Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 17 de abril de 2017 Páx. 17800

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2017 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (Galicia Emprende).

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do día 31 de xaneiro de 2017, acordou por unanimidade dos membros asistentes aprobar as bases reguladoras das axudas do Igape para novos emprendedores, e facultou o director xeral para a súa convocatoria para o exercicio 2017, aprobación dos créditos e publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro

Publicar as bases reguladoras das axudas do Igape para novos emprendedores e convocar para 2017 as ditas axudas en réxime de concorrencia competitiva.

A presente convocatoria finánciase no marco do programa operativo Feder Galicia 1420, que ten unha taxa de cofinanciamento do Feder do 80 %, computándose como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible dos beneficiarios polo 20 % restante. En particular:

Obxectivo temático 03: mellorar a competitividade das pemes, do sector agrícola (no caso do Feader) e do sector da pesca e a acuicultura (no caso do FEMP).

Prioridade de investimento 03.01: promoción do espírito empresarial, en particular facilitando o aproveitamento económico de novas ideas e impulsando a creación de novas empresas, tamén mediante viveiros de empresas.

Obxectivo específico 03.01.02: creación de novas empresas e viveiros de empresas, en particular mellorando o acceso ao financiamento e a servizos de apoio avanzados.

Segundo

Os prazos de presentación de solicitudes serán os seguintes:

Convocatoria

Inicio do prazo de presentación
de solicitudes

Fin do prazo de presentación
de solicitudes

2017.1

O día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia

20.6.2017

2017.2

30.6.2017

29.9.2017

2017.3

10.10.2017

30.11.2017

Terceiro. Créditos

Os créditos dispoñibles para concesións nestas convocatorias aboaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria e polos seguintes importes e distribución plurianual:

Convocatoria

Partida orzamentaria

Ano 2017

Ano 2018

Ano 2019

2017.1

09.A1.741A.7704

400.000,00 €

2.100.000,00 €

2017.2

09.A1.741A.7704

75.000,00 €

925.000,00 €

500.000,00 €

2017.3

09.A1.741A.7704

25.000,00 €

125.000,00 €

850.000,00 €

No caso de remanente de crédito dunha convocatoria, incrementarase o crédito da convocatoria posterior mediante modificación desta resolución que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

O director xeral do Igape poderá ampliar os créditos logo de declaración de dispoñibilidade dos créditos nos termos referidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

Cuarto. Prazos de duración do procedemento, de execución do proxecto e para solicitar o cobramento

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de 3 meses tras a fin do prazo de presentación de solicitudes e, transcorrido este, poderase entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión de axuda.

O prazo de execución dos proxectos rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder o 30 de decembro de 2019.

Para os proxectos da 1ª convocatoria, o prazo máximo de execución será o 30 de outubro de 2018 e o beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento como máis tarde o 9 de novembro de 2018.

Para os proxectos da 2ª convocatoria, o prazo máximo de execución será o 1 de xullo de 2019 e o beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento como máis tarde o 11 de xullo de 2019.

Para os proxectos da 3ª convocatoria, o prazo máximo de execución será o 15 de outubro de 2019 e o beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento como máis tarde o 25 de outubro de 2019.

Quinto

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Sexto

Os requisitos das letras c), e), f), h), i), k), l), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, indícanse nas bases anexas a esta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2017

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

Bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo
de Desenvolvemento Rexional (Feder) Galicia 2014-2020

O Instituto Galego de Promoción Económica, no cumprimento das súas funcións, desempeña un papel esencial no desenvolvemento de programas e iniciativas que contribúan a acadar os obxectivos económicos estratéxicos da comunidade galega.

A necesidade de que as administracións públicas implanten medidas concretas para fomentar o emprendemento e apoiar o emprendedor como axente dinamizador da economía en Galicia vén dada polo alto grao de representatividade das pequenas e medianas empresas, determinantes do crecemento económico e soporte para a creación de emprego.

Para unha xestión máis eficaz e eficiente dos apoios públicos, que cree contornas favorables para promover e consolidar a actividade emprendedora, un dos retos máis salientables do Goberno galego é o crecemento empresarial, para o que se debe facilitar unha contorna laboral máis estable, que permita o desenvolvemento dunha economía máis equilibrada. O apoio aos emprendedores é fundamental para que poidan actuar como catalizadores do repunte da nosa economía.

A Axenda de Competitividade Industrial Galicia: Industria 4.0, aprobada polo Consello da Xunta de Galicia na súa sesión do 13 de maio de 2015 establece cinco plans de impulso con 26 enfoques estratéxicos e 60 medidas que desenvolverá a Administración galega entre os anos 2015 e 2020. En particular, o enfoque estratéxico 2.3 prevé apoiar especialmente o emprendemento industrial. Os obxectivos estratéxicos e medidas que se recollen na Axenda están totalmente aliñadas co traballo resultante do proceso de elaboración da RIS3 galega.

Co obxectivo de estimular e impulsar a recuperación do tecido empresarial na Comunidade Autónoma, fomentar o desenvolvemento equilibrado do territorio galego e favorecer a creación de emprego a través da creación de empresas por parte de novos emprendedores, o Igape desenvolve un sistema de incentivos de apoio a proxectos de ata 500.000 € de investimento subvencionable.

Considerando o carácter básico do Igape como instrumento de promoción eminentemente horizontal e aberto á colaboración cos distintos departamentos da Xunta de Galicia, ademais do previsto nestas e demais bases, poderá xestionar e canalizar cara ao tecido empresarial outras medidas de acordo cos departamentos competentes por razón de materia.

A convocatoria desta axuda será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia mediante resolución do director xeral do Igape. A convocatoria incluirá o procedemento de tramitación, o prazo de presentación de solicitudes e os créditos asignados.

As axudas reguladas nestas bases outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva ao abeiro do disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 1. Proxectos obxecto de apoio

1. Serán subvencionables os proxectos de creación de pequenas e medianas empresas por novos emprendedores, así como os proxectos de investimento para a ampliación de pequenas e medianas empresas xa creadas, sempre que cumpran os requisitos para seren consideradas nova peme.

2. Considérase novo emprendedor, para os efectos destas bases, aquela persoa física que non estea acometendo outra actividade económica por conta propia na data de presentación da solicitude de axuda ou ben, que, aínda desempeñando unha actividade económica directa ou indirectamente no momento da solicitude de axuda, figure de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) cunha antigüidade igual ou inferior a 42 meses ou teña unha participación igual ou inferior ao 25 % do capital dunha sociedade mercantil.

3. Considérase nova peme, para os efectos destas bases:

a) No caso dos autónomos, cando a data de alta censual non teña unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda e deberá ter unha dedicación plena ao proxecto e non poderá desempeñar outra actividade por conta propia ou allea desde a alta de actividade (ou, no caso de contar con alta de actividade no momento da solicitude de axuda, desde o día da dita solicitude).

b) No caso de sociedades, cando tanto a súa data de constitución como a súa data de alta censual non teñan unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda.

4. Os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Non ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda.

b) Presentar un custo subvencionable igual ou superior a 25.000 € e non superior a 500.000 €, que se realizará no prazo de execución do proxecto que se estableza na resolución de concesión; se o custo subvencionable resultase superior a 500.000 €, o Igape reduciría a base subvencionada a esta cantidade.

c) Os gastos e/ou investimentos subvencionables terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.

Artigo 2. Procedemento e réxime de aplicación

1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

2. Non se poderán outorgar subvencións por unha contía superior á que se determine na presente convocatoria, salvo que se realice unha nova convocatoria ou se produza un incremento de créditos derivados dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ao abeiro do disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. As axudas previstas nestas bases encádranse no artigo 14 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior (DOUE L 187, do 26 de xuño), agás os gastos previstos no artigo 5.1.b) e d), que se amparan no réxime de minimis establecido no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro); e os gastos previstos no artigo 5.1.f), que se amparan no artigo 17.3.b) do devandito Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño.

4. A presente convocatoria finánciase no marco do programa operativo Feder Galicia 1420, que ten unha taxa de cofinanciamento do Feder do 80 %, computándose como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible dos beneficiarios polo 20 % restante. En particular: obxectivo temático 03, prioridade de investimento 03.01 e obxectivo específico 03.01.02, e están sometidas ás obrigas de información e difusión establecidas na regulamentación da UE, en particular as establecidas no anexo XII, número 2.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro (DOUE L 347, do 20 de decembro).

Artigo 3. Concorrencia con outras axudas ou subvencións públicas

1. Estas axudas poderán ser compatibles cos programas de axuda financeira do Igape como poden ser, entre outros, os préstamos ou a subsidiación do tipo de xuro, ata o límite máximo de intensidade de axuda, indicado en termos de equivalente de subvención bruta, segundo o indicado no artigo 6.1. Non obstante, o dito límite poderá ser inferior, de acordo coa análise da normativa reguladora das axudas concorrentes.

De acordo co disposto no artigo 65.11 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, no caso de concorreren no proxecto outras axudas ao proxecto financiadas con outros fondos EIE ou outros instrumentos da Unión, serán compatibles a condición de que o mesmo concepto de gasto non estea subvencionado por outro instrumento da Unión, nin polo mesmo fondo Feder conforme un programa operativo distinto.

2. A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa do proxecto realizado. Antes de conceder e pagar a axuda, solicitarase da empresa unha declaración escrita ou en soporte electrónico sobre calquera axuda recibida para este mesmo proxecto. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Artigo 4. Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, nas cales non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño) e cumpran as seguintes condicións:

a) Composición do capital, no caso de sociedades mercantís:

1º. O seu capital terá que atoparse maioritariamente participado pola suma das participacións de persoas físicas que non estean acometendo outras actividades económicas por conta propia na data de presentación da solicitude e das achegas de entidades de capital risco e investidores privados adscritos a unha rede asimilable ás coñecidas como redes de business-angels. Cando da documentación e datos que consten no expediente se deduza que se produce continuidade empresarial, por baixa recente (antigüidade menor dun ano) nunha actividade que é igual ou similar á que se propón como nova, ou por razóns que permiten concluír unha continuidade de empresa preexistente, poderase denegar motivadamente a axuda.

2º. A participación no capital da empresa de persoas, físicas ou xurídicas, que si estean desenvolvendo outras actividades económicas na data de solicitude, non poderá exceder conxuntamente o 49 %. Polo menos unha das persoas físicas cunha participación superior ao 20 % no capital e sen outra actividade económica por conta propia á data de solicitude deberá ter unha dedicación plena ao proxecto e non poderá desempeñar outra actividade por conta allea desde a alta de actividade da nova empresa (ou no caso de contar con alta de actividade no momento da solicitude de axuda, desde o día da dita solicitude) e ata o fin do período de execución do proxecto establecido na resolución de concesión.

b) Antigüidade na actividade empresarial:

1º. No caso dos autónomos, a data de alta censual non poderá ter unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda e deberá ter unha dedicación plena ao proxecto e non poderá desempeñar outra actividade por conta propia ou allea desde a alta de actividade (ou, no caso de contar con alta de actividade no momento da solicitude de axuda, desde o día da dita solicitude).

2º. No caso de sociedades, tanto a súa data de constitución como a súa data de alta censual non poderán ter unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda.

c) Contribución financeira exenta de axudas públicas:

Os beneficiarios deberán achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de, polo menos, un 25 % do seu importe, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

d) Actividades:

1º. Están excluídas das axudas as seguintes actividades, segundo o Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño):

i) As actividades nos sectores da pesca e da acuicultura regulamentadas polo Regulamento (UE) nº 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro, polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura, se modifican os Regulamentos (CE) nº 1184/2006 e (CE) nº 1224/2009 do Consello e se derroga o Regulamento (CE) nº 104/2000 do Consello.

ii) As actividades do sector da produción agrícola primaria.

– CNAE 09: División 01 (todos os grupos e clases agás 01.61 e 01.62).

iii) As actividades do sector da transformación e comercialización de produtos agrícolas, nos casos seguintes:

– Cando o importe da axuda se determine en función do prezo ou da cantidade dos ditos produtos adquiridos a produtores primarios ou comercializados polas empresas interesadas.

– Cando a axuda dependa de que se repercuta total ou parcialmente sobre os produtores primarios.

iv) As actividades do sector do aceiro, do sector do carbón, do sector da construción naval, do sector das fibras sintéticas, do sector dos transportes, así como a infraestrutura conexa, a produción e distribución de enerxía e as infraestruturas enerxéticas.

2º. Nos subsectores de hostalaría, restauración e hospedaxe, os proxectos subvencionables limitaranse aos de ampliación dun establecemento existente ou cambio substancial do establecemento, salvo que se trate de proxectos de creación dun novo establecemento para actividades de turismo activo, balnearios ou talasos. Neste caso, será preceptivo o informe da Axencia Galega de Turismo respecto da catalogación da actividade como turismo activo.

2. Non poderán ter a condición de beneficiarias as pequenas e medianas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

3. Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas en crise. Para estes efectos, convén ter en conta a definición de empresa en crise establecida no número 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da UE.

4. Non poderán ter a condición de beneficiarias as sociedades mercantís en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño) ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada lei de subvencións.

Artigo 5. Condicións dos conceptos subvencionables

1. Para os efectos de cálculo da subvención a fondo perdido, consideraranse integrados na base subvencionable os conceptos seguintes, que cumpren os requisitos establecidos pola Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020:

a) Investimentos realizados en:

1º. Obra civil para construción, reforma ou habilitación de instalacións en bens inmobles en propiedade, suxeitos aos módulos máximos de custo subvencionable que se achegan como anexo V.

2º. Bens de equipamento: maquinaria de proceso, equipamentos informáticos, mobiliario, instalacións específicas para a actividade subvencionable, elementos de transporte interior e equipamentos de protección do ambiente.

3º. Outros investimentos en activos fixos mobiliarios.

4º. Activos inmateriais, tales como adquisición de dereitos de patentes, licenzas, «know how» e coñecementos técnicos non patentados, incluíndo aplicacións informáticas, que cumpran as condicións do artigo 14.8 do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño).

b) Gastos de investigación e desenvolvemento e o canon fixo de franquías no seu primeiro ano.

c) Os gastos de aluguer de bens inmobles, ata un prazo máximo de dez meses.

d) Os gastos do informe de auditor a que fai referencia o artigo 14.6.b) destas bases.

e) Os gastos de reforma de instalacións en bens inmobles arrendados, suxeitos aos módulos máximos de custo subvencionable que se achegan como anexo V.

f) Igualmente, considérase subvencionable a adquisición de activos pertencentes a un establecemento cando se cumpran as seguintes condicións:

1º. Que o establecemento pechase ou pecharía se non fose adquirido.

2º. Que os activos sexan adquiridos a un terceiro non relacionado co comprador.

3º. Que a operación teña lugar en condicións de mercado.

Cando un membro da familia do propietario inicial ou un empregado se faga cargo dunha pequena empresa, non se aplicará a condición de que os activos deban ser adquiridos a terceiros non relacionados co comprador. A mera adquisición das accións dunha empresa non constituirá un investimento.

2. Serán subvencionables os custos realizados e pagados dentro do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión. O dito prazo iniciarase coa presentación da solicitude de axuda e finalizará na data establecida na resolución de concesión en atención ás características do proxecto para os efectos de cumprimento de todas as condicións da subvención.

Ningún dos custos alegados, sobre os cales se solicita subvención, poderán ser incorridos con carácter previo á solicitude da axuda; se fose así, o proxecto no seu conxunto sería non subvencionable.

3. Os bens obxecto do investimento deberán ser adquiridos polo beneficiario en propiedade. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena da empresa antes do remate do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión, e debe constar neste momento o vencemento e pagamento das cantidades aprazadas e efectuados todos os pagamentos por calquera concepto.

4. O investimento en inmobles terá que ser mantido, vinculado á actividade económica subvencionable, no centro de traballo en Galicia durante, polo menos, 5 anos desde a finalización do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión e o resto do investimento polo menos 3 anos desde a finalización do dito prazo.

O investimento subvencionado poderá ser substituído no caso de obsolescencia, sempre e cando a actividade económica da beneficiaria se manteña en Galicia durante este período. Neste caso, deberá quedar constancia contable e no inventario da empresa da substitución efectuada.

5. No caso de reforma en inmobles arrendados, o contrato de arrendamento deberá ser por un período mínimo de 5 anos desde a data prevista de finalización do proxecto e deberá manterse o arrendamento ata transcorrido o dito período.

6. Todos os investimentos deberán realizarse en bens novos, excepto no caso de adquisición de activos pertencentes a un establecemento que cumpra os requisitos establecidos no punto 5.1.f) anterior.

7. No caso dos activos intanxibles, para seren considerados subvencionables deberán cumprir, ademais, todas estas condicións: 1) Empregaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda; 2) Consideraranse activos amortizables; 3) Adquiriranse en condicións de mercado a terceiros non relacionados co comprador; 4) Deberán incluírse nos activos da empresa beneficiaria e permanecer asociados ao proxecto a que se destina a axuda durante polo menos tres anos.

8. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, o que deberá acreditar o solicitante.

9. Quedan expresamente excluídos do ámbito de aplicación destas bases os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación e os impostos persoais sobre a renda.

10. Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores. En ningún caso poderá concertar o beneficiario a execución total ou parcial das actividades.

11. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Artigo 6. Intensidade de axuda e criterios de avaliación e selección de proxectos

1. Con carácter xeral a subvención poderá chegar ata o 25 % dos investimentos subvencionables e ata o 35 % se o beneficiario é unha pequena empresa, agás os gastos do artigo 5.1.f) anterior, que poderán chegar ao 10 % no caso de medianas empresas e ao 20 % no caso de pequenas empresas.

2. Os proxectos que cumpran coas condicións necesarias serán avaliados de acordo co seguinte baremo xeral:

a) O sector de actividade a que se dirixe o proxecto (0-30 puntos). Aos proxectos dos sectores relacionados no anexo III destas bases asignaránselle 30 puntos.

b) O valor engadido medio xerado pola actividade económica en que se vai encadrar o proxecto (en función da ratio asignable a cada sector de actividade a 2 díxitos), segundo as táboas indicadas no anexo IV destas bases (0-30 puntos).

A puntuación vén dada por aplicación da seguinte fórmula: (valor engadido medio do sector×30)/92,66, sendo 92,66 o valor máis alto do valor engadido bruto/ingresos dos distintos sectores de actividade.

c) A cualificación do proxecto como iniciativa de emprego de base tecnolóxica (Iebt) polo órgano competente da Xunta de Galicia (10 puntos).

d) Compromiso de creación de emprego indefinido por conta allea. Outorgaranse 5 puntos por cada novo emprego que se comprometan a crear (máximo 20 puntos).

e) Cualificación da viabilidade do plan de empresa presentado xunto coa solicitude a través dos servizos da unidade Galicia Emprende. A dita cualificación deberá ter carácter previo á solicitude de axuda. As alteracións no plan de empresa non aceptadas polo Igape poderán supoñer a revogación da cualificación da dita viabilidade do proxecto (10 puntos).

Artigo 7. Consentimentos e autorizacións

1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

2. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente datos en poder das administracións públicas. Só no caso de oposición expresa no modelo de solicitude as persoas interesadas deberán achegar os documentos acreditativos correspondentes. No caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a súa presentación.

3. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

4. A presentación da solicitude pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento e, neste caso, debe presentar a certificación nos termos establecidos regulamentariamente.

5. As propostas que resulten seleccionadas pasarán a formar parte da lista pública de operacións prevista no artigo 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro.

Artigo 8. Solicitudes

1. Dentro do prazo establecido na convocatoria para presentar a solicitude de axuda, os interesados deberán cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o cal solicita a subvención a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es

2. No suposto de que o solicitante sexa unha persoa física e non teña capacidade técnica ou económica, ou que por outros motivos non teña garantido o acceso e a dispoñibilidade dos medios tecnolóxicos precisos, poderá dirixirse ás oficinas centrais do Igape en Santiago de Compostela ou a calquera das súas oficinas territoriais, para que lle presten asistencia e medios para cubrir o formulario electrónico, ou a través do número de teléfono 900 81 51 51. Deste xeito obterase o formulario de solicitude. Unha vez cuberto o formulario, obterase o formulario normalizado de solicitude que se xunta como anexo I a estas bases a título informativo.

3. Xunto co formulario de solicitude, presentarase a seguinte documentación:

a) Para todas as solicitudes:

1º. DNI do representante legal, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

2º. Certificado de vida laboral ata a data de solicitude de axuda dos promotores (persoas físicas) e no caso de sociedades de todos os socios.

3º. Declaración asinada por todos os promotores que, cumprindo as condicións de novo emprendedor, vaian dedicarse en exclusiva ao proxecto empresarial para o cal se solicita axuda.

4º. As tres ofertas que, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, debe ter solicitado o beneficiario, de acordo co establecido no artigo 5.8 das bases reguladoras.

5º. Se é o caso, proxecto técnico visado elaborado para a obtención da correspondente licenza urbanística no caso de proxectos que inclúan gastos de obra civil e cando sexa preceptiva a dita licenza (construción ou reforma de nave, oficinas, locais comerciais, etc.). Exceptúase da necesidade de presentación de proxecto técnico a execución de obras ou instalacións menores.

6º. Plan de empresa, que se deberá xuntar como documento ao formulario electrónico de solicitude.

7º. Certificación do órgano competente da Xunta de Galicia da obtención da cualificación do proxecto como iniciativa de emprego de base tecnolóxica (IEBT), só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

8º. Declaración responsable do representante legal da empresa de ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal se conceda a axuda.

b) Para sociedades xa constituídas:

1º. NIF da entidade solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

2º. Imposto de actividades económicas (IAE) da entidade solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta. Acreditarase por medio da declaración de alta censual, xustificación do pagamento do recibo do último exercicio ou ben a xustificación da exención.

3º. Escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente.

4º. Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, se é o caso, no rexistro competente.

c) Para sociedades en constitución:

1º. Certificado do Rexistro Xeral de Sociedades Mercantís da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do Ministerio de Xustiza, ou do rexistro competente, de non figurar inscrita a futura denominación social da entidade que se vai constituír.

2º. Proxecto de estatutos da sociedade, o cal se debe xuntar como documento ao formulario de solicitude.

Nestes casos deberá acreditarse a válida constitución da sociedade con anterioridade a ditarse a proposta de resolución. Para tal fin, a documentación establecida no artigo 8.3.b) anterior terá que ser presentada no Igape no prazo máximo dun mes desde a presentación da instancia de solicitude. Transcorrido o dito prazo sen tela presentado ou se a documentación presentada for incorrecta, e logo de requirimento para a súa emenda no prazo de dez días, o Igape arquivará o expediente.

De acordo co disposto no artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 20.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, non será necesario presentar a documentación que xa se atope en poder do Igape, sempre que se manteña vixente e se identifique no formulario de solicitude o procedemento administrativo para o cal foi presentada. No suposto de imposibilidade material de obter a documentación ou no caso de que se constate a non validez desta, o órgano competente poderá requirir ao solicitante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento.

4. No caso de ser o solicitante unha persoa xurídica, deberá presentar a solicitude por vía electrónica, a través do formulario de solicitude normalizada (anexo I), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), de acordo co establecido no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, de conformidade co artigo 28 da citada Lei 39/2015, deberán achegar coa solicitude as copias dixitalizadas dos documentos relacionados no artigo 8.3. O solicitante responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega de tales copias implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, cando existan dúbidas derivadas da calidade da copia, o Igape poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas polo interesado, para o que poderá requirirse a exhibición do documento orixinal. Para achegar xunto co formulario de solicitude os documentos en formato electrónico, o solicitante deberá previamente dixitalizar os documentos orixinais e obter arquivos en formato PDF. A aplicación informática permitirá anexar estes arquivos en formato PDF sempre que cada arquivo individual non supere os 4 MB. No caso de que un documento PDF ocupe máis do dito tamaño, deberá xerarse con menor tamaño. Calquera outro formato de arquivo distinto do PDF non será aceptado pola aplicación informática nin será considerado como documentación presentada.

No caso de presentación da solicitude de xeito presencial, o Igape requirirá o solicitante para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude a da presentación da emenda.

5. Os solicitantes por esta vía electrónica deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.

b) O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido tal e como especifica a Orde do 25 de novembro de 2004, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se establecen as normas específicas sobre o uso da sinatura electrónica nas relacións por medios electrónicos, informáticos e telemáticos coa Consellería de Facenda e os seus organismos e entidades adscritas (DOG nº 239, do 10 de decembro). Os certificados de clase 2 CA emitidos pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda serán válidos para efectos de presentación de solicitudes. Se o certificado corresponde a unha persoa física, a súa representación acreditarase documentalmente ao longo da tramitación do expediente.

c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberá necesariamente anexar un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.

d) Unha vez asinado o formulario de solicitude, mediante certificación dixital do presentador, e transferidos estes ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

e) No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.

f) Os interesados que cumpran os requisitos do punto b) anterior tamén empregarán a vía electrónica para a recepción de notificacións do Igape e para o envío de escritos ao órgano xestor da axuda. Neste caso o solicitante deberá acceder á web do Igape na ligazón tramitación telemática, para recibir as notificacións. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor, e a sinatura electrónica dun xustificante de recibo das notificacións (xustificante de recepción telemático).

g) Todos os trámites administrativos que as persoas xurídicas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo ao enderezo da internet http://www.tramita.igape.es

6. No caso de que o solicitante sexa unha persoa física, alternativamente, tamén a poderá presentar en soporte papel no rexistro xeral dos servizos centrais do Igape, nas oficinas territoriais do Igape ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, acompañado das copias simples dos documentos relacionados no artigo 8.3. No formulario de solicitude inclúese unha declaración responsable da persoa que asina a solicitude de que as copias constitúen unha reprodución exacta dos orixinais, os cales lle poderán ser requiridos polo Igape.

No caso de que o solicitante persoa física opte pola via electrónica para relacionarse co Igape na tramitación do seu expediente, seralle de aplicación o que corresponda dos números 4 e 5 deste artigo.

Poderán presentar presencialmente, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, os modelos normalizados dos trámites máis comunmente empregados na tramitación administrativa, que a sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas.

As notificacións practicaranse por medios electrónicos se indicaron no formulario de solicitude a súa preferencia polo emprego da notificación electrónica neste procedemento de axudas, ou presencialmente noutro caso. Poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

7. Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es

Artigo 9. Órganos competentes

A Área de Competitividade será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención, e corresponde, por delegación do Consello de Dirección do Igape, ao titular da Dirección Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica ditar a resolución que poña fin ao procedemento administrativo.

Artigo 10. Instrución dos procedementos

1. As solicitudes de axuda serán avaliadas polos servizos dos órganos instrutores, en función dos datos declarados na solicitude de axuda e no formulario e na documentación presentada, que elaborará unha lista coa relación dos solicitantes e a puntuación que lle corresponde a cada un, en aplicación dos criterios de avaliación establecidos no artigo 6 destas bases.

2. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa petición, logo da correspondente resolución.

Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, os requirimentos de emenda citados realizaranse preferentemente mediante a publicación no DOG e producirán os mesmos efectos que a notificación individualizada. A dita publicación tamén se realizará na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, ao cal se remitirá desde o texto publicado no DOG, e poderase indicar que os seguintes actos administrativos deste procedemento serán notificados a través do citado enderezo.

3. No caso de empate nas puntuacións, para desempatar terase en conta a maior puntuación obtida nos criterios «a», «b», «c», «d» e «e» do artigo 6.2, por esa orde. No caso de persistir o empate, terase en conta o número de expediente, que se outorgará segundo a data de presentación da solicitude.

4. Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, poráselle de manifesto aos interesados para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes. Poderase prescindir deste trámite cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

5. Unha vez concluído o trámite de audiencia, o órgano instrutor confeccionará a relación definitiva de puntuacións outorgadas ás solicitudes e elevará a proposta de resolución ao director xeral do Igape. A resolución de concesión da subvención comprenderá a identificación do beneficiario, a contía da subvención e as obrigas que corresponden ao beneficiario, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse con ela, o plan financeiro e o calendario de execución, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección de operación que debe conter o documento polo que se establecen as condicións de axuda (DECA). Na resolución denegatoria de axuda farase constar o motivo da denegación.

6. A resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, ao cal se remitirá desde o texto publicado no DOG, de acordo co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Os interesados poderán descargar a súa resolución individual introducindo o seu NIF e o código IDE no enderezo www.tramita.igape.es (epígrafe «Consulta de resolucións definitivas» http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas).

7. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será o establecido na resolución de convocatoria. Se transcorrer o prazo máximo para resolver sen que se dite resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

Artigo 11. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro destas bases porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Potestativamente, recurso previo de reposición que resolverá a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación da resolución, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co establecido nestas bases reguladoras, se produza o acto presunto.

Artigo 12. Modificación da resolución

1. Unha vez ditada a resolución de concesión, observarase o establecido no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións, e admitiranse, dentro dos límites xerais establecidos nestas bases, modificacións relativas ás datas de execución do proxecto, á localización, compromiso de creación de emprego, composición do capital (no caso de sociedades mercantís) e variacións entre partidas de gasto.

En canto á prórroga da data de execución do proxecto, só se poderá autorizar por un prazo máximo da metade do prazo inicial e exclusivamente nos casos en que se acredite que o atraso non é por causa imputable ao beneficiario.

2. A solicitude de modificación deberá presentarse cunha anterioridade mínima de tres meses ao vencemento do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión e será denegada calquera solicitude presentada fóra deste prazo.

3. O beneficiario deberá solicitar a modificación tramitando o formulario sinalado no artigo 8 e presentando a súa instancia dirixida á Dirección Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado, por delegación do Consello de Dirección do Igape, pola persoa titular da Dirección Xeral do Igape, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia aos interesados.

Artigo 13. Obrigas dos beneficiarios

a) Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou goce da subvención.

b) Executar o proxecto que fundamenta a concesión da subvención no prazo establecido na resolución de concesión e manter os investimentos durante polo menos 3 anos. No caso de investimento en bens inmobles, a obriga de mantemento será de 5 anos desde a data de finalización do proxecto. No caso de reforma en inmobles arrendados, deberá manterse o arrendamento ata transcorrido o período de 5 anos desde a data de finalización do proxecto.

c) Crear o emprego comprometido na solicitude de axuda e mantelo durante, polo menos, 2 anos desde a finalización do prazo de execución do proxecto.

d) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou de control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, en especial a Intervención xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, e ás verificacións previstas no artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Consello. Para tal fin, deberá dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos subvencionables, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control, durante, polo menos, un período de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas nas cales estean incluídos os gastos da operación. O Igape informará desta data de inicio a que se refire esta obriga.

e) Comunicar ao Igape a solicitude e/ou obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas, supere as porcentaxes establecidas no artigo 6.1 destas bases respecto do custo elixible do proxecto que vai desenvolver o beneficiario.

f) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

g) Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto polo Igape, a Xunta de Galicia e o Feder segundo o establecido no anexo VI a estas bases.

h) Subministrar toda a información necesaria para que o Igape poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias do incumprimento desta obriga serán as establecidas no artigo 4.4 da devandita lei.

i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

j) No caso de non poderse realizar o proxecto para o cal se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.

k) Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 14. Xustificación da subvención

1. O prazo para presentar a solicitude de cobramento será o establecido na resolución de convocatoria.

2. Para presentar a solicitude de cobramento, o beneficiario deberá cubrir previamente o formulario de liquidación a través da aplicación establecida no enderezo da internet (http://tramita.igape.es). No suposto de que o beneficiario sexa unha persoa física e non teña capacidade técnica ou económica, ou que por outros motivos non teña garantido o acceso e a dispoñibilidade dos medios tecnolóxicos precisos, poderá dirixirse ás oficinas centrais do Igape en Santiago de Compostela ou a calquera das súas oficinas territoriais, para que lle presten asistencia ou medios para cubrir o formulario electrónico, ou a través do número de teléfono 900 81 51 51. Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios. Este formulario conterá os requisitos establecidos no artigo 48 do Decreto 11/2009 para a presentación da conta xustificativa, incluíndo unha relación detallada dos outros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada.

3. Se o beneficiario é unha persoa xurídica, deberá presentar a solicitude por vía electrónica a través do formulario de solicitude de cobramento normalizado que, a título informativo, figura como anexo II a estas bases, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). De conformidade co artigo 28 da citada Lei 39/2015, deberán achegar coa solicitude as copias dixitalizadas dos documentos relacionados no artigo 14.6. O beneficiario responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega de tales copias implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, cando existan dúbidas derivadas da calidade da copia, o Igape poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas polo interesado, para o cal poderá requirirse a exhibición do documento orixinal.

Exceptúanse do anterior os documentos que, de conformidade co artigo 14.6, deban ser orixinais (orixinal en formato electrónico ou copia auténtica). No caso de que o documento orixinal estivese en formato papel, o beneficiario deberá obter unha copia auténtica, segundo os requisitos establecidos no artigo 27 da Lei 39/2015, con carácter previo á súa presentación electrónica.

4. No caso de que o beneficiario sexa unha persoa física, unha vez xerada a solicitude poderá elixir presentala electronicamente ou presencialmente, en soporte papel, no rexistro xeral dos servizos centrais do Igape, nas oficinas territoriais do Igape ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario de solicitude normalizado (anexo II), acompañado das copias simples dos documentos relacionados no artigo 14.6, agás as facturas ou documentos de valor probatorio equivalente, xustificativos do gasto da actividade, que se deberán presentar en orixinal ou copia cotexada. No formulario de solicitude inclúese unha declaración responsable da persoa que asina a solicitude de que as copias constitúen unha reprodución exacta dos orixinais, os cales lle poderán ser requiridos polo Igape. Excepcionalmente, cando existan dúbidas derivadas da calidade da copia, o Igape poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas polo beneficiario, para o que poderá requirirse a exhibición do documento orixinal.

5. No caso de que a solicitude de cobramento non se presentase en prazo ou a xustificación for incorrecta, requirirase o beneficiario para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días. A falta de presentación da xustificación no prazo improrrogable establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia, segundo o disposto no artigo 45.2 do seu regulamento. A presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan. A xustificación cumprirá, en todo caso, os requisitos establecidos nos artigos 28 e 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. Xunto coa solicitude de cobramento o beneficiario da axuda presentará:

a) Orixinal das facturas ou documentos de valor probatorio equivalente, xustificativos do investimento subvencionable. No caso de construción, mellora ou rehabilitación de bens inmobles en propiedade, requirirase escritura pública que terá que facer constancia de que o ben se destinará ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención e o importe da subvención concedida, estes aspectos deben inscribirse no rexistro público correspondente, de acordo co establecido no artigo 29.4 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. No caso de reforma de inmobles arrendados, deberá achegarse o contrato de arrendamento por un período mínimo de 5 anos desde a data de finalización do proxecto.

b) A documentación acreditativa do pagamento, por algún dos seguintes medios:

1º. Xustificante de transferencia bancaria ou documentos mercantís utilizados como medios de pagamento emitidos e con vencemento dentro do período de execución do proxecto establecido na resolución de concesión, así como o seu cargo en conta. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento. Os extractos bancarios a través da internet deberán ter estampado o selo orixinal da entidade financeira ou dispoñer dun código para a súa verificación por terceiros na sede electrónica da devandita entidade financeira.

2º. Certificación bancaria conforme o pagamento foi realizado efectivamente dentro do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, así como a data efectiva deste.

3º. Informe de auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que deberá manifestarse sobre o período de realización (facturación) e pagamento dos investimentos alegados, así como sobre a existencia ou non de aboamentos ou devolucións posteriores que poidan supoñer unha redución no valor patrimonial dos bens alegados como subvencionables no expediente.

No suposto de que o xustificante de pagamento inclúa varias facturas, deberase xuntar unha relación delas asinada polo representante legal.

No suposto de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto subvencionado, a xustificación do pagamento débese realizar sempre mediante algún dos medios sinalados nos puntos anteriores para as facturas alegadas no proxecto e, ademais, algún dos seguintes documentos: relación emitida polo banco dos pagamentos realizados, orde de pagamentos da empresa selada polo banco ou recibo asinado polo provedor, para os efectos de identificar as facturas non referidas ao proxecto.

As facturas en moeda estranxeira deben presentarse con fotocopia dos documentos bancarios de cargo nos cales conste o cambio empregado.

c) No caso de investimentos en activos intanxibles, deberán acreditarse as condicións establecidas no artigo 5.6 destas bases, mediante informe de auditor inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que verifique o cumprimento das condicións 2ª, 3ª e 4ª do citado artigo.

d) No caso de que o proxecto subvencionado inclúa obra civil, deberá constar a licenza municipal que sexa requirida ou, no caso de obras menores, a comunicación previa prevista no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

e) Comunicación previa do inicio da actividade ou da apertura do establecemento prevista no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, no caso de proxectos de creación dun novo establecemento.

f) A copia –que permita a súa lectura–, de material onde se aprecie que se cumpriu a obrigatoriedade de publicidade do financiamento público citada no artigo 13.g) destas bases.

g) O certificado de vida laboral durante o período de execución do proxecto do promotor, expedido pola Administración competente, para acreditar a xustificación da dedicación plena á actividade empresarial.

h) O certificado do secretario do consello de administración ou persoa con poder suficiente, que indique a composición do capital e as súas modificacións durante o período de execución do proxecto establecido na resolución de concesión, achegando, se é o caso, as escrituras correspondentes, para os efectos de acreditar que a composición accionarial do beneficiario durante o período de execución do proxecto se axustou ao disposto no artigo 4 destas bases.

i) No caso de creación de emprego indefinido por conta allea, copia dos contratos de traballo formalizados e rexistrados no SEPE e certificados de vida laboral da empresa ata o día da solicitude de axuda e ata a data límite de execución do proxecto aprobado.

O Igape poderá solicitar as aclaracións pertinentes á documentación achegada.

7. O beneficiario deberá cubrir na ficha resumo de facturas do formulario de liquidación os seguintes datos relativos á contabilidade nos cales se reflictan os custos subvencionados para acreditar a obriga establecida no artigo 13.f): número de asento, data do asento e número de conta contable, xunto cunha declaración responsable do beneficiario de que estes datos reflicten a realidade contable da operación subvencionada.

8. En todos os casos os beneficiarios deberán estar ao día nas súas obrigas coa Facenda pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. No caso de que o beneficiario denegue expresamente o consentimento ao Igape para solicitar as certificacións, deberán achegarse xunto co resto da documentación xustificativa.

9. Advírtese que calquera discrepancia entre a documentación xustificativa e as declaracións da solicitude de axuda poderá ser motivo de inicio de expediente de incumprimento que, se é o caso, poderá supor a modificación ou revogación da concesión e o reintegro, de ser o caso, das cantidades previamente aboadas.

10. O Igape poderá aceptar variacións nos diversos conceptos de gasto aprobados, coa dobre condición de que a oscilación, en máis ou menos, non supere o 20 % de cada concepto e que, no seu conxunto, non varíe o importe total de gasto aprobado nin da axuda concedida, nin desvirtúe as características do proxecto e condicións que fosen tidas en conta para resolver a concesión.

11. Cando o beneficiario da subvención poña de manifesto na xustificación que se produciron alteracións das condicións tidas en conta para a súa concesión que non alteren esencialmente a natureza ou os obxectivos da subvención, e que poidan dar lugar á modificación da resolución conforme o artigo 12 destas bases, logo de omitirse o trámite de autorización administrativa previa para a súa aprobación, o órgano concedente da subvención poderá aceptar a xustificación presentada, sempre que tal aceptación non supoña danar dereitos de terceiros. A aceptación das alteracións por parte do Igape no acto de comprobación non exime o beneficiario das sancións que poidan corresponderlle conforme a Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 15. Aboamento das axudas

1. Con carácter xeral, o aboamento das axudas realizarase unha vez que o Igape considere xustificada a realización e o pagamento do proxecto e o cumprimento das condicións dentro do prazo establecido na resolución de concesión.

2. Os órganos competentes do Igape poderán solicitar as aclaracións, os orixinais da documentación ou os informes relativos á xustificación do proxecto que consideren convenientes.

Artigo 16. Perda do dereito á subvención e reintegro das axudas

1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento do proxecto, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, das obrigas contidas no artigo 33 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, ou na demais normativa aplicable, o que dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.

2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención e para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomadas en conta na concesión das axudas, o Igape poderá apreciar un incumprimento parcial e deberá resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se e o caso, establecendo a obriga de reintegro cos seguintes criterios:

No caso de condicións referentes á contía ou conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ao gasto deixado de practicar ou aplicado a conceptos distintos dos considerados subvencionables, e, se é o caso, deben reintegrarse as cantidades percibidas na dita proporción. Con carácter xeral, se o incumprimento supera o 50 % da base subvencionable do proxecto, entenderase que o dito incumprimento é total e deben reintegrarse todas as cantidades percibidas e os seus xuros de demora.

4. Incumprimento total, coa perda do dereito ao cobramento da axuda concedida, sen prexuízo da incoación do oportuno expediente sancionador, nos seguintes casos:

a) Obter a subvención sen reunir as condicións requiridas.

b) Non xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

c) Non permitir someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación ou de control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, nomeadamente a Intervención xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas e os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, e ás verificacións do artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Consello.

d) Non dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso.

e) Non acreditar estar ao día nas obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma.

f) Incumprir a obriga de achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de, polo menos, un 25 % dos custos subvencionables, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

g) Cando, como consecuencia do incumprimento, o investimento subvencionable ou o emprego queden por debaixo do mínimo establecido nestas bases reguladoras para o acceso ás axudas ou superen os criterios para a determinación de incumprimento parcial establecidos no artigo 16.3 anterior.

h) Non comunicar ao Igape a obtención doutras subvencións e axudas que financien as actividades subvencionadas.

i) Non dar publicidade ao financiamento do proxecto, de acordo co establecido no artigo 13 destas bases.

j) Non comunicar ao Igape a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

k) Non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

l) No caso de non crear o emprego comprometido na solicitude, rebaremarase o proxecto. No caso de que a puntuación final quede por debaixo da nota de corte, significará a perda total da subvención concedida.

5. Incumprimentos en fase de mantemento do investimento, posteriores ao pagamento da axuda, que constituirán causa de reintegro co alcance que se indica a seguir:

a) Non manter a publicidade ao financiamento do proxecto, de acordo co establecido no artigo 13 destas bases, suporá o reintegro dun 2 % da subvención concedida.

b) Non manter os investimentos ou os arrendamentos obxecto da subvención durante o período establecido suporá o reintegro da subvención correspondente ao activo non mantido, de forma proporcional ao período en que se incumprise este requisito.

c) No caso de non manter o emprego comprometido na solicitude durante o período establecido, suporá o reintegro dun 4 % da subvención concedida por cada emprego non mantido.

6. No caso de que se detecte en controis posteriores ao pagamento o incumprimento relativo ás obrigas das letras h) e j) do número 4 anterior, suporá a obriga de reintegro dun 5 % da subvención efectivamente aboada e, no caso do incumprimento relativo ás obrigas das letras i) e k) do número 4 anterior, suporá a obriga de reintegro dun 2 % da subvención efectivamente aboada.

Artigo 17. Réxime sancionador

Aos beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 18. Fiscalización e control

Os beneficiarios destas subvencións someteranse ás actuacións de control que realice o Instituto Galego de Promoción Económica para o seguimento dos proxectos aprobados e ás de control financeiro que correspondan á Intervención xeral da Comunidade Autónoma, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas e ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, e ás verificacións do artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Consello.

Artigo 19. Comprobación de subvencións

1. O Igape comprobará a axeitada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o goce da subvención.

2. Nas subvencións de capital superiores a 60.000 euros no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será de aplicación o establecido no artigo 60.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

3. Para todo o non previsto nos puntos anteriores, será aplicable o disposto no artigo 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 20. Publicidade

1. De conformidade co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, o Igape e a Consellería de Economía, Emprego e Industria incluirán as axudas concedidas ao abeiro destas bases e as sancións que, como consecuencia delas, se poidan impoñer, nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos persoais dos beneficiarios e a referida publicidade.

2. De acordo co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Igape publicará as subvencións concedidas ao abeiro destas bases na páxina web do Igape (www.igape.es) e no Diario Oficial de Galicia expresando a norma reguladora, o beneficiario, o crédito orzamentario, a contía e a finalidade da subvención, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos do beneficiario e da súa publicación nos citados medios.

A publicación no Diario Oficial de Galicia realizarase no prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución das concesións. Non obstante, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000 euros, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica.

3. De acordo co establecido no artigo 20.4 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a cesión de datos de carácter persoal que debe efectuarse á Intervención xeral da Administración do Estado para os efectos de publicar as subvencións concedidas na base de datos nacional de subvencións non requirirá o consentimento do beneficiario. Neste ámbito non será de aplicación o disposto no número 1 do artigo 21 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Artigo 21. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación destas bases reguladoras cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes serán incluídos nun ficheiro denominado «Beneficiarios-terceiros», cuxo obxecto, entre outras finalidades, é xestionar estas bases reguladoras, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é o Igape, quen, no ámbito das súas respectivas competencias, cederá os datos á Consellería de Economía, Emprego e Industria para a resolución do expediente administrativo, así como aos outros órganos especificados nestas mesmas bases reguladoras para a súa tramitación. O solicitante faise responsable da veracidade de todos eles e declara ter o consentimento de terceiras persoas cuxos datos poida ser necesario achegar. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante o Igape, mediante unha comunicación ao seguinte enderezo: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 de Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a lopd@igape.es

Así mesmo, serán incluídos no ficheiro denominado «Xestión, seguimento e control de proxectos e fondos europeos», cuxo obxecto, entre outras finalidades, é a xestión, seguimento, control, coordinación e estudo da execución e avaliación dos programas operativos dos fondos procedentes da Unión Europa. O órgano responsable deste ficheiro é a Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos, mediante unha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña), ou a través dun correo electrónico a dx.politica.financeira.tesouro.fondos.europeos.facenda@xunta.gal

Artigo 22. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento, no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE L 187, do 26 de xuño), Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013), no Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello (DOUE L 347, do 20 de decembro), no Regulamento (UE) nº 1301/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1080/2006, así como na normativa comunitaria de desenvolvemento dos citados regulamentos.

En canto ao cómputo de prazos, aplicarase o disposto no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III
Sectores prioritarios

Axudas do Igape para novos emprendedores, cofinanciadas
polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco
do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

Co fin de reforzar o aliñamento dos proxectos seleccionados cos sectores prioritarios da Axenda de Competitividade Galicia Industria 4.0 e coa RIS3 Galicia, os proxectos dos seguintes sectores, nos criterios de avaliación e selección de proxectos, o criterio de sector de actividade puntuarase con 30 puntos.

1. Sector de automoción.

2. Industria da madeira.

3. Industria de transformación agroalimentaria.

4. Sector téxtil/moda (confección e complementos), salvo o que se refira ao sector das fibras sintéticas tal como o define o anexo II das Directrices comunitarias sobre axudas de Estado de finalidade rexional para o período 2007-2013 (2006/C 54/08), DOUE do 4.3.2006.

5. Industria aeronáutica/aeroespacial e auxiliar.

6. Sector naval/industria marítima.

7. Sector químico e industria farmacéutica.

8. Fabricación de material sanitario.

9. Biotecnoloxía, biomecánica, novos materiais, ecoindustria.

10. Fabricación de equipamentos ambientais.

11. Fabricación de equipamentos e sistemas para instalacións de enerxías renovables.

12. Eliminación, valorización ou reciclaxe de residuos.

13. Servizos e desenvolvemento de software.

14. Sector audiovisual e desenvolvemento de contidos.

15. Centros telemáticos.

16. Industria vinculada á biomasa.

17. Industria dos produtos do mar e da acuicultura.

18. Industria da pedra natural.

19. Industria da saúde e do benestar.

20. Industrias creativas.

ANEXO IV
Táboa con datos do valor engadido bruto medio por sectores de actividade

Axudas do Igape para novos emprendedores, cofinanciadas
polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco
do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

Sectores de actividade

VEB

Sectores de actividade

VEB

01.61, 01.62 Servizos relacionados coa agricultura e gandaría

20,80 %

51 Transporte aéreo

38,24 %

02 Silvicultura e explotación forestal

28,88 %

52 Actividades postais e de correos

31,21 %

07 Extracción de minerais metálicos

41,91 %

55 Servizos de aloxamento

49,58 %

08 Outras industrias extractivas

44,13 %

56 Servizos de comidas e bebidas

37,46 %

09 Actividades de apoio ás industrias extractivas

86,39 %

58 Edición

43,13 %

10 Industria da alimentación

12,79 %

59 Actividades cinematográficas; de vídeo e de programas de televisión; gravación de son e edición musical

63,07 %

11 Fabricación de bebidas

28,59 %

60 Actividades de programación e emisión de radio e televisión

-14,42 %

13 Industria téxtil

35,66 %

61 Telecomunicacións

52,26 %

14 Confección de roupa de vestir

19,38 %

62 Programación; consultoría e outras actividades relacionadas coa informática

63,30 %

15 Industria do coiro e do calzado

35,37 %

63 Servizos de información

56,59 %

16 Industria da madeira e da cortiza; excepto mobles; cestaría e espartaría

25,82 %

64 Servizos financeiros; excepto seguros e fondos de pensións

75,36 %

17 Industria do papel

19,58 %

65 Seguros; reaseguros e fondos de pensións; excepto Seguridade Social obrigatoria

45,35 %

18 Artes gráficas e reprodución de soportes gravados

38,31 %

66 Actividades auxiliares aos servizos financeiros e aos seguros

76,36 %

20 Industria química

17,98 %

68 Actividades inmobiliarias

58,26 %

21 Fabricación de produtos farmacéuticos

56,43 %

69 Actividades xurídicas e de contabilidade

85,19 %

22 Fabricación de produtos de caucho e plásticos

26,41 %

70 Actividades das sedes centrais; actividades de consultoría de xestión empresarial

85,01 %

23 Fabricación doutros produtos minerais non metálicos

30,11 %

71 Servizos técnicos de arquitectura e enxeñaría; ensaios e análises técnicas

57,28 %

24 Metalurxia; fabricación de produtos de ferro; aceiro e ferroaliaxes

13,65 %

72 Investigación e desenvolvemento

69,93 %

25 Fabricación de produtos metálicos; excepto maquinaria e equipamento

33,41 %

73 Publicidade e estudos de mercado

31,25 %

26 Fabricación de produtos informáticos; electrónicos y ópticos

36,72 %

74 Outras actividades profesionais; científicas e técnicas

98,34 %

27 Fabricación de material e equipamento eléctrico

23,81 %

75 Actividades veterinarias

30,32 %

28 Fabricación de maquinaria e equipamento n.c.n.p.

39,86 %

77 Actividades de aluguer

50,63 %

29 Fabricación de vehículos de motor; remolques e semirremolques

16,90 %

78 Actividades relacionadas co emprego

94,87 %

30 Fabricación doutro material de transporte

31,74 %

79 Actividades de axencias de viaxes; operadores turísticos; servizos de reservas e actividades relacionadas con eles

15,65 %

31 Fabricación de mobles

35,80 %

80 Actividades de seguranza e investigación

67,85 %

32 Outras industrias manufactureiras

33,10 %

81 Servizos a edificios e actividades de xardinaría

74,71 %

33 Reparación e instalación de maquinaria e equipamento

39,60 %

82 Actividades administrativas de oficina e outras actividades auxiliares ás empresas

68,75 %

35 Subministración de enerxía eléctrica; gas; vapor e aire acondicionado

54,79 %

85 Educación

54,41 %

36 Captación; depuración e distribución de auga

52,43 %

86 Actividades sanitarias

73,11 %

37 Recollida e tratamento de augas residuais

44,65 %

87 Asistencia en establecementos residenciais

51,63 %

38 Recollida; tratamento e eliminación de residuos; valorización

23,07 %

88 Actividades de servizos sociais sen aloxamento

71,93 %

39 Actividades de descontaminación e outros servizos de xestión de residuos

39,30 %

90 Actividades de creación; artísticas e espectáculos

86,74 %

41 Construción de edificios

25,84 %

91 Actividades de bibliotecas; arquivos; museos e outras actividades culturais

40,49 %

42 Enxeñaría civil

32,59 %

92 Actividades de xogos de azar e apostas

81,29 %

43 Actividades de construción especializada

38,45 %

93 Actividades deportivas; recreativas e de entretemento

35,57 %

45 Venda e reparación de vehículos de motor e motocicletas

17,10 %

94 Actividades asociativas

73,28 %

46 Comercio por xunto e intermediarios do comercio; excepto de vehículos de motor e motocicletas

17,80 %

95 Reparación de ordenadores; efectos persoais e artigos de uso doméstico

61,24 %

47 Comercio polo miúdo; excepto de vehículos de motor e motocicletas

23,02 %

96 Outros servizos persoais

44,89 %

49 Transporte terrestre e por tubaxe

36,96 %

99 Actividades de organizacións e organismos extraterritoriais

53,09 %

50 Transporte marítimo e por vías navegables interiores

36,81 %

ANEXO V
Criterios de módulos de custos subvencionables máximos

Axudas do Igape para novos emprendedores, cofinanciadas
polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco
do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

Módulos de custo máximo aplicables:

1. Obra civil (construcións e rehabilitacións).

– Espazos industriais e loxísticos:

1. Naves: 252 €/m2.

2. Oficinas: 303 €/m2.

3. Naves con instalacións frigoríficas: 315 €/m2.

Reforma ou rehabilitación: aplícase o 60 % dos módulos anteriores.

– Sector turismo: modernización, rehabilitación ou reforma.

1. Edificios:

Hoteis de 5 estrelas: 1.003 €/m2.

Hoteis de 4 estrelas: 821 €/m2.

Hoteis 3 estrelas e inferiores e turismo rural: 730 €/m2.

Cámping: 438 €/m2.

2. Aparcadoiros:

Interiores (situados en edificio): aplícase o módulo nave industrial.

Aparcadoiros externos: 36 €/m2.

3. Instalacións especiais (piscinas, spas, canchas deportivas...):

Respectarase o custo proxectado.

– Sectores de restauración, cafetaría, comercio e servizos en xeral:

1. Custos construtivos, reformas ou rehabilitacións : 730 €/m2.

2. Aparcadoiros: se son interiores, situados en edificios, aplícase o módulo de nave industrial, e se son aparcadoiros externos: 36 €/m2.

2. Outros investimentos.

Investimento máximo noutros activos no sector turismo: mobiliario, decoración, televisores, menaxe (só no caso de novo establecemento), etc., suxeitos aos seguintes custos máximos...):

16.672 €/cuarto (hoteis 5 estrelas).

11.670 €/cuarto (hoteis 4 estrelas).

8.336 €/cuarto (hoteis 3 estrelas e inferiores e turismo rural).

ANEXO VI
Requisitos de comunicación do financiamento público

Axudas do Igape para novos emprendedores, cofinanciadas
polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco
do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

Responsabilidade do beneficiario.

Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos estruturais da Unión Europea, en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, número 2.2, do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, o beneficiario deberá cumprir os seguintes requisitos de publicación e comunicación:

1. En todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo, o beneficiario deberá recoñecer o apoio do Igape, da Xunta de Galicia e do Feder ao proxecto, incluíndo a imaxe institucional do Igape e da Xunta de Galicia e mostrando:

a) O emblema da Unión e unha referencia á Unión Europea.

b) Referencia ao Fondo Feder que dá apoio ao proxecto.

c) Referencia ao lema do Fondo «Unha maneira de facer Europa».

2. Durante a realización do proxecto e durante o período de duración dos compromisos de mantemento do investimento ou emprego:

a) Breve descrición no seu sitio da internet, no caso de que dispoña dun para o proxecto, de xeito proporcionado ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro do Igape, da Xunta de Galicia e da Unión;

b) Colocar polo menos un cartel con información sobre o proxecto (dun tamaño mínimo A3), en que se mencionará a axuda financeira do Igape, da Xunta de Galicia e da Unión, nun lugar visible para o público, por exemplo, na entrada do edificio.

Características técnicas para a exhibición do emblema da Unión e referencia ao Fondo.

De acordo co establecido no artigo 4 do Regulamento (UE) nº 821/2014 da Comisión, do 28 de xullo de 2014:

1. O emblema da Unión deberá figurar en cor nos sitios web. En todos os demais medios de comunicación, a cor utilizarase sempre que sexa posible.

2. O emblema será sempre claramente visible e ocupará un lugar destacado. A súa posición e tamaño serán os adecuados á escala do material ou documento empregados. En pequenos artigos de promoción non será obrigatorio facer referencia ao Fondo.

3. Cando o emblema da Unión e a referencia á Unión e ao Fondo correspondente se presenten nun sitio web, serán visibles ao chegar ao dito sitio web, na superficie de visión dun dispositivo dixital, sen que o usuario teña que despregar toda a páxina.

4. O nome «Unión Europea» sempre aparecerá sen abreviar. O tipo de letra debe ser arial, auto, calibri, garamond, trebuchet, tahoma, verdana ou ubuntu. Non se empregará a cursiva, o subliñado nin outros efectos. O corpo do tipo utilizado deberá ser proporcional ao tamaño do emblema e de xeito que non interfira. A cor do tipo será azul reflex, negro ou branco, en función do contexto.

5. Se se exhiben outros logotipos ademais do emblema da Unión, este terá como mínimo o mesmo tamaño, medido en altura e largura, que o maior dos demais logotipos.

Utilización do logotipo da Unión Europea.

O único logotipo válido é o formado polo emblema da Unión e unha referencia á Unión Europea situada debaixo deste.

missing image file

Ben que, en toda comunicación relativa a fondos europeos se deberá incorporar, ademais, unha referencia ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Adicionalmente, empregarase o lema «Unha maneira de facer Europa».