Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2017 Páx. 28036

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 29 de maio de 2017, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2017.

O estímulo ás actividades de investigación supón unha área estratéxica do Goberno galego, dentro do cal a formación do persoal investigador nas etapas iniciais da súa formación representa un paso fundamental na configuración da política científica en xeral e da carreira investigadora en particular.

Segundo o Programa de apoio á etapa predoutoral, a contratación de persoal nas súas etapas iniciais constitúe a base para que, mediante procesos formativos estables, se adquiran as habilidades propias do persoal investigador e, ademais, permite lograr que o sistema alcance unha dimensión dos seus recursos humanos de investigación comparable a outros países europeos.

Para dar unha resposta adecuada ás determinacións deste programa, establécense dúas modalidades neste tipo de axudas que perseguen conseguir a máxima eficacia dos recursos que se invisten, tanto no ámbito global como en distintos sectores estratéxicos da nosa Comunidade Autónoma.

Nunha primeira modalidade as axudas, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, están enfocadas a potenciar as traxectorias de investigación vinculadas ás áreas estratéxicas segundo os obxectivos definidos na Estratexia de especialización intelixente de Galicia RIS3, para mellorar a competitividade, o crecemento económico e o emprego sustentable a través da innovación e que orientarán as políticas de cohesión da Unión Europea para o período 2014-2020.

A outra modalidade está enfocada a garantir a representación de todas as ramas do coñecemento, establecendo un número de prazas para aquelas áreas que se atopan con máis dificultades de encaixe directo nos sectores produtivos pero que resultan fundamentais para o crecemento sustentable dunha economía baseada no coñecemento.

Complementariamente, esta convocatoria presta especial énfase en que as persoas participantes neste programa conten co maior apoio posible para completar a súa formación, polo que se inclúe o financiamento dunha estadía de tres meses de duración no estranxeiro, que lles permitiría acadar a mención de doutor/a internacional sempre que cumpran todos os requisitos establecidos no Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento.

Ademais, esta convocatoria quere contribuír a reducir o desequilibrio entre mulleres e homes dedicados á investigación no Sistema galego de I+D+i, en cumprimento do compromiso de eliminación de discriminacións entre mulleres e homes que recolle o artigo 1 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade de mulleres e homes. Por isto, as axudas que se regulan nesta convocatoria adoptan medidas específicas para fomentar a igualdade.

Así mesmo, enmárcase no programa operativo FSE Galicia para o período 2014-2020 e dáse debido cumprimento á normativa aplicable, de conformidade co disposto no Regulamento (UE) número 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) número 1083/2006 do Consello.

Segundo o establecido no artigo 14 do Regulamento (UE) número 1304/2013, as subvencións e a asistencia reembolsable que se beneficien dunha axuda pública non superior a 50.000 € adoptarán a forma de baremos estándar de custos unitarios, de importes a tanto global ou de financiamento a tipo fixo. Por este motivo, incorpórase nesta convocatoria o establecemento de métodos de custo simplificados.

Neste senso, esta convocatoria estará cofinanciada con fondos do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, nunha porcentaxe do 80 %, dentro do obxectivo temático 10, prioridade de investimento 10.02, obxectivo específico 10.02.01-Aumentar o número de alumnos de posgrao ou titulados universitarios que obteñen formación no ámbito da I+D+i, fomentando o desenvolvemento de actividades en rede con centros tecnolóxicos, de investigación e empresas, con énfase na participación de mulleres.

Co fin de harmonizar o exercicio das competencias que en materia de I+D+i teñen atribuídas a Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e a Axencia Galega de Innovación (en diante, Gain) da Consellería de Economía, Emprego e Industria e na procura de sinerxías, considérase de interese a realización de convocatorias conxuntas que axuden a consolidar un sistema de I+D+i suficientemente sólido como para garantir o desenvolvemento social e a competitividade económica.

Atendendo a estas consideracións xerais e en virtude das súas competencias, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Economía, Emprego e Industria proceden á convocatoria das axudas de apoio á etapa predoutoral para o exercicio 2017.

Na súa virtude, e no uso das atribucións que temos conferidas

ACORDAMOS:

Artigo 1. Obxecto

Esta orde establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas de apoio á etapa predoutoral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Gain, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva. O obxecto do Programa de apoio á etapa predoutoral é outorgar axudas ás universidades do SUG, aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación para a Investigación, Desenvolvemento e Innovación Ramón Domínguez, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e o IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia que contraten persoas tituladas superiores para a súa formación como doutoras e doutores nos seus centros (códigos de procedemento ED481A para as universidades do SUG e IN606A para as demais entidades), con dúas modalidades:

– Modalidade A: axudas cofinanciadas parcialmente con FSE destinadas ao apoio á etapa predoutoral para investigadoras e investigadores que desenvolvan un proxecto de investigación en liña cos retos definidos na Estratexia de especialización intelixente de Galicia RIS3 e que teñan unha persoa designada para dirixir ou codirixir a tese que cumpra os seguintes requisitos segundo a entidade solicitante:

1. No caso de solicitudes presentadas por universidades do SUG, que cumpra algún dos seguintes requisitos:

1º. Que estea integrada nun grupo de investigación ou nunha agrupación estratéxica que contase con financiamento da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nalgunha das convocatorias dos anos 2013 a 2016.

2º. Que sexa unha persoa investigadora contratada pola Gain no marco do programa Oportunius, ao abeiro do Decreto 64/2016 (DOG número 112, do 14 de xuño), polo que se regula o réxime de contratación pola Gain de persoal investigador baixo a modalidade de persoal investigador distinguido.

2. No caso das demais entidades solicitantes indicadas no artigo 2.1, que cumpra algún dos seguintes requisitos:

1º. Ter participado no desenvolvemento de proxectos financiados polo programa Feder-Innterconecta ou contrato programa da Gain entre os anos 2013 e 2016.

2º. Ter sido beneficiario ou ter participado no desenvolvemento de actividades financiadas pola Gain entre os anos 2013 e 2016.

3º. Ter sido beneficiario de proxectos financiados polo Plan nacional de I+D+i entre os anos 2013 e 2016.

4º. Ter sido beneficiario ou ter participado no desenvolvemento de proxectos financiados polo Programa marco de I+D da Unión Europea entre os anos 2013 e 2016 en calidade de líder ou socio.

Se durante a vixencia da axuda se produce un cambio na dirección da tese, a nova persoa proposta deberá cumprir os mesmos requisitos polos que a axuda foi adxudicada.

– Modalidade B: Axudas de carácter xeral de apoio a etapa predoutoral, mediante as cales se garantirá a representación de todas as ramas de coñecemento nesta convocatoria.

Para ambas as modalidades establécese a posibilidade de realizar estadías de tres meses de duración no estranxeiro, que favorezan unha mellora na formación das investigadoras e dos investigadores e que posibiliten que acaden a mención de doutora ou doutor internacional.

Artigo 2. Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios destas axudas as universidades do SUG, os organismos públicos de investigación de Galicia, as fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación para a Investigación, Desenvolvemento e Innovación Ramón Domínguez, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur) e os centros do CSIC e do IEO radicados en Galicia, que contraten as persoas seleccionadas a través dun contrato predoutoral de duración determinada e con dedicación a tempo completo, en virtude do cal a persoa seleccionada quedará vinculada á institución onde desenvolva a súa actividade, asumindo ambas as partes as obrigas contractuais que deriven del e que, en todo caso, se adecuarán ao contido da solicitude de axuda.

A duración do contrato non poderá ser inferior a un ano nin exceder de tres. Se se concerta un contrato de duración inferior a tres anos, poderá prorrogarse sucesivamente sen que, en ningún caso, as prórrogas poidan ter unha duración inferior a un ano. A actividade desenvolvida será avaliada anualmente pola comisión académica do programa de doutoramento, durante o tempo que dure a súa permanencia no programa, e o contrato poderá resolverse no caso de non superarse favorablemente esta avaliación.

2. Poderán acceder a estas axudas as entidades mencionadas no número 1 deste artigo que presenten como candidatas a ser destinatarias delas persoas que cumpran na data de peche da convocatoria os seguintes requisitos:

a) Ter nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea. Non obstante, as persoas non comunitarias poderán ser candidatas á axuda aínda que para formalizar o contrato deberán contar cos permisos necesarios de permanencia no país. O número máximo de axudas que se concedan a cidadáns non comunitarios é o que se indica no artigo 4 desta orde para cada unha das diferentes modalidades.

b) Estar matriculadas nun programa oficial de doutoramento dunha universidade do SUG para o curso 2016/17. Esta matrícula terá que estar formalizada necesariamente a tempo completo antes da sinatura do contrato.

c) Que a data de obtención do título universitario de licenciatura, grao ou equivalente empregado para formalizar a matrícula no programa de doutoramento correspondente sexa igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2013. Enténdese como data de finalización destes estudos a de superación da última materia para os completar. Esta data poderá ser igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2010 nos seguintes casos:

1º. As persoas licenciadas ou graduadas en Medicina, Farmacia, Bioloxía, Química ou Psicoloxía que na data de peche do prazo de presentación de solicitudes estean en posesión do título oficial de especialidade médica (MIR) ou farmacéutica (FIR) ou conten co certificado oficial de especialidade en bioloxía (BIR), química (QUIR) ou psicoloxía (PIR).

2º. As persoas candidatas que acrediten fidedignamente que se atopaban de baixa maternal ou que tiñan a cargo menores de tres anos entre o 1 de xaneiro de 2010 e o 31 de decembro de 2012.

3º. As persoas candidatas que posúan unha discapacidade igual ou superior ao 33 por cento.

d) Contar no expediente académico cunha nota media igual ou superior a 7, ou a 6 para as titulacións de Enxeñaría e Arquitectura, calculada segundo o indicado no artigo 6.1.c).

3. Non se admitirán como candidatas a ser destinatarias destas axudas persoas que estean en posesión do título de doutor nin persoas que fosen seleccionadas ou contratadas noutras convocatorias predoutorais da Xunta de Galicia.

Artigo 3. Conceptos subvencionables

Estas axudas inclúen tres conceptos:

1. O financiamento dun contrato predoutoral dun máximo de tres anos de duración.

2. Un complemento anual por axuda destinado ás entidades beneficiarias para cubrir os gastos asociados á contratación e para o seguro durante o período de estadía.

3. Estadías de tres meses de duración no estranxeiro para que de acordo co establecido no Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, as persoas contratadas acaden a mención de doutor/a internacional.

As estadías serán continuadas e terán que realizarse entre o 1 de marzo de 2018 e o 31 de outubro de 2018 e asegurar un grao de mobilidade e de internacionalización ao cal non se puidese ter accedido por formación académica anterior ou por outros factores tales como residencia, país de orixe ou nacionalidade, e en ningún caso poderá ocasionar un atraso na finalización dos estudos de doutoramento.

Para as axudas cofinanciadas polo FSE, terase en conta a Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020.

Artigo 4. Duración, número e importe das axudas

1. A duración das axudas será dun máximo de tres anos, que se desenvolverán a partir do 1 de xullo de 2017.

No caso de que con anterioridade á formalización do contrato predoutoral a persoa candidata desfrutase dalgunha axuda, pública ou privada, dirixida á súa formación predoutoral ou no marco do Estatuto do persoal investigador en formación, aprobado polo Real decreto 63/2006, durante un período superior a un ano, a duración da axuda desta convocatoria reducirase no tempo equivalente ao período que supere o previsto no artigo 21 da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación. A resolución de minoración corresponderalle á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para as universidades do SUG e á persoa titular da Consellería de Economía, Emprego e Industria para as demais entidades indicadas no artigo 2.1.

Para tal efecto, as persoas candidatas propostas deberán comunicarlle ao órgano instrutor correspondente, a través da entidade solicitante, a percepción doutras axudas, así como proporcionarlle a información que lles sexa requirida.

En ningún caso, a axuda que se conceda poderá ter unha duración inferior a 18 meses, contados desde a data prevista de incorporación, é dicir, de inicio do contrato.

2. O número e importe máximo das axudas concedidas para cada unha das modalidades serán:

– Modalidade A: 57 axudas. O importe máximo de cada axuda é de 23.500 € anuais. O número máximo de cidadáns non comunitarios que poderán obter este tipo de axudas é de 4. Con fin de garantir o cumprimento dos obxectivos fixados no programa operativo FSE Galicia para o período 2014-2020, polo menos 50 axudas deben recaer en persoas candidatas presentadas polas universidades do SUG.

– Modalidade B: 43 axudas. A previsión inicial é de 40 para o SUG e as restantes para as demais entidades indicadas no artigo 2.1. O importe máximo de cada axuda é de 20.500 € anuais. As axudas desta modalidade distribuiranse entre as ramas de coñecemento das cinco recollidas no Real decreto 1393/2007 (Artes e Humanidades; Ciencias; Ciencias da Saúde; Ciencias Sociais e Xurídicas; e Enxeñaría e Arquitectura), de maneira que se garanta un mínimo de 10 axudas no ámbito das universidades para Artes e Humanidades e 10 para Ciencias Sociais e Xurídicas, sempre que o número de solicitudes o permita. O número máximo de cidadáns non comunitarios que poderán obter unha axuda desta modalidade é de catro.

Estes importes só poderán ir destinados ao financiamento dos contratos das persoas seleccionadas, incluíndo os seus custos sociais.

3. Estadías de tres meses de duración no estranxeiro, asociadas ás axudas de ambas as dúas modalidades, cun importe máximo de 4.500 € en función do destino da estadía, de acordo coa seguinte distribución:

a) Zona 1: 1.500 €, se a estadía se realiza en Portugal ou Andorra.

b) Zona 2: 3.000 €, se a estadía se realiza en Europa (agás Portugal e Andorra), África ou América, agás EUA e Canadá.

c) Zona 3: 4.500 €, se a estadía se realiza en EUA, Canadá, Asia ou Oceanía.

Durante o período de estadía, a entidade beneficiaria terá que subscribir para cada persoa investigadora un seguro de accidentes, de responsabilidade civil e, cando se trate de países sen concerto coa Seguridade Social española ou cando as coberturas deste concerto sexan insuficientes, un seguro de asistencia médica cuxo ámbito de cobertura inclúa o país de destino. Estes seguros deberán cubrir o período total de estadía efectiva.

4. Establécese un complemento de 1.000 € anuais por axuda, nas dúas modalidades, para cubrir os gastos asociados á contratación e para o seguro durante o período de estadía.

5. Se a entidade beneficiaria formaliza un contrato que implique unha contía superior á estipulada para cada modalidade, deberá achegar a diferenza.

En ningún caso lle serán exixibles á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e á Gain máis obrigas que o cumprimento das condicións da subvención ou axuda nos termos sinalados nesta convocatoria.

Artigo 5. Forma e lugar de presentación de solicitudes

1. As entidades solicitantes presentarán as solicitudes de maneira individualizada para cada unha das persoas candidatas propostas. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado ED481A para as universidades do SUG e IN606A para as demais entidades indicadas no artigo 2, dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes que contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

3. Cada persoa soamente poderá ser presentada como candidata por unha entidade e só poderá optar a unha das modalidades descritas, sempre e cando cumpra os requisitos exixidos.

Se opta á axuda para estadías, deberá indicar este aspecto e a zona a que pertence o país de destino da estadía no punto sinalado no formulario de solicitude (anexo II ou anexo II bis).

Artigo 6. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Anexo III. Declaración asinada pola persoa candidata a ser destinataria da axuda en que conste:

– Que presenta a súa candidatura por unha única modalidade e a través dunha única entidade solicitante.

– Que non foi seleccionada ou contratada con cargo a outras convocatorias de recursos humanos da Xunta de Galicia.

– Que non ten o título de doutor/a.

– No caso de que desfrutase dunha bolsa de colaboración nun departamento universitario, a referencia ao diario ou boletín oficial da súa concesión.

b) Declaración da persoa designada para dirixir ou codirixir a tese, segundo o anexo IV.

c) Certificación da universidade na cal está matriculada a persoa candidata, asinada pola persoa titular da vicerreitoría competente en materia de investigación ou persoa en que delegue, conforme o modelo normalizado do anexo V, na cal se fagan constar os seguintes aspectos:

1º. Programa de doutoramento en que está matriculada a persoa candidata no curso 2016/17.

2º. Título de licenciatura, grao ou equivalente empregado para formalizar a matrícula no programa de doutoramento, universidade e campus onde se cursou, data de finalización e número de créditos superados.

3º. Nota media coa que se concorre a esta convocatoria, calculada de acordo cos seguintes criterios:

– No caso de ensinanzas conducentes á obtención do título universitario oficial español de licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou graduado/a nun grao de polo menos 300 créditos, valoraranse a totalidade dos créditos ou materias superadas.

– No caso de ensinanzas conducentes á obtención do título de graduado/a de menos de 300 créditos, diplomado/a, enxeñeiro/a técnico/a, arquitecto/a técnico/a e mestre/a, a nota media realizarase tendo en conta estes estudos máis a totalidade dos créditos superados no máster ou equivalente. Débense ter completado polo menos 300 créditos no conxunto dos estudos universitarios de grao ou primeiro ciclo e de máster ou equivalente. O cálculo realizarase de acordo coa seguinte fórmula:

(X*C1+M*C2) / (C1+C2)

Onde:

X: nota media obtida no grao ou no primeiro ciclo.

M: nota media obtida no máster ou equivalente.

C1: créditos superados no grao ou no primeiro ciclo.

C2: créditos superados no máster ou equivalente.

– A nota media do expediente académico para estudos cursados no estranxeiro debe calcularse de acordo co disposto nas resolucións do 20 de xuño e do 21 de xullo de 2016 da Dirección Xeral de Política Universitaria do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (<http://www.mecd.gob.es/mecd/servicios-al-ciudadanomecd/catalogo/general/educacion/203615/ficha.html>). A persoa candidata terá que tramitar a declaración de equivalencia da nota media de acordo con este procedemento e achegarlla á universidade en que está matriculada no programa de doutoramento para o cálculo da nota coa que se concorre á convocatoria. A verificación da declaración de equivalencia correspóndelle á universidade, que deberá revisar que os datos consignados nela coinciden cos do certificado presentado para darlle validez a esta, polo que só será válida se está acompañada do certificado académico oficial orixinal ou fotocopia compulsada e, se é o caso, da tradución correspondente.

En todos os casos a nota coa que se concorre á convocatoria ten que estar adecuada ao Real decreto 1125/2003, do 5 de setembro, e tendo en conta os criterios sinalados no Protocolo de colaboración subscrito entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as tres universidades galegas para a valoración de expedientes académicos.

d) Certificación asinada pola persoa competente (o titular da vicerreitoría competente en materia de investigación, ou persoa en que delegue, ou ben a persoa responsable do organismo/centro de investigación respectivo), non obrigatoria para as solicitudes da modalidade B, en que se fagan constar os seguintes aspectos:

1º. No caso de solicitudes presentadas por unha universidade do SUG, indicación da convocatoria da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da cal obtivo financiamento o grupo, agrupación estratéxica ou centro de investigación singular a que pertence a persoa designada para dirixir ou codirixir a tese ou indicación de que é unha persoa investigadora contratada pola Gain no marco do programa Oportunius, ao abeiro do Decreto 64/2016 (DOG número 112, do 14 de xuño), polo que se regula o réxime de contratación pola Gain de persoal investigador baixo a modalidade de persoal investigador distinguido.

2º. No caso das demais entidades solicitantes indicadas no artigo 2.1, que a persoa designada para dirixir ou codirixir a tese está integrada nun grupo que cumpra algún dos seguintes requisitos, indicando a referencia (código de procedemento, número de expediente, título de proxecto e tipo de participación nel) que permita identificar a axuda específica:

– Ter participado no desenvolvemento de proxectos financiados polo programa Feder-Innterconecta ou contrato programa da Gain entre os anos 2013 e 2016.

– Ter sido beneficiario ou ter participado no desenvolvemento de actividades financiadas pola Gain entre os anos 2013 e 2016.

– Ter sido beneficiario de proxectos financiados polo Plan nacional de I+D+i entre os anos 2013 e 2016.

– Ter sido beneficiario ou ter participado no desenvolvemento de proxectos financiados polo Programa marco de I+D da Unión Europea entre os anos 2013 e 2016 en calidade de líder ou socio.

e) Proxecto de traballo de investigación que se vai realizar para a obtención do grao de doutor/a, cunha extensión máxima de 4.000 palabras, asinado pola persoa investigadora e pola persoa designada para dirixir a tese, en que consten especificamente, polo menos, os seguintes aspectos:

– Obxectivos e contidos básicos do traballo.

– Metodoloxía.

– Planificación temporal.

– Transferencia de resultados

f) Memoria da adecuación do proxecto de investigación ás liñas estratéxicas definidas no anexo I desta orde, asinada pola persoa candidata e a persoa designada para dirixir a tese (opcional para a modalidade B).

g) Aprobación do proxecto de tese pola comisión académica do programa de doutoramento correspondente.

h) Certificado do nivel de coñecemento de lingua no cal figure expresamente o nivel alcanzado de acordo co Marco común europeo de referencia para as linguas, de ser o caso.

i) Documentación que acredite aos supostos de excepcionalidade previstos no artigo 2 sobre as datas de finalización dos estudos, no caso das persoas que se acollan a estes supostos.

Nos anexos II e II bis recóllese unha declaración responsable da entidade solicitante na cal se indica que ten a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

Para os efectos de control, as entidades convocantes poderán requirir a documentación complementaria que consideren necesaria para o desenvolvemento das axudas.

Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requeriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. No caso de ter solicitado a axuda para estadía, antes do 31 de xaneiro de 2018, a entidade beneficiaria deberá remitirlle á Secretaría Xeral de Universidades ou á Gain, segundo corresponda, a seguinte documentación:

a) Plan de traballo asinado pola persoa contratada e co visto e prace da persoa directora da tese.

b) Carta de aceptación do centro de destino asinada pola persoa directora do centro ou figura equivalente. O centro de destino deberá estar situado nun país incluído na zona que se indicou na solicitude e pola que se concedeu a axuda.

c) Autorización de ausencia da entidade beneficiaria.

Antes do inicio do período de estadía, a Secretaría Xeral de Universidades e a Gain publicarán nas súas páxinas web, para as universidades do SUG e para as demais entidades indicadas no artigo 2.1, respectivamente, a relación de persoas que desfrutarán de estadía, con indicación da entidade contratante, o país e a zona de destino.

Artigo 7. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa representante.

b) DNI ou NIE da persoa candidata á axuda.

c) Estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

d) Estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

e) Estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os devanditos documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar das persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 8. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Todos os trámites administrativos que as entidades solicitantes deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da entidade solicitante dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 9. Instrución do procedemento

A instrución do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle á Secretaría Xeral de Universidades para as solicitudes pertencentes ao SUG e á Gain para as restantes solicitudes. Para este fin comprobarán que todas as solicitudes reúnen os requisitos establecidos nesta orde e exporán as listaxes das solicitudes admitidas e excluídas sinalando, se é o caso, as causas da exclusión, na internet nos enderezos http://www.edu.xunta.gal (na epígrafe da Secretaría Xeral de Universidades) e http://gain.xunta.gal

Estas listaxes estarán expostas por un período de 10 días naturais e durante este prazo as entidades solicitantes poderán formular reclamacións para emendar erros ou falta de documentos das persoas interesadas ante a Secretaría Xeral de Universidades no caso das universidades do SUG, ou a dirección da Gain nos demais casos, para o cal presentarán a documentación oportuna. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas da exclusión, considerarase que a entidade solicitante desiste da súa petición nos termos establecidos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do disposto no punto anterior, poderá requirirse a entidade solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución dos procedementos.

Unha vez transcorrido o prazo para as emendas ou alegacións, as persoas titulares da Secretaría Xeral de Universidades e da dirección da Gain ditarán unha resolución pola que se aproban as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas, que se publicará na internet no enderezo http://www.edu.xunta.gal e http://gain.xunta.gal. Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no caso de solicitudes do SUG, ou a presidencia da Gain, nos demais casos, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Non axustarse aos termos da convocatoria, o incumprimento dos requisitos nela establecidos, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada, con independencia de que poidan acordarse outro tipo de actuacións.

A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

Artigo 10. Criterios de valoración

1. Os criterios e o baremo que rexerán no proceso de avaliación e selección serán os seguintes:

a) Expediente académico: nota media segundo os criterios sinalados no artigo 6.1.c). Esta nota media do expediente académico, aproximada a catro decimais, será ponderada pola media da titulación dos cursos 2013/14, 2014/15 e 2015/16 da universidade do SUG en que está matriculada a persoa candidata. As universidades enviarán á Secretaría Xeral de Universidades a nota media das súas titulacións durante o prazo de presentación de solicitudes. No caso das persoas cuxa titulación non exista no SUG, ponderarase pola media da titulación que se considere máis afín, por proposta da comisión de selección.

A nota media ponderada do expediente académico calcularase de acordo coa seguinte fórmula: nota media do expediente académico da persoa candidata elevada ao cadrado dividida pola nota media da titulación correspondente dos cursos 2013/14, 2014/15 e 2015/16 achegada polas universidades.

De producirse algún caso en que non sexa posible determinar algunha nota ou outras casuísticas non previstas na convocatoria, os órganos instrutores, co asesoramento da comisión de selección, determinarán o procedemento que se seguirá, velando polo principio de equidade.

b) Ter desfrutado dunha bolsa de colaboración nun departamento universitario: 1 punto.

c) Nivel de coñecemento dalgunha lingua estranxeira segundo o Marco común europeo de referencia para as linguas (non se considerará lingua estranxeira a do país de orixe ou de nacionalidade):

– B2 ou equivalente: 0,5 puntos.

– C1 ou equivalente: 1 punto.

– C2 ou equivalente: 1,5 puntos.

Poderán sumarse as puntuacións correspondentes a varios certificados de linguas diferentes, pero non se acumularán as puntuacións de diferente nivel dunha mesma lingua. A puntuación máxima desta epígrafe será de 1,5 puntos.

d) Pertenza da persoa designada para dirixir ou codirixir a tese:

d).1. No caso de solicitudes presentadas por unha universidade do SUG:

– Pertenza a un grupo con potencial de crecemento que contase con financiamento nalgunha das convocatorias de 2014 a 2016: 1,5 puntos.

– Pertenza a un grupo de referencia competitiva que contase con financiamento nalgunha das convocatorias de 2013 a 2016: 2,5 puntos.

– Pertenza a un equipo de investigación dirixido por persoal investigador baixo a modalidade de investigador distinguido contratado pola Gain (programa Oportunius), ao abeiro do Decreto 64/2016 (DOG número 112, do 14 de xuño), polo que se regula o réxime de contratación pola Gain de persoal investigador baixo a modalidade de persoal investigador distinguido: 2,5 puntos.

– Pertenza a unha agrupación estratéxica recoñecida no ano 2015: 3 puntos.

– Pertenza a unha agrupación estratéxica consolidada recoñecida no ano 2016: 4 puntos.

– Pertenza a un centro de investigación singular recoñecido no ano 2016: 5 puntos.

d).2. No caso de solicitudes presentadas polas demais entidades indicadas no artigo 2.1:

– Ter participado no desenvolvemento de proxectos financiados polo programa Feder-Innterconecta ou polo contrato programa da Gain entre os anos 2013 e 2016: 1,5 puntos.

– Ter sido beneficiario ou ter participado no desenvolvemento de actividades financiadas pola Gain entre os anos 2013 e 2016: 2,5 puntos.

– Ter sido beneficiario de proxectos financiados no marco do Plan nacional de I+D+i entre os anos 2013 e 2016: 4 puntos.

– Ter sido beneficiario ou ter participado no desenvolvemento de proxectos financiados polo Programa marco de I+D da Unión Europea entre os anos 2013 e 2016 en calidade de líder ou socio: 4 puntos.

Só se terá en conta a puntuación acadada pola pertenza da persoa designada para dirixir ou codirixir a tese a unha estrutura grupal ou supragrupal universitaria ou de organismos de investigación alleos ao SUG, e só se valorará por unha das epígrafes, de xeito que non son acumulativas entre si.

e) Adecuación do proxecto de investigación ás liñas estratéxicas definidas no anexo I nunha escala de 1 a 5, de acordo coa seguinte desagregación:

– Moi pouco adecuado: ata 0,5 puntos.

– Pouco adecuado: desde 0,6 a 2,5 puntos.

– Adecuado: desde 2,6 a 3,5 puntos.

– Moi adecuado: desde 3,6 a 5 puntos.

A valoración da alínea e) será realizada por un equipo avaliador formado por persoas expertas de fóra do Sistema de I+D+i galego, para o cal se poderá contar coa colaboración da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), a partir da documentación indicada no artigo 6.1.

2. A puntuación final das persoas candidatas en cada modalidade obterase segundo a seguinte fórmula:

Para a modalidade A = (suma das puntuacións das alíneas a), b) e c) deste artigo x 0,6) + (suma das puntuacións das alíneas d) e e) deste artigo x 0,4).

Para a modalidade B = (suma das puntuacións das alíneas a), b) e c) deste artigo x 0,7) + (suma das puntuacións das alíneas d) e e) deste artigo x 0,3).

3. A puntuación final, xunto cos seus valores desagregados, farase chegar a unha comisión de selección, que elaborará un informe para o órgano instrutor de acordo coas bases da convocatoria e a dispoñibilidade de recursos.

Artigo 11. Comisión de selección

1. A comisión de selección estará constituída por oito membros:

– O/a subdirector/a xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria da Secretaría Xeral de Universidades ou persoa en quen delegue, ou o/a director/a da Área de Xestión da Gain ou persoa en quen delegue, que actuará como presidente/a da comisión.

Serán vogais da comisión:

– O/a subdirector/a xeral de Universidades da Secretaría Xeral de Universidades, ou persoa en quen delegue.

– Un/unha director/a de área da Gain ou persoa en quen delegue.

– Un/unha xefe/a de servizo da Secretaría Xeral de Universidades.

– Tres persoas de recoñecido prestixio nas principais áreas de coñecemento das solicitudes presentadas a esta convocatoria, nomeadas polo/a presidente/a da comisión de selección.

– Un/unha xefe/a de servizo da Secretaría Xeral de Universidades, que actuará como secretario/a da comisión.

2. Na modalidade A as solicitudes ordenaranse por orde decrecente de puntuación final e as prazas adxudicaranse comezando pola persoa candidata de maior puntuación, respectando en todo caso o establecido no artigo 4.2.

3. Na modalidade B as solicitudes ordenaranse por orde decrecente de puntuación final e adxudicaranse comezando polas 10 mellores puntuacións das ramas de Artes e Humanidades e de Ciencias Sociais e Xurídicas e as axudas restantes adxudicaranse por orde decrecente de puntuación final sen ter en conta a rama a que pertencen, respectando en todo caso o establecido no artigo 4.2, sen prexuízo de que a distribución entre o SUG e as demais entidades indicadas no artigo 2.1 non se axuste á previsión inicial.

O título de referencia para a adscrición a unha rama de coñecemento é o de licenciatura, grao ou equivalente empregado para formalizar a matrícula no programa de doutoramento. Esta adscrición recóllese no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT) e pode consultarse na páxina www.educacion.gob.es/ruct

4. No caso de que cos criterios enunciados anteriormente se produza unha igualdade de puntuación, utilizaranse os seguintes criterios de desempate:

1º. Prevalecerán as mulleres sobre os homes.

2º. A solicitude da persoa candidata que presentase o plan de traballo en galego.

3º. A solicitude da persoa candidata con maior nota media do título de licenciatura, grao ou equivalente.

5. Tendo en conta os puntos anteriores a comisión de selección elaborará un informe para os órganos instrutores no cal fará constar a súa proposta coa relación de persoas candidatas a ser destinatarias das axudas, distribuídas por entidades beneficiarias e especificando a avaliación que lles corresponde segundo os criterios establecidos neste artigo.

6. Complementariamente a comisión de selección incluirá no informe un total de catro listas de espera (unha para cada modalidade e órgano instrutor), nas cales figurarán por orde decrecente de puntuación final as solicitudes que non acaden a puntuación suficiente para seren adxudicatarias da axuda pero que teñan unha puntuación igual ou superior á mínima establecida pola comisión de selección. Cada unha das listaxes estará formada por un número equivalente ao 50 % das axudas concedidas para cada modalidade e órgano instrutor. Para a elaboración destas listaxes non se terán en conta ningunha das limitacións recollidas no artigo 4 desta convocatoria relativas á distribución polas ramas de coñecemento e ao número máximo de persoas non comunitarias.

7. A proposta de concesión formulada polos órganos instrutores a partir do informe da comisión así como, de ser o caso, as listaxes de espera para posibles substitucións, publicaranse na internet, nas epígrafes de axudas http://www.edu.xunta.gal e http://gain.xunta.gal. Esta publicación terá só efectos informativos.

Artigo 12. Resolución de concesión das axudas

1. A competencia para resolver estas axudas correspóndelle conxuntamente á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a persoa titular da presidencia da Gain. Os órganos instrutores correspondentes elevaranlles a proposta de resolución que incluirá, para cada entidade beneficiaria, a relación de persoas seleccionadas co importe da axuda concedida, as listaxes de espera de cada modalidade, de ser o caso, e a desestimación expresa do resto das solicitudes. Con cargo aos créditos da Secretaría Xeral de Universidades financiaranse as axudas correspondentes ás universidades do SUG e a Gain asumirá o financiamento das demais entidades indicadas no artigo 2.1.

2. A resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (http://edu.xunta.gal) e da Gain (http://gain.xunta.gal), pola cal se entenderán notificados para todos os efectos as persoas solicitantes, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no caso de solicitudes pertencentes ao SUG, e ante a persoa titular da presidencia da Gain nos restantes casos, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución.

A resolución publicarase no prazo máximo de cinco meses desde o inicio do prazo de presentación de solicitudes de cada modalidade. A non resolución en prazo faculta as persoas interesadas para entenderen desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

3. Dado que a modalidade A destas axudas está cofinanciada polo Fondo Social Europeo, na resolución de concesión informarase a persoa ou entidade beneficiaria do cofinanciamento comunitario, con expresión do obxectivo temático, prioridade de investimento e obxectivo específico e a porcentaxe de cofinanciamento. Así mesmo, informaráselle de que a aceptación da subvención comunitaria implicará a súa aparición na lista pública de operacións cos nomes dos ou das beneficiarias, no suposto de seren entidades xurídicas, así como a outra información recollida no anexo XII do Regulamento (UE) número 1303/2013, en relación co artigo 115.2 da mesma norma xurídica.

Artigo 13. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude.

Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación realizada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. As notificacións por medios electrónicos entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida polo interesado, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

4. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia efectuará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 14. Aceptación da axuda

Unha vez asinada a resolución, as universidades beneficiarias deberán remitir á Secretaría Xeral de Universidades e as restantes entidades á Gain un escrito de aceptación da axuda no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG e vincularán as persoas seleccionadas aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato.

Nos contratos deberá facerse referencia expresa:

a) Ao seu financiamento con cargo ás axudas de apoio á etapa predoutoral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia ou da Gain, segundo a entidade beneficiaria e, se é o caso, ao cofinanciamento co FSE, nunha porcentaxe máxima da 80 %, no obxectivo específico 10.02.01.

b) Á data de incorporación efectiva da persoa contratada ao seu posto de traballo.

c) Á retribución bruta anual, ao lugar de prestación de servizo e á duración do contrato, que deberá ser con dedicación a tempo completo.

A data límite para a sinatura dos contratos, que se establecerá na resolución de adxudicación das axudas, será en todo caso antes do 1 de agosto de 2017, agás para as persoas non comunitarias que poderá ser ata o 30 de setembro de 2017.

A non formalización do contrato dentro do prazo previsto considerarase unha renuncia tácita á axuda.

Calquera modificación dos termos polos que a axuda foi concedida terá que ser comunicada e autorizada pola Secretaría Xeral de Universidades ou pola Gain, segundo a entidade beneficiaria.

Artigo 15. Libramento da subvención

1. As entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

2. Para o libramento dos fondos será preciso que a entidade correspondente remita a xustificación da axuda nos termos que a seguir se indican:

a) Copia compulsada dos contratos asinados no prazo máximo dun mes contado desde a súa sinatura.

b) Declaración/certificación da asignación efectiva da persoa directora ou codirectora da tese pola que a persoa investigadora foi avaliada, que se enviará xunto co correspondente contrato.

c) Memoria de seguimento asinada polo doutorando ou doutoranda e pola persoa directora ou codirectora da tese.

d) Informe favorable da Comisión académica do programa de doutoramento (CAPD).

e) Certificación expresiva da realización do gasto e do pagamento durante o período da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a cal foi concedida, de acordo co artigo 27 da Lei 12/2014, do 30 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

f) No suposto de que a entidade solicitante denegue expresamente a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, deberá achegar a documentación acreditativa de se encontrar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e de que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da Comunidade Autónoma.

g) Certificado de dedicación exclusiva ao proxecto asinado pola persoa investigadora e pola persoa directora ou codirectora da tese durante o período de xustificación.

h) Certificado asinado polo órgano responsable de control da entidade onde conste a permanencia efectiva e a dedicación exclusiva da persoa investigadora ao programa.

i) Memoria das estadías realizadas, asinada pola persoa contratada co visto e prace da persoa directora ou codirectora da tese, e certificado do centro receptor, no caso de aquelas persoas contratadas ás cales se lles concedese a axuda para estadías desta convocatoria.

3. A documentación indicada achegarase consonte a seguinte periodización:

Período xustificación

Documentación

Data límite presentación

1ª. xustificación: mensualidades de xullo a outubro de 2017, ambos os meses incluídos.

A documentación indicada nas epígrafes a), b), d), e), f), g), h) do punto 2 deste artigo.

20 de decembro de 2017

Con esta xustificación libraranse os fondos pertencentes aos complementos por persoa contratada, destinado a cada unha das entidades beneficiarias, correspondente ao primeiro ano de contrato e aos contratos que efectivamente se enviasen con anterioridade a esta data.

2ª. xustificación: mensualidades de novembro de 2017 a abril de 2018, ambos os meses incluídos.

A documentación indicada nas epígrafes e), f), g) e h) do punto 2 deste artigo.

30 de xuño de 2018

3ª. xustificación: de maio de 2018 a outubro de 2018, ambos os meses incluídos.

A documentación indicada nas epígrafes a), b), c), d), e), f), g), h) e i) do punto 2 deste artigo.

20 de decembro de 2018

Coa data do pagamento relativo a esta xustificación libraranse os fondos pertencentes ao complemento por persoa contratada, destinado a cada unha das entidades beneficiarias, correspondente ao segundo ano de contrato, e o importe das estadías.

4ª. xustificación: de novembro de 2018 a abril de 2019, ambos os meses incluídos.

A documentación indicada nas epígrafes e), f), g) e h) do punto 2 deste artigo.

30 de xuño de 2019

5ª. xustificación: de maio de 2019 a outubro de 2019, ambos os meses incluídos.

A documentación indicada nas epígrafes a), b), c), d), e), f), g) e h) do punto 2 deste artigo.

20 de decembro de 2019

Coa data do pagamento relativo a esta xustificación libraranse os fondos pertencentes ao complemento por persoa contratada, destinado a cada unha das entidades beneficiarias, correspondente ao terceiro ano de contrato.

6ª. xustificación: de novembro de 2019 a abril de 2020, ambos os meses incluídos.

A documentación indicada nas epígrafes e), f), g) e h) do punto 2 deste artigo.

30 de xuño de 2020

7ª. xustificación: de maio de 2020 ata a finalización dos contratos.

A documentación indicada nas epígrafes e), f), g) e h) do punto 2 deste artigo e a documentación que se indica no punto 5 deste artigo que se ten que enviar coa última xustificación.

20 de decembro de 2020

4. No caso das axudas da modalidade A cofinanciadas polo FSE, coa primeira xustificación deberase achegar información dos indicadores de produtividade sobre as entidades e os participantes a que se refire o anexo I do Regulamento (UE) número 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo ao Fondo Social Europeo. Do mesmo xeito, coa última xustificación as universidades beneficiarias deberán presentar os indicadores de resultado inmediatos a que se refire o anexo I do Regulamento (UE) número 1304/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de setembro, relativo ao Fondo Social Europeo. Os indicadores de produtividade relativos á persoa solicitante refírense á data inmediatamente anterior ao inicio da vinculación da persoa participante coas actuacións subvencionadas, mentres que os indicadores de resultado inmediato deberán referirse ao período comprendido entre o día posterior á finalización da súa vinculación coa operación e as catro semanas seguintes, no período de xustificación da correspondente subvención. Así mesmo, a Administración poderá requirir novos datos no prazo de seis meses desde que finalice a vinculación da persoa participante coa actividade cofinanciada, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento.

No caso de que a persoa contratada renuncie antes do remate do período da axuda, os indicadores deberán presentarase no prazo dun mes desde a súa renuncia.

5. Xunto coa última xustificación, a entidade beneficiaria presentará:

a) Unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo fin das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades, correspondente á propia entidade beneficiaria.

b) Unha copia da vida laboral de cada persoa contratada durante o período de permanencia no programa.

c) Memoria final do traballo realizado asinado pola persoa contratada, co visto e prace da persoa directora ou codirectora da tese.

No caso de que a persoa contratada renuncie antes do remate do período da axuda, a copia da vida laboral e a memoria final do traballo realizado presentarase no prazo dun mes desde a súa renuncia.

6. Para os casos de meses incompletos, o cálculo do importe correspondente a esa fracción de mes realizarase dividindo o importe máximo anual entre 360 días e multiplicando o resultado polo número de días traballados nese mes.

7. Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

8. Poderán realizarse pagamentos parciais á conta da liquidación final nas condicións establecidas na normativa vixente.

Nos proxectos plurianuais enténdese que os investimentos e pagamentos que se efectúen desde a data límite de xustificación da anualidade corrente ata final de ano corresponden á anualidade seguinte e, polo tanto, poderán presentarse como xustificante para o cobramento desta anualidade.

Artigo 16. Réxime de compatibilidade

1. As entidades beneficiarias poderán compatibilizar as axudas reguladas nesta orde con outras axudas ou subvencións financiadas con fondos públicos ou privados que teñan unha finalidade análoga. De acordo coa normativa aplicable o importe das axudas concedidas, illadamente ou en concorrencia con outras axudas, ingresos e recursos, non poderá superar o custo da actividade subvencionada.

2. Os contratos que se formalicen con cargo a estas axudas serán incompatibles con outras axudas ou subvencións que teñan a mesma finalidade e, en xeral, coa percepción de calquera contía que teña natureza salarial. Non obstante, a persoa contratada poderá recibir bolsas que se convocan para cubrir algunha das accións formativas que vai realizar segundo o seu proxecto (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación).

3. No caso de ausencias temporais ou as estadías breves non financiadas nesta convocatoria, conten ou non con algún tipo de financiamento, deberán ser autorizadas pola entidade que financie as axudas (Secretaría Xeral de Universidades ou Gain). Nestes casos será preciso que a entidade beneficiaria presente xunto coa solicitude de autorización unha breve memoria descritiva dos traballos, asinada pola persoa contratada e co visto e prace da persoa directora ou codirectora da tese, con indicación expresa de que son compatibles co seu traballo e co contrato asinado.

Os períodos de ausencia temporal da entidade de adscrición en ningún caso poderán superar os 6 meses ao longo dos 3 anos de contrato nin poderán superpoñerse cos últimos 6 meses de contrato.

4. As persoas contratadas con cargo a estas axudas poderán, por petición propia, dedicar ata un máximo de 60 horas por curso académico, non retribuídas, á colaboración en actividades docentes con fins formativos, limitadas a ensinanzas prácticas ou suplencias, logo da conformidade entre a comisión académica do programa de doutoramento e o departamento implicado.

5. No momento en que algunha das persoas contratadas realice a lectura da súa tese de doutoramento, a entidade beneficiaria deberá comunicarllo á entidade financiadora (Secretaría Xeral de Universidades ou Gain), indicando no caso de ter desfrutado da axuda por estadía se obtivo a mención de doutor/a internacional, no prazo dos 15 días seguintes. A obtención do grao de doutor supón a extinción da axuda predoutoral.

Artigo 17. Modificación da resolución de concesión de axudas

Poderase modificar a resolución de concesión da axuda, tal como se especifica no artigo 17 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando se alteren as condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, pola obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais ou internacionais. Por iso, cando o/a beneficiario/a reciba outros fondos cos mesmos obxectivos que os establecidos nesta convocatoria, deberá comunicarllo á entidade financiadora (Secretaría Xeral de Universidades ou Gain).

Artigo 18. Incumprimento, reintegros e sancións

1. O incumprimento das obrigas contidas nesta convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución da concesión, dará lugar á obriga da entidade beneficiaria de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes.

2. Os criterios de gradación dos posibles incumprimentos para determinar a cantidade que se minorará ou reintegrará, no marco do artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, serán os seguintes:

a) O incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a solicitude doutras axudas incompatibles dará lugar ao reintegro do 10 % da axuda concedida.

b) O incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a obtención doutras axudas incompatibles dará lugar ao reintegro do 100 % da axuda percibida máis os xuros de demora, sen prexuízo das sancións que poidan corresponder.

c) O incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a solicitude doutras axudas compatibles dará lugar ao reintegro parcial do 5 % da axuda concedida.

d) O incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a obtención doutras axudas compatibles dará lugar ao reintegro do exceso percibido máis os xuros de demora, sen prexuízo das sancións que poidan corresponder.

e) No caso das axudas da modalidade A cofinanciadas parcialmente con FSE, o incumprimento das obrigas de publicidade e información suporá a corrección do 2 % do importe da axuda.

3. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no artigo 38 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Aos beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 19. Renuncia das axudas e interrupcións

1. No caso de que se produza algunha renuncia ou outra causa de extinción da relación laboral, a entidade beneficiaria deberá comunicala, mediante escrito motivado da persoa seleccionada, dirixido á Secretaría Xeral de Universidades ou á Gain segundo corresponda, nun prazo mínimo de 15 días naturais antes de que se produza. Deberase xuntar un informe da entidade beneficiaria indicando se a persoa contratada desenvolveu unha actividade satisfactoria que permitise o seu perfeccionamento e especialización profesional durante a permanencia no programa.

2. En ambas as modalidades poderase adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza antes do 31 de outubro de 2017. Para cubrir estas renuncias seguirase a prelación das listas de espera definidas no artigo 11.6, tendo en conta que soamente poderán ser cubertas coas solicitudes da lista de espera da modalidade e do órgano instrutor nos cales se produza a renuncia. A persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións e polo tempo restante de aproveitamento da axuda. No caso das axudas financiadas con FSE deberá cumprirse coas obrigas establecidas no artigo 20.3.b) desta orde.

A competencia para adxudicar unha nova axuda correspóndelle á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou á persoa titular da Presidencia da Gain, segundo que as novas incorporacións procedan das listas de espera da Secretaría Xeral de Universidades ou da Gain, respectivamente.

3. No caso de que a persoa seleccionada perda a condición de contratada unha vez percibidas as axudas pola entidade correspondente, procederase consonte o establecido no artigo 38 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, a entidade beneficiaria deberá comunicar a renuncia, mediante escrito motivado da persoa seleccionada, dirixido á entidade financiadora (Secretaría Xeral de Universidades ou Gain), nun prazo mínimo de 15 días naturais antes de que se produza.

4. As situacións de incapacidade temporal, risco durante o embarazo, maternidade, adopción ou acollemento, risco durante a lactación e paternidade, suspenderán o cómputo da duración do contrato. Cando se produza a suspensión do contrato pola concorrencia dalgunha destas situacións, as entidades beneficiarias poderán solicitar a interrupción e a prórroga do prazo de execución da axuda correspondente ao tempo de suspensión, no prazo de 10 días hábiles desde que esa baixa se produza.

A interrupción e a prórroga a que se fai referencia no punto anterior deberá ser autorizada polo órgano concedente correspondente, que poderá solicitar os informes que considere. A entidade correspondente deberá achegar o contrato ou o documento xustificativo da prórroga que cubra o dito período, no prazo dun mes desde a súa sinatura.

Cando se autorice a interrupción e prórroga, non se considerarán subvencionables os gastos derivados da contratación en que poida incorrer a entidade beneficiaria (retribución salarial e cota patronal da Seguridade Social) durante o tempo de interrupción, polo que non se deben incluír nas certificacións de xustificación económica. A duración do contrato verase ampliada por un período idéntico ao da interrupción, para os efectos establecidas nesta convocatoria.

Esta autorización en ningún caso supón un aumento na contía da axuda concedida inicialmente. Calquera incremento no pagamento da cota patronal da Seguridade Social como consecuencia do período prolongado será por conta da entidade beneficiaria.

Artigo 20. Dereitos e obrigas

1. Son obrigas xerais da entidade contratante, sen prexuízo das derivadas da relación laboral que se estableza:

a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas nesta convocatoria.

b) Manter de forma separada na contabilidade os ingresos da axuda percibida, así como os custos directos de persoal, e conservar toda a documentación relativa á subvención e ás persoas participantes durante un período de tres anos que se contará a partir do 31 de decembro seguinte á presentación destas contas perante a Comisión Europea.

c) Formalizar un contrato de duración determinada con dedicación a tempo completo coa persoa candidata seleccionada.

d) Proporcionarlle o apoio necesario e facilitarlle a utilización dos medios, instrumentos ou equipamentos que resultan precisos, para o normal desenvolvemento da súa actividade.

e) Permitir a súa integración nos departamentos en que leven a cabo o seu labor. Os centros onde se integren estarán obrigados a garantirlles os dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpran as súas obrigas.

f) Contratar un seguro de accidentes, de responsabilidade civil e, cando se trate de países sen concerto coa Seguridade Social española ou cando as coberturas deste concerto sexan insuficientes, un seguro de asistencia médica cuxo ámbito de cobertura inclúa o país de destino. Estes seguros deberán cubrir o período total de estadía efectiva.

g) Someterse ás actuacións de control, comprobación e inspección que efectuarán a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, ás verificacións que poidan realizar os organismos implicados na xestión ou seguimento do FSE, que incorporarán as correspondentes visitas sobre o terreo, ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

2. As persoas contratadas mediante estas axudas teñen os seguintes deberes e dereitos:

a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas nesta convocatoria.

b) Aterse ao réxime interno ou de funcionamento da institución en que desenvolvan as súas actividades, especialmente no relativo ás condicións de traballo e normas de prevención de riscos laborais.

c) Presentar a memoria final do traballo realizado a que se fai referencia no artigo 21.3 desta convocatoria.

d) Ademais dos dereitos de carácter xeral que se sinalan no artigo 21 da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, e no artigo 5.1 do Real decreto 63/2006, do 27 de xaneiro, polo que se aproba o Estatuto do persoal investigador en formación, as persoas contratadas mediante estas axudas teñen dereito a beneficiarse dos dereitos de carácter laboral, así como dos relativos á seguridade social, que deriven do contrato que formalicen coa entidade de adscrición.

3. Son obrigas específicas de publicidade, tanto para as entidades beneficiarias como para as persoas contratadas, as seguintes:

a) Adoptar as medidas de difusión contidas no punto 3 do artigo 15 da Lei 9/2007. En concreto, as entidades beneficiarias das axudas, así como as persoas contratadas con cargo a elas, deberán facer constar o cofinanciamento das actuacións con fondos da Xunta de Galicia. Para isto, nas accións de difusión, así como nos resultados da produción científica e calquera outra acción que se realice ao abeiro destas axudas, deberá figurar expresamente o cofinanciamento das actuacións con fondos do Programa de axudas á etapa predoutoral da Xunta de Galicia (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou da Gain, segundo sexa o caso), acompañado sempre que sexa posible do escudo normalizado da Xunta de Galicia.

b) No caso das axudas da modalidade A que sexan financiadas con FSE, a universidade beneficiaria deberá facilitar a información que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de produtividade, referidos ao momento previo ao inicio da contratación da persoa investigadora, e os de resultados enumerados no artigo 5 do Regulamento (UE) número 1304/2013 do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro, relativo ao FSE. No prazo máximo de catro semanas desde a finalización do contrato, as persoas beneficiarias deberán presentar os indicadores de resultado inmediato. A Administración poderá requirir a actualización destes datos no prazo de seis meses desde a finalización do contrato coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo a través da aplicación Participa 1420.

Así mesmo, nos casos en que se produza unha renuncia, a universidade beneficiaria deberá presentar os indicadores de execución e de resultado inmediato respecto de cada unha das persoas substituta e substituída respectivamente.

Para cumprir a obriga de dar adecuada publicidade do cofinanciamento FSE, a aceptación da axuda supón a inclusión das universidades beneficiarias na lista pública de operacións consonte o artigo 115.2, e no anexo XII do Regulamento (UE) número 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello. Así, en todo tipo de publicidade e información relativos ás actuacións subvencionadas, terá que constar a condición de subvencionada polo Fondo Social Europeo 2014/2020.

En todo caso, nos centros de destino e nas comunicacións contarán co emblema da Unión Europea e coa referencia ao Fondo Social Europeo e nos lugares de realización da actuación informarase do apoio dos fondos a través dun cartel dun tamaño mínimo A3 nun lugar destacado e visible. Tamén se informará na páxina web sobre o proxecto e a axuda financeira recibida da Unión Europea e sobre os obxectivos e resultados da operación financiada.

Artigo 21. Control

1. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Gain poderán levar a cabo as actividades de inspección que consideren oportunas para controlar o cumprimento das subvencións.

2. Antes do remate de cada ano de contrato, cada entidade remitirá o informe favorable da CAPD, xunto coa proposta de renovación e a prórroga do contrato, de ser o caso.

3. Cando a persoa contratada abandone o programa, ben por renuncia ou por ter rematado o período de permanencia nel, a entidade beneficiaria remitirá unha memoria asinada pola persoa contratada e pola persoa directora ou codirectora da tese, no prazo dun mes desde a extinción da relación laboral, na cal consten os seguintes aspectos:

a) Data de lectura da tese de doutoramento ou a explicación do motivo de non tela lido.

b) Indicación de se acadou a mención de doutor/a internacional ou non, no caso de ter gozado da axuda para estadía.

c) Breve resumo dos principais obxectivos de investigación acadados.

d) Estadías ou ausencias temporais realizadas.

e) Melloras do currículo durante a etapa en que desfrutou da axuda.

4. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou a Gain poderán solicitar un informe ás entidades beneficiarias sobre a execución das axudas e, en particular, sobre as persoas contratadas, a lectura da súa tese de doutoramento ou a explicación do motivo de non tela lido, e a situación actual do/da contratado/a. Este informe poderá ser solicitado durante os dous anos seguintes á data límite de xustificación da última anualidade, coa finalidade de comprobar o impacto das axudas concedidas.

5. Alén do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas, do Consello de Contas e aqueloutras que determine a súa condición de subvencionada polo FSE 2014-2020, incluídas as visitas sobre o terreo.

Artigo 22. Dotación orzamentaria

As axudas imputaranse ás aplicacións orzamentarias que se indican na seguinte táboa, correspondentes aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017, nas que existe crédito adecuado e suficiente, coa seguinte distribución por anos:

Mod.

Entidade beneficiaria

Nº axudas

Aplicación orzamentaria (e código de proxecto)

Crédito (en euros)

2017

2018

2019

2020

Total

A

Universidades do SUG (FSE)

50

10.40.561B.444.0

(2015 00436)

361.283,33

1.083.850,00

1.083.850,00

722.566,67

3.251.550,00

A

Universidades do SUG (Fondo propio)

50

10.40.561B.444.0

(2016 00129)

80.383,33

366.150,00

141.150,00

60.766,67

648.450,00

Total modalidade A SUG

50

441.666,66

1.450.000,00

1.225.000,00

783.333,34

3.900.000,00

B

Universidades do SUG

40

10.40.561B.444.0

(2016 00129)

313.333,33

1.040.000,00

860.000,00

546.666,67

2.760.000,00

Total universidades do SUG

90

754.999,99

2.490.000,00

2.085.000,00

1.330.000,01

6.660.000,00

A

Demais entidades indicadas no artigo 2.1

5

09.A3.561A.480.0

(2016 00004)

44.166,65

145.000,00

122.500,00

78.333,35

390.000,00

A

Demais entidades indicadas no artigo 2.1

2

09.A3.561A.403.0

(2016 00004)

17.666,66

58.000,00

49.000,00

31.333,34

156.000,00

Total modalidade A Gain

7

61.833,31

203.000,00

171.500,00

109.666,69

546.000,00

B

Demais entidades indicadas no artigo 2.1

2

09.A3.561A.480.0

(2016 00004)

15.666,66

52.000,00

43.000,00

27.333,34

138.000,00

B

Demais entidades indicadas no artigo 2.1

1

09.A3.561A.403.0

(2016 00004)

7.833,33

26.000,00

21.500,00

13.666,67

69.000,00

Total modalidade B Gain

3

23.499,99

78.000,00

64.500,00

41.000,01

207.000,00

Total outras entidades

10

85.333,30

281.000,00

236.000,00

150.666,70

753.000,00

Total axudas

100

 

840.333,29

2.771.000,00

2.321.000,00

1.480.666,71

7.413.000,00

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria só financiará as axudas que correspondan ás universidades do SUG, que se imputarán ao plan galego de financiamento universitario para o período 2016-2020.

En cada organismo financiador a distribución de fondos e as aplicacións orzamentarias sinaladas son unha previsión que, de acordo co artigo 31 do Regulamento de subvencións de Galicia, se deberá axustar tras a valoración das solicitudes para adecuarse á proposta elaborada pola comisión de selección. Será posible incluso a incorporación de novas aplicacións sen incrementar o crédito total, tendo en conta a natureza xurídica das entidades beneficiarias.

No caso das axudas financiadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o número de axudas e os créditos poderán redistribuírse entre as diferentes modalidades e anualidades cando o volume das solicitudes presentadas e avaliadas favorablemente así o requira.

Estas axudas, dado que están dirixidas a organismos de investigación de natureza pública ou privada sen ánimo de lucro e destinadas exclusivamente ao financiamento de actividades de I+D+i de carácter non económico, non teñen a consideración de axudas de Estado para os efectos do número 1 do artigo 107 do Tratado de funcionamento da Unión Europea e do Marco comunitario sobre axudas estatais de investigación, desenvolvemento e innovación (2014/C 198/01). En todo caso, as entidades beneficiarias quedan obrigadas a destinar a axuda recibida a usos relacionados con actividades non económicas e relativos a actuacións de I+D+i conforme o establecido no artigo 2 do devandito marco.

Na modalidade A desta convocatoria o importe dos contratos das persoas seleccionadas, incluídos os seus custos sociais, estará cofinanciado parcialmente con fondos FSE no Programa operativo de Galicia 2014-2020, nunha porcentaxe do 80 %, dentro do obxectivo temático 10 «Investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e unha aprendizaxe permanente», prioridade de investimento 10.02. «A mellora da calidade, a eficacia e o acceso da educación superior e ciclos equivalentes co fin de mellorar a participación e o nivel de instrución, especialmente para persoas desfavorecidas», obxectivo específico 10.02.01. «Aumentar o número de alumnos de posgrao ou titulados universitarios que obteñen formación no ámbito da I+D+i, fomentando o desenvolvemento de actividades en rede con centros tecnolóxicos, de investigación e empresas, con énfase na participación de mulleres».

De acordo co modelo de custos simplificados vinculado a esta convocatoria, o Fondo Social Europeo financiará ata un máximo de 21.677 € anuais do custo total de cada axuda da modalidade A.

Artigo 23. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

3. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Disposición adicional. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación deste procedemento, cuxo tratamento e publicación, nos casos en que así o prevé a norma reguladora, autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía, terceiros e entidades» ou «Predoutorais 2017» co obxecto de xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento, cuxo órgano responsable é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o caso de solicitudes presentadas por unha universidade do SUG ou a Gain no caso das solicitudes presentadas polas demais entidades.

Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a dirección da Gain, segundo corresponda, mediante o envío dunha comunicación ao enderezo Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, no primeiro caso, e Praza de Europa nº 10-A / 6ºB, 15707 Santiago de Compostela, no caso da Gain, ou a través dos correos electrónicos a promocioncientifica.educacion@xunta.gal (para o procedemento ED481A) ou xestion.gain@xunta.gal (para o procedemento IN606A).

Así mesmo, serán incluídos no ficheiro denominado «Xestión, seguimento e control de proxectos e fondos europeos», cuxo obxecto, entre outras finalidades, é a xestión, seguimento, control, coordinación e estudo da execución e avaliación dos programas operativos dos fondos procedentes da Unión Europea. O órgano responsable deste ficheiro é a Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos, mediante unha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, San Caetano s/n, 15781 de Santiago de Compostela (A Coruña), ou a través dun correo electrónico a dx.politica.financeira.tesouro.fondos.europeos.facenda@xunta.gal.

Disposición derradeira primeira. Remisión normativa

Para todo o non previsto nesta convocatoria observarase o disposto no Regulamento (UE) número 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo (FSE), ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) número 1083/2006 do Consello; no Regulamento (UE) número 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo ao Fondo Social Europeo e polo que se derroga o Regulamento (CE) número 1081/2006, do Consello; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia; no disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento; nas normas de subvencionabilidade ditadas pola autoridade de xestión para o período 2014-2020 e na Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020.

Esta orde sométese ao réxime de axudas públicas establecido na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento que a desenvolve.

Disposición derradeira segunda. Recursos

Contra esta orde poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou a persoa titular da presidencia da Gain no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria e presidente da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Liñas estratéxicas de investigación

Reto

Prioridade

Obxectivos

Xestión innovadora de recursos naturais e culturais

Valorización dos recursos do mar.

Pór en valor os subgrupos e residuos vinculados ao mar, como os descartes da pesca ou os refugallos da industria conserveira.

Modernización da acuicultura, gandaría e sector agrario.

Modernizar a acuicultura, gandaría e sector agrario para xerar novos produtos e servizos de base tecnolóxica, principalmente a través da aplicación de coñecemento da biotecnoloxía e das TIC.

Mellora da obtención de enerxía a partir dos recursos naturais.

Diversificar o sector enerxético galego mellorando a explotación dos recursos naturais para obter enerxía, en especial a través da produción de biomasa, da enerxía undimotriz, das torres eólicas offshore e dos biocombustibles de orixe mariña.

Modernización do sector turístico e das Industrias culturais a través das TIC, así como novas metodoloxías de estudo no ámbito da cultura.

Para lograr un posicionamento competitivo a nivel europeo establécese o obxectivo de modernizar o sector do turismo e das industrias culturais a través das TIC así como a aplicación de novas metodoloxías e fórmulas innovadoras nos estudos culturais.

O modelo industrial da Galicia do futuro

Diversificación dos sectores industriais tractores.

A diversificación da actividade dos sectores industriais que exercen un papel tractor na economía galega, implementando medidas que fomenten un cambio de orientación nas empresas -maioritariamente pemes de capacidade tecnolóxica media-baixa- para favorecer modelos de negocio baseados na innovación e na tecnoloxía.

Mellora da competitividade industrial.

Potenciar a competitividade do sector industrial galego mediante a innovación nos procesos produtivos.

Impulso da economía do coñecemento.

Impulsar e fortalecer un sector tecnolóxico baseado na economía do coñecemento para reforzar a súa capacidade de tracción sobre o resto dos sectores estratéxicos galegos.

Novo modelo de vida saudable

Envellecemento activo.

Converter Galicia na rexión líder do sur de Europa na aplicación de novas tecnoloxías no ámbito do envellecemento activo e da autonomía persoal, en especial para beneficio das persoas maiores afectadas por algunha discapacidade.

Prevención, diagnose e tratamento de enfermidades.

Continuar a facer de Galicia un referente na vangarda da prevención, diagnose e tratamento de enfermidades.

Alimentación saudable e segura.

A diversificación do sector alimentario para facer de Galicia un referente internacional da innovación en nutrición e en seguridade alimentaria como chaves para unha vida saudable.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file