Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2017 Páx. 30197

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo

EDICTO (754/2016).

Luís Diego Espino Hernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, polo presente anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal número 754/2016 seguido por instancia de Preventiva Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A. fronte a Javier Suárez Carreira ditouse sentenza, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Resolución

Estimando integramente a demanda interposta por Preventiva Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A. fronte a Javier Suárez Carreira, debo condenar e condeno este a aboar á parte demandante a cantidade de 973,68 euros máis os xuros legais desde a reclamación xudicial, así como ao pagamento das custas.

Modo de impugnación: contra esta sentenza non cabe interpoñer recurso ningún.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E atopándose o devandito demandado, Javier Suárez Carreira, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 23 de febreiro de 2017

O letrado da Administración de xustiza