Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 3 de maio de 2017 Páx. 21752

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición no rexistro do acordo da Comisión paritaria do convenio colectivo autonómico de centros especiais de emprego polo que se actualizan as táboas salariais do ano 2016.

Visto o acordo da comisión paritaria do convenio colectivo autonómico de centros especiais de emprego (código 82000775012003), polo que se actualizan as táboas salariais do ano 2016, que se subscribiu entre a representación empresarial e as organizacións sindicais CC.OO. e UGT, na xuntanza celebrada o 2 de marzo de 2017, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo,

A Secretaría Xeral de Emprego,

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (REGCON).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

Acta da Comisión paritaria do convenio colectivo autonómico
de centros especiais de emprego

En Santiago de Compostela, ás once horas do día 2 de marzo de 2017, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, sito na rúa Algalia de Abaixo, 24, baixo, reúnese a Comisión paritaria do convenio autonómico de centros especiais de emprego coa asistencia das persoas sinaladas a seguir:

Representación empresarial:

Juan Acevedo Vidal (Cegasal).

Representación sindical:

Jesús Manuel Pereira Gil (CC.OO.).

Xesús Castro Baamonde (CC.OO.).

Ángel Iglesias Fernández (UGT).

O motivo da presente xuntanza é dar cumprimento ao requirimento técnico de emenda de defectos efectuado polo Servizo de Relacións Laborais e Seguridade e Saúde Laboral da Secretaría Xeral de Emprego (Consellería de Economía, Emprego e Industria), ante a solicitude rexistro e depósito do acordo acadado por esta comisión paritaria o 15 de febreiro de 2017, de actualización das táboas salariais relativas ao ano 2016 do Convenio colectivo galego de centros especiais de emprego, todo isto de conformidade co establecido no artigo 90 do E.T. e o Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

Examinado o contido do dito requirimento e dando cumprimento a este, esta comisión paritaria acorda actualizar as táboas salariais para o ano 2016, que son o resultado de aplicar o IPC acumulado do período decembro 2011 ata decembro 2016 (ambos incluídos) e que resulta un incremento do 3,7 % acumulado (segundo os datos oficiais publicados polo INE); resultando as seguintes táboas salariais.

Centros especiais de emprego de Galicia:

(CEE sen ánimo de lucro)

Categoría

Nivel

Nomes

Sal. mensual 2011

Sal. mensual 2016 (+3,7 €)

Sal. anual 2016

Incremento mensual

1

N1

Técnico superior nivel 1

1.173,33 €

1.216,74 €

17.034,40 €

43,41 €

 

N2

Técnico superior nivel 2

1.108,12 €

1.149,12 €

16.087,69 €

41,00 €

2

N1

Técnico medio nivel 1

1.042,81 €

1.081,39 €

15.139,52 €

38,58 €

 

N2

Técnico medio nivel 2

977,81 €

1.013,99 €

14.195,85 €

36,18 €

3

 

Mando intermedio

880,00 €

912,56 €

12.775,84 €

32,56 €

4

 

Técnico axudante

847,29 €

878,64 €

12.300,96 €

31,35 €

5

N1

Administrativo nivel 1

827,84 €

858,47 €

12.018,58 €

30,63 €

 

N2

Administrativo nivel 2

690,61 €

716,16 €

10.026,28 €

25,55 €

6

N1

Técnico non cual. nivel 1

688,38 €

713,85 €

9.993,90 €

25,47 €

 

N2

Técnico non cual. nivel 2

677,35 €

707,70 €

9.907,80 €

30,35 €

7

 

Operario

665,60 €

707,70 €

9.907,80 €

42,10 €

(CEE con ánimo de lucro)

Categoría

Nivel

Nomes

Sal. mensual 2011

Sal. mensual 2016 (+3,7 €)

Sal. anual 2016

Incremento mensual

1

N1

Técnico superior nivel 1

1.707,52 €

1.770,70 €

24.789,78 €

63,18 €

 

N2

Técnico superior nivel 2

1.336,97 €

1.386,44 €

19.410,13 €

49,47 €

2

N1

Técnico medio nivel 1

1.257,48 €

1.304,01 €

18.256,09 €

46,53 €

 

N2

Técnico medio nivel 2

1.179,72 €

1.223,37 €

17.127,17 €

43,65 €

3

 

Mando intermedio

1.166,89 €

1.210,06 €

16.940,91 €

43,17 €

4

 

Técnico axudante

1.093,80 €

1.134,27 €

15.879,79 €

40,47 €

5

N1

Administrativo nivel 1

998,80 €

1.035,76 €

14.500,58 €

36,96 €

 

N2

Administrativo nivel 2

805,49 €

835,29 €

11.694,10 €

29,80 €

6

N1

Técnico non cual. nivel 1

801,56 €

831,22 €

11.637,05 €

29,66 €

 

N2

Técnico non cual. nivel 2

787,29 €

816,42 €

11.429,88 €

29,13 €

7

 

Operario

779,90 €

808,76 €

11.322,59 €

28,86 €

As categorías que tras o incremento aprobado resultan inferiores en contía ao SMI (centros sen ánimo de lucro 6N2 e 7) pasan a ser actualizadas en contía equivalente ao SMI.

No que respecta á actualización das táboas salariais do ano 2017, esta comisión paritaria comprométese a xuntarse para o efecto de proceder á referida actualización unha vez publicado o IPC real correspondente ao ano 2017.

As representacións presentes nesta comisión paritaria delegan no funcionario do Consello Galego de Relacións Laborais, Ignacio Bouzada Gil, a realización dos trámites necesarios para proceder ao rexistro, depósito e publicación das anteditas táboas ante a autoridade laboral competente.

Non tendo máis asuntos que tratar, levántase a reunión ás doce horas no lugar e na data arriba sinalados, que asinan todos os asistentes en proba de conformidade.