Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2017 Páx. 23011

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2017, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría no primeiro cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral para o Deporte durante o primeiro cuadrimestre do ano 2017, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2017

Marta Míguez Telle
Secretaria xeral para o Deporte

ANEXO

Data sinatura

Descrición

Importe total

15.3.2017

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Arnoia (Ourense) para a mellora do campo de fútbol municipal

10.000,00 €

15.3.2017

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello do Saviñao (Lugo) para obras que afectan a pista de tenis do campo da Lama

15.000,00 €

20.3.2017

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Ordes (A Coruña) para a construción dun almacén no campo de fútbol municipal

50.000,00 €

20.3.2017

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Pantón (Lugo) por obras de adecuación e mellora no campo municipal de fútbol

20.000,00 €

29.3.2017

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Melón (Ourense) para a realización de traballos de acometida eléctrica e iluminación Pavillón e campo de fútbol

3.622,79 €

6.4.2017

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello da Baña (A Coruña) para levar a cabo obras de mellora nas instalacións polideportivas municipais

40.000,00 €