Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2017 Páx. 30195

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra

EDICTO (566/2016).

Neste órgano xudicial tramítase o procedemento ordinario 566/2016, seguido por instancia de Mafari Café, S.L.U. contra David Ignacio Ruibal Ribadulla e Lolita Events, S.L. e, como consecuencia do ignorado paradoiro dos demandados, acórdase a presente resolución por edictos.

En Pontevedra o dezanove de maio de dous mil dezasete.

O/a letrado/a da Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra

Sentenza: 82/2017

En Pontevedra o doce de maio de dous mil dezasete

María Ángeles González de los Santos, maxistrada xuíza de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra e o seu partido, vendo os presentes autos de procedemento ordinario número 566/2016 seguidos ante este xulgado a instancia de Mafari Café, S.L.U., representada polo procurador Pedro Sanjuán Fernández e defendida polo letrado José Cuíñas Rodríguez, contra Lolita Events, S.L. e contra David Ignacio Ruibal Ribadulla, en situación procesual de rebeldía, ditou, en nome da súa maxestade o rei, a seguinte:

Decido que debo estimar a demanda presentada polo procurador Pedro Sanjuán Fernández, en nome e representación de Mafari Café, S.L.U. contra Lolita Events, S.L. e contra David Ignacio Ruibal Rivadulla, en situación procesual de rebeldía e, en consecuencia, debo condenar solidariamente os demandados a que paguen á demandante a cantidade de 14.213,18 euros. As custas procesuais impóñense á parte demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que non é firme e contra ela poden interpoñer recurso de apelación, que se formalizará por escrito ante este xulgado dentro do prazo dos vinte días seguintes ao da súa notificación, logo do depósito da cantidade de 50 euros na conta de consignacións e depósitos deste xulgado.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Pontevedra, 19 de maio de 2017

O/a letrado/a da Administración de xustiza