Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2017 Páx. 28441

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2017 pola que se convoca concurso público de acceso a prazas de corpos docentes universitarios (DF1602).

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), en diante LOU, e no Real decreto 1313/2007, do 5 de outubro, polo que se regula o réxime dos concursos de acceso a corpos docentes universitarios (BOE do 8 de outubro), en diante RDCA, e en virtude do establecido nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 7/2010, do 14 de xaneiro (DOG do 2 de febreiro), da Xunta de Galicia, conforme aos acordos adoptados polo Consello de Goberno, tras obter a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e publicada no diario oficial da Comunidade Autónoma a oferta de emprego pública por promoción interna para o corpo de catedrático/a de universidade para o ano 2016 (Resolución do 2 de novembro de 2016, DOG do 10 de novembro).

Esta reitoría, no uso das competencias recoñecidas pola LOU, resolveu convocar a concurso a/as praza/s que figura/n no anexo I da presente resolución, con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

Primeira. Normas xerais

Este concurso rexerase pola LOU, o RDCA, a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), en diante Lei 39/2015, a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE do 2 de outubro), en diante Lei 40/2015, no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público (BOE do 31 de outubro), en diante EBEP, os estatutos da Universidade de Vigo, polo Regulamento de profesorado da Universidade de Vigo aprobado polo Claustro universitario o 24 xullo de 2012, pola normativa reguladora dos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios aprobada polo Consello de Goberno o 8 de outubro de 2008, polas bases desta convocatoria e demais normativa que resulte de aplicación.

Segunda. Requisitos das persoas candidatas

2.1. Para seren admitidas á realización das presentes probas selectivas, as persoas aspirantes deberán reunir os requisitos exixidos nesta base na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata a toma de posesión:

a) Ter nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles Estados aos que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores e traballadoras nos termos establecidos no EBEP.

Tamén poderán participar o cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, das persoas con nacionalidade española e de quen sexa nacional doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas. Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros Estados cando así se prevexa nos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España.

Igualmente poderán participar persoas con nacionalidade estranxeira non comunitaria, cando se cumpran os requisitos establecidos no artigo 4 do RDCA.

b) Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non ter superado os setenta.

c) Estar en posesión da titulación de doutor ou doutora. No caso de títulos obtidos no estranxeiro, deberá achegarse credencial que acredite a súa homologación ou o seu recoñecemento para o exercicio como docente de universidade.

d) Dispor da acreditación ou habilitación para o corpo de catedráticos de universidade de que se trate e cumprir os requisitos establecidos no artigo 4 do RDCA.

e) Ter aboado as taxas por dereitos de exame dentro do prazo de presentación de solicitudes.

f) Non ter sido separado do servizo, mediante expediente disciplinario, de ningunha administración pública, nin atoparse en inhabilitación para o exercicio das funcións públicas. Quen sexa aspirante de nacionalidade distinta a española deberán acreditar non estar baixo sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

g) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes á praza.

2.2. De conformidade co artigo 62.2 da LOU para poder participar nas prazas de promoción interna ao corpo de catedrático/a de universidade que figura/n no anexo I deberán ter a condición de funcionario o funcionaria de carreira de profesoras e profesores titulares de universidade ou da escala de investigadoras e investigadores científicos dos organismos públicos de investigación, e ter prestado, como mínimo, dous anos de servizos efectivos baixo esta condición.

Terceira. Solicitudes

3.1. A solicitude de participación farase cubrindo o formulario integrado na aplicación web da Universidade de Vigo. Para presentar a solicitude de participación, as persoas interesadas deberán cubrir o formulario web da solicitude que se establece especificamente para a praza e corpo correspondente, dispoñible no enlace http:// persoal.uvigo.es/persoal_gl/PDI/emprego/, no apartado de «Convocatoria concursos de acceso», no prazo de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

3.2. Unha vez cuberta e validada a solicitude a través da aplicación web, esta deberá ser impresa, asinada e presentada no Rexistro Xeral (Reitoría, Campus universitario, 36310 Vigo) ou nos rexistros auxiliares da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra, Campus de Ourense e r/ Torrecedeira, nº 86 de Vigo) ou de acordo coas restantes formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015.

As solicitudes remitidas a través dunha oficina de Correos presentaranse en sobre aberto para que o persoal de Correos lle estampe a data de presentación na solicitude antes de ser certificada. O enderezo postal será o seguinte:

Rexistro Xeral da Universidade de Vigo, Edificio Xerencia-Servizos Centrais Campus As Lagoas-Marcosende, s/n, (36310) Vigo-Pontevedra.

As solicitudes remitidas desde o estranxeiro deberán cursarse a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, debendo figurar igualmente a data da súa presentación na solicitude. Neste caso, a presentación da solicitude comunicarase por correo electrónico á conta consultapdi@uvigo.es, enviando copia desta despois de tela presentado.

3.3. A publicación dos actos que integran este procedemento no taboleiro de anuncios do Edificio Xerencia-Servizos Centrais servirá de notificación para todos os efectos, de acordo co previsto no artigo 45.1 da Lei 39/2015.

Con independencia dos lugares nos que regulamentariamente deban publicarse, tanto a convocatoria como os actos e acordos que integran este proceso selectivo publicaranse a título divulgativo na páxina electrónica da Universidade de Vigo, no seguinte enderezo http://persoal.uvigo.es/persoal_gl/PDI/emprego/, na epígrafe «Convocatoria concursos de acceso».

3.4. Os dereitos de exame para cada praza (DF1602) serán de 41.15 euros. A liquidación de taxas realizarase a través da aplicación web da Universidade de Vigo habilitada para a participación no concurso de acceso. Poderá aboarse o importe correspondente no período indicado na folla de liquidación, ben en efectivo ou con tarxeta.

En efectivo farase nalgunha das entidades bancarias colaboradoras coa Universidade de Vigo: Abanca, Banco Santander ou CaixaBank. Con tarxeta realizarase a través da aplicación informática que permitirá seleccionar esta opción, sendo preciso seguir con atención o proceso ata súa finalización, comprobando que o pagamento foi feito correctamente.

Segundo o disposto no artigo 23 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións da Comunidade Autónoma de Galicia, estarán exentas do pagamento as persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 % e os membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial. Aplicarase unha bonificación do 50 % na taxa de inscrición aos membros de familias numerosas de categoría xeral. Nos tres supostos será necesario que coa solicitude presenten as respectivas certificacións que o acrediten.

Así mesmo, terán unha bonificación do 50 % da taxa as persoas que figurasen como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data de publicación da presente convocatoria e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego, aspectos que deberán ser certificados pola oficina dos servizos públicos de emprego.

De conformidade co disposto na Lei 8/1989, do 13 de abril, de taxas e prezos públicos, procederá a devolución das taxas de participación cando non se realice o feito impoñible por causas non imputables ao suxeito pasivo, debendo a persoa interesada solicitar a devolución e achegar os datos necesarios para a transferencia bancaria correspondente. Polo tanto, non procederá a devolución nos supostos de exclusión definitiva por causa imputable á persoa interesada.

A falta de pagamento dos dereitos de exame no prazo de presentación de instancias non é reparable e determinará a exclusión definitiva do concurso de quen sexa aspirante, agás que acredite o pagamento ou a exención da citada taxa.

3.5. Durante o proceso de inscrición descrito na base 3.1., achegarase nun ficheiro pdf os seguintes documentos, sendo causa de exclusión a falta dalgún deles:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade. Quen sexa aspirante, non posúa a nacionalidade española e teña dereito a participar deberá presentar fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de ser o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo de quen sexa nacional doutro Estado co que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estar separados de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

b) Fotocopia do título de doutor ou doutora. Cando corresponda, deberá acompañarse da credencial de homologación ou recoñecemento profesional.

c) Fotocopia dos documentos que acrediten o cumprimento dos requisitos que se sinalan na letra d) da base 2.1.

d) Copia da folla de servizos que acredite ser funcionario ou funcionaria de carreira de profesoras e profesores titulares de universidade ou da escala de investigadores científicos dos organismos públicos de investigación, e ter prestado, como mínimo, dous anos de servizos efectivos baixo esta condición. Os aspirantes que pertenzan á Universidade de Vigo non terán que presentar copia da folla de servizos.

e) Xustificante, se é o caso, da exención parcial ou total de taxas.

3.6. Os erros de feito que se puidesen advertir poderán emendarse en calquera momento, de oficio ou por petición da persoa interesada. Quen sexa aspirante queda vinculado aos datos que fixese constar nas súa solicitude, podendo unicamente demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 3.1. para a presentación de solicitudes. Transcorrido este prazo non se admitirá ningunha petición desta natureza, excepto causa excepcional sobrevida, xustificada e discrecionalmente apreciada pola Universidade.

Cuarta. Admisión de aspirantes

4.1. No prazo máximo de 15 días hábiles contado desde o remate do prazo de presentación de solicitudes, o reitor da Universidade de Vigo ditará unha resolución aprobando a relación provisional de persoas admitidas e excluídas, con indicación das causas de exclusión.

4.2. Contra a dita resolución as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o reitor, no prazo de dez días hábiles contado desde o día seguinte ao da súa publicación. Posteriormente ditarase unha resolución aprobando a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas. As reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da lista definitiva.

Quinta. Comisións de acceso

5.1. As comisións de acceso deberán procurar unha composición equilibrada entre mulleres e homes, agás cando non sexa posible por razóns fundadas e obxectivas, debidamente motivadas. De acordo co que establece o artigo 83 dos Estatutos da Universidade de Vigo, a composición das comisións é a que figura no anexo II desta convocatoria e terá a categoría primeira das recollidas no artigo 30 do Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo.

Agás petición expresa da presidencia e debidamente autorizada, cada comisión terá a súa sede e actuará no centro no que teña a súa sede o departamento ao que se adscriba a praza convocada.

A Universidade fará públicos coa publicación da convocatoria os curriculum vitae dos membros das comisións de acceso no enderezo da internet: http://persoal.uvigo.es/persoal_gl/PDI/emprego/, apartado «convocatorias concursos de acceso».

O nomeamento como membro dunha comisión é irrenunciable, agás cando concorra causa xustificada, debidamente alegada pola persoa interesada e así apreciada por esta reitoría. Os membros da comisión deberán absterse de actuar e poderán ser recusados nos casos e polos motivos previstos no artigo 23 da Lei 40/2015. Resolta a renuncia, a abstención ou a recusación, as persoas afectadas serán substituídas polos respectivos suplentes e, no seu defecto, por orde correlativa e en último caso resolverá o reitor.

5.2. As comisións deberán constituírse no prazo dun mes desde a publicación da relación definitiva de persoas admitidas e excluídas. Transcorrido o prazo sen que se constituíse a comisión correspondente, o reitor procederá á substitución da persoa que exerza a presidencia titular.

5.3. A constitución de cada comisión exixirá a asistencia de cinco dos seus membros, titulares ou suplentes, de ser o caso. A presidencia, unha vez realizadas as consultas pertinentes cos restantes membros, convocará a quen sexa membro titular e, de ser o caso, suplente, cunha antelación mínima de dez días hábiles, fixando lugar, data e hora para proceder ao acto de constitución da comisión, que poderá realizarse por calquera dos procedementos que permitan os medios tecnolóxicos dispoñibles, neste suposto quedará recollido na acta tal circunstancia. Os membros titulares serán substituídos polos seus respectivos suplentes, en primeiro lugar, ou por orde correlativa.

No acto de constitución a comisión establecerá os criterios de valoración do concurso adecuados ao perfil da praza e os fará públicos no taboleiro de anuncios do lugar onde se realicen as probas, antes do acto de presentación dos candidatos e candidatas.

5.4. Unha vez constituída a comisión, no caso de ausencia da persoa que exerza a presidencia será substituída polo catedrático ou catedrática de universidade con maior antigüidade que teña recoñecidos, polo menos, dous tramos de investigación.

5.5. Para que a comisión poida actuar validamente requirirase a asistencia de, alomenos, tres dos seus membros entre os que figurarán obrigatoriamente as persoas que ocupen a presidencia e a secretaría. Os membros da comisión que estiveran ausentes da proba cesarán en tal condición, sen prexuízo das responsabilidades en que puideran ter incorrido.

5.6. Á secretaría de cada comisión corresponderanlle as actuacións administrativas e a xestión económica propias da comisión, auxiliado polo persoal de administración e servizos do departamento ao que estea adscrita a praza.

5.7. Durante o desenvolvemento do concurso, a comisión resolverá as dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas, así como o que proceda nos casos non previstos nelas. En todo momento a súa actuación axustarase ao disposto na Lei 39/2015 e a Ley 40/2015.

Sexta. Acto de presentación e proba

6.1. A presidencia da comisión convocará a quen participe no concurso ao acto de presentación cunha antelación mínima de dez días hábiles, indicando lugar e hora para realizar o acto de presentación.

6.2. No acto de presentación, que será público, quen sexa concursante entregará:

a) O curriculum vitae por sextuplicado, que deberá axustarse ao modelo que se achega como anexo III, no que detallarán os seus méritos, historial académico docente e investigador.

b) O seu proxecto docente e investigador adecuado ao perfil do concurso, tamén por sextuplicado.

c) Un exemplar das publicacións e dos documentos acreditativos do consignado no currículum, con independencia de que a comisión poida solicitar documentación complementaria acreditativa orixinal ou compulsada.

6.3. No acto de presentación determinarase, mediante sorteo, a orde de actuación das persoas candidatas, e a comisión fixará e publicará no taboleiro, o lugar, data e hora de comezo da proba, a cal deberá iniciarse no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao acto de presentación. Este prazo poderá ser renunciable por escrito polas persoas concursantes. Igualmente, a comisión fixará o prazo durante o que poderán examinar a documentación presentada polas restantes persoas que concursen.

6.4. A comisión valorará exclusivamente os méritos que, sendo alegados no curriculum vitae por quen sexa aspirante, estean debidamente xustificados, sempre referidos á data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

6.5. Os concursos realizaranse nas dependencias da Universidade de Vigo. Constarán dunha única proba, que será pública e que consistirá na exposición oral, durante un tempo mínimo de trinta minutos e máximo de dúas horas, dos méritos e historial académico docente e investigador, así como do proxecto docente e investigador presentado. A continuación, a comisión debaterá co candidato ou candidata durante un tempo máximo de dúas horas sobre os seus méritos, o seu proxecto docente e investigador e a adecuación destes ao perfil da praza obxecto de concurso.

6.6. Finalizada a proba, cada membro da comisión entregaralle á presidencia un informe razoado axustado aos criterios previamente fixados, de cada unha das persoas que concursen, con expresión explícita de voto favorable ou desfavorable.

6.7. Para superar a proba é necesario obter, polo menos, tres votos favorables dos membros da comisión. De non acadar ningunha candidatura polo menos tres votos favorables, o proceso poderá concluír coa proposta de non provisión, que deberá ser suficientemente motivada.

6.8. A proposta de provisión de prazas realizarase en base aos votos favorables recibidos dos membros da comisión. No caso de empate recorrerase á votación, sen que sexa posible a abstención. De persistir o empate, dirimirá o voto da presidencia.

Sétima. Proposta, presentación de documentos e nomeamento

7.1. A comisión proporá ao reitor, motivadamente e con carácter vinculante, unha relación de todas as persoas que superaran a proba por orde de preferencia. A comisión poderá propor a non provisión da praza xustificando esta decisión. Esta proposta será publicada no centro onde se realizou a proba e servirá de notificación ás persoas interesadas para todos os efectos.

7.2. No prazo dos tres días hábiles seguintes ao da finalización da súa actuación, a secretaría da comisión entregará na Secretaría Xeral da Universidade de Vigo a documentación completa relativa as súas actuacións e un exemplar da documentación presentada por cada persoa que concursase.

7.3. As persoas propostas para a provisión das prazas deberán presentar no prazo dos vinte días naturais seguintes ao da publicación da proposta da comisión no lugar de realización da proba, nos lugares e conforme o procedemento previsto na base 3.2, os seguintes documentos:

a) A documentación recollida na base 3.5: fotocopia do documento de identidade, fotocopia compulsada do título de doutor ou doutora, fotocopia compulsada da acreditación e folla de servizos orixinal da universidade ou organismo para os aspirantes que non pertenzan á Universidade de Vigo.

b) Declaración xurada ou promesa de non incorrer en incompatibilidade segundo o establecido na Lei 53/1984, do 26 de setembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas (BOE do 4 de xaneiro de 1985).

c) Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos de conformidade co establecido no artigo 56.1.d) do EBEP.

No caso de ser nacional doutro Estado, acreditar non encontrarse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

d) Certificado médico oficial de non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que o incapacite para o desempeño das funcións correspondentes a docente de universidade.

Quen teña a condición de funcionario de carreira estará exento de xustificar e presentar os documentos dos apartados c) e d), debendo presentar certificado (folla de servizos) da universidade ou organismo do que dependan acreditativo da súa condición e de cantas circunstancias consten na súa folla de servizos para os aspirantes que non pertenzan á Universidade de Vigo.

7.4. O reitor da Universidade de Vigo efectuará o nomeamento como funcionario ou funcionaria docente de carreira das persoas propostas pola comisión nun número que non exceda o número de prazas convocadas a concurso, unha vez que teñan acreditado no prazo a documentación requirida. De non facelo, o reitor procederá ao nomeamento da seguinte persoa na orde proposta.

7.5. O nomeamento especificará a denominación da praza: corpo e área de coñecemento. Comunicarase ao correspondente rexistro para os efectos de outorgamento do número de rexistro de persoal e inscrición nos corpos respectivos, remitirase para a súa publicación ao Boletín Oficial del Estado e ao Diario Oficial de Galicia e comunicarase á Secretaría Xeral do Consello de Coordinación Universitaria.

7.6. No prazo máximo de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa proposta deberá tomar posesión do seu destino, momento no que adquirirá a condición de funcionario ou funcionaria de carreira do corpo de que se trate.

7.7. As referencias a necesidades e obrigacións docentes e ao centro de adscrición que poida conter a convocatoria non suporán dereito de vinculación exclusiva a tal actividade docente e destino para quen teña adxudicada a praza.

Oitava. Comisión de Reclamacións

8.1. Contra a proposta da comisión, as persoas admitidas no concurso poderán presentar reclamación ante o reitor da Universidade de Vigo, no prazo máximo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da súa publicación no lugar de realización da proba. Admitida a trámite a reclamación, suspenderase o nomeamento ata a súa resolución definitiva.

8.2. As reclamacións que se presenten anunciaranse no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade de Vigo, publicación que servirá de notificación para todos os efectos. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días naturais para formular alegacións en orde ao contido da reclamación.

8.3. As reclamacións serán valoradas pola Comisión de Reclamacións da Universidade de Vigo que examinará o expediente relativo ao concurso, valorará os aspectos puramente procedimentais, e verificará o efectivo respecto, por parte da Comisión de Selección, da igualdade de condicións dos candidatos e candidatas e dos principios de mérito e de capacidade destes no procedemento do concurso de acceso. Resolverá no prazo máximo de tres meses, ratificando ou non a proposta reclamada. Neste último caso, retrotraerase o expediente ata o momento en que se produciu o vicio, debendo a Comisión de Selección formular nova proposta, tras o que o reitor ditará a resolución de acordo coa proposta da Comisión de Reclamacións.

8.4. As resolucións do reitor a que se refire o apartado anterior deste artigo esgotan a vía administrativa e serán impugnables directamente ante a xurisdición contencioso-administrativa, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Novena. Devolución da documentación presentada polos/polas aspirantes

A documentación presentada no concurso deberá ser retirada da Secretaría Xeral, logo de petición da persoa interesada, dentro do prazo de tres meses contados desde a finalización do procedemento ou, de ser o caso, desde que a resolución impugnada adquira firmeza. A documentación que non fose retirada no dito prazo será destruída.

Décima. Protección de datos

De conformidade co disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE nº 298, do 14 de decembro), os datos facilitados por quen sexa aspirante, pasarán a formar parte do ficheiro de persoal, cuxa finalidade é a xestión do persoal da Universidade de Vigo, xestión da docencia e investigación, xestión da participación do persoal nos servizos e actos administrativos, así como a xestión da participación dos candidatos e candidatas nos procesos de selección. Os datos contidos neste arquivo poderán ser tratados con fins históricos, estatísticos ou científicos.

Décimo primeira. Norma derradeira

11.1. O tempo transcorrido entre a publicación da presente convocatoria e a resolución do concurso non poderá exceder de catro meses. Para estes efectos o mes de agosto considerarase inhábil.

11.2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

As persoas interesadas poderán optar por interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, perante o reitor. Neste caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015.

Vigo, 26 de maio de 2017

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO I

Datos das prazas

Praza nº 1

Referencia:

DF1602-C01-630-CU-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/Categoría:

Catedrático/a de universidade

Área de coñecemento:

A0630 Microbioloxía

Departamento:

D00c01 Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde

Actividade docente e investigadora:

O perfil correspóndese con materias da área

Centro de traballo:

310 Facultade de Ciencias do Mar

Praza nº 2

Referencia:

DF1602-C02-240-CU-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/Categoría:

Catedrático/a de universidade

Área de coñecemento:

A0240 Edafoloxía e Química Agrícola

Departamento:

D00c02 Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo

Actividade docente e investigadora:

O perfil correspóndese con materias da área

Centro de traballo:

101 Facultade de Ciencias

Praza nº 3

Referencia:

DF1602-C02-412-CU-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/Categoría:

Catedrático/a de universidade

Área de coñecemento:

A0412 Fisioloxía Vexetal

Departamento:

D00c02 Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo

Actividade docente e investigadora:

O perfil correspóndese con materias da área

Centro de traballo:

302 Facultade de Bioloxía

Praza nº 4

Referencia:

DF1602-H03-370-CU-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/Categoría:

Catedrático/a de universidade

Área de coñecemento:

A0370 Filoloxías Galega e Portuguesa

Departamento:

D00h03 Filoloxía Galega e Latina

Actividade docente e investigadora:

Variación e Historia Externa da Lingua Galega

Centro de traballo:

301 Facultade de Filoloxía e Tradución

Praza nº 5

Referencia:

DF1602-H04-345-CU-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/Categoría:

Catedrático/a de universidade

Área de coñecemento:

A0345 Filoloxía Inglesa

Departamento:

D00h04 Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá

Actividade docente e investigadora:

Estrutura do primeiro idioma estranxeiro: Inglés

Modelos e Teorías Lingüísticas e a súa Aplicación á Lingua Inglesa

Centro de traballo:

301 Facultade de Filoloxía e Tradución

Praza nº 6

Referencia:

DF1602-H12-814-CU-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/Categoría:

Catedrático/a de universidade

Área de coñecemento:

A0814 Tradución e Interpretación

Departamento:

D00h12 Tradución e Lingüística

Actividade docente e investigadora:

Tradución e Interpretación Inglés-Galego

Centro de traballo:

301 Facultade de Filoloxía e Tradución

Praza nº 7

Referencia:

DF1602-T11-785-CU-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/Categoría:

Catedrático/a de universidade

Área de coñecemento:

A0785 Tecnoloxía Electrónica

Departamento:

D00t11 Tecnoloxía Electrónica

Actividade docente e investigadora:

Electrónica de Potencia

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial

Praza nº 8

Referencia:

DF1602-T14-800-CU-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/Categoría:

Catedrático/a de universidade

Área de coñecemento:

A0800 Teoría do Sinal e Comunicacións

Departamento:

D00t14 Teoría do Sinal e Comunicacións

Actividade docente e investigadora:

Matemáticas: Probabilidade e Estatística

Centro de traballo:

305 Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

Praza nº 9

Referencia:

DF1602-T15-570-CU-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/Categoría:

Catedrático/a de universidade

Área de coñecemento:

A0570 Linguaxes e Sistemas Informáticos

Departamento:

D00t15 Informática

Actividade docente e investigadora:

Algoritmos e Estrutura de Datos I

Centro de traballo:

106 E. S. de Enxeñaría Informática

Praza nº 10

Referencia:

DF1602-X05-245-CU-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/Categoría:

Catedrático/a de universidade

Área de coñecemento:

A0245 Educación Física e Deportiva

Departamento:

D00x05 Didácticas Especiais

Actividade docente e investigadora:

Fundamentos dos Deportes Colectivos II

Especialización en deportes colectivos

Centro de traballo:

202 Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

Praza nº 11

Referencia:

DF1602-X08-415-CU-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/Categoría:

Catedrático/a de universidade

Área de coñecemento:

A0415 Fundamentos da Análise Económica

Departamento:

D00x08 Fundamentos da Análise Económica e Historia e Institucións Económicas

Actividade docente e investigadora:

O perfil correspóndese con materias da área

Centro de traballo:

303 Facultade de CC. Económicas e Empresariais

Praza nº 12

Referencia:

DF1602-X09-650-CU-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/Categoría:

Catedrático/a de universidade

Área de coñecemento:

A0650 Organización de Empresas

Departamento:

D00x09 Organización de Empresas e Márketing

Actividade docente e investigadora:

Xestión do Coñecemento e a Innovación Tecnolóxica

Dirección estratéxica

Centro de traballo:

303 Facultade de CC. Económicas e Empresariais

ANEXO II

Comisións de acceso

Praza nº 1: DF1602-C01-630-CU-TC-01

Área: Microbioloxía

Cargo

Nome

Corpo

Institución

Comisión titular

Presidente/a

Alicia Estévez Toranzo

Catedrático/a de universidade

Universidade de Santiago de

Compostela

Secretario/a

Antonio Ventosa Ucero

Catedrático/a de universidade

Universidade de Sevilla

Vogal 1º

Carmen Amaro González

Catedrático/a de universidade

Universidade de València (Estudi General)

Vogal 2º

Miguel Ángel Moriñigo Gutiérrez

Catedrático/a de universidade

Universidade de Málaga

Vogal 3º

José Agustín Guijarro Atienza

Catedrático/a de universidade

Universidade de Oviedo

Comisión suplente

Presidente/a

Juan José Borrego García

Catedrático/a de universidade

Universidade de Málaga

Secretario/a

María Josefa Figueras Salvat

Catedrático/a de universidade

Universidade Rovira i Virgili

Vogal 4º

Manuel Luis Lemos Ramos

Catedrático/a de universidade

Universidade de Santiago de Compostela

Vogal 5º

María del Carmen Márquez Marcos

Catedrático/a de universidade

Universidade de Sevilla

Vogal 6º

Juan Luis Barja Pérez

Catedrático/a de universidade

Universidade de Santiago de Compostela

Praza nº 2: DF1602-C02-240-CU-TC-01

Área: Edafoloxía e Química Agrícola

Cargo

Nome

Corpo

Institución

Comisión titular

Presidente/a

Felipe Macías Vázquez

Catedrático/a de universidade

Universidade de Santiago de

Compostela

Secretario/a

Jorge Mataix Solera

Catedrático/a de universidade

Universidade Miguel Hernández de

Elche

Vogal 1º

José María Alcañiz Baldellou

Catedrático/a de universidade

Universidade Autónoma de Barcelona

Vogal 2º

María del Carmen Hermosín Gaviño

Escala de profesores de

investigación

IRNA de Sevilla. CSIC

Vogal 3º

Raimundo Jiménez Ballesta

Catedrático/a de universidade

Universidade Autónoma de Madrid

Comisión suplente

Presidente/a

Antonio Martínez Cortizas

Catedrático/a de universidade

Universidade de Santiago de

Compostela

Secretario/a

María del Pilar Bernal Calderón

Escala de profesores de

investigación

CSIC

Vogal 4º

Mariano Simón Torres

Catedrático/a de universidade

Universidade de Almería

Vogal 5º

Julieta Mérida García

Catedrático/a de universidade

Universidade de Córdoba

Vogal 6º

María Jesús Sánchez Martín

Escala de profesores de

investigación

IRNASA-CESIC

Praza nº 3: DF1602-C02-412-CU-TC-01

Área: Fisioloxía Vexetal

Cargo

Nome

Corpo

Institución

Comisión titular

Presidente/a

Carmen Lluch Pla

Catedrático/a de universidade

Universidade de Granada

Secretario/a

Charlotte Poschenrieder Wiens

Catedrático/a de universidade

Universidade Autónoma de Barcelona

Vogal 1º

José Antonio Fernández García

Catedrático/a de universidade

Universidade de Málaga

Vogal 2º

Manuel Pineda Priego

Catedrático/a de universidade

Universidade de Córdoba

Vogal 3º

José María Becerril Soto

Catedrático/a de universidade

Universidade do País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea

Comisión suplente

Presidente/a

Javier Palazón Barandela

Catedrático/a de universidade

Universidade de Barcelona

Secretario/a

María del Carmen Begoña González Murúa

Catedrático/a de universidade

Universidade do País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea

Vogal 4º

María Estrella Legaz González

Catedrático/a de universidade

Universidade Complutense de

Madrid

Vogal 5º

Luis F. García del Moral

Catedrático/a de universidade

Universidade de Granada

Vogal 6º

Rosa María Cusido Vidal

Catedrático/a de universidade

Universidade de Barcelona

Praza nº 4: DF1602-H03-370-CU-TC-01

Área: Filoloxías Galega e Portuguesa

Cargo

Nome

Corpo

Institución

Comisión titular

Presidente/a

Nicolás Extremera Tapia

Catedrático/a de universidade

Universidade de Granada

Secretario/a

Xosé Luis Regueira Fernández

Catedrático/a de universidade

Universidade de Santiago de

Compostela

Vogal 1º

Carlos Paulo Martínez Pereiro

Catedrático/a de universidade

Universidade da Coruña

Vogal 2º

Juan María Carrasco González

Catedrático/a de universidade

Universidade de Extremadura

Vogal 3º

María Mercedes Brea Fernández

Catedrático/a de universidade

Universidade de Santiago de

Compostela

Comisión suplente

Presidente/a

Perfecto Cuadrado Fernández

Catedrático/a de universidade

Universidade de les Illes Balears

Secretario/a

Ramón Mariño Paz

Catedrático/a de universidade

Universidade de Santiago de

Compostela

Vogal 4º

María Josefa Postigo Aldeamil

Catedrático/a de universidade

Universidade Complutense de

Madrid

Vogal 5º

María Pilar Lorenzo Gradín

Catedrático/a de universidade

Universidade de Santiago de

Compostela

Vogal 6º

Luisa Trías Folch

Catedrático/a de universidade

Universidade de Granada

Praza nº 5: DF1602-H04-345-CU-TC-01

Área: Filoloxía Inglesa

Cargo

Nome

Corpo

Institución

Comisión titular

Presidente/a

Teresa Fanego Lema

Catedrático/a de universidade

Universidade de Santiago de Compostela

Secretario/a

Francisco Javier Martín Arista

Catedrático/a de universidade

Universidade de La Rioja

Vogal 1º

Ricardo Mairal Usón

Catedrático/a de universidade

Universidade Nacional de Educación a Distancia

Vogal 2º

Juan Manuel Hernández Campoy

Catedrático/a de universidade

Universidade de Murcia

Vogal 3º

Alicia Rodríguez Álvarez

Catedrático/a de universidade

Universidade de Las Palmas de Gran Canaria

Comisión suplente

Presidente/a

Santiago González Fernández-

Corugedo

Catedrático/a de universidade

Universidade de Oviedo

Secretario/a

Juan Carlos Acuña Fariña

Catedrático/a de universidade

Universidade de Santiago de

Compostela

Vogal 4º

María del Pilar García Mayo

Catedrático/a de universidade

Universidade del País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea

Vogal 5º

Montserrat Martínez Vázquez

Catedrático/a de universidade

Universidade Pablo de Olavide

Vogal 6º

Pascual Cantos Gómez

Catedrático/a de universidade

Universidade de Murcia

Praza nº 6: DF1602-H12-814-CU-TC-01

Área: Tradución e Interpretación

Cargo

Nome

Corpo

Institución

Comisión titular

Presidente/a

Pamela Faber Benítez

Catedrático/a de universidade

Universidade de Granada

Secretario/a

Josep Manuel Marco Borrillo

Catedrático/a de universidade

Universidade Jaume I de Castelló

Vogal 1º

Fernando Toda Iglesia

Catedrático/a de universidade

Universidade de Salamanca

Vogal 2º

María Isabel Tercedor Sánchez

Catedrático/a de universidade

Universidade de Granada

Vogal 3º

Juan Jesús Zaro Vera

Catedrático/a de universidade

Universidade de Málaga

Comisión suplente

Presidente/a

Marta Giné Janer

Catedrático/a de universidade

Universidade de Lleida

Secretario/a

Emilio Ortega Arjonilla

Catedrático/a de universidade

Universidade de Málaga

Vogal 4º

Catalina Jiménez Hurtado

Catedrático/a de universidade

Universidade de Granada

Vogal 5º

María del Carmen África Vidal

Claramonte

Catedrático/a de universidade

Universidade de Salamanca

Vogal 6º

Amparo Hurtado Albir

Catedrático/a de universidade

Universidade Autónoma de Barcelona

Praza nº 7: DF1602-T11-785-CU-TC-01

Área: Tecnoloxía Electrónica

Cargo

Nome

Corpo

Institución

Comisión titular

Presidente/a

Carlos Martínez-Peñalver Freire

Catedrático/a de universidade

Universidade de Vigo

Secretario/a

Sergio Luis Toral Martín

Catedrático/a de universidade

Universidade de Sevilla

Vogal 1º

José Marcos Alonso Álvarez

Catedrático/a de universidade

Universidade de Oviedo

Vogal 2º

Abelardo Martínez Iturbe

Catedrático/a de universidade

Universidade de Zaragoza

Vogal 3º

Carmen García Mateo

Catedrático/a de universidade

Universidade de Vigo

Comisión suplente

Presidente/a

Perfecto Mariño Espiñeira

Catedrático/a de universidade

Universidade de Vigo

Secretario/a

María Teresa Arredondo

Waldmeyer

Catedrático/a de universidade

Universidade Politécnica de Madrid

Vogal 4º

Marta María Hernando Álvarez

Catedrático/a de universidade

Universidade de Oviedo

Vogal 5º

Manuel Rico Secades

Catedrático/a de universidade

Universidade de Oviedo

Vogal 6º

Teresa Riesgo Alcaide

Catedrático/a de universidade

Universidade Politécnica de Madrid

Praza nº 8: DF1602-T14-800-CU-TC-01

Área: Teoría do Sinal e Comunicacións

Cargo

Nome

Corpo

Institución

Comisión titular

Presidente/a

Domingo Docampo Amoedo

Catedrático/a de universidade

Universidade de Vigo

Secretario/a

Carmen García Mateo

Catedrático/a de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 1º

Pablo Laguna Lasaosa

Catedrático/a de universidade

Universidade de Zaragoza

Vogal 2º

Asunción Moreno Bilbao

Catedrático/a de universidade

Universidade Politécnica de Catalunya

Vogal 3º

José Luis Rojo Álvarez

Catedrático/a de universidade

Universidade Rey Juan Carlos

Comisión suplente

Presidente/a

Ana Isabel Pérez Neira

Catedrático/a de universidade

Universidade Politécnica de Catalunya

Secretario/a

Inmaculada Hernáez Rioja

Catedrático/a de universidade

Universidade do País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea

Vogal 4º

Antonio Artés Rodríguez

Catedrático/a de universidade

Universidade Carlos III de Madrid

Vogal 5º

Íñigo Cuiñas Gómez

Catedrático/a de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 6º

Carlos Mosquera Nartallo

Catedrático/a de universidade

Universidade de Vigo

Praza nº 9: DF1602-T15-570-CU-TC-01

Área: Linguaxes e Sistemas Informáticos

Cargo

Nome

Corpo

Institución

Comisión titular

Presidente/a

Vicent J. Botti Navarro

Catedrático/a de universidade

Universidade Politécnica de València

Secretario/a

Juan Pavón Mestras

Catedrático/a de universidade

Universidade Complutense de

Madrid

Vogal 1º

Ulises Cortés García

Catedrático/a de universidade

Universidade Politécnica de Catalunya

Vogal 2º

Salvador Aguilar Ruiz

Catedrático/a de universidade

Universidade Pablo de Olavide

Vogal 3º

José Cristóbal Riquelme Santos

Catedrático/a de universidade

Universidade de Sevilla

Comisión suplente

Presidente/a

Eva Onaindia de la Rivaherrera

Catedrático/a de universidade

Universidade Politécnica de València

Secretario/a

Nieves Rodríguez Brisaboa

Catedrático/a de universidade

Universidade da Coruña

Vogal 4º

María Navelonga Moreno García

Catedrático/a de universidade

Universidade de Salamanca

Vogal 5º

Juan Manuel Cueva Lovelle

Catedrático/a de universidade

Universidade de Oviedo

Vogal 6º

María Carmen Juan Lizandra

Catedrático/a de universidade

Universidade Politécnica de València

Praza nº 10: DF1602-X05-245-CU-TC-01

Área: Educación Física e Deportiva

Cargo

Nome

Corpo

Institución

Comisión titular

Presidente/a

Luis Miguel Ruiz Pérez

Catedrático/a de universidade

Universidade Politécnica de Madrid

Secretario/a

María Ángeles Pilar Parrilla Latas

Catedrático/a de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 1º

Juan Antonio Moreno Murcia

Catedrático/a de universidade

Universidade Miguel Hernández de Elche

Vogal 2º

Francisca Fariña Rivera

Catedrático/a de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 3º

María Teresa Anguera Argilaga

Catedrático/a de universidade

Universidade de Barcelona

Comisión suplente

Presidente/a

Constantino Arce Fernández

Catedrático/a de universidade

Universidade de Santiago de Compostela

Secretario/a

Javier Sampedro Molinuevo

Catedrático/a de universidade

Universidade Politécnica de Madrid

Vogal 4º

Sergio Ibáñez Godoy

Catedrático/a de universidade

Universidade de Extremadura

Vogal 5º

Emilia Fernández García

Catedrático/a de universidade

Universidade Complutense de Madrid

Vogal 6º

José Devís Devís

Catedrático/a de universidade

Universidade de València (Estudi General)

Praza nº 11: DF1602-X08-415-CU-TC-01

Área: Fundamentos da Análise Económica

Cargo

Nome

Corpo

Institución

Comisión titular

Presidente/a

Jordi Caballe Vilella

Catedrático/a de universidade

Universidade Autónoma de Barcelona

Secretario/a

Jaime Alonso Carrera

Catedrático/a de universidade

Universidade de Vigo

Vogal 1º

Antonio Manresa Sánchez

Catedrático/a de universidade

Universidade de Barcelona

Vogal 2º

María Amparo Urbano Salvador

Catedrático/a de universidade

Universidade de València (Estudi General)

Vogal 3º

José Enrique Galdón Sánchez

Catedrático/a de universidade

Universidade Pública de Navarra

Comisión suplente

Presidente/a

Teresa Garcia-Milà Lloveras

Catedrático/a de universidade

Universidade Pompeu Fabra

Secretario/a

José Andrés Faíña Medín

Catedrático/a de universidade

Universidade da Coruña

Vogal 4º

María Paz Espinosa Alejos

Catedrático/a de universidade

Universidade del País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea

Vogal 5º

Bernardo Moreno Jiménez

Catedrático/a de universidade

Universidade de Málaga

Vogal 6º

Carmen Beviá Baeza

Catedrático/a de universidade

Universidade de Alicante

Praza nº 12: DF1602-X09-650-CU-TC-01

Área: Organización de Empresas

Cargo

Nome

Corpo

Institución

Comisión titular

Presidente/a

José Manuel García Vázquez

Catedrático/a de universidade

Universidade de Vigo

Secretario/a

Lucio Fuentelsaz Lamata

Catedrático/a de universidade

Universidade de Zaragoza

Vogal 1º

Zulima Fernández Rodríguez

Catedrático/a de universidade

Universidade Carlos III de Madrid

Vogal 2º

Mariano Nieto Antolín

Catedrático/a de universidade

Universidade de León

Vogal 3º

María del Mar Fuentes Fuentes

Catedrático/a de universidade

Universidade de Granada

Comisión suplente

Presidente/a

Carmen Marcuello Servós

Catedrático/a de universidade

Universidade de Zaragoza

Secretario/a

Lucía Avella Camarero

Catedrático/a de universidade

Universidade de Oviedo

Vogal 4º

Jaime Gómez Villascuerna

Catedrático/a de universidade

Universidade de La Rioja

Vogal 5º

Isabel Suárez González

Catedrático/a de universidade

Universidade de Salamanca

Vogal 6º

Pablo Arocena Garro

Catedrático/a de universidade

Universidade Pública de Navarra

ANEXO III

Curriculum vitae

Datos persoais

− Apelidos e nome.

− NIF.

− Data, localidade e provincia de nacemento.

− Enderezo, localidade e provincia de residencia.

− Teléfono e enderezo electrónico.

− Categoría actual como docente, centro, departamento e área de docencia actual.

− Data de resolución da habilitación e BOE de publicación.

Datos académicos

1. Títulos académicos: clase, organismo e centro expedidor, data, cualificación se a houbese.

2. Postos docentes desempeñados: categoría, organismo ou centro, réxime de adicación, data de nomeamento ou contrato, data de cesamento.

3. Actividade docente desempeñada.

4. Actividade investigadora desempeñada.

5. Publicacións de libros e monografías: autoría ou coautoría/s, título, editor, editorial, data (de estar pendente de publicación, xustifíquese a aceptación polo consello editorial).

6. Traballos científicos publicados en revistas españolas ou estranxeiras: autoría ou coautoría/s, título, revista, volume, páxina, data (de estar pendente de publicación, xustifíquese a aceptación polo consello editorial).

7. Outras publicacións.

8. Outros traballos de investigación.

9. Proxectos de investigación subvencionados.

10. Comunicacións e relatorios presentadas a congresos: título, organizador, carácter nacional ou internacional, lugar, data.

11. Patentes.

12. Cursos e seminarios impartidos: centro, organismo, materia, actividade desenvolta, data.

13. Cursos e seminarios recibidos: centro, organismo, materia, data.

14. Bolsas, axudas e premios recibidos (posteriores á licenciatura).

15. Actividade en empresas e profesión libre.

16. Outros méritos docentes ou de investigación.

17. Outros méritos.

18. Cargos de xestión desempeñados: cargo, centro, período.

19. Dilixencia de referendo do currículum vitae.