Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 3 de maio de 2017 Páx. 21750

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 12 de abril de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE), a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

BDNS (Idenf.): 344208.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións:

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarias

As empresas solicitantes da liña I (RSE) poderán ser pemes, micropemes ou persoas traballadoras autónomas, con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que for a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentaren a solicitude de axuda.

As empresas solicitantes da liña II (igualdade) e III (conciliación) poderán ser pemes, micropemes ou persoas traballadoras autónomas con traballadores/as por conta allea, con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que for a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentaren a solicitude de axudas, e deberán contar cun mínimo de 10 persoas traballadoras. Tamén poderán presentar solicitude as empresas con axencia, sucursal, delegación ou calquera outra representación en Galicia, que deberán ter contratado nesta Comunidade Autónoma un mínimo de 10 persoas.

Segundo. Obxecto

Establecer as bases reguladoras, para o ano 2017, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas e incentivos a pemes e micropemes, incluídas persoas traballadoras autónomas, para implantar sistemas de xestión de RSE (TR357B), a igualdade laboral (TR357C), así como para adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral (TR357D), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 12 de abril de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE), a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destínanse oitocentos dezasete mil trescentos sesenta e un euros (817.361,00 €), de acordo coa seguinte distribución:

Liña I. Implantación da RSE: cento cincuenta e nove mil oitocentos oitenta euros (159.880,00 €).

Liña II. Implantación de plans de igualdade: cen mil euros (100.000 €).

Liña III. Conciliación da vida laboral, familiar e persoal.

Subliña 1. Incentivos para o fomento do teletraballo: douscentos sesenta e seis mil seiscentos once euros (266.611,00 €).

Subliña 2. Incentivos para o fomento da flexibilidade horaria: douscentos sesenta e seis mil seiscentos once euros (266.611,00 €).

Subliña 3. Subvencións para a adquisición de elementos tecnolóxicos que posibiliten o teletraballo: vinte e catro mil douscentos cincuenta e nove euros (24.259 €).

Quinta. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2017

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria