Administración pública, en que se inclúen os servizos previos recoñecidos que se prestasen con anterioridade á condición de funcionario de carreira, valoraranse por cada ano completo (ou fracción 1/12 por mes completo), ata un máximo de 20 puntos, do seguinte xeito:
– Servizos prestados noutras administracións: 0,534 puntos por ano completo de servizos.
– Servizos prestados no Sistema universitario de Galicia: 0,667 puntos por ano completo de servizo.
Neste punto consideraranse servizos prestados na UDC o tempo traballado en centros adscritos de natureza xurídico-pública con anterioridade á súa integración e de acordo coas normas da dita integración.
Ao abeiro do disposto no Real decreto 255/2006, polo que se modifica o Real decreto 364/1995, e o Real decreto 365/1995, engadirase á puntuación obtida por antigüidade (por riba dos 20 puntos) e só se terá en conta para postos de igual ou inferior nivel ao do posto que ocupa no momento do concurso con carácter definitivo ou en adscrición provisional, e que se poderá obter polos seguintes supostos:
a) 1,25 puntos no caso de que o destino previo do cónxuxe funcionario, obtido mediante convocatoria pública, se localice no municipio en que radique o posto ou os postos de traballo solicitados, sempre que se acceda desde un municipio distinto.
b) 1,25 puntos no caso de acreditar o coidado de fillos, tanto cando fosen por natureza como por adopción ou acollemento permanente ou preadoptivo, ata que o fillo cumpra doce anos, sempre que acredite fidedignamente a persoa interesada que o posto solicitado permite unha mellor atención do menor.
c) 1,25 puntos no caso de acreditar o coidado dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade sempre que, por razóns de idade, de accidente, de enfermidade ou de discapacidade non se poida valer por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída, sempre que se acceda desde un municipio distinto, e sempre que a persoa interesada acredite que o posto que se solicita permite unha mellor atención do familiar. A valoración deste suposto será incompatible coa concedida polo coidado de fillos.
1.4. Formación.
1.4.1. A valoración dos cursos farase de acordo cos seguintes criterios:
Nesta subepígrafe serán valorados os cursos, impartidos e/ou recibidos, de formación administrativa xeral, así como os cursos de formación e de perfeccionamento que versen sobre materias directamente relacionadas coas funcións propias dos postos de traballo. Non se avaliará a formación no DEA se se posúe a titulación de doutor.
– Cursos de aptitude: 0,075 puntos por hora.
– Cursos de asistencia: 0,05 puntos por hora.
– Actividades formativas nas cales non conste o número de horas: computarase unha hora por día da actividade.
Os cursos impartidos avaliaranse como un curso de aptitude polo número de horas dunha edición.
As estadías noutras universidades, convocadas para o PAS, de duración igual ou superior a 5 días, valoraranse como 20 horas de asistencia a unha acción formativa, entendéndose incluídas nesta epígrafe exclusivamente as convocadas para o persoal de administración e servizos.
A puntuación máxima será de 15 puntos.
A formación que tivese unha antigüidade de máis de 10 anos na data en que finalice o prazo de presentación de instancias non poderá superar un máximo de 10 puntos.
1.4.1.1. Valoraranse os cursos organizados pola UDC, os recibidos na EGAP, no INAP, servizos de prevención e mutuas ou noutros centros oficiais de calquera Administración pública, así como os homologados pola EGAP e os impartidos por organizacións sindicais e empresariais dentro dos programas de formación continua e outros organismos públicos. Igualmente, para os postos reservados ás escalas de arquivos, bibliotecas e museos, valoraranse os cursos específicos organizados por entidades profesionais, membros da Federación Española de Sociedades de Arquivística, Biblioteconomía, Documentación e Museística.
1.4.1.2. Os títulos propios, o DEA e a suficiencia investigadora valoraranse como os cursos recollidos no punto 1.4.1.1.
1.4.1.3. Non se valorarán cursos académicos completos nin por materias de forma illada.
1.4.1.4. Non serán obxecto de valoración os cursos preparatorios ou integrantes de procesos selectivos que foren organizados por calquera Administración.
1.4.2. Titulación académica.
Titulacións |
Máximo: 5 |
Doutor |
5 |
Mestrado oficial (2º e sucesivos: 10 % do primeiro) |
1º = 0,5 adicional |
Licenciado/grao |
4 |
Diplomatura |
3 |
Ciclo superior de FP |
2,5 |
Bacharelato |
2 |
Ciclo medio de FP |
|
Graduado escolar |
1 |
Segundas e sucesivas titulacións universitarias |
10 % do valor da 1ª equivalente no nivel de estudos |
As equivalencias de titulacións serán as establecidas polo Ministerio e a persoa interesada deberá citar a disposición e o BOE en que se establece.
Non se lles dará a consideración de segundas titulacións ás que constitúan unha especialidade por itinerario da titulación ou as titulacións adaptadas ao EEES (graos) ás cales se acceda a través dun curso ponte.
No suposto de posuír dúas titulacións, cando se accede ao segundo ciclo dunha titulación mediante a superación do primeiro ciclo doutra, só se terá en conta a de nivel superior.
1.4.3. Coñecemento da lingua galega.
Valoraranse os cursos segundo o recollido na Orde de 16 de xullo de 2007 (DOG do 30 de xullo), modificada pola Orde do 13 de xuño de 2011 (DOG do 24 de xuño), pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), así como as equivalencias que esta última orde dispón no artigo 5:
Galego |
Máximo: 5 |
Linguaxe administrativa, nivel superior, ou Celga 5 |
5 |
Linguaxe administrativa, nivel medio |
3,3 |
Celga 4 |
1,6 |
Celga 3 |
0,8 |
1.4.4. Coñecemento de idiomas.
O coñecemento de idiomas valorarase seguindo os niveis de competencias lingüísticas establecidas polo Consello de Europa no Marco común europeo de referencia das linguas (MECRL), segundo a táboa de equivalencias contida no anexo IV.
Para os efectos de valoración do nivel de competencias lingüísticas, teranse en conta tamén as previsións e equivalencias dos diferentes títulos obtidos nas escolas oficiais de idiomas regulados no Real decreto 1629/2006, do 29 de decembro, polo que se fixan os aspectos básicos do currículo das ensinanzas de idiomas de réxime especial reguladas pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, así como no Decreto 191/2007, da Comunidade Autónoma de Galicia, do 20 de setembro, polo que se establece a ordenación de ensinanzas de idiomas de réxime especial e os currículos dos niveis básico e intermedio, e o Decreto 239/2008, da Comunidade Autónoma de Galicia, do 25 de setembro, polo que se establece o currículo de nivel avanzado.
Nivel |
Máximo: 2,5 |
C2 |
2,25 |
C1 |
1,75 |
B2 |
1,25 |
B1 |
0,75 |
A2 |
0,25 |
A1 |
0,1 |
1.5. Grupo do corpo ou escala de pertenza.
Polo grupo a que pertence o funcionario e desde o que participa no concurso concederanse os seguintes puntos:
Subgrupo |
Máximo: 12,5 |
A1 |
12,5 |
A2 |
9,375 |
C1 |
6,25 |
C2 |
3,125 |
E (AP) |
1 |
2. Méritos específicos.
2.1. Esta fase está dirixida á comprobación e á valoración dos méritos específicos das persoas aspirantes a postos de xefaturas de servizos, ou postos equivalentes con nivel de complemento de destino igual ou superior ao 28. Efectuarase da seguinte forma:
Elaboración dun proxecto, exposición e defensa. Puntuación total: 20 puntos.
Os solicitantes deberán elaborar unha memoria en que se evidencie o coñecemento da área a que concursan, cunha análise das tarefas do posto e os requisitos, condicións e medios necesarios para desempeñalo, así como unha proposta organizativa do posto e área en que se encadra que conteña os obxectivos que se van desenvolver nos próximos dous anos, e coa descrición de polo menos dúas accións para cada obxectivo marcado.
Para os efectos do anterior, os solicitantes deberán presentar por escrito e defender oralmente este proxecto, nun acto público e ante a comisión para o posto a que se concurse.
Con ese fin presentarase o proxecto no prazo de solicitude da convocatoria do concurso, nun sobre branco, tamaño 36 cm×26 cm, pechado e sen ningún tipo de identificación, no cal apareza só o enderezo da Universidade da Coruña. Deberá ter unha extensión máxima de 20 páxinas, en tamaño A4 a espazo e medio e cun tipo de letra Times New Roman ou Arial de tamaño 12. Dentro deste sobre incluirase, ademais do proxecto, un segundo sobre pechado e tamén sen identificación, dentro do cal o aspirante indicará os seus datos persoais (nome, apelidos e fotocopia do documento nacional de identidade).
A valoración do proxecto farase en dúas fases:
Fase a) Lectura do proxecto por parte da comisión avaliadora. A valoración faise sen coñecer o nome dos aspirantes, e avaliarase cun máximo de 10 puntos, que resultará da media aritmética das puntuacións outorgadas por cada un dos membros da comisión. Esta puntuación farase pública antes da exposición.
Fase b) Exposición pública do proxecto. A valoración farase con base nos criterios que previamente estableza a comisión. O tempo máximo de intervención para a defensa e exposición por cada candidato será de 30 minutos. Con posterioridade terá que atender as preguntas, as aclaracións, os comentarios e as suxestións que puidesen formularlle os membros da comisión. A puntuación será de 10 puntos como máximo, que resultará da media aritmética das puntuacións outorgadas por cada un dos membros da comisión, unha vez escoitada a exposición e concluído o diálogo coa persoa aspirante. O aspirante deberá obter nesta segunda fase una puntuación mínima de 5 puntos para conservar a puntuación obtida na primeira fase. No caso de non se presentar ou non obter esta puntuación mínima, non se lle computará a puntuación obtida na fase a) precedente.
O acto será único para todos os aspirantes a un mesmo posto e será público. Os aspirantes serán convocados para a exposición e defensa pública pola Universidade da Coruña cunha antelación de, como mínimo, 3 días hábiles. Unha vez outorgada a puntuación do proxecto, a comisión levantará a acta correspondente, que será publicada no prazo máximo dos cinco días seguintes á data da exposición, e na cal deberán figurar os criterios de valoración aplicados pola comisión.
A avaliación dos méritos desta segunda fase efectuarase mediante a puntuación obtida coa media aritmética das outorgadas por cada un dos membros da comisión avaliadora, desbotarase para estes efectos a máxima e a mínima concedidas ou, de ser o caso, unha das que aparezan repetidas como tales. As puntuacións outorgadas, así como a avaliación final, deberanse reflectir na acta que se redactará para o efecto.
A valoración global dos méritos, xerais e específicos, suporá, como mínimo, o cincuenta e cinco por cento da puntuación máxima alcanzable, segundo se establece no punto 4 do artigo 91 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia.
Cuarta. Solicitudes
As solicitudes para tomar parte neste concurso e o modelo de currículo axustaranse ao modelo que se publica como anexo II e III desta resolución e deberán presentarse no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña, nos rexistros auxiliares do Campus de Elviña e do Campus de Esteiro en Ferrol, ou nas restantes formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
No suposto de que foren varios os postos que se solicitaren, a preferencia deles virá establecida pola orde en que aparezan consignados na solicitude.
No caso de que non coincida o número de posto coa denominación deste, prevalecerá o nome do posto.
Poderanse condicionar as peticións de dous funcionarios por razón de convivencia familiar ao feito de obteren ambos destino neste concurso e no mesmo municipio, de tal xeito que se un deles non obtivese destino quedará anulada tamén a solicitude do outro.
Quinta. Relación de persoas admitidas e excluídas
Despois de rematar o prazo de presentación de solicitudes, o Servizo de Persoal elaborará unha proposta, que será trasladada ao xerente, quen resolverá declarando a relación de persoas admitidas e excluídas, onde se indicará a causa de exclusión. Esta relación publicarase na sede electrónica e as persoas excluídas terán un prazo de dez días hábiles para reclamaren en contra da exclusión.
Sexta. Comisión de Valoración
Os méritos serán valorados por unha comisión. A composición desta comisión será publicada na sede electrónica da UDC.
A Comisión de Valoración terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2008, do 26 de xuño, polo que se modifica o Decreto 144/2001, do 7 de xuño, de indemnizacións por razóns de servizos ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.
Sétima. Acreditación de méritos
Os requisitos, os méritos e demais datos deberán ser acreditados polas persoas interesadas mediante a presentación dos documentos e dos títulos orixinais, ou de fotocopias compulsadas, e as certificacións das correspondentes unidades de persoal. As certificacións deberán estar referidas á data de remate do prazo de presentación de solicitudes.
Os servizos prestados na Administración pública serán acreditados de oficio polo Servizo de Persoal de Administración e Servizos da Universidade da Coruña. No caso de que estes non constaren no expediente da persoa interesada, deberán ser acreditados mediante unha certificación expedida pola xefatura de persoal da administración onde se prestasen.
A Comisión de Valoración non terá en conta os méritos que a persoa interesada non acredite documentalmente.
Non obstante, a Comisión de Valoración poderá, se o considerar oportuno, requirir das persoas concursantes que presenten os documentos adicionais, as aclaracións e as probas que consideraren precisas.
Oitava. Resolución do concurso e toma de posesión
A orde de prioridade para a adxudicación dos postos virá dada pola puntuación total que se obteña. No caso de empate na puntuación acudirase para dirimilo á orde de valoración de méritos establecida no artigo 10.1 do Decreto da Xunta de Galicia 93/1991, do 20 de marzo, que aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.
Despois de remataren os traballos de valoración de méritos, a Comisión de Valoración publicará na sede electrónica da UDC as puntuacións que obteñan as persoas aspirantes por cada concepto, así como a proposta provisional de adxudicación dos postos, contra a cal as persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de dez días hábiles, que contarán a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Despois de transcorrer este prazo, a comisión remitiralle ao xerente a proposta definitiva de adxudicación de postos a favor das persoas solicitantes que obtiveren a maior puntuación, e especificará, se for o caso, os postos que quedasen desertos.
O prazo para tomar posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia do funcionario, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.
Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.
O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá efectuarse na data que se determine xustificadamente mediante resolución do órgano convocante publicada no Diario Oficial de Galicia. Se implica o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita data.
Esta convocatoria e as súas bases vinculan a Administración e os que participen nela.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpor un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
A Coruña, 3 de abril de 2017
O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 12.1.2016)
Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña
ANEXO I
Relación de postos ofertados de persoal funcionario
NP 2015 |
Posto |
Área |
Unidade |
Centro directivo |
C. de destino |
N. c. específico |
C. específico |
Tipo |
Provisión |
Subgrupo |
Escalas especiais |
Subescalas |
Quenda |
Campus |
Formación específica |
Observacións |
36 |
Especialista de correos |
Servizo de Distribución e Transporte |
Secretaría Xeral |
16 |
16 |
451,34 |
N |
C |
C1/C2 |
Escala técnica de especialistas/Escala técnica auxiliar |
Correos |
M |
C |
|||
44 |
Posto base |
Vicexerencia Campus da Coruña |
Xerencia |
16 |
17 |
455,06 |
N |
C |
C1/C2 |
M |
C |
|||||
745 |
Xefatura de negociado de análise de custos |
Vicexerencia Campus da Coruña |
Xerencia |
21 |
21 |
566,32 |
S |
C |
A2/C1 |
M |
C |
|||||
48 |
Posto base |
Unidade Administrativa de Ferrol |
Vicexerencia Campus de Ferrol |
Xerencia |
16 |
17 |
455,06 |
N |
C |
C1/C2 |
M |
F |
||||
49 |
Posto base |
Unidade Administrativa de Ferrol |
Vicexerencia Campus de Ferrol |
Xerencia |
16 |
17 |
455,06 |
N |
C |
C1/C2 |
M |
F |
||||
51 |
Posto base |
Unidade Administrativa de Ferrol |
Vicexerencia Campus de Ferrol |
Xerencia |
16 |
17 |
455,06 |
N |
C |
C1/C2 |
M |
F |
||||
53 |
Posto base |
Unidade Administrativa de Ferrol |
Vicexerencia Campus de Ferrol |
Xerencia |
16 |
17 |
455,06 |
N |
C |
C1/C2 |
M |
F |
||||
63 |
Xefatura de sección de contabilidade |
Servizo de Xestión Financeira |
Xerencia |
25 |
26 |
950,7 |
S |
C |
A1/A2/C1 |
M |
C |
|||||
66 |
Xefatura de negociado de tesouraría |
|
Servizo de Xestión Financeira |
Xerencia |
21 |
21 |
566,32 |
S |
C |
A2/C1 |
M |
C |
|
|||
68 |
Xefatura de negociado de orzamentos |
|
Servizo de Xestión Financeira |
Xerencia |
21 |
21 |
566,32 |
S |
C |
A2/C1 |
M |
C |
|
|||
73 |
Posto base |
Servizo de Xestión Financeira |
Xerencia |
16 |
17 |
455,06 |
N |
C |
C1/C2 |
M |
C |
|||||
79 |
Posto base |
Servizo de Intervención |
Xerencia |
16 |
17 |
455,06 |
N |
C |
C1/C2 |
M |
C |
|||||
86 |
Xefatura de negociado de retribucións cap. VI e Seguridade Social |
Servizo de Retribucións, Seguridade Social e Acción Social |
Xerencia |
21 |
21 |
566,32 |
S |
C |
A2/C1 |
M |
C |
|||||
96 |
Posto base |
Servizo de Persoal de Administración e Servizos |
Xerencia |
16 |
17 |
455,06 |
N |
C |
C1/C2 |
M |
C |
|||||
97 |
Xefatura de servizo |
Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica |
Xerencia |
28 |
29 |
1.335,09 |
S |
C |
A1/A2 |
M |
C |
|||||
109 |
Posto base |
Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica |
Xerencia |
16 |
17 |
455,06 |
N |
C |
C1/C2 |
M |
C |
|||||
115 |
Técnico prevenc. riscos labor.- Xefe do servizo |
Servizo de Prevención de Riscos Laborais |
Xerencia |
25 |
26 |
950,7 |
S |
C |
A1/A2 |
Escala técnica superior/Escala técnica de grao medio |
M |
C |
5 |
Especialidades de seguridade no traballo, hixiene industrial e ergonomía e psicosocioloxía aplicada |
||
132 |
Auxiliar de servizos |
Conserxaría da Reitoría A Maestranza |
Xerencia |
14 |
15 |
441,22 |
N |
C |
C2/E-AP |
Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos |
Auxiliar de servizos |
M |
C |
|||
137 |
Auxiliar de servizos |
Centro Universitario de Riazor |
Xerencia |
14 |
15 |
441,22 |
N |
C |
C2/E-AP |
Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos |
Auxiliar de servizos |
T |
C |
|||
142 |
Auxiliar de servizos |
Conserxaría Elviña 1: ESCI, Casa do Lagar |
Xerencia |
14 |
15 |
441,22 |
N |
C |
C2/E-AP |
Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos |
Auxiliar de servizos |
M |
C |
|||
149 |
Auxiliar de servizos |
Conserxaría Elviña 2: Xoana Capdevielle, Pavillón Deportes |
Xerencia |
14 |
15 |
441,22 |
N |
C |
C2/E-AP |
Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos |
Auxiliar de servizos |
T |
C |
|||
151 |
Auxiliar de servizos |
Conserxaría Elviña 2: Xoana Capdevielle, Pavillón Deportes |
Xerencia |
14 |
15 |
441,22 |
N |
C |
C2/E-AP |
Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos |
Auxiliar de servizos |
T |
C |
|||
153 |
Xefatura de servizo |
Servizo de Investigación |
Vicerreitoría de Investigación e Transferencia |
28 |
29 |
1.335,09 |
S |
C |
A1/A2 |
M |
C |
|||||
166 |
Secretario/a administrativo |
Servizo de Investigación |
Vicerreitoría de Investigación e Transferencia |
18 |
18 |
465,15 |
N |
C |
C1/C2 |
M |
C |
|||||
167 |
Posto base |
Servizo de Investigación |
Vicerreitoría de Investigación e Transferencia |
16 |
17 |
455,06 |
N |
C |
C1/C2 |
|
M |
C |
||||
173 |
Técnico en microscopia |
Servizos de Apoio á Investigación |
Vicerreitoría de Investigación e Transferencia |
24 |
25 |
849,55 |
N |
C |
A1/A2 |
Escala técnica superior/Escala técnica de grao medio |
Microscopia |
M |
C |
1, 10 |
||
747 |
Técnico en proxectos europeos |
Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación |
Vicerreitoría de Investigación e Transferencia |
24 |
25 |
849,55 |
N |
C |
A1/A2 |
Escala técnica superior/Escala técnica de grao medio |
I+D |
M |
C |
3 |
||
197 |
Técnico en equipos informáticos e electrónicos |
Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil |
Vicerreitoría de Investigación e Transferencia |
24 |
25A |
930,61 |
N |
C |
A1/A2 |
Escala técnica superior/Escala técnica de grao medio |
Equipos informáticos e electrónicos |
P |
C |
|||
201 |
Técnico de laboratorio |
Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil |
Vicerreitoría de Investigación e Transferencia |
19 |
19A |
566,43 |
N |
C |
A2/C1 |
Escala técnica de grao medio/Escala técnica de especialistas |
Mecánica |
P |
C |
|||
209 |
Bibliotecario/a |
Servizo de Biblioteca Universitaria |
Vicerreitoría de Investigación e Transferencia |
21 |
21 |
566,32 |
N |
C |
A1/A2 |
Facultativo/Axudante |
T |
C |
||||
219 |
Bibliotecario/a |
Servizo de Biblioteca Universitaria |
Vicerreitoría de Investigación e Transferencia |
21 |
21 |
566,32 |
N |
C |
A1/A2 |
Facultativo/Axudante |
M |
C |
||||
220 |
Bibliotecario/a |
Servizo de Biblioteca Universitaria |
Vicerreitoría de Investigación e Transferencia |
21 |
21 |
566,32 |
N |
C |
A1/A2 |
Facultativo/Axudante |
T |
C |
||||
260 |
Posto base |
Servizo de Organización Académica |
Vicerreitoría de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías |
16 |
17 |
455,06 |
N |
C |
C1/C2 |
M |
C |
|||||
330 |
Técnico en calidade |
Unidade Técnica de Calidade |
Vicerreitoría de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías |
24 |
25 |
849,55 |
N |
C |
A1/A2 |
Escala técnica superior/Escala técnica de grao medio |
Calidade |
M |
C |
|||
337 |
Delineante |
Servizo de Arquitectura, Urbanismo e Equipamentos |
Vicerreitoría de Planificación Económica e Infraestruturas |
19 |
19 |
485,37 |
N |
C |
A2/C1 |
Escala técnica de grao medio/Escala técnica de especialistas |
Delineante |
M |
C |
|||
341 |
Técnico mantementos |
Servizo de Arquitectura, Urbanismo e Equipamentos |
Vicerreitoría de Planificación Económica e Infraestruturas |
19 |
19 |
485,37 |
N |
C |
A2/C1 |
Escala técnica de grao medio/Escala técnica de especialistas |
Mantementos |
M |
C |
|||
345 |
Especialista de oficios |
Servizo de Arquitectura, Urbanismo e Equipamentos |
Vicerreitoría de Planificación Económica e Infraestruturas |
16 |
16 |
451,34 |
N |
C |
C1/C2 |
Escala técnica de especialistas/Escala técnica auxiliar |
Mantementos |
M |
C |
|
||
342 |
Especialista de oficios |
Servizo de Arquitectura, Urbanismo e Equipamentos |
Vicerreitoría de Planificación Económica e Infraestruturas |
16 |
16 |
451,34 |
N |
C |
C1/C2 |
Escala técnica de especialistas/Escala técnica auxiliar |
Mantementos |
M |
C |
|||
357 |
Xefatura de servizo |
Servizo de Estudantes |
Vicerreitoría de Estudantes, Deportes e Cultura |
28 |
29 |
1.335,09 |
S |
C |
A1/A2 |
M |
C |
|||||
358 |
Xefatura de sección de Acceso e Información |
Servizo de Estudantes |
Vicerreitoría de Estudantes, Deportes e Cultura |
25 |
26 |
950,7 |
S |
C |
A1/A2/C1 |
M |
C |
|||||
359 |
Xefatura de negociado Atenc. e Promoc. do Estudan. |
Servizo de Estudantes |
Vicerreitoría de Estudantes, Deportes e Cultura |
21 |
21 |
566,32 |
S |
C |
A2/C1 |
M |
C |
|||||
369 |
Posto base |
Servizo de Estudantes |
Vicerreitoría de Estudantes, Deportes e Cultura |
16 |
17 |
455,06 |
N |
C |
C1/C2 |
M |
C |
|||||
370 |
Posto base |
Servizo de Estudantes |
Vicerreitoría de Estudantes, Deportes e Cultura |
16 |
17 |
455,06 |
N |
C |
C1/C2 |
M |
C |
|||||
372 |
Auxiliar de servizos |
Servizo de Estudantes |
Vicerreitoría de Estudantes, Deportes e Cultura |
14 |
15 |
441,22 |
N |
C |
C2/E-AP |
Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos |
Auxiliar de servizos |
M |
C |
|||
378 |
Posto base |
Sección de Extensión Universitaria |
Vicerreitoría de Estudantes, Deportes e Cultura |
16 |
17 |
455,06 |
N |
C |
C1/C2 |
M |
C |
|||||
380 |
Técnico en actividades culturais |
Área de Cultura |
Vicerreitoría de Estudantes, Deportes e Cultura |
19 |
19 |
485,37 |
N |
C |
A2/C1 |
Escala técnica de grao medio/Escala técnica de especialistas |
Actividades culturais |
M |
C |
|
||
382 |
Técnico coordenador/a en deportes |
Área de Deportes |
Vicerreitoría de Estudantes, Deportes e Cultura |
25 |
26 |
950,7 |
S |
C |
A1/A2 |
Escala técnica superior/Escala técnica de grao medio |
Deportes |
M |
C |
|||
389 |
Posto base de relacións internacionais |
Oficina de Relacións Internacionais |
Vicerreitoría de Relacións Internacionais e Cooperación |
16 |
19 |
485,37 |
N |
C |
C1/C2 |
M |
C |
1 |
||||
390 |
Posto base de relacións internacionais |
Oficina de Relacións Internacionais |
Vicerreitoría de Relacións Internacionais e Cooperación |
16 |
19 |
485,37 |
N |
C |
C1/C2 |
M |
C |
1 |
||||
746 |
Posto base de relacións internacionais |
Oficina de Relacións Internacionais |
Vicerreitoría de Relacións Internacionais e Cooperación |
16 |
19 |
485,37 |
N |
C |
C1/C2 |
M |
C |
1 |
||||
59 |
Posto base de relacións internacionais |
Oficina de Relacións Internacionais |
Vicerreitoría de Relacións Internacionais e Cooperación |
16 |
19 |
485,37 |
N |
C |
C1/C2 |
M |
F |
1 |
||||
60 |
Técnico da OCV |
Oficina de Cooperación e Voluntariado |
Vicerreitoría de Relacións Internacionais e Cooperación |
19 |
19 |
485,37 |
N |
C |
A2/C1 |
Escala técnica de grao medio/Escala técnica de especialistas |
Cooperación e voluntariado |
M |
F |
|||
401 |
Posto base |
Unidade de Xestión Académica Integrada de Esteiro |
Administración |
Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social |
16 |
17 |
455,06 |
N |
C |
C1/C2 |
M |
F |
||||
404 |
Posto base |
Unidade de Xestión Académica Integrada de Esteiro |
Administración |
Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social |
16 |
17 |
455,06 |
N |
C |
C1/C2 |
M |
F |
||||
410 |
Conserxe |
Conserxaría |
Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social |
16 |
17 |
455,06 |
N |
C |
C1/C2 |
Escala técnica de especialistas/Escala técnica auxiliar |
Conserxe |
M |
F |
|||
415 |
Auxiliar de servizos |
Conserxaría |
Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social |
14 |
15 |
441,22 |
N |
C |
C2/E-AP |
Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos |
Auxiliar de servizos |
T |
F |
|||
416 |
Auxiliar de servizos |
Conserxaría |
Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social |
14 |
15 |
441,22 |
N |
C |
C2/E-AP |
Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos |
Auxiliar de servizos |
T |
F |
|||
438 |
Auxiliar de servizos |
Conserxaría |
ETS de Arquitectura |
14 |
15 |
441,22 |
N |
C |
C2/E-AP |
Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos |
Auxiliar de servizos |
M |
C |
|||
457 |
Conserxe |
Conserxaría |
ETS de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos |
16 |
17 |
455,06 |
N |
C |
C1/C2 |
Escala técnica de especialistas/Escala técnica auxiliar |
Conserxe |
M |
C |
|||
462 |
Secretario/a de dirección |
Dirección |
ETS de Náutica e Máquinas |
19 |
19 |
485,37 |
S |
C |
C1/C2 |
M |
C |
|||||
474 |
Auxiliar de servizos |
Conserxaría |
ETS de Náutica e Máquinas |
14 |
15 |
441,22 |
N |
C |
C2/E-AP |
Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos |
Auxiliar de servizos |
T |
C |
|||
475 |
Auxiliar de servizos |
Conserxaría |
ETS de Náutica e Máquinas |
14 |
15 |
441,22 |
N |
C |
C2/E-AP |
Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos |
Auxiliar de servizos |
T |
C |
|||
477 |
Administrador/a |
Administración |
EU de Arquitectura Técnica |
25 |
25 |
849,55 |
S |
C |
A1/A2/C1 |
M |
C |
|||||
481 |
Xefatura de negociado de asuntos económicos |
Administración |
EU de Arquitectura Técnica |
21 |
21 |
566,32 |
S |
C |
A2/C1 |
M |
C |
|||||
485 |
Auxiliar técnico de biblioteca |
Biblioteca |
EU de Arquitectura Técnica |
18 |
19 |
485,37 |
N |
C |
A2/C1 |
Axudante/Auxiliar |
T |
C |
||||
494 |
Auxiliar de servizos |
Conserxaría |
EU de Deseño Industrial |
14 |
15 |
441,22 |
N |
C |
C2/E-AP |
Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos |
Auxiliar de servizos |
T |
F |
|||
500 |
Posto base |
Administración |
EU Politécnica |
16 |
17 |
455,06 |
N |
C |
C1/C2 |
M |
F |
|||||
506 |
Auxiliar técnico de biblioteca |
Biblioteca |
EU Politécnica |
18 |
19 |
485,37 |
N |
C |
A2/C1 |
Axudante/Auxiliar |
T |
F |
||||
508 |
Auxiliar de servizos |
Conserxaría |
EU Politécnica |
14 |
15 |
441,22 |
N |
C |
C2/E-AP |
Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos |
Auxiliar de servizos |
M |
F |
|
||
513 |
Técnico de laboratorio |
Laboratorios |
EU Politécnica |
19 |
19 |
485,37 |
N |
C |
A2/C1 |
Escala técnica de grao medio/Escala técnica de especialistas |
Electricidade e electrónica |
M |
F |
|||
519 |
Posto base |
Administración |
Escola Politécnica Superior |
16 |
17 |
455,06 |
N |
C |
C1/C2 |
M |
F |
|||||
521 |
Posto base |
Administración |
Escola Politécnica Superior |
16 |
17 |
455,06 |
N |
C |
C1/C2 |
M |
F |
|||||
541 |
Administrador/a |
Administración |
Facultade de Ciencias |
25 |
25 |
849,55 |
S |
C |
A1/A2/C1 |
M |
C |
|||||
567 |
Administrador/a |
Administración |
Facultade de Ciencias da Educación |
25 |
25 |
849,55 |
S |
C |
A1/A2/C1 |
M |
C |
|||||
720 |
Xefatura de negociado |
Unidade de Apoio a Departamentos e Investigación |
Dirección |
Facultade de Ciencias da Saúde |
21 |
21 |
566,32 |
S |
C |
A2/C1 |
M |
C |
||||
591 |
Auxiliar técnico de biblioteca |
Biblioteca |
Facultade de Ciencias da Saúde |
18 |
19 |
485,37 |
N |
C |
A2/C1 |
Axudante/Auxiliar |
T |
C |
Biblioteca Intercentros de Ciencias da Saúde e Fisioterapia |
|||
594 |
Administrador/a |
Administración |
Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física |
25 |
25 |
849,55 |
S |
C |
A1/A2/C1 |
M |
C |
|||||
599 |
Director/a de biblioteca |
Biblioteca |
Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física |
25 |
25 |
849,55 |
S |
C |
A1/A2 |
Facultativo/Axudante |
M |
C |
||||
603 |
Conserxe |
Conserxaría |
Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física |
16 |
17 |
455,06 |
N |
C |
C1/C2 |
Escala técnica de especialistas/Escala técnica auxiliar |
Conserxe |
M |
C |
|||
604 |
Auxiliar de servizos |
Conserxaría |
Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física |
14 |
15 |
441,22 |
N |
C |
C2/E-AP |
Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos |
Auxiliar de servizos |
M |
C |
|||
605 |
Auxiliar de servizos |
Conserxaría |
Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física |
14 |
15 |
441,22 |
N |
C |
C2/E-AP |
Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos |
Auxiliar de servizos |
M |
C |
|||
607 |
Auxiliar de servizos |
Conserxaría |
Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física |
14 |
15 |
441,22 |
N |
C |
C2/E-AP |
Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos |
Auxiliar de servizos |
T |
C |
|||
608 |
Auxiliar de servizos |
Conserxaría |
Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física |
14 |
15 |
441,22 |
N |
C |
C2/E-AP |
Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos |
Auxiliar de servizos |
T |
C |
|||
619 |
Posto base |
Administración |
Facultade de Dereito |
16 |
17 |
455,06 |
N |
C |
C1/C2 |
M |
C |
|||||
623 |
Xefatura de negociado de asuntos económicos |
Administración |
Facultade de Dereito |
21 |
21 |
566,32 |
S |
C |
A2/C1 |
M |
C |
|||||
629 |
Auxiliar técnico de biblioteca |
Biblioteca |
Facultade de Dereito |
18 |
19 |
485,37 |
N |
C |
A2/C1 |
Axudante/Auxiliar |
T |
C |
||||
631 |
Auxiliar de servizos |
Conserxaría |
Facultade de Dereito |
14 |
15 |
441,22 |
N |
C |
C2/E-AP |
Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos |
Auxiliar de servizos |
M |
C |
|||
633 |
Auxiliar de servizos |
Conserxaría |
Facultade de Dereito |
14 |
15 |
441,22 |
N |
C |
C2/E-AP |
Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos |
Auxiliar de servizos |
T |
C |
|||
653 |
Auxiliar técnico de biblioteca |
Biblioteca |
Facultade de Economía e Empresa |
18 |
19 |
485,37 |
N |
C |
A2/C1 |
Axudante/Auxiliar |
T |
C |
||||
665 |
Posto base |
Clínica Universitaria de Podoloxía |
Facultade de Enfermaría e Podoloxía |
16 |
17 |
455,06 |
N |
C |
C1/C2 |
M |
F |
En Hospital Naval |
||||
669 |
Secretario/a administrativo |
Unidade de Apoio a Departamentos e Investigación |
Dirección |
Facultade de Filoloxía |
18 |
18 |
465,15 |
N |
C |
C1/C2 |
M |
C |
||||
678 |
Auxiliar técnico de biblioteca |
Biblioteca |
Facultade de Filoloxía |
18 |
19 |
485,37 |
N |
C |
A2/C1 |
Axudante/Auxiliar |
T |
C |
||||
680 |
Auxiliar de servizos |
Conserxaría |
Facultade de Filoloxía |
14 |
15 |
441,22 |
N |
C |
C2/E-AP |
Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos |
Auxiliar de servizos |
M |
C |
|||
700 |
Bibliotecario/a |
Biblioteca |
Facultade de Informática |
21 |
21 |
566,32 |
N |
C |
A1/A2 |
Facultativo/Axudante |
T |
C |
||||
705 |
Auxiliar de servizos |
Conserxaría |
Facultade de Informática |
14 |
15 |
441,22 |
N |
C |
C2/E-AP |
Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos |
Auxiliar de servizos |
M |
C |
|||
706 |
Auxiliar de servizos |
Conserxaría |
Facultade de Informática |
14 |
15 |
441,22 |
N |
C |
C2/E-AP |
Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos |
Auxiliar de servizos |
T |
C |
|||
719 |
Xefatura de negociado de Asuntos Económicos I |
Administración |
Unidade de Xestión Académica Integrada de Oza (UXAI-Oza) |
21 |
21 |
566,32 |
S |
C |
A2/C1 |
M |
C |
|||||
721 |
Conserxe |
Conserxaría |
Unidade de Xestión Académica Integrada de Oza (UXAI-Oza) |
16 |
17 |
455,06 |
N |
C |
C1/C2 |
Escala técnica de especialistas/Escala técnica auxiliar |
Conserxe |
M |
C |
|||
722 |
Auxiliar de servizos |
Conserxaría |
Unidade de Xestión Académica Integrada de Oza (UXAI-Oza) |
14 |
15 |
441,22 |
N |
C |
C2/E-AP |
Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos |
Auxiliar de servizos |
M |
C |
|||
733 |
Auxiliar de servizos |
Conserxaría |
Unidade de Xestión Académica Integrada (Fac. Socioloxía/Fac. CC. da Comunicación) |
14 |
15 |
441,22 |
N |
C |
C2/E-AP |
Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos |
Auxiliar de servizos |
M |
C |
|||
735 |
Auxiliar de servizos |
Conserxaría |
Unidade de Xestión Académica Integrada (Fac. Socioloxía/Fac. CC. da Comunicación) |
14 |
15 |
441,22 |
N |
C |
C2/E-AP |
Escala técnica auxiliar/Escala técnica de servizos |
Auxiliar de servizos |
T |
C |
|||
736 |
Técnico en medios audiovisuais |
Laboratorios |
Unidade de Xestión Académica Integrada (Fac. Socioloxía/Fac. CC. da Comunicación) |
19 |
19 |
485,37 |
N |
C |
A2/C1 |
Escala técnica de grao medio/Escala técnica de especialistas |
Medios audiovisuais |
M |
C |
|||
738 |
Secretario/a de instituto universitario |
Secretaría |
Instituto Universitario de Estudos Europeos |
18 |
19 |
485,37 |
N |
C |
C1/C2 |
M |
C |
1 |
Notas: O nivel de coñecemento de idiomas será o que establece a Orde do 18 de febreiro de 2011 (DOG do 26 de abril) do seguinte xeito: Para os grupos A1 e A2: nivel C1. Para os grupos C1 e C2: nivel B2. Formación específica: 1. Dominio de idiomas, preferentemente inglés. 2. Inglés e outro idioma da Unión Europea fóra do Estado español. 3. Dominio dos idiomas inglés e francés. Valoraranse como méritos coñecementos doutros idiomas, principalmente de países da Unión Europea. 4. Galego, inglés e francés. Coñecemento no desenvolvemento de páxinas web. 5. Formación de nivel superior en PRL. 6. Especialidade en deseño gráfico. 7. Coñecemento no desenvolvemento de páxinas web e tratamento dixital de imaxes e publicación. 8. Experiencia na coordinación e execución de tarefas da Unidade de Técnicas Instrumentais de Análise, no deseño do mantemento dos equipamentos desta e na súa manipulación. 9. Experiencia na coordinación e execución de tarefas da Unidade de Espectrometría Molecular, mantemento dos equipamentos de resonancia magnética nuclear e espectrometría de masas e na manipulación de equipamentos e optimización deles. 10. Experiencia e coñecementos no deseño do mantemento, manipulación, posta a punto e establecemento das condicións de operación dos equipamentos da Unidade de Microscopia. Previsión de funxibles. 11. Experiencia no deseño do mantemento, posta a punto e establecemento das condicións de operación dos equipamentos da Unidade de Análise Estrutural. Optimización de recursos de operación, realización de experimentos e previsión de funxibles. 12. Permiso de condución clase D. |