Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2017 Páx. 18900

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 12 de abril de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-308, treito O Covelo-Raxó (punto quilométrico 8+190 a 11+890), así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado (clave PO/16/102.06).

Antecedentes:

A Lei 8/2013, de estradas de Galicia, determina no seu artigo 6.2 que os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas teñan a consideración de elementos funcionais da estrada. Tendo en conta este precepto, a Xunta de Galicia elaborou a Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia, entre cuxos obxectivos está o fomento dos sistemas de transporte alternativos aos motorizados que permitan minimizar as repercusións sobre o ambiente, e os seus impactos sociais e económicos.

Os beneficios esperados co fomento desta mobilidade alternativa son, entre outros, o emprego de modos de transporte non motorizados, a mellora da mobilidade, da calidade do aire, da saúde, da igualdade e benestar, da economía, do patrimonio e do urbanismo.

Con data do 7 de marzo de 2016 a Axencia Galega de Infraestruturas aprobou, con base na Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia, o documento Fomento da mobilidade sustentable: sendas peonís e ciclistas na Comarca do Salnés e concellos limítrofes, onde unha das sendas propostas é un itinerario peonil e ciclista na PO-308, que agora se está a desenvolver mediante o proxecto construtivo Itinerario peonil e ciclista na PO-308, treito O Covelo-Raxó (p.q. 8+190 a 11+890), de clave PO/16/102.06.

A estrada PO-308 pertence á rede primaria complementaria, configura a conexión da costa entre O Grove, Sanxenxo e Pontevedra e soporta un importante tránsito de vehículos pola súa proximidade co núcleo urbano de Pontevedra e por ser unhas das principais zonas turísticas de Galicia.

Deste xeito, a senda configurarase nas zonas urbanas mediante a execución de beirarrúas en ambas as dúas marxes en formigón con cor natural e nas zonas rústicas executarase unha senda peonil-ciclista mixta, en solo de cemento.

As obras previstas comprenden tamén as seguintes actuacións complementarias á execución da senda, e que son necesarias para garantir a súa funcionalidade:

– Habilitaranse zonas de aparcadoiro mediante o ensanche e mellora da actual plataforma.

– Reposición do sistema de drenaxe mediante a introdución de novas cunetas de tipo revestido e rede de sumidoiros.

– Reporase e mellorarase o iluminación pública, a sinalización horizontal e vertical e renovaranse as defensas e as varandas.

– Reporanse os servizos afectados pola execución das obras: postes de electricidade e telefonía e os elementos de mobiliario urbano existente.

– Incorporación de dúas pasarelas peonís/ciclistas, para salvar as descontinuidades existentes no itinerario proxectado.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, se somete a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (r/ Fernández Ladreda, 43, 1º, 4º, 36071 Pontevedra) e na Casa do Concello de Poio (praza do Mosteiro, núm. 1, Convento San Xoán, 36995 Poio, Pontevedra). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://civ.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), está á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción: itinerario peonil e ciclista na PO-308, treito O Covelo-Raxó (p.q. 8+190 a 11+890), clave PO/16/102.06

Núm. parcela

Ref. catastral

Titular

Sup. a expropiar

Sup. ocupación temporal

Tipo de solo

Cerramento afectado

Outros elementos afectados

Ml

Repos. portal

1

2565002NG2926N

Lafuente González, José Manuel (herdeiros de)

121,49

67,07

SU

2

2264008NG2926S

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

72,28

82,69

SU

3

1962417NG2916S

Balboa Esperón, Erundina

2,86

8,92

SNR

4

1962436NG2916S

Ansín Lores, Francisca

3,92

9,70

SNR

5

1962435NG2916S

Lores Meis, María

2,63

6,36

SNR

6

1962434NG2916S

Vallejo Míguez, Rosa

2,94

6,94

SNR

7

1962433NG2916S

Rodino Gómez, Juan

2,97

6,84

SNR

8

1962432NG2916S

Lores Lores, Teresa

3,12

7,04

SNR

9

1962431NG2916S

González S-S, Carmen

7,10

15,39

SNR

10

1962429NG2916S

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

3,66

7,53

SNR

11

1962428NG2916S

Lores Besada, Vicente

2,87

5,54

SNR

12

1962427NG2916S

Díaz Soto, Mercedes (16,66 % usufruto)

3,86

6,94

SNR

Díaz Soto, Mercedes (50 % propiedade)

Vallejo Díaz, Isabel (11,11% propiedade)

Vallejo Díaz, Monserrat Elvira (11,11 % propiedade)

Vallejo Díaz, Ramón (11,11 % propiedade)

Vallejo Díaz, Isabel (5,56 % de nuda propiedade)

Vallejo Díaz, Monserrat Elvira (5,55 % de nuda propiedade)

Vallejo Díaz, Ramón (5,55 % de nuda propiedade)

13

1962426NG2916S

Besada Lores, Manuel

3,50

5,86

SNR

14

1962425NG2916S

Vallejo Carballa, Constantino (herdeiros de)

3,90

6,14

SNR

15

1962424NG2916S

Fuentes Vallejo, Carlos

4,40

6,54

SNR

16

1962423NG2916S

Portela Dopeso, Manuel (50 %)

45,83

73,23

SNR

Muro de pedra

Muíños Díaz, Carmen (50 %)

17

1962422NG2916S

Portela Dopeso, Manuel (50 %)

22,42

51,34

SNR

Muro de pedra

Si

Muíños Díaz, Carmen (50 %)

18

1862101NG2916S

Concello de Poio

10,16

25,64

SNR

Muro de pedra

19

1862102NG2916S

Otero Santiago, Luis (50 %)

20,91

75,20

SNR

Muro de pedra

Domínguez Barreiro, Dolores (50 %)

20

1862103NG2916S

Barreiro Otero, Peregrina (87,4 %)

4,00

24,02

SNR

Gómez Doeste, José (12,6 %)

21

36041A00800429

Esperón Barreiro, Erundina (herdeiros de)

27,79

44,13

SR

22

36041A00800480

Martínez Rodríguez, José Luis

8,96

14,47

SR

Muro de pedra

Si

23

36041A00800485

Besada Sanmartín, José Luis

21,25

23,03

SR

Muro de pedra

Enreixado metálico

8,00

24

36041A00800487

Maquieira García, Juan

8,17

7,29

SR

25

36041A00800488

Treinta Esperón, Elvira

7,98

7,21

SR

26

36041A00800489

Meis Esperón, Manuel

41,66

37,16

SR

27

36041A00800490

Díaz Lores, Dolores

42,46

23,07

SR

28

36041A00800491

Meis Esperón, Manuel

6,20

21,04

SNR

29

36041A00800492

Meis Esperón, Manuel

0,63

1,64

SNR

30

1661801NG2916S

Caldas Martínez, Albino (50 %)

7,17

10,85

SNR

Lima Fernández, Ana María (50 %)

31

1661802NG2916S

Anes Díaz, Dionisio

77,70

117,49

SNR

Muro de pedra

Si

32

36041A00800511

Uhía Castro, Ignacio

0,00

3,34

33

36041A00800514

Uhía Castro, Ignacio

0,94

5,83

SRPC

34

36041A00800510

Barreiro Doeste, Carmen (herdeiros de)

28,85

12,38

SRPC

35

36041A00800515

Barreiro Doeste, Carmen (herdeiros de)

22,04

16,15

SRPC

36

36041A00800516

Meis Nieto, Inocente

6,06

0,00

SRPC

37

36041A00800517

Lores Balboa, Repoldina

26,70

4,04

SRPC

38

36041A00800554

Esperón Romay, Berisimo

37,35

16,60

SRPC

39

36041A00800553

Pérez Lores, Juan Carlos

23,81

11,96

SRPC

40

36041A00800550

Lores Balboa, Repoldina

31,33

15,47

SRPC

41

36041A00800551

Lores Balboa, Repoldina

12,64

19,47

SRPC

42

36041A00800552

Lores Balboa, Repoldina

36,15

6,47

SRPC

43

36041A00800547

Gómez Rosales Cándida

30,48

17,68

SRPC

44

36041A00800536

González Fernández José Fernando Rogelio

34,60

47,52

SRPC

Postes pedra

Malla simple

15,00

Si

45

36041A00700001

Vallejo Míguez, Ramón

46,40

90,74

SRPC

Muro de pedra

Enreixado metálico

50,00

Si

46

36041A00700042

Ministerio de Obras Públicas Transportes y Medio Ambiente

15,41

47,25

SRPC

47

36041A00700058

Gómez Agis, José

13,31

14,63

SRPC

Postes pedra

Malla simple

7,30

48

36041A00601305

Burgos Besada, Marina

13,90

14,00

SRPC

49

36041A00601306

Burgos Álvarez, Ramón

10,40

9,58

SRPC

50

36041A00601307

Burgos Besada, Marina

9,02

7,96

SRPC

51

0952505NG2905S

Denis Novoa, Juan Antonio

77,32

47,80

SU

52

0850010NG2905S

Burgos Besada, Ramón (50 %)

0,75

14,80

SU

Agis Balboa, Amalia (50 %)

53

0850011NG2905S

Burgos Besada, Ramón

12,86

73,25

SU

54

0548604NG2904N

Gómez Ruano, Saleta María

43,64

49,24

SU

Bloques formigón

Enreixado metálico

10,00

Si

55

0548603NG2904N

Echevarría Novoa, Marina

34,07

31,92

SU

Postes pedra. Postes formigón

Enreixado metálico

9,50

Si

56

0450016NG2905S

Promonova Inversiones Inmobiliarias, S.L.

44,72

186,11

SU

57

0149001NG2904N

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

3,56

21,93

SU

SU: solo urbano.

SR: solo rústico.

SNR: solo núcleo rural.

SRPC: solo rústico protección de costas.