Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2017 Páx. 26510

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2017, conxunta do Instituto Galego de Promoción Económica e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, pola que se modifica a distribución de servizos ofertados na Resolución conxunta do 14 de outubro de 2016 pola que se dá publicidade ao acordo que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Empresa Dixital e Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (programa Re-accionaTIC), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

No Diario Oficial de Galicia núm. 204, do 26 de outubro de 2016, publicouse a Resolución conxunta do 14 de outubro de 2016, do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), pola que se dá publicidade ao acordo da Amtega e do Consello de Dirección do Igape que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Empresa Dixital e Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (programa Re-accionaTIC), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

No punto cuarto da resolución aparece unha distribución de servizos ofertados en cada convocatoria co fin de definir os termos da concorrencia competitiva establecida para cada unha das convocatorias do programa. As tres primeiras convocatorias (2016-1, 2016-2 e 2017-1) do programa Re-accionaTIC acadaron unha maior demanda do previsto en determinados servizos, mentres que noutros houbo servizos excedentes. Cómpre, polo tanto, unha redistribución de servizos na próxima convocatoria co fin de poder executar o programa na súa totalidade e atender o antes posible as solicitudes dos servizos con maior demanda.

A modificación da convocatoria de servizos non supón un maior gasto, dado que a suma dos servizos aprobados netos (servizos aprobados nas tres convocatorias anteriores menos as renuncias que se produciron) máis a distribución que se propón nesta modificación dá un total de servizos idéntico ao inicialmente convocado, tanto por cada servizo individual coma no total.

En virtude destes antecedentes e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVEMOS:

Artigo primeiro

Modificar a distribución de servizos para a próxima convocatoria 2017-2, prevista no punto cuarto Resolución conxunta do 14 de outubro de 2016, do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), pola que se dá publicidade ao acordo da Amtega e do Consello de Dirección do Igape que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Empresa Dixital e Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (programa Re-accionaTIC), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, que quedaría configurada do seguinte xeito:

Servizo

2017-2

Servizo de diagnóstico de capacidades e oportunidades para a aplicación de solucións Industria 4.0

105

Servizo de diagnóstico para a aplicación de solucións dixitais na empresa

53

Servizo de acompañamento na posta en marcha de solucións Industria 4.0

40

Servizo de xeración de modelos e simulación industrial

10

Servizo de soporte para a adopción e despregamento de solucións en mobilidade

7

Servizo de asistencia para a adopción de solucións dixitais innovadoras para a mellora da xestión empresarial

17

Servizo de acompañamento na definición e posta en marcha de estratexias de márketing dixital

2

Artigo segundo

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2017

Juan Manuel Cividanes Roger

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

Mª Mar Pereira Álvarez

Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia