Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2017 Páx. 26688

III. Outras disposicións

Presidencia da Xunta de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2017 pola que se outorgan as distincións ao mérito deportivo de Galicia 2017.

Pola Resolución do 28 de outubro de 2010, da Secretaría Xeral para o Deporte (Diario Oficial de Galicia do 4 de novembro), creáronse as distincións ao mérito deportivo de Galicia, premios que serán concedidos en recoñecemento do labor ou traxectoria notoria e exemplar, no ámbito deportivo de Galicia, ás persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos que estean contribuíndo ou contribuísen ao crecemento, promoción, fomento e excelencia do deporte e da educación física da nosa comunidade autónoma.

Na referida resolución establécese que os galardóns serán outorgados, anualmente e en número non limitado, por resolución do presidente da Xunta de Galicia, logo da proposta motivada do xurado cualificador.

En atención ao establecido, e logo da proposta motivada do xurado cualificador, do 29 de maio,

DISPOÑO:

Único. A concesión das distincións ao mérito deportivo de Galicia, na súa edición 2017, ás seguintes persoas, entidades e eventos:

Marta Alastrué Ruiz, Francisco Araújo Sestelo -a título póstumo-, Juan Ángel Barros Botana, Josefina Castiñeira Villanueva, Familia Centeno, Manuel Conde Docampo, Manuel Cruces Prado, Margarita Dans Farto, Ramón Díaz Zapatería, Lourdes Domínguez Lino, Guillermo Fernández Duarte, Cristina Fernández Piñeiro, Raimundo Fernández Vázquez, José Alfonso González Alonso, Manuel González Pombo, Francisco Javier González Rodríguez, Alexander Kachelaev Terentevich, José Manuel Lázaro Turzós -a título póstumo-, Julio Antonio Mato Pazos, Primitivo Simón Busnadiego, Pablo Permuy Villanueva, Manuel Ríos Quintanilla, María Elena Souto Carro, Ramón Tasende Díaz, Consuelo Vara Touzón, Félix Villares Mouteira, Real Club Tenis Coruña, Descensos do Eume, Miño e Sil e Trofeo Pedro Escudero.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2017

Alberto Núñez Feijóo
Presidente da Xunta de Galicia