Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2017 Páx. 28435

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 9 de xuño de 2017 polo que se lle dá publicidade ao procedemento para aplicar o Acordo que regula o paso á segunda actividade do persoal das categorías de bombeiro forestal do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais, derivado do publicado pola Resolución do 9 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e se abre o prazo para presentar solicitudes para o ano 2017.

O Acordo para aplicar a segunda actividade no Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais dispón, na súa disposición transitoria primeira, que no ano 2017 se abrirá un prazo de presentación de solicitudes no mes de xuño. O pase á segunda actividade realizarase de acordo coas seguintes especificacións:

Primeiro. Poden solicitar o pase á segunda actividade os traballadores das categorías de bombeiros forestais que fagan ou teñan feitos xa no ano 2017 os 60 anos de idade, que non estean acollidos á xubilación parcial e que se comprometan a xubilarse á idade legalmente establecida ou, de ser maior de 65 anos, no prazo dun ano despois de concedida a segunda actividade.

Segundo. Para os efectos do pase á segunda actividade, os interesados terán que solicitar no modelo do anexo II os postos de traballo que figuran no anexo I deste anuncio dos centros situados dentro da súa comarca de adscrición. De non haber postos dentro da súa comarca, poderán solicitar sinxelamente o pase á segunda actividade para realizar tarefas preventivas ou de apoio loxístico ao Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais sen vinculación directa á extinción de incendios, ben que tamén poderán pedir voluntariamente postos do referido anexo situados noutras localidades e, mesmo, adscrición a comarcas ou distritos distintos daquel en que prestan servizos.

Terceiro. As solicitudes remitiranse á Consellería do Medio Rural, que será a competente para realizar a proposta de adscrición a segunda actividade á Dirección Xeral de Función Pública, que é a competente para resolver todas as solicitudes presentadas.

Cuarto Para os efectos de resolver as adscricións a segunda actividade, terán preferencia os que teñan destino definitivo no mesmo ámbito, seguidamente os que teñan destino provisional e, por último, os solicitantes que teñan o destino definitivo noutro ámbito. No caso de empate dentro dos integrantes de cada un dos tres grupos sinalados anteriormente, terá preferencia na localidade o que teña máis antigüidade e, se persiste o empate, resolverase a prol do que teña maior idade.

Quinto. O prazo de solicitude será de 10 días hábiles, que comezará a contar o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2017

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO I
Postos vacantes que se ofertan a 2ª actividade

Centro directivo

Centro de destino

Código posto

Localidade

do centro

Comarca forestal

Grupo e categoría

Denominación

Observacións RPT

Tipo posto

Dirección Xeral de Ordenación Forestal

Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

MR3010050115010081

Abegondo

Comarca
forestal: A Coruña

III.11. Encargado/a agrario/a. Encargado/a agrario gandaría.

Encargado/a agrario/a

B10

12 meses

Xefatura Territorial Lugo

Servizo de Infraestruturas Agrarias

MRC991040127001084

Lugo

Comarca forestal: Lugo

III.20. Mestre/a industrial.

Mestre industrial

 

12 meses

Dirección Xeral de Ordenación Forestal

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Becerreá (Lugo)

MR3010030327060016

Becerreá

Comarca forestal: Os Ancares

III.68. Pastor/a oficial 1ª. Maioral. Oficial 1ª gandaría.

Oficial 1ª agrario/a

Xornada especial // B10 // B14

12 meses

Dirección Xeral de Ordenación Forestal

Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

MR3010050115010094

Abegondo

Comarca
forestal: A Coruña

III.68. Pastor/a oficial 1ª. Maioral. Oficial 1ª gandaría.

Oficial 1ª agrario/a

B18

12 meses

Dirección Xeral de Ordenación Forestal

Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

MR3010050115010100

Abegondo

Comarca
forestal: A Coruña

III.68. Pastor/a oficial 1ª. Maioral. Oficial 1ª gandaría.

Oficial 1ª agrario/a

B18

12 meses

Dirección Xeral de Ordenación Forestal

Centro de Investigación Forestal de Lourizán

MR3010050836001057

Pontevedra

Comarca forestal: Pontevedra - O Morrazo

III.68. Pastor/a oficial 1ª. Maioral. Oficial 1ª gandaría.

Oficial 1ª

B10 // B11 // B18

12 meses

Dirección Xeral de Ordenación Forestal

Centro de Investigación Forestal de Lourizán

MR3010050836001055

Pontevedra

Comarca forestal: Pontevedra - O Morrazo

III.74. Oficial de primeira albanel.

Oficial 1ª

B10 // B11 // B18

12 meses

Xefatura Territorial de Lugo

Viveiro Forestal Os Trollos (Bóveda)

MRC995510127080007

Bóveda

Comarca forestal: Terra de Lemos

III.80. Capataz de establecemento.

Capataz de establecemento

B10

12 meses

Xefatura Territorial de Lugo

Viveiro Forestal “San Breixo” (Guitiriz)

MRC995510127220007

Guitiriz

Comarca forestal: Vilalba

III.80. Capataz de establecemento.

Capataz de establecemento

B10

12 meses

Dirección Xeral de Ordenación Forestal

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo (A Coruña)

MR3010030115080072

Abegondo

Comarca
forestal: A Coruña

IV.4. Auxiliar fogar. Coidador/a auxiliar. Auxiliar coidador

Auxiliar de internado

Xornada especial // B14

12 meses

Dirección Xeral de Ordenación Forestal

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal “Pedro Murias” (Ribadeo-Lugo)

MR3010030527500034

Ribadeo

Comarca forestal: A Mariña Oriental

IV.4. Auxiliar fogar. Coidador/a auxiliar. Auxiliar coidador

Auxiliar de internado

Xornada especial // B14

12 meses

Dirección Xeral de Ordenación Forestal

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán (Pontevedra)

MR3010030636001026

Pontevedra

Comarca forestal: Pontevedra - O Morrazo

IV.9. Oficial 2ª faenas agrícolas. Oficial 2ª de campo.

Oficial 2ª agrario/a

Xornada especial // B14

12 meses

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia

MR3030010432260122

Coles

Comarca forestal: Ourense

IV.9. Oficial 2ª faenas agrícolas. Oficial 2ª de campo.

Oficial 2ª agrario/a

B10 // B11 // B14 // B18

12 meses

Xefatura Territorial de Pontevedra

Centro de Investigación Forestal de Lourizán

MR3010050836001082

Pontevedra

Comarca forestal: Pontevedra - O Morrazo

V.10F. Peón forestal.

Peón/peoa forestal

B10 // B11 // B18

12 meses

Xefatura Territorial de Pontevedra

Distrito Forestal XVIII - Vigo-Baixo Miño

MRC995018036380036

O Porriño

Comarca forestal: Vigo

V.10F. Peón forestal.

Peón/peoa forestal

B10

12 meses

Xefatura Territorial da Coruña

Viveiro Forestal Sta. Cruz (Oleiros)

MRC995510115570006

Oleiros

Comarca
forestal: A Coruña

V.10F. Peón forestal.

Peón/peoa forestal

B10

12 meses

Xefatura Territorial de Lugo

Viveiro Forestal Os Trollos (Bóveda)

MRC995510127080012

Bóveda

Comarca forestal: Terra de Lemos

V.10F. Peón forestal.

Peón/peoa forestal

B10

12 meses

Dirección Xeral de Ordenación Forestal

Estación de Experimental Agrícola do Baixo Miño (Salceda de Caselas-Pontevedra)

MR3010050436480072

Salceda de
Caselas

Comarca forestal: Vigo

V.8. Peón/a agrario/a especializado/a.

Peón/peoa agrario/a

Xornada especial // B11 // B14

12 meses

Dirección Xeral de Ordenación Forestal

Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Leiro-Ourense)

MR3010050532400017

Leiro

Comarca forestal: O Ribeiro

V.8. Peón/a agrario/a especializado/a.

Peón/peoa agrario/a

B10 // B11

12 meses

Dirección Xeral de Ordenación Forestal

Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Leiro-Ourense)

MR3010050532400018

Leiro

Comarca forestal: O Ribeiro

V.8. Peón/a agrario/a especializado/a.

Peón/peoa agrario/a

B10 // B11

12 meses

Dirección Xeral de Ordenación Forestal

Estación Experimental de Gandaría de Montaña de Marco da Curra

MR3010050215490009

Monfero

Comarca forestal: Eume

V.8. Peón/a agrario/a especializado/a.

Peón/peoa agrario/a

Xornada especial // B10 // B14

12 meses

missing image file
missing image file